Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer, comprender e utilizar os principios dos levantamentos e replanteos topográficos. Cartografía, Fotogrametría, sistemas de información xeográfica e teledetección en agronomía. Saber tomar decisións empregando os recursos dispoñibles para o traballo en grupos multidisciplinares. Saber transferir tecnoloxía, comprender, interpretar, comunicar e adoptar avances no eido agrario.
A memoria verificada do título contempla os seguintes contidos:
Fundamentos teóricos básicos. Instrumentación topográfica. Métodos topográficos. Sistemas de posicionamento. Cartografía. Sistemas de información xeográfica. Teledetección.
Estes contidos desenvolveranse do seguinte xeito:
SESIÓNS EXPOSITIVAS:
T00.- Introdución e conceptos xerais (1 HP + 2 HTA)
T01.- Sistemas de coordenadas (1 HP + 2 HTA)
T02.- Instrumentación topográfica (2 HP + 4 HTA)
T03.- Métodos topográficos (6 HP + 11,9 HTA)
T04.- Sistemas de Posicionamento Global (2 HP + 4 HTA)
T05.- Fundamentos da fotogrametría (1 HP + 2 HTA)
T06.- Método xeral de fotogrametría (1 HP + 2 HTA)
T07.- UAS (Unmanned Aircraft System) (1 HP + 2 HTA)
T08.- Cámaras e imaxes (1 HP + 2 HTA)
T09.- Planificación de voos (2 HP + 4 HTA)
T10.- Conceptos básicos da teledetección (2 HP + 4 HTA)
T11.- Procesamento de imaxes (2 HP + 4 HTA)
T12.- Como funciona o SIX (2 HP + 4 HTA)
SESIÓNS INTERACTIVAS:
P01.- Estacionamento, reseñas e croquis (4 HP + 7,9 HTA)
P02.- Radiación (4 HP + 7,9 HTA)
P03.- Cálculos e plano (4 HP + 7,9 HTA)
P04.- Empregando un estereoscopio (2 HP + 4 HTA)
P05.- Elaboración dun plan de voo (2 HP + 4 HTA)
P06.- Uso de software de planificación de voos (1 HP + 2 HTA)
P07.- Procesamento dun voo con apoio fotogramétrico (4 HP + 7,9 HTA)
P08.- Procesamento dun voo con sensor multiespectral (3 HP + 5,9 HTA)
HP = Horas Presenciais
HTA = Horas de Traballo Autónomo
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
(1) Chueca Pazos, M., Herráez Boquera, J., Berné Valero, J. L. (1996). Teoría de errores e instrumentación. Madrid: Ed. Paraninfo.
(2) Chueca Pazos, M., Herráez Boquera, J., Berné Valero, J. L. (1996). Métodos topográficos. Madrid: Ed. Paraninfo.
(3) Ojeda, J. L. (1984). Métodos Topográficos y Oficina Técnica. Madrid: Ed. J.L. Ojeda.
(4) García Tejero, F. (1998). Topografía General y Aplicada. Madrod: Ed. Mundi-Prensa.
(5) Chuvieco Salinero, E. (2002). Teledetección Ambiental. La observación de la Tierra desde el espacio. Barcelona: Ed. Ariel S.A.
(6) Lerma, J.L. (2002). Fotogrametría moderna: Analítica y Digital. Valencia: Universidad Politécnica de Valencia.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
(1) Arrufat Molina, E. (2006). Instrumentos topográficos. Valencia: Tirant lo Branch
(2) DIOPTRA (2000). Instrumentación para la Topografía y su cálculo. Lugo: Ed. DIOPTRA
(3) Carpio Hernández, J.P. (2001). Redes Topométricas. Madrid: Ed. Bellisco.
(3) Sanjosé, J.J., Martínez, E., López, M. (2009). Topografía para estudios de Grado. Madrid: Ed. Bellisco. Ediciones Técnicas y Científicas. Colección Biblioteca Técnica Universitaria.
(5) Lerma García, J.L. (2002). Fotogrametría moderna: analítica y digital. Valencia: Universidad Poiltécnica de Valencia.
Competencias básicas e xerais: CB1, CG1, CG2, CG3, CG5, CG6
Competencias transversais: CT1, CT4, CT6, CT8, CT9, CT10
Competencias específicas: CEG1, CEG4, CR6, CR9
DESCRICIÓN DAS COMPETENCIAS:
CB1 Que os estudantes teñan demostrado posuir e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se sole encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algunhos aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CEG1 Capacidade para a preparación previa, concepción, redacción e sinatura de proxectos que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de bens mobles ou inmobles que pola súa natureza e características queden comprendidos na técnica apropiada produción agrícola e gandeira (instalacións ou edificacións, explotacións, infraestruturase vías rurais), a industriaa groalimentaria (industrias extractivas, fermentativas, lácteas, conserveiras, hortofrutícolas, cárnicas, pesqueiras, de salgaduras e, en xeral, calquera outra dedicada á elaboración e/ou transformación, conservación, manipulación e distribución de produtos alimentarios) e a xardinaríaeo paisaxismo (espazos verdes urbanos e/ou rurais, parques, xardíns, viveiros, arboredo urbano,etc., instalacións deportivas públicas ou privadas e contornas sometidas a recuperación paisaxística).
CEG4 Capacidade para a redación e firma de medicións, segregacións, parcelacións, valoracións y tasacións dentro do medio rural, a técnica propia da industria agroalimentaria e os espacios relacionados coa xardiñería e o paisaxismo, teñan ou non carácter de informes periciais para órganos xudiciais ou administrativos, e con independencia do uso ó que esteña destinado o ben moble ou inmoble obxecto das mesmas.
CG1 Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan un aprendizaxe continuo, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou entornos cambiantes.
CG2 Capacidade de resolución de problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamento crítico.
CG3 Capacidade de liderazgo, comunicación e transmisión de coñecementos, habilidades e destrezas nos ámbitos sociais de actuación.
CG5 Capacidade para desenvolver as súas actividades, asumindo un compromiso social, ético e ambiental en sintonía coa realidade do entorno humano e natural.
CG6 Capacidade para o traballo en equipos multidisciplinares e multiculturais.
CR6 Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de levantamentos e replanteos topográficos. Cartografía, Fotogrametría, Sistemas de Información Xeográfica e Teledetección en agronomía.
CR9 Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da toma de decisións mediante o uso dos recursos dispoñibles para o traballo en grupos multidisciplinares.
CT1 Capacidade de análise e síntese.
CT10 Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT4 Capacidade para traballar en grupo e abranguir situacións problemáticas de forma colectiva.
CT6 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT8 Compromiso de veracidade da información que ofrece ós demáis.
CT9 Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
COMPETENCIAS: CEG1, CEG4, CR06, CR09
- Leccións maxistrais participativas. Seminarios e conferencias.
- Prácticas de laboratorio ou campo. Prácticas na aula informática.
- Resolución de problemas. Elaboración e presentación de traballo/s de curso.
- Aprendizaxe baseado na resolución de casos prácticos e en proxectos.
- Titorías individualizadas e colectivas.
- Traballo autónomo e estudo independiente por parte dos alumnos.
- Traballo en grupo e aprendizaje cooperativo. Sesión/s de discusión activa.
- Avaluación de competencias mediante exercicios de control.
COMPETENCIAS: CT01, CT04, CT06, CT08, CT09, CT10
- Prácticas de laboratorio ou campo. Prácticas na aula informática.
- Resolución de problemas. Elaboración e presentación de traballo/s de curso.
- Aprendizaxe baseado na resolución de casos prácticos e en proxectos.
- Traballo autónomo e estudo independiente por parte dos alumnos.
- Traballo en grupo e aprendizaje cooperativo. Sesión/s de discusión activa.
COMPETENCIAS: CB01, CG01, CG02, CG03, CG05, CG06
- Traballo autónomo e estudo independiente por parte dos alumnos.
1) ALUMNOS MATRICULADOS POR PRIMEIRA VEZ NA MATERIA:
[EC] Participación do alumnado nas actividades da aula (10%)
O alumno terá cuestionarios que terá que facer de cada tema na aula virtual, así como actividades prácticas para a aplicación dos coñecementos adquiridos, obtendo unha nota sobre un máximo de 10 puntos.
COMPETENCIAS: CEG1, CEG4, CR6, CR9, CT1, CT4, CT6, CT8, CT9, CT10, CB1, CG1, CG2, CG3, CG5, CG6
[EX] Proba ou pruobas, orais e/ou escritas (60%)
O exame consistirá en preguntas teóricas e prácticas puntuando a nota dun total sobre 10 puntos.
COMPETENCIAS: CEG1, CEG4, CR6, CR9
[PR] Aproveitamento das prácticas (30%)
O alumno debe entregar as actividades prácticas que se van realizando, puntuando cunha nota de 10 puntos. No caso de realizarse unha viaxe de prácticas, a asistencia será obrigatoria. A avaliación desta actividade computarase baixo este epígrafe.
COMPETENCIAS: CT1, CT4, CT6, CT8, CT9, CT10, CEG1, CEG4, CR6, CR9
2) ALUMNOS QUE NON SUPERARON A MATERIA EN ANOS ANTERIORES:
Terán que facer o exame e as actividades de avaliación cos mesmos criterios que os alumnos matriculados por primeira vez.
IMPORTANTE:
- A avaliación da primeira e segunda oportunidades realizarase utilizando os mesmos criterios.
- En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o establecido no Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión de cualificacións.
Os tempos de estudo establecidos nesta materia son:
- Clases teóricas expositivas: 24 horas
- Clases interactivas (prácticas/seminarios): 24 horas
- Titorías en grupo: 3 horas
- Estudo individual, lectura e terminación de traballos prácticos: 95 horas
- Asistencia a todas as sesións expositivas e prácticas.
- Consulta diaria del campus virtual.
- Asistencia a titorías grupais para discutir, aclarar ou resolver dúbidas.
DISPENSA DE ASISTENCIA:
Os estudantes aos que se lles conceda esta exención deben seguir a materia a través do Campus Virtual, realizando todas as entregas necesarias para obter unha nota positiva en EC, PR e EX respectivamente.
IMPORTANTE:
Queda prohibido o uso de dispositivos electrónicos durante as clases e/ou exames salvo autorización expresa. O incumprimento disto suporá a expulsión do alumno da sesión correspondente.
Xesus Pablo Gonzalez Vazquez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- xesuspablo.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jaime Rodriguez Pereña
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- jaime.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Teresa Martin Sanchez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- mteresa.martin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade