Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 17 Total: 38.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Enxeñaría Química, Proxectos de Enxeñaría
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia está pensada para desenvolver os resultados da aprendizaxe contidos na súa ficha na memoria do título de Grao en Biotecnoloxía da USC:
- Elaborar a documentación necesaria na definición, organización e xestión dunha instalación industrial.
- Identificar os beneficios e custes dun proceso biotecnolóxico a nivel industrial.
- Aplicar a análise de sensibilidade económica.
- Identificar os riscos de seguridade asociados a unha instalación industrial.
- Identificar e distinguir os diferentes elementos dos diagramas de procesos biotecnolóxicos industriais.
- Aplicar as consideracións e hipóteses de deseño das diferentes unidades dunha instalación desde unha visión holística e da súa implementación a escala real.
Os contidos que se desenvolven son os descritos de forma breve na ficha da materia na Memoria do Título:
1. Elaboración da documentación necesaria na definición, organización e xestión dunha instalación industrial.
2. Identificación dos beneficios e custos dun proceso biotecnolóxico a nivel industrial.
3. Aplicación da análise de sensibilidade económica dun proceso biotecnolóxico a nivel industrial.
4. Identificación dos riscos de seguridade asociados a unha instalación industrial.
5. Identificación dos distintos elementos dos esquemas dos procesos biotecnolóxicos industriais.
6. Consideracións xerais e hipóteses de deseño das distintas unidades dunha instalación (bombas, compresores, depósitos de almacenamento, biorreactores, intercambiadores de calor e columnas de separación).
7. Xestión de proxectos: documentación do proxecto, organización e presentación, realización dun orzamento.
8. Elaboración en equipo dun borrador que contemple o deseño dun bioproceso.
O programa da materia estrutúrase en dous bloques, que se entrelazarán no tempo:
* Bloque I: Proxectos (10 h expositivas + 8 h seminarios)
- Tema I.1. Documentación do proxecto
- Tema I.2. Organización e presentación
- Tema I.3. Avaliación económica
* Bloque II: Elaboración dun borrador básico. (10 h expositivas + 9 h seminarios)
- Tema II.1 Estrutura básica do anteproxecto (Materias primas, produto final, descrición do proceso, localización, seguridade
química, aspectos ambientais, estudo de viabilidade económica, balances de materiais e enerxía, diagrama de procesos e fichas
de datos de seguridade)
- Tema II.2. Consideracións xerais sobre o deseño en instalacións de biotecnoloxía industrial (bombas, compresores, depósitos de almacenamento, biorreactores, intercambiadores de calor e columnas de separación).
Nos seminarios desenvolverase un anteproxecto que contemple o deseño dun bioproceso. Unha posible distribución dos temas específicos traballados nos distintos seminarios será:
- Seminario 1. Xeración de ideas. Dinámica de grupo.
- Seminario 2. Innovación como ferramenta para xerar ideas de proxectos.
- Seminario 3. Estimación de tempos.
- Seminario 4. Produtos e materias primas. Unidade principal. Capacidade, modo de operación e emprazamento.
- Seminario 5. Diagrama de fluxo. Unidades de proceso. Recirculacións.
- Seminario 6. Aspectos de seguridade e medio ambiente.
- Seminario 7. Materiais. Servizos auxiliares. Implantación.
- Seminario 8. Preparación dunha oferta.
- Seminario 9. Aspectos de aproveitamento enerxético.
Na titoría de grupo farase unha posta en común para a aclaración e resolución de dúbidas no desenvolvemento do anteproxecto ou noutros aspectos.
* Bibliografía básica:
- Velasco Sánchez, J. Gestión de la producción en la empresa: planificación, programación y control. Pirámide, Madrid, 2006. ISBN 9788436820799. Signaturas BUSC: EMX 2552, EMX 393.
- Seider, W.D.; Seader, J.D.; Lewin, D.R.; Widagdo, S. Product and Process Design Principles – Synthesis, Analysis, and Evaluation. John Wiley & Sons, 3ª ed., 2010. ISBN 978-0-470-41441-5. Signatura BUSC: A150 10.
* Bibliografía complementaria:
- Amendola, L.J. Estrategias y tácticas en la dirección y gestión de proyectos. Editorial Universitat Politècnica de València, 2ª ed., Valencia, 2006. ISBN 84-8363-054-0. Signaturas BUSC: IEP 105, R 64839, EMX 2388.
- Biafore, B.; Stover, T.S. Gestión de proyectos en el mundo real. Anaya multimedia, Madrid, 2014. ISBN (electrónico) 84-415-3560-4.
- Domingo Ajenjo, A. Direccion y gestión de proyectos. Un enfoque práctico. RA-MA, 2ª ed., Madrid, 2005. ISBN 978-8-84-7897-662-0. Signaturas BUSC: IEP 101, PE13 101, FQ2 359.
- Horine, G.M. Gestión de proyectos. Anaya multimedia, Madrid, 2005. ISBN 84-415-1917-X. Signatura BUSC: IEP 100.
- Toro López, F.J. Gestión de proyectos con enfoque PMI al usar Project y Excel. ECOE, 3ª ed., Bogotá, 2014. ISBN 9789586487924. Signaturas BUSC: A QE 14. (Tamén dispoñible como recurso electrónico.)
- Atkinson, B.; Mavituna, F. Biochemical engineering and biotechnology handbook. Stockton Press, 2ª ed., New York, 1991. ISBN 1561590126. Signaturas BUSC: BT 26, BT 72, A RD 35, 169 1, DEP 15764, 160 14.
- Díaz, M. Ingeniería de bioprocesos. Paraninfo, Madrid, 2012. ISBN 9788428381239. Signaturas BUSC: A BT 76, 160 24, A160 12.
- Sinnott, R.; Towler, G. Chemical Engineering Design. Butterworth-Heinemann, 6ª ed., 2020. ISBN 9780081025994. Signaturas BUSC: A140 11, 140 16, QUT 25, QUT 26. (Tamén dispoñible como recurso electrónico.)
- Turton, R.; Bailie, R.C.; Whiting, W.B.; Shaeiwitz, J.A.; Bhattacharyya, D. Analysis, Synthesis, and Design of Chemical Processes. Pearson, 4ª ed., Upper Saddle River, NJ, 2013. ISBN 9780132940290. Signaturas BUSC: A151 9, QUT 219, QUT 220.
• Con03: Ter coñecementos sobre equilibrios e transferencias de materia e enerxía, termodinámica aplicada e operacións de separación, así como saber aplicalos á resolución de problemas de enxeñería.
• Con07: Coñecer os aspectos básicos de control de calidade e xestión económica das empresas, así como os aspectos legais e éticos da biotecnoloxía.
• H/D01: Pensar de forma integrada e abordar os problemas desde diferentes perspectivas con razoamento crítico.
• H/D03: Organiza e planifica o teu traballo.
• H/D05: Traballo en equipo.
• H/D14: Saber analizar e deseñar procesos industriais biotecnolóxicos e aplicalos á mellora de procesos e produtos con criterios de sustentabilidade e xestión da calidade.
• Comp05: Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en Biotecnoloxía e adquirir capacidade de traballo en equipo.
• Comp06: Recoñecer os criterios de escalado dos procesos biotecnolóxicos a partir dos datos obtidos na experimentación básica a escala de laboratorio, tendo en conta parámetros económicos e racionalizando o uso da materia e da enerxía.
A ensinanza dos contidos teóricos realizarase mediante clases maxistrais onde se explicarán e fundamentarán os devanditos contidos. O profesorado fará pública, por medio do Campus Virtual, a información correspondente aos temas que se desenvolverán ao longo do curso. Todos os estudantes matriculados nesta materia teñen acceso libre á aula virtual. Nestas clases intercalaranse e suscitaranse diversas preguntas relativas ao temario para conseguir unha discusión conxunta, co fin último de promover a aprendizaxe e a súa participación activa na clase.
As clases de seminario centraranse no desenvolvemento dun anteproxecto que contemple o deseño dun bioproceso, co alumnado traballando en equipos. A asistencia regular ós seminarios é obrigatoria.
Realizarase unha titoría de grupo durante o curso para aclarar dúbidas no desenvolvemento do anteproxecto ou noutros aspectos, analizando ademais o progreso na adquisición de competencias.
Efectuarase unha avaliación continua do proceso de aprendizaxe, por medio do encargo de diferentes tarefas (normalmente pequenas entregas ligadas ós distintos temas tratados) e o anteproxecto dun bioproceso. Esta avaliación continua será a base para unha primeira nota, que contará o 50 % da cualificación final: un 10 % as tarefas e un 40 % o anteproxecto. Tanto a entrega das tarefas individuais como do anteproxecto é obrigatoria para superar a materia.
Ó remate das clases realizarase un exame (50 % da cualificación final), que constará de dúas partes: unha primeira parte cun cuestionario teórico-práctico, que contará o 20 % da cualificación final; e unha segunda parte consistente na presentación e defensa do anteproxecto, que contará o 30 % da cualificación final.
A cualificación correspondente ó apartado de avaliación continua será comunicada ó estudantado antes do exame final.
Para superar a materia precisarase un mínimo de 3,5 sobre 10 no exame. Para aquel alumnado que acadando os 5,0 puntos no global non chegue ó mínimo no exame, a cualificación global pasará a ser directamente a do exame.
No caso de non superar a materia na primeira oportunidade gardarase a nota da avaliación continua correspondente ás tarefas para a segunda oportunidade. Este alumnado poderá entregar un novo anteproxecto ou alternativamente preservar a cualificación correspondente deste traballo na primeira oportunidade, e inevitablemente deberá repetir o exame. Igualmente, para superar a materia nesta oportunidade será preciso un mínimo de 3,5 sobre 10 no exame.
Recibirá a cualificación de “non presentado” aquel alumnado que non participe nin no exame nin en ningunha das actividades propostas da avaliación continua.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Conexión entre competencias e avaliación de actividades:
- Tarefas/entregas: Comp05, Comp06, Con03, Con07, H/D01, H/D03, H/D05, H/D14
- Anteproxecto: Comp05, Comp06, Con03, Con07, H/D01, H/D03, H/D05, H/D14
- Cuestionario: Comp05, Comp06, Con03, Con07
- Presentación e defensa do anteproxecto: Comp06, Con03, Con07, H/D05
A materia consta de 4,5 ECTS. Isto quere dicir que a carga de traballo para o alumno será 4,5 x 25 = 112,5 h. A distribución de horas para cada unha das actividades implicadas na materia lévase a cabo como segue:
Actividade....................Horas
Clases expositivas...........20,0
Seminarios......................17,0
Titorías de grupo...............1,0
Titorías individualizadas.......0,5
Exame e revisión................2,0
Traballo persoal................72,0
TOTAL...........................112,5
Recoméndase que os estudantes xa teñan cursado e superado as materias “Fundamentos dos Procesos Biolóxicos”, “Transporte de Fluídos e Transmisión de Calor”, “Transferencia de Materia” e “Biorreactores”.
A docencia desta materia dispensarase en castellnao/galego, aínda que se manexarán fontes de información en lingua inglesa.
Daniel Jose Franco Ruiz
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- daniel.franco.ruiz [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
José Francisco Vaamonde Longueira
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- josefrancisco.vaamonde [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 09. Barbara McClintock |
30.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
09.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12.Vasili Dokucháyev |