Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 17 Total: 38.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia ten como obxectivos fundamentais que os alumnos coñezan:
1) Os métodos para obter vacinas mediante o uso de ferramentas biotecnolóxicas.
2) Os fundamentos e métodos para o uso dos virus con fins preventivos e terapéuticos.
Programa de teoría (20h)
1. Vectores virais en terapia xénica. Deseño, produción e aplicacións. 2 h
2. Vectores virais para a expresión de proteínas recombinantes. Tipos e aplicacións. 2h
3 Virus e nanotecnoloxía. Virus like particles (VLPs), nanopartículas virais (VNP), nanoconxugados. Métodos de obtención e aplicacións. 2h
4. Virus oncolíticos. Tipos e aplicacións. 2h
5. Aplicacións biotecnolóxicas dos bacteriófagos. 1h
6. Baculovirus como biopraguicidas. Formulación e aplicacións. 1h
7. Vacinas: definición, características e composición. Historia da vacinación. 2h
8. Clasificación das vacinas. Características, beneficios, problemas dos diferentes tipos de vacinas. 2h
9. Pautas de vacinación e vías de administración. Adxuvantes. Definición e mecanismos de acción. Compostos de uso tradicional e novas investigacións. 1h
10. Deseño. Identificación de antíxenos indutores de resposta. Vacinas de última xeración. 2h
11. Desenvolvemento dos procedementos para a produción industrial de vacinas. Control das vacinas: aspectos legais e sanitarios. Requirimentos para o rexistro dunha vacina. 1h
12. Vacinación: retos actuais e estratexias. 2h
Programa de seminarios (5 h)
Desenvolvemento de exercicios prácticos e resolución de problemas relacionados cos temas de teoría (actividades no Campus Virtual).
Exposición de traballos e discusión sobre os exercicios realizados e aspectos específicos da materia.
Programa de prácticas no laboratorio (12 h)
Sesión 1: Cultivo, identificación e cuantificación de virus 2h
Sesión 2: Manipulación de xenomas virais e transfección 2h
Sesión 3: Recuperación de virus recombinantes e detección de proteína recombinante: 2h
Sesión 4: Fundamento e expresión dunha vacina subunitaria en bacterias 3h
Sesión 5: Purificación e caracterización de vacinas subunitarias 3h
Titorías
Resolución de dúbidas 1 h
Bibliografía básica
- Bloom, B. R. and Lambert, P. H. (2016) The Vaccine Book: Second Edition, The Vaccine Book: Second Edition. Amsterdam: Elsevier Inc. doi: 10.1016/C2014-0-00804-0.
- Flint, J., Rall, G. F., Racaniello, V. R., & Skalka, A. M. (2020) Principies of Virology. Hoboken: Wiley. Available at: https://www.wiley.com/en-us/Principles+of+Virology%2C+Multi+Volume%2C+5….
- Khan, M. S., Khan, I. A. (Iqrar A. and Barh, D. (2019) Applied molecular biotechnology : the next generation of genetic engineering. Boca Raton: CRC Press. Available at: https://www.routledge.com/Applied-Molecular-Biotechnology-The-Next-Gene….
- Tennant, P., Fermin, G. and Foster, J. E. (Jerome E. (2018) Viruses : molecular biology, host interactions, and applications to biotechnology. London: Academic Press.
Bibliografía complementaria
- Cann, A. J. (2015) Principles of Molecular Virology: Sixth Edition, Principles of Molecular Virology: Sixth Edition. Amsterdam: Academic Press. doi: 10.1016/C2014-0-01081-7.
Coñecementos:
Con06 Comprender os principios da bioenerxética e bioseñalización, e coñecer as principais rutas metabólicas e a súa regulación, así como o fluxo da información xenética e bioquímica nos seres vivos
Con07Coñecer e comprender a estructura e a función de virus, células procariotas e eucariotas
Habilidades/destrezas:
H/D01-Aplicar de forma integrada os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos na transmisión de información/ideas e no plantexamento e resolución de problemas, tanto en contextos académicos como profesionais
H/D02-Saber obter e interpretar información relevante e resultados experimentais e obter conclusións en temas relacionados coa Bioloxía
H/D07-Capacidade para buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes, incluindo o emprego de TICs no ámbito da Bioloxía
H/D8-Capacidade para o razonamento, a argumentación e o pensamento crítico
H/D10-Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de xeito colectivo
H/D11-Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible, reflectinndo axeitadamente as fontes de información empregadas
H/D12-Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente
Competencias:
Com01-Que os estudantes teñan demostrado posuir, comprender e utilizar os coñecementos das distintas áreas da Bioloxía, incluindo alguns aspectos de vangarda do seu campo de estudo
Com03-Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as capacidades que suelen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro de sua área de estudo
Com04-Coñecer e saber aplicar as técnicas instrumentais e deseñar protocolos de traballo no laboratorio e no campo, aplicando a normativa e as técnicas axeitadas relacionadas coa seguridade, hixiene, xestión de residuos, calidade e desenvolvemento sostible
A metodoloxía docente basearase na lección maxistral, aportando conceptos, esquemas e fotografías mediante medios audiovisuais e fomentará a participación activa do alumnado mediante a formulación de preguntas o de supostos prácticos para resolver na aula. Nos seminarios se presentarán os traballos realizados polos alumnos (actividade encamiñada a potenciar o manexo de bibliografía, e a interpretación e síntese de contidos).
As clases prácticas realizaranse no laboratorio.
Todas as actividades avaliables son obrigatorias
- Examen teórico* 65% da nota
Os coñecementos teóricos do alumno avaliaranse mediante definición de conceptos básicos, respostas a preguntas curtas, interpretación de imáxenes e esquemas,
[Avalíanse Con06, Con07; H/D01, H/D08, H/D10; Com01, Com03; ]
- Realización das prácticas 10% da nota global**
[Avalianse H/D01, H/D02, H/D10; Com04]
- Traballos de seminario: Realización de memorias e presentación (terase en conta a calidade da memoria e da presentación, así como a seguridade na resposta as preguntas plantexadas e a participación nas exposicións dos compañeiros): 25% da nota global (10% memoria+15% presentación e participación ) **
[Avalíanse H/D01, H/D02, H/D07, H/D08, H/D10, H/D11, H/D12, Com1, Com3]
* O exame teórico realizarase por escrito, dacordo coa data establecida polo equipo decanal, segundo se publica na guía do alumno de esta Facultade. Será necesario aprobar o exame teórico (5) para sumar o resto dos ítems.
** En caso de ser necesario a nota de prácticas e de traballos de seminario manterase para o curso académico seguinte
Materia de 4,5 créditos ECTS x 25 horas = 112,5 horas
Total horas presenciais: 40,5
- Lección maxitral: 20 horas
- Prácticas de laboratorio: 12 horas
- Seminarios: 5 horas
- Titorías en grupo: 1
- Titoría individual: 0,5
- Exame: 2 horas
Traballo persoal do estudante 72 horas
Seguir as recomendacións que os profesores proporcionarán ao longo do semestre.
Para cursar a materia requírense coñecementos de bioquímica, xenética e microbioloxía.
A materia contará cunha aula virtual na plataforma Moodle na que, ademais dos contidos que elaboren os profesores, estará a disposición dos alumnos outra información de utilidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Carlos Pereira Dopazo
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816083
- Correo electrónico
- carlos.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Manuel Martinez Costas
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881815734
- Correo electrónico
- jose.martinez.costas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Isabel Bandin Matos
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816087
- Correo electrónico
- isabel.bandin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Emma Gonzalez Rosales
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- emmagonzalez.rosales [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 09. Barbara McClintock |
04.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
14.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08. Louis Pasteur |