Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Química Inorgánica, Química Orgánica
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Química Inorgánica, Química Orgánica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ao final da asignatura Química Ambiental espérase que o alumnado sexa capaz de:
- Demostrar coñecemento e comprensión dos fenómenos químicos relacionados co Medioambiente.
- Aplicar os coñecementos adquiridos á resolución de problemas medioambientais.
- Adquirir experiencia para un compromiso coa calidade ambiental.
Estudo dos contaminantes medioambientales máis importantes: propiedades, orixe, reactividade, control. Contaminación no aire. Contaminación do auga. Contaminación do chan. Química verde.
PROGRAMA:
1. A química e o medio ambiente:
1.1. Ciclos dos elementos.
1.2. Degradación do Medio Ambiente.
2. Contaminación atmosférica.
2.1. Introdución ao estudo da atmósfera
2.2. Composición atmosférica e principais contaminantes.
2.3. Estudo dalgúns fenómenos de contaminación atmosférica: Efecto invernadoiro, destrución da capa de ozono e cambio climático. Precipitación ácida. Contaminación urbán.
3. Contaminación na auga:
3.1. Introdución. abundancia, ciclo e usos da auga. As augas naturais. Parámetros xerais indicadores de contaminación: DBO e DQO.
3.2. Estudo dos contaminantes inorgánicos das augas. Contaminación por bionutrintes: eutrofización.
3.3. Problemática das augas residuais.
4. Contaminación do solo:
4.1. Introdución ao solo como compoñente do ecosistema global. Compoñentes e procesos no solo.
4.2. Contaminación do solo. Avaliación do risco. Clasificación dos contaminantes.
4.3. Contaminantes inorgánicos e o seu comportamento no solo.
4.4. Contaminantes orgánicos e o seu comportamento no solo.
4.5. Diagnóstico da contaminación do solo. Recuperación de solos contaminados.
5. Contaminantes orgánicos máis importantes:
5.1 Contaminación por petroleo e derivados
5.2. Hidrocarburos aromáticos polinucleares (PAHs).
5.3. Pesticidas.
5.4. Dioxinas, furanos e bifenilos policlorados (PCBs).
5.5. Disolventes. COVs. Compostos clorofluorocarbonados (CFCs).
5.6. Outros compostos orgánicos tóxicos e/ou prexudiciais para o medioambiente.
6. Química verde:
6.1. Desenvolvemento sostible. Obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS).
6.2. Química verde: principios básicos.
6.3. Química verde: algúns exemplos do mundo real.
6.4. Novas aproximacións en química verde.
Básica
1. C. Baird, M. Cann. Química ambiental, 2ª ed. (5ª ed. original); Editorial Reverté, 2014. A EMA 37 D.
2. D. W. Connell. Basic concepts of environmental chemistry, 2ª Ed.; Taylor & Francis Group, CRC Press, 2005. EMA 283.
3. D.L. Sparks. Environmental soil chemistry, Academic Press, San Diego, 1995. A EMA 102 (accesible dixitalmente na BUSC).
4. Domènech Antúnez, Xavier. Fundamentps de Química Ambiental. Vol. I. Química de los sistemas atmosférico, edáfico e hidrosférico. Ed. Síntesis. Madrid. 2014. (84-9077-595-8) (accesible dixitalmente na BUSC).
5. Domènech Antúnez, Xavier. Fundamentps de Química Ambiental. Vol. II. Química de la contaminación, técnicas de remediación y evaluación del riesgo ambiental (84-9077-595-6). Ed. Síntesis. Madrid. 2014 (accesible dixitalmente na BUSC).
Complementaria
6. C. Orozco, A. Pérez, M. N. González, F. J. Rodríguez y J. M. Alfayate. Contaminación ambiental. Una visión desde la química, Thomson Editores/Paraninfo, Madrid, 2003. A EMA 49 1.
7. R.E. White. Principles and practice of soil science. Ed. Blackwell Science, Oxford, 1997. TS 290
8. M. Lancaster. Green Chemistry: An introductory text. The Royal Society of Chemistry 2002. EMA 562.
9. A. H. Neilson, A.-S. Allard. Environmental degradation and transformation of organic chemicals. Taylor & Francis Group, CRC Press, 2008. EMA 551
10. P.T. Anastas and J. C. Warner. Green Chemistry: Theory and Practice. Oxford University Press 1998. EMA 446
11. S.E. Manahan. Introducción a la Química Ambiental. Editorial Reverté, Barcelona 2007. EMA 547
12. S.E. Manahan. Environmental Chemistry, 7ª Ed.; Lewis Publishers, INC., 2000.
13. I.A. Mirsal. Soil Pollution. Origin, Monitoring & Remediation, 2ª Ed.; Springer, 2008.
BÁSICAS E XERAIS
• CB1 - Que os estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
• CG1 - Que os graduados posúan e comprendan os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Química, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
• CG2 - Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química.
• CG3 - Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
• CG4 - Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química tanto a un público especializado como non especializado.
• CG5 - Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
TRANSVERSAIS
• CT6 - Realizar traballo en equipo
• CT7 - Realizar traballo en equipo de carácter interdisciplinar.
• CT8 - Ser capaz de traballar nun contexto internacional.
• CT9 - Desenvolver habilidades nas relacións interpersoais.
• CT10 - Adquirir razoamento crítico.
• CT11 - Acadar compromiso ético.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (saber, saber facer ou ser capaz de)
• CE15 - Ser capaz de recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
• Clases expositivas en grupo grande: Nestas clases o profesor fará un desenvolvemento dos contidos da materia que pode ter dous formatos diferentes: clases maxistrais impartidas polo profesor, e de aprendizaxe activa baseada en problemas e exemplos prácticos. As explicacións acompañaranse coa proxección de diapositivas con texto, figuras, táboas e diagramas para axudar aos alumnos/as a seguir estas explicacións. Estas clases tamén poden incluír probas para a avaliación continua.
• Clases interactivas en grupo reducido (seminarios): Clases teórico/prácticas nas que se reflexionará e debaterá sobre os coñecementos adquiridos e se tratará de aplicar o aprendido a situacións concretas. Nestas clases propóñense e resólvense aplicacións da teoría, problemas, exercicios, etc. O alumno participa activamente netas clases de diferentes maneiras: entrega de exercicios ao profesor ou resolución de casos prácticos na aula. Tamén se poden incluír probas de avaliación nestas clases.
• Titorías en grupo reducido: Proporanse actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas, dependendo do número de alumnos/as. Tamén se poden usar estas horas para a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou feitos en pequenos grupos. O profesor poderá esixir aos alumnos/as a entrega de exercicios previa á celebración da titoría.
• O alumno poderá atopar material de apoio no Campus Virtual da USC.
• O alumno terá unha orientación personalizada nas horas de titorías.
a) A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final.
b) A avaliación continua farase mediante a avaliación de: controis escritos, exercicios realizados nas clases de aprendizaxe activa e nos seminarios, e o traballo realizado nas titorías. Contabilizará na nota final do alumno cunha porcentaxe do 25%.
c) O exame final incluirá todos os aspectos da materia.
d) O exame consistirá de tres partes. Os alumnos/as que non superen a materia na primeira edición ordinaria (xaneiro), se pasaron algunha das partes do exame, manterán a nota da mesma para o exame da segunda edición ordinaria (xullo).
e) Para ter en conta a nota correspondente á avaliación continua, o alumno deberá acadar un mínimo de catro (sobre dez) no exame final.
f) A nota final de cada alumno na materia será a nota máxima: N1 (nota numérica do exame) (escala 0-10); ou a nota media ponderada tendo en conta a nota numérica correspondente á avaliación continua (N2) (escala 0-10), segundo a fórmula: (N1 x 0,75) + (N2 x 0,25), con a excepción indicada no apartado "e".
Nota final= Máximo: N1 ou [(N1 x 0,75) + (N2 x 0,25)] (ésto último só cando N1 sea igual ou maior de 4.0)
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
No exame e nos traballos realizados ao longo do curso aválíanse as seguintes competencias:
Clases interactivas: CB1, CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CE15.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA (HORAS):
Clases expositivas en grupo grande: 30
Clases interactivas en grupo reducido (seminarios): 4
Titorías de lousa en grupo moi reducido: 2
Exame: 3
Total horas de traballo presencial na aula: 39
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (HORAS):
Estudo autónomo, individual ou grupal: 42
Resolución de exercicios ou outros traballos en seminarios: 16
Preparación de presentacións orais ou escritas, resolución de exercicios propostos. Actividades na biblioteca ou similar: 8
Total horas traballo persoal do alumno: 66
• É moi importante asistir ás clases teóricas para comprender os contidos da materia.
• Recoméndase a participación activa nas clases, xerando preguntas relacionadas co tema.
• É importante manter o estudo da asignatura "ao día".
• Unha vez completada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil resumir os puntos máis importantes, identificando os aspectos básicos que deben recordarse e asegurándose de coñecer o seu significado e as condicións nas que se poden aplicar.
• Consultar a bibliografía recomendada, así como calquera outra suxerida ao longo do curso.
• Uso das horas de titorías para resolver dúbidas que poidan xurdir durante o curso.
Situación, significado e importancia da materia no campo da titulación.
• Módulo ao que pertence a materia no Plan de Estudos e materias coas que está relacionado:
Pertence ao módulo 9. Química Avanzada.
Esta materia está fundamentalmente relacionada coas materias de Química Xeral, Química Física, Química Inorgánica, Química Orgánica, Química Analítica e Bioquímica.
• Papel desempeñado por este curso neste bloque de formación e en todo o Plan de Estudos:
Asignatura de carácter xeral dentro do bloque. Con este curso preténdese, fundamentalmente, que o alumno aplique os coñecemento da química que xa adquiriu nos niveis anteriores, aos problemas medioambientais actuais máis importantes. Ademais, ao longo do curso poderanse aplicar moitos dos conceptos químicos aprendidos en cursos previos para explicar os problemas químicos ambientais e resolver os problemas propostos relacionados cos mesmos. Preténdese que o alumno adquira unha visión xeral de todos os problemas ambientais.
• Coñecementos previos recomendados: ter un coñecemento básico do medio, especialmente no campo da xeoloxía, edafoloxía, hidroloxía e a atmosfera.
Alvaro Gil Gonzalez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881816879
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Tomas Gamasa
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 881815760
- Correo electrónico
- maria.tomas [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Esperanza Padin Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- esperanza.padin [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Marie Curie
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Química Técnica (planta baixa) |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Técnica (planta baixa) |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Xeral (2º andar) |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Química Xeral (2º andar) |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Técnica (planta baixa) |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Química Técnica (planta baixa) |
16.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
17.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |