Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Tecnoloxía de Alimentos
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer, comprender e empregar os principios, os tratamentos, os métodos e os equipos propios dos procesos das industrias cárnicas, pesqueiras e extractivas. Capacidade para traballar nas distintas liñas de produción, realizar os controis de proceso e xestionar o aproveitamento de residuos destas industrias. Capacidade para aplicar as políticas de calidade nas Industrias cárnicas, pesqueiras e extractivas.
A memoria modificada do título considera para esta materia os seguintes contidos:
Conceptos relativos á calidade nas Industrias Cárnicas, Pesqueiras e Extractivas. Materias primas. Principalis liñas de produción das Industrias Extractivas: fariñas, azúcre e aceites. Principais liñas de produción das Industrias Cárnicas e Pesqueiras. Xestión e aproveitamento de residuos destas industrias.
Estos contnidos desenvolveranse segundo se indica no seguinte temario:
DOCENCIA EXPOSITIVA (18 horas 33,5 horas non presenciais):
1.-Industrias cárnicas (7 horas, 13 horas non presenciais)
• Conceptos básicos e descrición das diferentes especies produtoras de carne.
• Procesos de obtención industrial de carne.
• Cambios post mortem e características da carne.
• Procesos de conservación da carne.
• Procesos de obtención de derivados cárnicos.
2.-Industrias pesqueiras (7 horas, 13 horas non presenciais)
• Conceptos básicos e descrición das diferentes especies de produtos pesqueiros.
• Procesos de obtención e manipulación dos produtos pesqueiros.
• Características e vida útil dos produtos pesqueiros.
• Procesos de conservación dos produtos pesqueiros.
• Procesos de obtención de derivados pesqueiros.
3.-Industrias extractivas (4 horas, 7,5 horas non presenciais)
• Teoría da extracción.
• Procesado de cereais.
• Procesado de sementes oleaxinosas.
• Industrias do azucre.
• Obtención de alimentos estimulantes.
DOCENCIA INTERACTIVA (18 horas, 39 horas non presenciais):
A docencia interactiva desenvolverase mediante:
• Prácticas de laboratorio (8 horas, 8 horas non presenciais) que terán lugar no laboratorio de Procesado de Alimentos da Facultade de Ciencias. Nestas practicas estudiaranse as características da carne e dos produtos pesqueiros e avaliaranse os cambios ao aplicar diferentes procesos.
• Prácticas de campo (6 horas, 6 horas non presenciais) que incluirán visitas a lo menos a unha industrias cárnicas, pesqueira e/ou extractiva. As visitas realizaranse en número, data e horario condicionados á dispoñibilidade das industrias e efectuaranse en función da existencia do presuposto necesario para o traslado do alumnado ás mesmas.
• Seminarios prácticos (4 horas, 25 horas non presenciais). O alumnado poderá realizar a lo menos un traballo de forma individual. O tema será proposto pola profesora ou polo alumnado. Estes traballos serán expostos no aula abríndose un debate entre os autores do traballo, a profesora e o resto do alumnado. Se tratarán temas de actualidade ou complementarios aos contidos da materia de forma interactiva.
Bibliografía básica
-Caballero Abellán, M.J. (2018) Tratamientos de preparación y conservación de los alimentos. Ed. Síntesis.
-Delgado Adámez, J. y col. (2019). Tecnología Alimentaria. Ed. Síntesis.
- Garrido Álvarez, M. y col. (2020) Procesos tecnológicos en la industria alimentaria. Ed. Síntesis.
- Hall, G.M. (2001). Tecnología del procesado del pescado. Ed. Acribia.
- Hui, Y.H. (2006). Ciencia y Tecnología de carnes. Ed. Limusa.
- Ibarz A. y col. (2005). Operaciones unitarias de Ingeniería de Alimentos. Ed MP.
- Rosmini Armenta y col (2002) Tecnología de Productos de Origen Acuático. Ed Limusa.
Bibliografía complementaria
- Martín Bermejo, S. (2001) Enciclopedia de la carne y de los Productos Cárnicos. Vol. I y II Ed. M&M.
Competencias xerais
CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan un aprendizaxe continuo, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou entornos cambiantes.
Competencias transversais
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas (adaptadas á materia):
CEG 1 Capacidade para a preparación previa, concepción, redacción e sinatura de proxectos que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de bens mobles ou inmobles que pola súa natureza e características queden comprendidos na técnica apropiada produción agrícola e gandeira (instalacións ou edificacións, explotacións, infraestruturase vías rurais), a industriaa groalimentaria (industrias extractivas, fermentativas, lácteas, conserveiras, hortofrutícolas, cárnicas, pesqueiras, de salgaduras e, en xeral, calquera outra dedicada á elaboración e/ou transformación, conservación, manipulación e distribución de produtos alimentarios) e a xardinaría e o paisaxismo (espazos verdes urbanos e/ou rurais, parques, xardíns, viveiros, arboredo urbano,etc., instalacións deportivas públicas ou privadas e contornas sometidas a recuperación paisaxística).
CEG 2 Coñecemento adecuado dos problemas físicos, as tecnoloxías, maquinaria e sistemas de subministración hídrica e enerxética, os límites impostos por factores orzamentarios e normativa construtiva, e as relacións entre as instalacións ou edificacións e explotacións agrarias, as industrias agroalimentarias e os espazos relacionados coa xardinaría e o paisaxismo coa súa contorna social e ambiental, así como a necesidade de relacionar aqueles e esa contorna coas necesidades humanas e de preservación do medio ambiente.
CEG 3 Capacidade para dirixir a execución das obras obxecto dos proxectos relativos a industrias agroalimentarias, explotacións agrarias e espazos verdes e as súas edificaciones, infraestructuras e instalacións, a prevención de riscos asociados a esa execución e a dirección de equipos multidisciplinares e xestión de recursos humanos, de conformidade con criterios deontolóxicos.
CEG 4 Capacidade para a redacción e sinatura de medicións, segregacións, parcelacións, valoracións e taxacións dentro do medio rural, a técnica propia da industria agroalimentaria e os espazos relacionados coa xardinaría e o paisaxismo, teñan ou non carácter de informes periciais para órganos xudiciais ou administrativos, e con independencia do uso ao que estea destinado o ben moble ou inmoble obxecto delas.
CEG 5 Capacidade para a redacción e sinatura de estudos de desenvolvemento rural, de impacto ambiental e de xestión de residuos das industrias agroalimentarias, explotacións agrícolas e gandeiras, e espazos relacionados coa xardinaría e o paisaxismo.
CEG6 - Capacidade para a dirección e xestión de toda clase de industrias agroalimentarias, explotacións agrícolas e gandeiras, espazos verdes urbanos e/ou rurais, e áreas deportivas públicas ou privadas, con coñecemento das novas tecnoloxías, os procesos de calidade, rastrexabilidade e certificación e as técnicas de márketing e comercialización de produtos alimentarios e plantas cultivadas.
IA1 - Capacidade para coñecer, comprender e empregar os principios da Enxeñaría e tecnoloxía dos alimentos: Enxeñaría e operacións básicas de alimentos. Tecnoloxía de alimentos. Procesos nas industrias agroalimentarias. Modelización e optimización.
A materia consta de 4,5 créditos ECTS. Para abordar os contidos utilizaranse as 18 h de clases expositivas, as 18 h de clases interactivas (prácticas de laboratorio, visitas a industrias e seminarios) e as 2 horas de titorías.
Nas clases expositivas, basicamente, estableceranse os fundamentos da materia en función de todo o descrito nos contidos expostos anteriormente.
O alumnado poderá realizar un traballo de forma individual. O tema será proposto pola profesora ou polo alumnado. Estes traballos serán expostos na aula (nas horas correspondentes aos seminarios) abríndose un debate entre os autores do traballo, a profesora e o resto do alumnado.
As clases prácticas son o complemento imprescindible nesta materia. Constan de prácticas de laboratorio e prácticas de campo (suxeitas a financiación). A asistencia do alumnado a estas prácticas permitiralle completar a formación desta materia. As prácticas de campo incluirían visitas a unha empresa cárnica (por exemplo, Novafrigsa ou Torre de Núñez en Lugo), unha industria pesqueira (por exemplo, Conservas Isabel en O Grove, Pescanova en Vigo ou Frinova en Porriño) e/ou unha extractiva (por exemplo, Aceites Abril en Ourense ou Fariñas Das Mariñas en Carral).
Nas tutorías, o alumnado pode consultar todas as dúbidas xurdidas ao longo do período de impartición da materia.
Na materia utilizarase o Campus Virtual como apoio á docencia impartida.
A avaliación do alumnado incluirá unha avaliación continua (que suporá un 50% da calificación final) e unha proba final (que suporá o outro 50% da calificación final).
Na avaliación continua terase en conta:
-a realización de traballos (30% da calificación final). Consistirá na presentación oral e escrita dun traballo sobre temas relacionados coa materia. As competencias avaliadas son: CG1, CT2, CT3, CT6 e CT7.
-a participación activa nas diferentes actividades da materia e a realización dunha memoria tras a realización de prácticas (laboratorio e/ou visitas a industrias) para valorar o grao de aproveitamento das mesmas (20% da calificación final). As competencias avaliadas son: CG1, CT1, CT3, CT4, CT5, CT9, CEG6 e IA1
A asistencia ás clases prácticas (laboratorio e visitas) é obrigatoria para poder superar a materia.
Proba final:
Realización dunha proba escrita e/ou oral para avaliar coñecementos adquiridos na materia (50% da calificación final). Necesítase acadar un 4 sobre 10 para ter en conta a avaliación continua. Esta proba é complementaria a avaliación continua. Avaliaranse as competencias CG1, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT7, CT12, CEG1, CGE2, CGE3, CGE4, CGE5, CGE6 e IA1.
Este sistema de avaliación será aplicado ás dúas oportunidades (ordinaria e segunda oportunidade) e para o alumnado repetidor.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das caliificacións.
No caso do alumnado con dispensa de asistencia, no se terá en conta a participación activa nas actividades diarias da materia, polo tanto, farase o prorrateo correspondente neste apartado.
A materia (estruturada en clases expositivas, interactivas e titorías) consta de 4,5 créditos ECTS o que supón 112,5 horas totais (1 crédito equivale a 25 horas).
Del tempo total, 40 horas son presenciais (asistencia a clases expositivas, a clases interactivas, a titorías e ao exame) e as 72,5 horas restantes son as correspondentes ao traballo do alumno. A distribución é a seguinte:
-Clases expositiva en grupo: 18 h, 100% presencialidade.
-Titorías en grupo de 10 alumnos: 2 h, 100% presencialidade.
-Clases interactivas (prácticas e seminarios): 18 h, 100% presencialidade.
-Actividades de avaliación: 2 h, 100% presencialidade.
-Lectura e preparación de temas para o traballo: 25 h, 0% presencialidade.
-Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 14 h, 0% presencialidade.
-Preparación de probas de avaliación: 33,5 h, 0% presencialidade.
As recomendacións para o alumnado son:
-Asistencia ás clases expositivas.
-Asistencia ás clases interactivas.
-Realización de traballos relacionados coa materia.
-Consulta e manexo da bibliografía recomendada e utilización de enlaces on-line de interese.
-Utilización das horas de titorías para resolver dúbidas.
A materia impártese en castelán e galego.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das calificacións.
Olga Diaz Rubio
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Tecnoloxía de Alimentos
- Correo electrónico
- olga.diaz.rubio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade