Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer, comprender e utilizar:
– Os principios da lexislación e xestión ambiental.
– Os principios do desenvolvemento sostible.
– Coñecemento da tecnoloxía e sistemas de cultivo ecolóxico de especies herbáceas extensivas e gandaría.
– Coñecemento da tecnoloxía da produción ecolóxica en hortofruticultura.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Sistemas ecolóxicos de produción. Bases técnicas en agricultura ecolóxica. Tecnoloxía da agricultura ecolóxica: acondicionado do chan, propagación, sistemas de cultivo , plantación , protección de cultivos , labores culturais. Produción ecolóxica: Cultivos extensivos, horticultura , fruticultura e gandería ecolóxicas. Comercialización de produtos ecolóxicos.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo co seguinte temario:
Bloque de contidos teóricos (horas de docencia expositiva dedicadas e horas do traballo do alumno):
- Sistemas ecolóxicos de produción (2 h - 4,5 h)
- Bases técnicas en agricultura ecolóxica (2 h - 4,5 h)
- Tecnoloxía da agricultura ecolóxica (5 h - 11h)
- Cultivos extensivos (2 h - 4,5h)
- Horticultura (2 h - 4,5h)
- Fruticultura (2 h - 4,5 h)
- Gandería ecolóxica (2 h - 5h)
- Comercialización (1 h - 2h)
Bloque de contidos prácticos (horas de docencia interactiva dedicadas e horas do traballo do alumno):
- Comercialización de produtos ecolóxicos (4 h - 8h)
- Calidade de produtos ecolóxicos (1 h - 2h)
- Resolución de casos (10 h - 20h)
- Prácticas de campo: viaxe (3 h - 4h)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- Conocimientos, técnicas y productos para la agricultura ecológica. SEAE. 2004.
- Producción ecológica: influencia en el desarrollo Rural. 2008. Ministerio de Medio Ambiente, medio rural y Marino. Madrid
- Altieri, M. 1999. Agroecología, bases científicas para una agricultura sustentable. Editorial Norman. Uruguay
- Domínguez, A; Roselló, J; Aguado, J. 2002. Diseño y manejo de la diversidad vegetal en agricultura ecológica. Editorial Phytoma. Valencia
- Labrador, J. 2006. Conocimientos, técnicas y productos para la agricultura de ganadería ecológica. Ed. Seae y Ministerio de Agricultura Pesca y alimentación. Madrid
- Labrador, J; Porcuna, J.L; Bello, A. (Coordinadores). 2006. Manual de agricultura y ganadería ecológicas. MAPA. Madrid
- Masanobu Fukuoka. 2002. La senda natural del cultivo. Teoría y práctica de una filosofía verde. Colección Terapión.
- https://www.organicseurope.bio/about-us/organic-in-europe/
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Altieri, M. 1997. Enfoque Agroecológico para el Desarrollo de Sistemas de Producción Sostenibles en los Andes. ed. CIED. Lima-Perú. 92 p.
Sarandón, S. 2002. Agroecología. El camino hacia una agricultura sustentable. Edit. Científicas Americanas
Smith, R. y T. Smith. 2001. Ecology (4º ed) Addison Wesley. U.S.A.
Publicaciones de SEAE.
Revista Agroecología.
Revista la Fertilidad de la Tierra
Publicaciones on-line del Ministerio de Agricultura.
En relación ás especificadas na memoria do título, esta materia contribúe a adquirir as seguintes competencias:
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou contornas cambiantes.
CG2.- Capacidade de resolución de problemas con creatividade , iniciativa , metodoloxía e razoamento crítico
CG3.-Capacidade de liderado , comunicación e transmisión de coñecementos , habilidades e de expresas nos ámbitos sociais de actuación
CG4.-Capacidade para a procura e utilización das normativa e regulamentación relativa ao seu ámbito de actuación
CG5.-Capacidade para desenvolver as súas actividades , asumindo un compromiso Social , ético e ambiental en sintonía coa realización da contorna humana e natural
CG6.-Capacidade para o traballo en equipo multidisciplinar
TRANSVERSAIS
CT1 – Capacidade de análise e síntese
CT2 – Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3 – Capacidade para o traballo individual , con actitude autocrítica
CT4 – Capacidade para traballar en grupo e aparcar situacións problemática de forma colectiva
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 – Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara , concisa e coherente
CT9 – Habilidades no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC)
ESPECÍFICAS
CEG5 - Capacidade para a redacción e firma de estudos de desarrollo rural, de impacto ambiental e de gestión de residuos de industrias agroalimentarias, de explotacións agrícolas e gandeiras e xardineria e paisaxismo.
EA2 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das tecnoloxías da produción vexetal: Sistemas de produción e explotación. Proteción de cultivos ante pragas e pestes. Tecnoloxía e sistemas de cultivo de especies herbáceas. Agroenerxética (este apartado final no se traballa na materia).
HJ2 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das bases e tecnoloxía da propagación e produción hortícola. Control de calidade de produtos hortofrutícolas. Comercialización.
MC1 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das tecnoloxías da produción vexetal e animal; Fitotecnia; Biotecnoloxía e mellora vexetal; Cultivos; Proteción dos cultivos. Xardinería e Paisaxismo. Espacios deportivos.
IA2 - Capacidad para conocer, comprender e utilizar os principios da Enxañaría das industrias agroalimentarias: Equipos e maquinarias auxiliares da industria agroalimentaria. Automatización e control dos procesos. Enxañaria das obras e instalacions. Construcions agroindustriales. Gestión e aprovechamiento dos residuos. (Sólo se traballa o ultimo apartado)
HJ7 - Capacidad para conocer, comprender e utilizar os principios da lexislación e xestión medioambiental; Principios do desarrollo sostible; Estratexias do mercado e do exercicio profesional; Valoración dos activos ambientales.
La docencia expositiva levará a cabo principalmente mediante clases expositivas apoiadas por material que o profesor achega e pon ao dispor dos alumnos na aula virtual.
A docencia interactiva en seminarios consistirá principalmente na resolución de problemas e casos prácticos.
A docencia interactiva de prácticas consistirá na realización dun estudo en grupo así como prácticas de laboratorio con produtos ecolóxicos. Os alumnos, baixo supervisión da profesora, deben de elaborar e presentar un traballo práctico sobre comercialización de produtos ecolóxicos.
Na viaxe de prácticas visitaranse diversas empresas e produtores ecolóxicos a fin de que os alumnos tomen contacto co sector.
As competencias que permiten adquirir os diferentes métodos de ensino utilizados son:
- Docencia expositiva: CG1, CT1, CT2, CT5, CT6, CEG5, HJ2, HJ7, IA2, EA2, MC1
- Docencia interactiva de seminarios: CG5, CT4, CG4, CG6, CT6, CT9, HJ2, HJ7, EA2, MC1
- Docencia interactiva de prácticas: CT3, CEG5, HJ2, EA2, MC1
- Traballo de Comercialización: CG2, CG3, CG4, CG5, CG6, CT2, CT4, CT5, CT6, CT7, CT9, CEG5
A avaliación da materia realizarase mediante:
Exercicios escritos: nos que se avaliará a adquisición de coñecementos e competencias traballados en toda a materia.
O valor dos exercicios na nota final será do 60%, sendo imprescindible obter polo menos unha nota de 4 sobre 10 en cada unha das partes avaliadas.
Asistencia activa e participación nas clases: valorarase mediante control de asistencia e observación da actitude e participación nas clases. Terá unha contribución na nota final do 10 %.
Traballo a entregar e expoñer: Realizarase en grupo un traballo de comercialización de produtos ecolóxicos. A súa cualificación contribuirá un 20 % á nota final e será individual para cada alumno.
Aproveitamento das prácticas: Realizaranse probas para determinar o nivel de aproveitamento das mesmas, incluíndo a viaxe, que para estes efectos conta como 3 h. Só poderán realizar a proba dunha práctica concreta quen asistise á mesma. En conxunto esta cualificación supoñerá un 10 % da nota final
O sistema de avaliación será o mesmo en todas as convocatorias. O traballo e as prácticas só se poderán realizar e/ou presentar nos prazos que se fixen durante o período de docencia da materia.
En caso de non superar a materia nun curso, ningunha cualificación nin actividade realizada consérvase para o seguinte.
As competencias avaliadas con cada unha das compoñentes do sistema de avaliación son:
- Exercicios escritos (60 %): CG1, CT1, CT2, CT5, CT6, CEG5, EA2, HJ2, MC1
- Asistencia e participación nas clases (10 %): CT2, CT3, CT4, CT7, CG2, CG3, CG6
- Traballos a entregar (20 %): CG2, CG3, CG4, CG5, CG6, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT9, CEG5, EA2, HJ2, MC1
- Aproveitamento das prácticas (10 %): CT3, CT4, EA2, HJ2, MC1
Para os alumnos que teñan recoñecida dispénsa de asistencia de acordo coa Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral da USC, a súa cualificación non incluirá a apartado “Asistencia e participación nas clases” mentres que o de “Exercicios escritos” contará o 70 % da nota e o de “Traballos a entregar” o 30 %.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
O tempo que estima que un alumno medio debe dedicar á materia para superala e adquirir as competencias previstas é:
Actividades presenciais: 38 h
- Asistencia a clases expositivas: 18 h
- Asistencia a clases interactivas: 18 h
- Titorías en grupo: 2 h
Traballo autónomo non presencial (elaboración de traballos, realización de exercicios, lectura de temas e estudo, ...): 74,5 h, das cuales 40,5 h corresponden a contidos expositivos e 34 h a contidos interactivos.
Asistir regularmente ás clases expositivas e interactivas e viaxes, consultar dúbidas en horario de titorías e ser constante no estudo e a realización das prácticas e traballos.
Mª Belén Díaz Hernández
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ana Couso Viana
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- ana.couso.viana [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Martes | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 (Aulario 1) |
Xoves | |||
15:00-16:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán, Galego | Aula 1 (Aulario 1) |
08.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 (Aulario 3) |
11.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 (Aulario 3) |