Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Estudar as aplicacións das substancias bioactivas de orixe mariña. Coñecer ferramentas de predición, mostraxe, optimización da produción e aplicacións das substancias. Mostrar unha visión dos avances biotecnolóxicos da produción de especies mariñas e procura de solucións tecnolóxicas e na mellora da produción.
TEMARIO DE TEORÍA
BLOQUE 1. BIOTECNOLOXÍA NA ACUICULTURA (7 horas)
1. Introdución á acuicultura. Estado actual da acuicultura en España e Europa (0.5h).
2. Procesos produtivos. Mellora de procesos. Acuicultura integrada (2.5h).
3. Sustentabilidade e acuicultura (2h).
4. Patogenia asociada a acuicultura: novos métodos de diagnóstico e prevención (2h).
BLOQUE 2. BIOTECNOLOXÍA AZUL (13 horas)
5. Introdución á biotecnoloxía azul: diversidade química e biolóxica dos océanos (1h).
6. Moléculas mariñas con actividade biolóxica. Principais grupos de organismos produtores de substancias bioactivas. O microbioma mariño (3h).
7. Técnicas de procura de substancias bioactivas. Métodos de bioprospección e mostraxe. Ferramentas de procura de substancias: ómicas. Casos de éxito (5h).
8. Biosíntesis de produtos mariños: do xene ao composto (1h).
9. Biorremediación, biomonitorización e biosensores (3h).
CLASES DE LABORATORIO (14 horas)
Realizaranse 4 sesións de 3 horas e 1 sesión de 2 horas.
-Práctica 1: Detección de patógenos. Métodos baseados en cultivo e qPCR.
-Práctica 2: Procura de substancias con capacidades bioactivas: biosurfactantes. Detección de bacterias con actividade surfactante illadas de algas mariñas.
-Práctica 3: Produción de microalgas en cultivo semicontínuo. Caracterización de contido proteico e lipídico mediante citometría de fluxo. Trátase dun proxecto colaborativo/competitivo.
OUTRAS ACTIVIDADES:
-Desenvolvemento dun proxecto de investigación relacionado coa biotecnoloxía azul.
SEMINARIOS (3 horas)
Estudo de poboacións bacterianas utilizando ferramentas web automatizadas. Análise e contextualización dos datos.
TITORÍA DE GRUPO (1 hora)
Explicarase a estrutura do proxecto de investigación e discutiranse as ideas.
TITORÍA INDIVIDUAL (0,5 horas)
Utilizaranse para aclarar dúbidas, orientar ou proporcionar información aos estudantes.
Bibliografía básica:
Milton, F & Nagabbushanam R (2000) Aquaculture. Colección Recent advances in marine biotechnology. ISBN: 157808010X (o.c) 1578080827 (v. A).
Le Gal, Y & Ulber, R Marine (2005) Biotechnology I & II. Serie Advances in Biochemical Engineering/Biotechnology. ISBN: 978-3-540-25659-5 (v.1) 978-3-540-25669-4 (v.2).
Bibliografía complementaria:
Milton, F & Nagabbushanam R (2003) Molecular genetics of marine organisms.. Colección Recent advances in marine biotechnology. ISBN: 1-57808-297-8 (Vol. 10) 1-57808-010-X (set)
Barnabé, G. 1996. Bases biológicas y ecológicas de la acuicultura. Acribia, Zaragoza.
Bosma, R., Wijffels, R.H. 2003. Marine biotechnology in education: a competitive approach. Biomolecular Engineering, 2003, 20:4-6:125 – 131.
European Centre for Marine Biotechnology: http://www.ecmb.org/index.htm Center for Marine Biotechnology and Biomedicine (CMBB): http://cmbb.ucsd.edu/
Marine Biotechnology: A New Vision and Strategy for Europe: http://www.marine.ie/NR/rdonlyres/C076682C-2B32-437C-A781- B2EACBAA6B62/0/ESFMBmarine_biotechnology_paper15LR.pdf
A bibliografía complementaria completarase ao longo das clases.
Competencias básicas
As competencias básicas son as descritas na memoria xeral do título.
Competencias xerais
As competencias xerais son as descritas na memoria xeral do título.
Competencias transversais
CT1 - Pensar de forma integrada e abordar problemas desde diferentes perspectivas.
CT2 - Buscar, procesar, analizar e sintetizar información de varias fontes.
CT4 -Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
CT6 - Razoar de xeito crítico.
CT8 -Adaptación a novas situacións (resiliencia).
Competencias específicas
CE1- Saber facer cálculos, analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos campos da Biotecnoloxía.
CE6- Ser capaz de analizar e deseñar procesos industriais biotecnolóxicos e aplicalos á mellora do produto.
Clases teóricas: 20h presenciais.
O contido da materia impartirase principalmente a través de clases maxistrais con soporte audiovisual e ferramentas TIC.
Unha parte do curso impartirase propoñendo actividades, problemas ou debates que se traballarán, en grupo ou individualmente, co apoio de material e a axuda da profesora.
A asistencia á aula non é obrigatoria, pero recoméndase e promoverase e valorarase a participación do alumnado (como parte da avaliación continua).
Proporcionaráselle ao alumnado o material didáctico empregado polo profesor na aula, así como material didáctico complementario.
Ao final de cada tema ou cada grupo de temas, proporcionarase un cuestionario de autoavaliación a través da aula virtual sen peso na avaliación final.
Haberá unha aula virtual na que se incluirá o material didáctico empregado pola profesora, así como outro material de apoio incluíndo calendarios, páxinas web de interese, etc. Tamén será unha plataforma de comunicación e discusión sobre o tema. Este último complementarase coa creación dun grupo de MSTeams, que se empregará para clases telemáticas ou grupos de discusión se fose necesario.
Habilidades traballadas: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT6.
Seminarios: 3 horas presenciais.
O alumnado traballará, individualmente ou en grupo, sobre as tarefas propostas pola profesora. Os resultados presentaranse e discutiranse, persoalmente ou utilizando a aula virtual, co profesor e o resto do alumando.
CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT2, CT6.
Prácticas de laboratorio: 14 horas presenciais
As prácticas realizaranse de xeito presencial no laboratorio.
Algunhas das prácticas a realizar requirirán o uso dun ordenador.
CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT2, CT6, CE6.
Titorías en grupo
Explicarase a dinámica das prácticas e discutiranse as ferramentas informáticas que se van empregar.
Titorías individuais:
Utilizaranse para aclarar dúbidas, orientar ou proporcionar información aos estudantes.
EXAME FINAL: 50% da nota final.
O exame é unha actividade obrigatoria e avaliable que incluirá os contidos da materia. O aprobado será 5 sobre 10.
É necesario unha cualificación de 5 no exame para poder sumar a nota da avaliación continua.
PRÁCTICAS: 15% da nota final.
As prácticas de laboratorio son de asistencia obrigatoria e avaliable cuxa asistencia se controlará por firma. As ausencias non xustificadas ás prácticas supoñerán unha cualificación de non apto.
As prácticas avaliaranse pola entrega dunha memoria, así como pola participación activa nas mesmas.
É necesaria unha nota mínima de 5 sobre 10 para para poder sumar a nota á avaliación continua.
SEMINARIO: 5% da nota final.
Requírese a asistencia a un mínimo de dous terzos dos seminarios para poder sumar a nota á avaliación continua. As ausencias non xustificadas ás prácticas supoñerán unha cualificación de non apto.
Os seminarios avaliaranse pola participación do alumnado así como pola entrega e/ou exposición dunha pequena memoria.
AVALIACIÓN CONTINUA: 30% da nota final.
Avaliarase a participación activa do alumnado (por informe da profesora) nas clases expositivas, así como as actividades realizadas durante as mesmas. 10 % da nota final.
Avaliación do desenvolvemento dun proxecto de investigación de procura de substancias bioactivas ou mellora de sistemas de acuicultura. O proxecto realizarase en grupo e traballarase ao longo de todo o semestre. 20% da nota final.
Se se superan os mínimos de todas as partes, poderán sumarse as cualificacións obtidas en cada unha das partes.
Para a avaliación da segunda oportunidade, manteranse todas as cualificacións das actividades avaliadas durante o curso, excepto o exame final, que deberá repetirse.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Traballo presencial na aula:
Clases maxistrais: 20 horas.
Prácticas de laboratorio: 14 horas.
Seminarios: 3 horas.
Titorías grupais: 1 hora.
Titorías individualizadas: 0,5 horas.
Exame: 2 horas.
Total: 40,5 horas.
Traballo persoal do alumno: 72 horas.
Traballo total: 112,5 horas.
-Participación activa en clases, prácticas e seminarios.
-Recoméndase un traballo continuo ao longo do semestre con revisións semanais da materia impartida.
-Recoméndase o uso de titorías individualizadas que se poden organizar a través de MSTeams, foros de aulas virtuais ou presenciais para resolver dúbidas e orientar o estudo.
Sabela Balboa Mendez
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- sabela.balboa [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Clara Martínez Sánchez
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- c.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Sara Galindo Morales
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- sara.galindo.morales [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 09. Barbara McClintock |
16.05.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
01.07.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 07. Konrad Lorenz |