Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 27 Clase Interactiva: 21 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Física
Áreas: Química Física
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Unha vez cursada esta materia, espérase que o alumnado sexa capaz de:
• Saber determinar as magnitudes que se empregan para describir o estado dun sistema termodinámico.
• Coñecer e saber aplicar as leis da termodinámica ós sistemas biolóxicos e ás reaccións químicas.
• Comprender e saber describir as propiedades dos sistemas multicomponentes.
• Saber resolver cuestións e problemas de equilibrio químico e entre fases, disolucións ideais e non ideais.
• Saber definir cinética química e os factores dos que depende.
• Coñecer e aplicar os métodos de medida da velocidade de reacción.
• Saber describir os mecanismos de reacción e de catálise.
CLASES EXPOSITIVAS (Presenciais):
• Tema 1. Primeiro Principio da Termodinámica (~5 h)
• Tema 2. Segundo e Terceiro Principios da Termodinámica (~4 h)
• Tema 3. Equilibrios de fases e disolucións (~7 h)
• Tema 4. Principios do equilibrio químico (~5 h)
• Tema 5. Cinética Química (~6 h)
PRÁCTICAS DE LABORATORIO (Presenciais):
1. Termodinámica do equilibrio de fases. Diagrama de fases sólido-líquido dun sistema binario (4 h).
2. Equilibrio químico. Determinación dunha constante de equilibrio por espectrofotometría (4 h).
SEMINARIOS (Presenciais):
Resolución dos exercicios/cuestións propostos para cada tema e de exercicios/cuestións de avaliación (13 h).
TITORÍAS (Presenciais):
Resolución de exercicios integrados coa axuda do profesor. Consulta de dubidas sobre os contidos teóricos e prácticos (3 h).
BÁSICA:
• Atkins, P.; de Paula, J. (2010), Physical Chemistry for the Life Sciences, 2nd ed., Oxford, Oxford University Press.
• Chang, R. (2005), Physical Chemistry for the Biosciences, Sausalito, California, University Science Books.
• Petrucci, R. H.; Herring, F. G.; Madura, J. D.; Bissonnette, C. (2017), Química General, 11ª ed., Madrid, Pearson Educación. Dispoñible en formato electrónico no catálogo da BUSC.
COMPLEMENTARIA:
• Atkins, P.; de Paula, J. (2008), Química Física, 8ª ed., Buenos Aires, Editorial Médica Panamericana. Dispoñible en formato electrónico no catálogo da BUSC.
• Levine, I. N. (2014), Principios de Fisicoquímica, 6ª ed., México, McGraw Hill.
• Levine, I. N. (2004), Fisicoquímica, Volumen 1, 5ª ed., Madrid, McGraw Hill. Dispoñible en formato electrónico no catálogo da BUSC.
Coñecementos/contidos: Con01, Con03
Habilidades/Destrezas: H/D01, H/D03, H/D04, H/D10, H/D11
Competencias: Comp01, Comp02, Comp03, Comp05
• Clases expositivas: Clase maxistral
• Clases interactivas de seminario: Resolución de problemas
• Clases interactivas de laboratorio: Prácticas Laboratorio
• Titorías en grupo reducido: Titorías
Todas as actividades docentes programadas serán presenciais e os seminarios, as titorías e as prácticas de laboratorio serán de asistencia obrigatoria.
A cualificación desta materia levarase a cabo mediante avaliación continua (40%) e a realización dun exame final complementario á avaliación continua (60%).
Na avaliación continua teranse en conta os seguintes aspectos:
• Resolución de exercicios/cuestións de avaliación (75 %).
• Participación activa nas titorías (5 %)
• Prácticas de laboratorio (20 %). Valorarase a calidade do traballo persoal do alumno no laboratorio e realizarase unha proba de avaliación escrita sobre os contidos das prácticas.
Nalgún dos seminarios programados realizaranse exercicios de avaliación, cuxa nota terase en conta para a avaliación continua do alumno. A non asistencia a algunha destas clases suporá unha cualificación de cero nas actividades de avaliación realizadas durante esa clase.
A non asistencia ás titorías programadas resultará nunha cualificación de cero no apartado correspondente da avaliación continua.
Os estudantes deberán obter un APTO nas prácticas de laboratorio para superar a materia. Para obter a cualificación de APTO, o alumno deberá asistir a todas as prácticas programadas e realizar con corrección o traballo experimental proposto. A práctica non realizada recuperarase de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a materia, sempre que a ausencia estea debidamente xustificada. As ausencias non xustificadas suporán un NON APTO nas prácticas de laboratorio.
Na segunda oportunidade se levará a cabo un exame final cuxa nota se sumará á obtida nas actividades de avaliación continua realizadas durante o período de docencia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O alumno será cualificado como “non presentado” cando non realice ningunha actividade académica avaliable.
Excepcións para alumnos repetidores
Aos estudantes repetidores da materia que teñan APTO nas prácticas de laboratorio, conservaráselles a cualificación obtida durante un máximo de dous cursos académicos. Polo tanto, non terán que realizar novamente as prácticas. Non se lles gardará a cualificación obtida nas demais actividades avaliables.
Os restantes estudantes repetidores terán o mesmo réxime de asistencia ás clases interactivas e mesmo sistema de avaliación que os alumnos matriculados por primeira vez.
Ao longo do semestre avaliaranse as seguintes competencias:
Exercicios/cuestións de avaliación (seminarios): Con01, Con03, H/D01, H/D10, H/D11, Comp03, Comp05
Prácticas de laboratorio: Con03, H/D01, H/D03, H/D04, H/D10, Comp01, Comp02
Traballo realizado nas titorías: Con03, H/D01, H/D03, H/D11, Comp03, Comp05
Exame final: Con01, Con03, H/D01, H/D10, H/D11, Comp03
Traballo presencial na aula o no laboratorio
• Clases Expositivas (27 horas)
• Clases Interactivas Seminario (13 horas)
• Clases Interactivas Laboratorio (8 horas)
• Titorías (3 horas)
• Exame (3 horas)
• Horas totais de traballo presencial na aula ou no laboratorio: 54 horas
Traballo persoal do alumno
• Estudo da materia (54 horas)
• Resolución de exercicios (39 horas)
• Preparación das prácticas de laboratorio e análise dos datos obtidos (3 horas)
• Horas de traballo persoal do alumno: 96 horas
• É importante manter o estudo da materia “ao día”.
• Unha vez finalizada a lectura dun tema, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando as ecuacións básicas que se deben lembrar e asegurándose de coñecer tanto o seu significado como as condicións nas que se poden aplicar.
• A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda o seguir estes pasos: (1) Facer unha lista con toda a información relevante que proporciona o enunciado. (2) Facer unha lista coas cantidades que se deban calcular. (3) Identificar as ecuacións a utilizar na resolución do problema e aplicalas correctamente.
• É recomendable acudir ás sesións de laboratorio tendo lido atentamente os guións das prácticas a realizar.
A materia dispoñerá dunha Aula Virtual no Campus Virtual da USC ao dispor do alumnado.
Atenderanse de forma presencial as consultas personalizadas dos alumnos no horario de titorías do profesor publicado ao comezo do curso académico.
Ana Maria Rios Rodriguez
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814210
- Correo electrónico
- anamaria.rios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
02.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
11.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |