Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 97 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 5 Clase Interactiva: 45 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo principal é a introdución dos principios e metodoloxías de análise, deseño, implementación e avaliación da usabilidade das interfaces persoa-ordenador en sistemas interactivos.
Introdución á interacción Persoa-Ordenador.
O factor humano: o usuario.
Deseño de interfaces home-máquina.
Prototipado e avaliación da usabilidade.
Deseño centrado no usuario.
Estilos e paradigmas de interacción.
Desenvolvemento de sistemas interactivos.
Bibliografía básica:
Lorés, J. (Editor) La interacción persona-ordenador (libro electrónico) https://aipo.es/content/el-libro-electrónico, 2001. ISBN 8460722554.
Bibliografía complementaria:
Dix, A., Finlay, J., Abowd, G. y Beale, R. Human-computer interaction. (3ª edición): Editorial Pearson Education, 2004. ISBN 9780130461094.
Preece, J., Sharp, H. y Rogers, Y. Interaction design: beyond human-computer interaction. (4ª edición): Editorial: John Wiley & Sons, 2015. ISBN 9781119020752.
Norman, D. El diseño de los objetos del futuro: La interacción entre el hombre y la máquina. (1ª edición): Editorial Paidós Ibérica, 2010. ISBN 9788449323881.
Tidwell, J. Designing interfaces: patterns for effective interaction design. (2ª edición): Editorial O´Reilly, 2010. ISBN 9781449379704.
Shneiderman, B. y Plaisant, C. Diseño de interfaces de usuario. (4ª edición): Editorial Pearson Educación, 2005. ISBN: 9788420548036.
Rosson, M.B. y Carroll, J. Usability engineering: scenario-based development of human-computer interaction. (1ª edición): Editorial Academic Press, 2002. ISBN 1558607129.
A materia contribúe a acadar as competencias xerais e transversais CX3, CX9, TR1 e TR3 recollidas na memoria do título de Grao en Enxeñería Informática da USC.
As competencias específicas son:
- Deseñar interfaces home-máquina.
- Realizar deseños centrados no usuario.
- Implementar prototipos de sistemas interactivos.
- Avaliar a usabilidade das interfaces home-máquina
- Garantir a accesibilidade dos sistemas interactivos.
- Elixir o estilo de interacción adecuado a cada sistema interactivo.
A materia disporá dunha aula virtual soportada pola plataforma Moodle do Campus Virtual da USC. Dita aula virtual dará soporte ás distintas actividades de ensino-aprendizaxe e tamén servirá como medio de comunicación co alumnado mediante foros e mensaxería.
Nas sesións expositivas abordaranse os conceptos fundamentais involucrados na interacción persoa-ordenador mediante docencia expositiva por parte do profesorado. Servirán para desenvolver a CX3 e as 3 primeiras competencias específicas descritas na epígrafe anterior.
As sesións interactivas na aula de informática requirirán unha participación máis activa por parte do alumnado para o desenvolvemento dunha docencia interactiva. Nelas, o profesorado proporá a realización dalgún exercicio ou práctica e presentará aspectos de relevancia para a súa realización que guiará o desenvolvemento da mesma. O alumnado realizará o seu traballo de modo individual ou en pequeno grupo. Estas prácticas servirán para traballar as competencias CX9, TR1, TR3 e todas as específicas.
As titorías serán presenciais ou telemáticas previa solicitude de cita por parte do alumnado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Non se conserva ningún tipo de cualificación entre distintos cursos académicos. En consecuencia, o alumnado repetidor seguirá o mesmo sistema de avaliación que o alumnado de primeira matrícula na materia.
1ª Oportunidade
O sistema de avaliación terá unha compoñente de avaliación continua e outra de exame final. O peso de cada avaliación na cualificación global do alumnado será dun 65% para a avaliación continua e un 35% para o exame final. Para superar a materia, ambas as avaliacións deben ser positivas.
A avaliación continua basearase na realización, en tempo e forma, dos distintos exercicios e prácticas propostas nas sesións interactivas co alumnado. Polo tanto, esta avaliación continua só será efectuada durante o período lectivo ordinario da materia (actualmente, o primeiro cuadrimestre). A presentación de prácticas cun peso relativo acumulado superior ao 50% para a avaliación continua implicará a cualificación correspondente na avaliación continua e, consecuentemente, na avaliación global. Nas distintas prácticas avaliarase o grao de adquisición das competencias CX3, CX9, TR1, TR3 e de todas as competencias específicas da materia.
O exame final da materia versará sobre os conceptos e procedementos metodolóxicos utilizados polo alumnado. Realizarase mediante proba escrita na que se formularán cuestións relativas aos conceptos, procedementos e/ou prácticas traballadas no desenvolvemento da materia. Utilizarase como instrumento de avaliación da competencias CX3 e das específicas relativas ao deseño centrado no usuario e á avaliación da usabilidade das interfaces home-máquina.
A mención de “Non Presentado” na avaliación obtense cando non se presentaron prácticas cun peso relativo acumulado superior ao 50% para a avaliación continua e non se realiza o exame final.
2ª Oportunidade
Mantense o mesmo sistema de avaliación e cos mesmos pesos, coa excepción de que para a avaliación continua consérvase a cualificación obtida no período lectivo ordinario da materia.
Ademais das horas presenciais, o alumno deberá dedicar ao redor de 90 horas de traballo persoal a esta materia no cuadrimestre. Estas horas deberá distribuílas entre a realización das prácticas propostas (55 horas), a escritura de traballos (20 horas) e o estudo autónomo e individual (17 horas).
Recoméndase a asistencia regular a clase e procurar levar ao día a materia.
As actividades de ensino-aprendizaxe farán uso do Campus Virtual da USC. A lingua empregada de xeito habitual nas tarefas docentes será o castelán.
Alejandro Jose Tobar Quintanar
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881816000
- Correo electrónico
- alejandro.tobar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Pedro Jose Saco Lopez
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881816008
- Correo electrónico
- pedro.saco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
11:30-13:30 | Grupo /CLIL_04 | Castelán | IA.04 |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | IA.S1 |
Martes | |||
09:30-11:30 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | IA.03 |
11:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | IA.03 |
Mércores | |||
09:30-11:30 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | IA.03 |
11:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | IA.03 |
Xoves | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLIL_04 | Castelán | IA.03 |
Venres | |||
09:30-11:30 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | IA.S2 |
11:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | IA.S2 |
08.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.01 |
08.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | IA.01 |
08.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.01 |
08.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.01 |
08.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.01 |
08.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.S1 |
08.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.S1 |
08.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | IA.S1 |
08.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.S1 |
08.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.S1 |
08.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.S2 |
08.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.S2 |
08.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.S2 |
08.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | IA.S2 |
08.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.S2 |
23.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A2 |
23.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A2 |
23.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
23.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A2 |
23.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A2 |