Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer, comprender e utilizar os principios da enxeñería das industrias agroalimentarias: modelización e optimización, xestión e aproveitamento de residuos.
Deseño de industrias agroalimentarias. Sistemas de proceso e sistemas auxiliares. Condicionantes: Lexislación, fluxos de materiais e enerxía, deseño hixiénico, xestión de residuos e subproductos. Organización da planta de proceso. Cálculo de superficies e almacéns. Implementación do proceso. Aplicación ás principais industrias agroalimentarias. Modelado e simulación de plantas de proceso agroalimentarias. Optimización de procesos agroalimentarios. A calidade no deseño do produto e do proceso. Legalización de industrias agroalimentarias. Auditorías de seguridade industrial e calidade hixiénica.
PROGRAMA DE TEORÍA (24 horas)
PARTE 1.- Deseño de industrias agroalimentarias. (10 horas)
Condicionantes: lexislación, deseño hixiénico, xestión de residuos e subproductos. Localización da planta de proceso. Sistemas de proceso e sistemas auxiliares. Implementación do proceso. Fluxos de materiais e enerxía. Deseño higiénico da planta de proceso. Características dos materiais de acabado dos locais de produción. Sistemas de limpeza. Hixiene ambiental. Persoal e hixiene. Organización da planta de proceso. Cálculo de superficies. Deseño de almacéns. Aseguramiento da calidade no deseño da industria. Legalización de industrias agroalimentarias. Auditorías de seguridade industrial e de calidade hixiénica.
PARTE 2.- Deseño de Instalacións: elementos, elección, cálculo, regulación e control (12 horas)
Tema 2.1.- Fornezo de combustibles líquidos (2 horas)
Tema 2.3.- Complementos de calor. Combustión e eliminación de fumes. Calor de refrigeración de condensadores e motores, gases de escape e vapor de expansión. (2 horas)
Tema 2.2.- Complementos de aire comprimido (2 horas)
Tema 2.4.- Complementos de frío. Sistemas frigoríficos de compresión múltiple e refrixeración por absorción. (2 horas)
Tema 2.5.- Fornezo de combustibles gaseosos (2 horas)
Tema 2.6.- Eficiencia energxtica nas Industrias Agroalimentarias. Calor de refrigeración de condensadores e motores, gases de escape e vapor de expansión. Sistemas de coxeneración. (2 horas)
PARTE 3.- Modelización, simulación e optimización de procesos, sistemas e plantas de proceso agroalimentarios. Procesos continuos e discretos. Modelos de problemas de programación lineal. Modelos de simulación discreta. Función de transferencia dun sistema. (2 horas)
PRÁCTICAS DE LABORATORIO E SEMINARIOS INTERACTIVOS (24 horas)
Nas prácticas mostraranse e utilizarán os equipos e instalacións tratados na materia. Nelas propoñeranse casos prácticos comentando e resolvendo algúns en sesións con formato de tipo seminario con enfoque participativo.
Faranse VISITAS ás industrias agroalimentarias máis representativas:
Matadoiro, industria cárnica e secadero de xamóns.
Industria para procesado de produtos hortofrutícolas (castañas) e adega de viños con D. O. Ribeira Sacra.
Industria láctea: elaboración de queixos e produtos en po.
Fábrica de pensos.
Nas VISITAS A INDUSTRIAS ós alumnos, acompañados do persoal designado pola industria e dos profesores da materia, vánselles recordando os procesos e as distintas partes das instalacións, a maquinaria e os materiais de acabado da industria, mentres as observan, ao ir pasando polas distintas salas.
As VISITAS son OBLIGATORIAS, valóranse na asistencia, e se evalúan por formar parte dos coñecementos que se preguntan nos exames da asignatura.
De forma aproximada as PRÁCTICAS de laboratorio e os seminarios interactivos terán a seguinte DISTRIBUCIÓN HORAS:
Deseño de industrias agroalimentarias (visitas) (10 horas)
Suministro de combustibles líquidos (2 horas)
Complementos de calor (2 horas)
Complementos de aire comprimido (2 horas)
Complementos de frío (2 horas)
Suministro de combustibles gaseosos (2 horas)
Eficiencia enerxética nas Industrias Agroalimentarias (2 horas)
Modelización e optimización de plantas de proceso agroalimentarias (2 horas)
TITORÍAS (3 horas)
Seguimento do desenvolvemento dos traballos e resolución de dúbidas
TRABALLO INDIVIDUAL OU EN GRUPO FÓRA DA AULA (95 horas)
De forma aproximada O TRABALLO PERSOAL farase co seguinte REPARTO:
Deseño de industrias agroalimentarias (39 horas)
Suministro de combustibles líquidos (8 horas)
Complementos de calor (8 horas)
Complementos de aire comprimido (8 horas)
Complementos de frío (8 horas)
Suministro de combustibles gaseosos (8 horas)
Eficiencia enerxética nas Industrias Agroalimentarias (8 horas)
Modelización e optimización de plantas de proceso agroalimentarias (8 horas)
Bibliografía básica.
Aula virtual: apuntes, videos e links deixados no Campus Virtual
CASP, A. Diseño de industrias agroalimentarias. Ed. Mundi-Prensa. Madrid (2004).
LÓPEZ, A. Diseño de industrias agroalimentarias. Ed. AMV Ediciones. Madrid (1990).
MORAN, M.J. y SHAPIRO, H. N. 1.996. Fundamentos de Termodinámica Técnica. Editorial Reverté. Barcelona, España.
SÁNCHEZ, M. T. Procesos de elaboración de alimentos y bebidas. Ed. AMV Ediciones Madrid. (2003).
Bibliografía complementaria
ALFA LAVAL. Manual de industrias lácteas. Ed. AMV. Ediciones. Madrid (1.990).
ALONSO VALLE, F. (1996) “La seguridad en calderas”. Ed. Instituto Nacional de Seguridad e Higiene en el Trabajo. Madrid.
ARTHEY, D. Procesado de hortalizas. Ed. Acribia. Zaragoza (1.992).
ARTHEY, D. Procesado de frutas. Ed. Acribia. Zaragoza (1.997).
BRODY, A. L. envasado de alimentos en atmosferas controladas, modificadas y a vacio. Ed. Acribia. Zaragoza (1.996).
CENZANO, I. Nuevo manual de Industrias alimentarias. Ed. AMV Ediciones. Madrid (1.993).
CARNICER, E. 1.994 “Aire comprimido. Teoría y cálculo de las instalaciones”. Ed. Paraninfo. Madrid.
GARCIA-VAQUERO, E. AYUGA, F. Diseño y construcción de Industrias Agroalimentarias. Ed. Mundi Prensa, Madrid (1993).
HERRERO, A. Conservación de frutos. Ed. Mundi-prensa. Madrid (1.992).
LÓPEZ, A. Las instalaciones frigoríficas en la industria alimentaria. Ed. AMV Ediciones. Madrid (1994).
MADRID, A. Curso de industrias lácteas. Ed. AMV Ediciones. Madrid (1.996).
MADRID, A. Piensos y alimentos para animales. Ed. AMV ediciones. y Mundi-Prensa, Madrid (1.995).
MELGAREJO, P. Aislamiento, cálculo y construcción de cámaras frigoríficas. Ed. AMV. Ediciones. Madrid (1995).
RD 1495/1991. Disposiciones de aplicación de la Directiva del Consejo de las Comunidades Europeas 87/404/CEE, sobre recipientes a presión simples
RD 2085/1994 por el que se aprueba el Reglamento de Instalaciones Petrolíferas.
RD 769/1999 por el que se dictan las disposiciones de aplicación de la Directiva del Parlamento Europeo y del Consejo, 97/23/CE, relativa a los equipos de presión.
RD 919/2006, por el que se aprueba el Reglamento técnico de distribución y utilización de combustibles gaseosos y sus instrucciones técnicas complementarias
RD 2060/2008, por el que se aprueba el Reglamento de equipos a presión y sus instrucciones técnicas complementarias
REAL DECRETO 552/2019 por el que se aprueban el Reglamento de seguridad para instalaciones frigoríficas y sus instrucciones técnicas complementarias (B.O.E. 24.10.2019).
RODRÍGUEZ., E. Industrias de la alimentación. Ed. Bellisco. Madrid (1.990).
SÁNCHEZ, M. T. Procesos de elaboración de alimentos y bebidas. Ed. AMV Ediciones Madrid. (2003).
TETRA PAK. Manual de industrias lácteas. Ed. Tetra Pak. Madrid (1.996).
CG1.- Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou contornas cambiantes.
CG4.- Capacidade para a procura e utilización da normativa e reglamentación relativa ao seu ámbito de aplicación.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CEG5.- Capacidade para a redacción e firma de estudos de desenvolvemento rural, de impacto ambiental e de xestión de residuos das industrias agroalimentarias, explotacións agrícolas e ganaderas, e espazos relacionados coa jardinería e o paisajismo.
CR8.- Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de xestión e aprovechamiento de subproductos agroindustriais.
IA2.- Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da Enxeñería das industrias agroalimentarias: Equipos e maquinarias auxiliares da industria agroalimentaria. Automatización e control de procesos. Enxeñería das obras e instalacións. Construcións agroindustriais. Xestión e aproveitamento de residuos.
Nota: estas competencias adquírense conxuntamente cursando outras materias da titulación.
Haberá docencia expositiva (teoría), interactiva (prácticas e traballo en grupo), e tutorías presenciais. Completarase con apoio virtual á docencia usando Microsoft Teams e Moodle, así como co correo electrónico oficial e grupos de WhatsApp informáis.
DOCENCIA EXPOSITIVA (teoría)
Se impartirá mediante clases teóricas presenciais nas que se desenvolverán os temas do programa. Os alumnos realizarán cuestionarios e aclararanse dúbidas sobre os conceptos explicados utilizando foros. Para iso usarase Microsoft Teams e a aula virtual. (Competencias CG1, CG4, CT3, CEG5, CR8, IA2).
DOCENCIA INTERACTIVA (prácticas e traballo en grupo)
Nela os alumnos traballarán tanto individualmente como en grupo, e de forma presencial con apoio virtual. Haberá seminarios, realizaranse exercicios, e elaboraranse e expoñerán varios traballos prácticos relacionados cos contidos da materia. Os seminarios, a explicación das tarefas, a formación de grupos de prácticas, a realización de parte do traballo, e as exposicións e postas en común no pleno faranse en sesións presenciais de forma síncrona. Moodle utilizarase como apoio para proporcionar información, resolver dúbidas, guiar e monitorizar o progreso da ejecución das tarefas principais, e realizar entregas e evaluarlas. Cada grupo terá plena liberdade para organizar os seus traballos, debendo respectar en todo caso os fitos que se establezan, especialmente as datas das entregas. Para que a distribución da carga de traballo no tempo sexa uniforme se coordinará coa docencia expositiva, e alternaranse as lecturas, procuras, realización de cuestionarios, eventos de monitorización de tarefas e as presentacións públicas dos traballos. (Competencias CG4, CT12, IA2).
TITORÍAS
Usaranse para orientar aos alumnos e resolver as dúbidas persoais. As tutorías presenciáis programadas terán lugar de forma síncrona. As individuais e de apoio aos grupos de traballo realizaranse de forma asíncrona, de forma presencial, utilizando os foros do aula virtual, ou por calquera outro medio virtual adecuado (correo electrónico ou Microsoft Teams).
TEORÍA: (30% da nota). Ó longo do curso faranse varios exames teórico-prácticos que consistirán en probas oráis ou escritas con preguntas cortas, de tipo test e problemas. (Competencias CG1, CG4, CT3, CEG5, CR8, IA2).
SEMINARIOS E PRÁCTICAS: (40% da nota) mediante avaliación das entregas dos traballos propostos, tanto individuais como en grupo. Para aprobar a materia é obligatorio facer máis do 80% dos traballos prácticos que se propoñan ao alumno durante o curso. No caso das actividades de grupo, para asegurar que todos contribúen adecuadamente a realizar os traballos, os profesores poderán reservar ata un 30% da puntuación dos traballos correspondentes para evaluar individualmente e de forma subjetiva a actitude, disposición ao traballo e contribucións de cada alumno. (Competencias CG4, CT12, IA2).
ASISTENCIA: (30% da nota).
CONTINUIDADE DA EVALUACIÓN
A realización de exames parciais de teoría e problemas e a distribución das entregas dos traballos prácticos ao longo do curso, xunto coa valoración da asistencia aseguran unha porcentaxe de avaliación continua superior ao 50%.
Os alumnos que non poidan seguir con éxito a materia por curso deberán presentarse ao exame final da materia. Este exame constará dunha parte teórica e outra de resolución de problemas relacionados coas prácticas. Cada parte puntuará un 50% do total da nota e non se lles computará a nota por asistencia.
DISPENSA DA ASISTENCIA
Os alumnos con dispensa de asistencia deberán presentarse ao exame final da materia. Este exame constará dunha parte teórica e outra de resolución de problemas relacionados coas prácticas. Cada parte puntuará un 50% do total da nota e non se lles computará a nota por asistencia.
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E ALUMNOS REPETIDORES
Estes criterios manteranse para a convocatoria extraordinaria de xullo e para os alumnos repetidores.
REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE EXERCICIOS OU PROBAS
A realización fraudulenta de calquera exercicio ou proba requirida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de obras plaxiadas ou obtidas de fontes accesibles ao público sen reelaboración nin reinterpretación, e sen citar os autores das fontes. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión de cualificacións”.
TRABALLO PRESENCIAL EN AULA (55 horas)
Docencia expositiva en grupo de ata 80 alumnos: 24
Docencia interactiva en grupos de 20 alumnos: 24
Titorías en grupos de 10 alumnos: 3
Actividades de avaliación: 4
TOTAL TRABALLO EN AULA: 55
TRABALLO INDIVIDUAL OU EN GRUPO (95 horas)
Lectura e preparación de temas: 45
Realización de exercicios: 10
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 15
Elaboración de traballos de curso: 10
Preparación de probas de avaliación: 15
TOTAL TRABALLO INDIVIDUAL OU EN GRUPO: 95
Recoméndase asistir a todas as actividades docentes, xa sexan presenciais ou virtuais, pois nelas proporciónase gran cantidade de información dispersa e en continua evolución, da que non existe bibliografía actualizada. Por iso usarase como base os temas e a información deixada na aula virtual polos profesores, así como a xerada polos alumnos traballando en grupo. Ademais recoméndase consultar a bibliografía antes indicada, así como calquera outra relacionada cos temas a tratar, xa sexa en formato papel ou electrónico.
Gran parte das competencias da materia só se poden adquirir na práctica, polo que é obligatorio facer polo menos o 80% dos traballos prácticos que se propoñan ao alumno durante o curso.
Recoméndase así mesmo facer uso frecuente das tutorías polos medios dispoñibles para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.
Julio Gomez Fernandez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- julio.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Enrique Rafael Arbones Maciñeira
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- enrique.arbones [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade