Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 70.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 20 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, Linguaxes e Sistemas Informáticos
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo de esta materia e proporcionar unha introdución as técnicas de recuperación de información non estruturada, tanto dende o punto de vista da implementación de sistemas de procura e filtrado de información, como dende o punto de vista da xestión de datos non relacionais.
Introdución a recuperación de información
Representación de texto, indexación e procura.
Modelos de recuperación textual.
Avaliación dos sistemas de procura.
Recuperación da información na web
Recuperación de información multimedia
Xestión de datos non relacionais.
Xestión de datos documentais.
Xestión de grafos.
Xestión de arrays
Textos básicos:
Manning, C.D., Raghavan, P., Schütze, H. Introduction to Information Retrieval, 1ª edición. Lugar de publicación: New York. Cambridge University Press. 2008. ISBN: 978-0-521-86571-5
Sadalage, Fowler. NoSQL Distilled: A Brief Guide to the Emerging World of Polyglot Persistence, Addison-Wesley, 2012.
Textos complementarios:
Croft, B., Metzler, D., Strohman. T. Search Engines: Information Retrieval in practice. 1ª edición, Lugar de publicación: New Jersey. Pearson, 2010. ISBN: 9780131364899
Banker K., Bakkum P., Verch S., Garrett D., Hawkins T., MongoDB in Action. Manning Publications Co, 2016
Cacheda, F., Fernández-Luna, J.M., Huete, J. Recuperación de Información. Un enfoque práctico y multidisciplinar. 1ª edición, Lugar de publicación: Madrid. Ra-Ma, 2011. ISBN: 9788499641126
Baeza-Yates, R., Ribeiro-Neto, B. Modern Information Retrieval: the concepts and technology behind search, 2ª edición. Lugar de publicación: Essex. Pearson, 2011. ISBN: 978-0-321-41691-9
CG1. Capacidade para concibir, redactar, organizar, planificar, desenvolver e asinar proxectos no ámbito da enxeñaría en informática que teñan por obxecto, de acordo cos coñecementos adquiridos segundo o establecido no apartado 5 do devandito Acordo, a concepción, o desenvolvemento ou a explotación de sistemas, servizos e aplicacións informáticas.
CG2 – Capacidade para dirixir as actividades obxecto dos proxectos do ámbito da informática de acordo cos coñecementos adquiridos segundo o establecido no apartado 5 de dito Acordo.
CG4. Capacidade para definir, avaliar e seleccionar plataformas hardware e software para o desenvolvemento e a execución de sistemas, servizos e aplicacións informáticas, de acordo cos coñecementos adquiridos segundo o establecido no apartado 5 do devandito Acordo.
CG6. Capacidade para concibir e desenvolver sistemas ou arquitecturas informáticas centralizadas ou distribuídas integrando hardware, software e redes de acordo aos coñecementos adquiridos segundo o establecido no apartado 5 do devandito Acordo.
CG8. Coñecemento das materias básicas e tecnoloxías, que capaciten, para o aprendizaxe e desenvolvemento de novos métodos e tecnoloxías, así como as que os doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CG9. Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, autonomía e creatividade. Capacidade para saber comunicar e transmitir os coñecementos, habilidades e destrezas da profesión de Enxeñeiro Técnico en Informática.
TR1. Instrumentais: Capacidade de organización e planificación. Comunicación oral e escrita en galego, castelán e inglés. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
TR3. Sistémicas: Aprendizaxe autónoma. Adaptación a novas situacións. Creatividade. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Sensibilidade cara a temas medioambientais.
RI1. Capacidade para deseñar, desenvolver, seleccionar e avaliar aplicacións e sistemas informáticos, asegurando a súa fiabilidade, seguridade e calidade, conforme a principios éticos e á lexislación e normativa vixente.
RI5. Coñecemento, administración e mantemento de sistemas, servizos e aplicacións informáticas.
RI12. Coñecemento e aplicación das características, funcionalidades e estrutura das bases de datos, que permitan o seu axeitado uso, e capacidade para o deseño, análise e implementación de aplicacións baseadas neles.
RI13. Coñecemento e aplicación das ferramentas necesarias para o almacenamento, procesado e acceso aos Sistemas de información, incluídos os baseados en web.
RI14. Coñecemento e aplicación dos principios fundamentais e técnicas básicas da programación paralela, concorrente, distribuída e de tempo real.
TI3. Capacidade para empregar metodoloxías centradas no usuario e a organización para o desenvolvemento, avaliación e xestión de aplicacións e sistemas baseados en tecnoloxías da información que aseguren a accesibilidade, ergonomías e usabilidade dos sistemas.
TI5. Capacidade para seleccionar, despregar, integrar e xestionar sistemas de información que satisfagan as necesidades da organización, con criterios de custo e calidade identificados.
TI6. Capacidade de concibir sistemas, aplicacións e servizos baseados en tecnoloxías de rede, incluíndo Internet, web, comercio electrónico, multimedia, servizos interactivos e computación móbil.
O programa de docencia expositiva baséase en clases de encerado, nas que se inclúen as explicacións dos temas e seminarios de problemas.
O programa de docencia interactiva organízase de forma regular en sesións semanais de prácticas en laboratorio de ordenadores.
En cada sesión, aplícanse na práctica de forma máis inmediata posible os temas explicados nas clases teóricas.
As prácticas estarán centradas no desenvolvemento de aplicacións de procura utilizando librerías amplamente utilizadas (tipo Lucene) e na xestión de datos en sistemas de almacenamento NoSQL de distintos tipos.
O programa de titorías baséase en seminarios de resolución de problemas relacionados cos distintos aspectos do temario e tamén en probas a realizar polo alumnado
Utilizarase de forma constante o Campus Virtual como ferramenta de apoio a docencia expositiva e interactiva presencial.
A parte teórica da materia ten un valor do 50% (avaliable mediante un exame teórico realizado na data oficial establecida)
O exame teórico terá dúas partes, unha correspondente coa parte de Recuperación de Información (RI) e outra correspondente coa parte de Bases de Datos Non Relacionais (BD). A parte de RI valerá 7 puntos e a parte de BD valerá 3 puntos (pero hai que aprobar ambas partes independentemente)
A parte práctica da materia ten un valor do 50% (avaliable de forma continua mediante a entrega e defensa de unha serie de desenvolvementos de software e mediante a demostración de competencia no uso de ferramentas de xestión de datos en sesións de prácticas).
Na avaliación da parte práctica, a parte de RI valerá 3 puntos e a parte de BD valerá 7 puntos (pero hai que aprobar ambas partes independentemente)
Para aprobar a materia é preciso aprobar independentemente a parte teórica e a parte práctica.
Se non se supera unha das partes a nota final nas actas será (normalizada a 10) a correspondente á parte non superada.
A parte práctica ** non será posible superala na oportunidade de xullo **. E dicir, quen no supere a avaliación continua das prácticas ao longo do cuadrimestre, poderá acudir ao exame teórico de xullo, pero non poderá superar a materia en esa oportunidade.
Condicións para o “Presentado”: Quen se presente ao exame final ou entregue 2 traballos de prácticas non poderá ter un “Non presentado” como nota final.
O alumnado repetidor ten exactamente o mesmo sistema de avaliación que o alumnado de nova matricula. Non se conservan notas de ningunha das partes da materia entre convocatorias (de un ano para outro)
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
A avaliación terá lugar a través da realización no mesmo día de un exame teórico, con un peso do 50% na nota final, e de unha proba práctica da que resultará o 50% restante. Para aprobar a materia e preciso superar separadamente ambos exames.
Se considera presentado ao alumnado que participe en calquera de estas dúas probas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificacións”.
Clases expositivas: 20h
Clases interactivas: 20h
Titorías e actividades de avaliación: 2h
Traballo persoal do alumnado e outras actividades: 70.5h
Requisitos previos recomendados: Bases de Datos I. Bases de Datos II. Programación Orientada a Obxectos.
David Enrique Losada Carril
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Teléfono
- 881816451
- Correo electrónico
- david.losada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Ramon Rios Viqueira
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881816463
- Correo electrónico
- jrr.viqueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | IA.S2 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | IA.S1 |
09.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Traballo |
09.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula Traballo |
19.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
19.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A2 |
24.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
24.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |