Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 17 Total: 38.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Enumerar os fundamentos da propagación de plantas e a produción vexetal, incluíndo os sistemas agrícolas e as bases da produción de cultivos.
- Identificar os procesos de obtención de recursos fitoxenéticos de interese agroalimentario e de control de calidade, incluíndo a variabilidade xenética, os procesos de domesticación, os bancos de xermoplasma, as coleccións de referencia, a selección de material vexetal de interese agrícola, o rexistro de variedades e a protección de obtencións vexetais.
- Distinguir entre as posibles aplicacións da biotecnoloxía e a súa utilización nos programas de mellora vexetal, incluíndo a mellora da produtividade, a calidade e o aumento da resistencia a estreses bióticos e abióticos.
DOCENCIA TEÓRICA
1) Fundamentos da produción vexetal e a propagación. (7 h)
1.1 - Fundamentos da Produción Vexetal: Sistemas Agrícolas, Bases da produción de cultivos.
1.2.- Propagación de plantas.
2) Recursos fitoxenéticos de interese agroalimentario e control de calidade. (6 h)
2.1.- Variabilidade xenética e domesticación.
2.2.- A selección de material vexetal de interese agrícola.
2.3.- Bancos de xermoplasma e coleccións de referencia.
2.4.- Rexistro de variedades e protección de obtencións vexetais.
3) Aplicacións da biotecnoloxía aos programas de mellora vexetal. (7 h)
3.1.- Resistencia a estreses bióticos e abióticos. Análise de casos.
3.2.- Mellora da produtividade e calidade. Análise de casos.
3.3.- Selección asistida por marcadores. Selección Xenómica.
3.4.- Modificación xenética en cultivos agrícolas.
3.5.- Programas de mellora vexetal incluíndo a biotecnoloxía.
DOCENCIA INTERACTIVA LABORATORIO (7 horas)
- Condiciones limitantes y adaptación de cultivares
- Modelos de productividad de los cultivos
- Técnicas clásicas de propagación
- Propagación por cultivo in vitro de especies agrícolas/forestais; microenxerto: saneamento e rexuvenecemento
DOCENCIA INTERACTIVA PRÁCTICAS DE CAMPO (3 horas) (2 h viaxe + 3 h visita): Visita ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM): coleccións de xermoplasma en varios formatos, ensaios de variedades e ensaios de mellora clásica.
DOCENCIA INTERACTIVA SEMINARIO (7 horas)
- Metodoloxías de caracterización varietal de especies frutais
- Ensaios de avaliación de variedades
- Traballo individual sobre un programa de mellora vexetal con base biotecnolóxica
- Ferramentas estatísticas no estudo da diversidade xenética
- Mellora xenética en especies forestais: casos prácticos de aplicación de ferramentas biotecnolóxicas
TITORÍAS GRUPO (1 h) (Presenciais ou Virtuais)
-Discusión conxunta sobre dúbidas referentes á teoría e aos exercicios propostos na materia.
EXAME (2h)
-Responder a preguntas de natureza teórica e práctica de calquera dos contidos da materia.
BÁSICA
Aluizio Borem, Roberto Fritsche-Neto (Eds.) (2014) Biotechnology and Plant Breeding, Academic Press,
ISBN 9780124186729, https://doi.org/10.1016/B978-0-12-418672-9.00002-7.
Badenes, M.L.; Byrne, D.H. 2012. Fruit breeding / Springer Series “Handbook of Plant Breeding” (M.L. Badenes and D. Byrne eds.), XVI, Springer, 875 pp.
Hartman, H.T. 1990. Propagación de plantas: principios y prácticas CECSA. México. 760 pp. ISBN 968-26-0789-2
Jack Brown Peter D.S. Caligari. 2008. An Introduction to Plant Breeding. Blackwell Publishing. ISBN: 978-1-4051-3344-9
Loomis, R.S. y Connor, D.J. 2002. Ecología de cultivos: productividad y manejo en sistemas agrarios. Mundi-Prensa. ISBN 84-8476-080-4
Villalobos, F.J. y Fereres, E. 2017. Fitotecnia: principios de agronomía para una agricultura sostenible. Mundi-Prensa. ISBN: 9788484765240
COMPLEMENTARIA
B.D. Singh, A.K. Singh (2015) Marker-Assisted Plant Breeding: Principles and Practices, Springer, 514 pp.
IBPGR (International Board for Plant Genetic Resources). Descriptores por cultivos.
Rajeev K. Varshney, Manish Roorkiwal, Mark E. Sorrells (2017) Genomic selection for crop improvement, 258 pp
UPOV (Unión Internacional para la Protección de las Obtenciones Vegetales). Directrices para la ejecución del examen de la distinción, la homogeneidad y la estabilidad. Varias publicaciones por cultivos. Ginebra
Coñecementos/contidos: Con03.
Habilidades/destrezas: H/D01, H/D02, H/D04, H/D05, H/D06, HD07, H/D08.
Competencias: Comp01, Comp02, Comp03, Comp04, Comp08.
Clases maxistrais, nas que o profesor explicará os conceptos da materia co apoio de medios audiovisuais
e informática; Pode ter diferentes formatos (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia),
promovendo a participación dos estudantes. Asistencia obrigatoria ao 90% das clases (18 h).
Seminarios en pequenos grupos, nos que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, exercicios, problemas,
simulacións de casos, etc. É necesaria a participación activa dos estudantes. Asistencia obrigatoria.
Clases prácticas de laboratorio, nas que os alumnos, seguindo os protocolos preparados para tal efecto, manexarán o equipo apropiado e resolverán cuestións prácticas. Asistencia obrigatoria.
Práctica de Campo: Visita ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), onde os investigadores amosarán e explicarán e discutirán co alumnado sobre coleccións de xermoplasma vexetal en varios formatos, ensaios de variedades e ensaios de mellora clásica. Asistencia obrigatoria.
Titorías (individuais ou en grupo) para aclarar dúbidas, proporcionar información ou guiar aos estudantes, así como para coñecer o progreso na adquisición de competencias. Optativas.
As condicións de avaliación serán as mesmas en primeira e segunda oportunidade.
O alumnado repetidor ou con dispensa de asistencia examinarase da totalidade dos contidos da materia.
As actividades docentes de asistencia obrigatoria e inescusable para alumnos que teñan concedida a dispensa de asistencia serán as PRÁCTICAS (incluída a PRÁCTICA de CAMPO) e os TRABALLOS/EXERCICIOS.
• 1.- AVALIACIÓN CONTINUA (50%): Participación do estudante na aula. Exercicios/traballos entregados e/ou presentados, informes de prácticas. A presentación de exercicios, traballos e informes de prácticas é obrigatoria.
1.1.- Asistencia e participación en clase: 10% (A asistencia ás clases, tanto teóricas (90%) como prácticas (100%) ten carácter obrigatorio)
1.2.-Exercicios/traballos escritos/informes de prácticas: 40 % (Obrigatorios, excepto para repetidores que os teñan realizado e superado en cursos precedentes)
2.- EXAME FINAL (50%) (Complementario á avaliación continua. Obrigatorio)
O exame final dividirase en tres bloques de contidos (os definidos nos contidos para a docencia teórica). Cada bloque debe superarse individualmente, cunha cualificación mínima de 5,0. Todos os traballos presentados deben recibir unha cualificación mínima de 5,0. Todas as actividades sometidas a avaliación deben ter sido superadas para poder superar a materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas e plaxio será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Coñecementos/contidos, habilidades/destrezas, e competencias que se avalían coas distintas probas:
Exame Final: Con03.
Exercicios: H/D01, H/D02, H/D04, HD07. Comp03, Comp04
Traballos escritos:H/D01, H/D02, H/D04, H/D06. Comp02, Comp04, Comp08.
Informes de prácticas: H/D02, H/D04, H/D05. Comp03, Comp04.
De acordo á memoria do Grao:
Traballo persoal presencial..........HORAS
Clases Expositivas........................20
Clases Interactivas Seminario..........7
Clases Interactivas Laboratorio........7
Práctica de Campo.........................3
Titorías en grupo...........................1
Exame e revisión...........................2
TOTAL horas presenciais...............40
Traballo persoal non presencial..... 32 (estudo, elaboración de traballos, exercicios e informes)
TOTAL TRABALLO PRESENCIAL......72 HORAS
Recoméndase asistir regularmente ás clases teóricas, así como consultar a bibliografía proposta.
Ademais, aconséllase acudir a titorías para resolver as dúbidas relativas á materia. Os profesores da materia están dispoñibles para calquera consulta, previa cita.
A materia require coñecementos previos de fisioloxía vexetal básica, xenética xeral e xenética cuantitativa, e estatística básica.
A materia contará cunha Aula Virtual asociada na plataforma Moodle a disposición do alumnado.
As canles de comunicación directa entre o profesorado e o alumnado serán: Aula Virtual, aplicación MS-teams e correo electrónico.
Santiago Pereira Lorenzo
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- santiago.pereira.lorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Juan Luis Fernández Lorenzo
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- juanluis.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Adolfo López Fabal
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- adolfo.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mª Belén Díaz Hernández
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ana Couso Viana
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- ana.couso.viana [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Venres | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07. Konrad Lorenz |
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 09. Barbara McClintock |
23.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
30.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |