Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal, Enxeñaría da Construción
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos docentes desta materia consiste en formar o alumno para ser capaz de actuar no campo estrutural de obras de edificios, traballando en equipos pluridisciplinares, ou como Proxectista desta parte, e dotalo dos coñecementos necesarios para actuar como Enxeñeiro de Organizacións de Control de Calidade, de Laboratorios de Construción, Consultorías e outras organizacións relacionadas coa Edificación.
Os contidos para esta materia descrita na memoria de grao son: Acondicionamento do terreo: escavación, cimentación e contención de terras.
Elementos estruturais: normativa, clasificación, cálculo, control de calidade e execución.
Elementos non estruturais: soleiras e pavimentos, cerramentos, particións, falsos teitos e illamentos.
Mantemento e conservación.
Instalacións.
Repartidos no seguinte temario
Tema 0. A Edificación (2,5 h, correspondentes a 1 h presencial y 1,5 h no presencial)
Conceptos Xerais. Marco Legal da Edificación
Tema 1. Cimentacións (5h, correspondentes a 2 h presencial y 3 h no presencial)
Cimentacións superficiais - Tipoloxías. Cimentacións profundas - Tipoloxías. Cimentacións semiprofundas
Tema 2. Edificios con estruturas de formigón. Sistemas estruturais (5h, correspondentes a 2 h presencial y 3 h no presencial)
Elementos estruturais. Muros, vigas, forxados, piares. Estruturas de formigón. Pórticos e armazóns. Forxados e escaleiras. Esquemas fronte a cargas verticais e horizontais.
Tema 3. Tipoloxía de forxados (7h, correspondentes a 2 h presencial y 5 h no presencial)
Clasificación en función do tipo de material, en función da transmisión de cargas, do proceso construtivo, do grao de hiperestaticidade, tipo de armadura.
Tema 4. Construción de estruturas de formigón para edificios (7h, correspondentes a 2 h presencial y 5 h no presencial)
Método de construción mediante o cimbrado de plantas sucesivas. Criterios de descimbrado.
Pantallas e núcleos. Métodos construtivos.
Tema 5. Dimensionamento de forxados (12h, correspondentes a 4 h presencial y 8 h no presencial)
Forxados unidireccionais. Forxados de viguetas
Forxados bidireccionais. Lousas macizas ou alixeiradas
Tema 6. Estrutura de Fábrica (6h, correspondentes a 2 h presencial y 4 h no presencial)
Fábrica de manpostería, fábrica de ladrillo, bloque de formigón, cerámica alixeirada.
Tema 7. Instalacións (12h, correspondentes a 2 h presencial y 10 h no presencial)
Física do edificio. Instalacións de fontanaría e saneamento. Instalacións de electricidade. Climatización, calefacción e aire acondicionado.
Tema 8. Mantemento e conservación (4h, correspondentes a 1 h presencial y 3 h no presencial)Prácticas:
Práctica 1: Armado de cimentacións (4h, correspondentes a 2 h presencial y 2 h no presencial)
Práctica 2 y 3: Cálculo de cargas adicionais sobre forjado y puntales por proceso construtivo. (12h, correspondentes a 4 h presencial y 8 h no presencial)
Práctica 4: Dimensionamiento de forjados (6h, correspondentes a 3 h presencial y 3 h no presencial)
Práctica 5 y 6: Dimensionamiento de estruturas de edificación mediante ordenador. (17 h, correspondentes a 9 h presencial y 8 h no presencial)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Apuntes de clases proporcionados a través de la plataforma virtual de la materia.
Normativa básica
Código Estructural. Real Decreto 470/2021
Código Técnico de la Edificación. Real Decreto 314/2006 de 17 de Marzo.
Reglamento Electrotécnico de Baja Tensión. Real Decreto 842/2002 de 2 de Agosto-
Ley de Ordenación de la Edificación. Ley 38/1999 de 5 de Noviembre.
Norma de Construcción Sismorresistente. NCSE-02. Real Decreto 997 /2002 de 27 de Septiembre.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Instrucción de Hormigón Estructural EHE-08. Real Decreto 1247/2008 de 18 de Julio.
“Forjados”. Luis Felipe Rodríguez Martin.
“Los Forjados Reticulares, diseño, análisis, construcción y patología”. Florentino Regalado Tesoro.
“Curso de Patologías”. Servicio de publicaciones del COLEGIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE MADRID
“Diseño y análisis sismorresistente de estructuras de edificación”. Luis Manuel Villa García.
“El lenguaje de las grietas”- Francisco Serrano Alcudia.
COMPETENCIAS BÁSICAS.
A materia permite a adquisición das competencias básicas fixadas na orden ministerial:
CB1 - Que os e as estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os e as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os e as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os e as estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os e as estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS XERAIS.
CG1 Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación. (CG 1)
CG2 Comprensión dos múltiples condicionamentos de carácter técnico e legal que aparecen na construción dunha obra pública, e capacidade para empregar métodos contrastados e tecnoloxías acreditadas, coa finalidade de consegui-la maior eficacia na construción dentro do respeto polo medio ambiente e a protección da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios da obra pública. (CG 2)
CG3 Coñecemento, comprensión e capacidade para aplica-la lexislación necesaria durante o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas. (CG 3)
CG4 Capacidade para proxectar, inspeccionar e dirixir obras, no seu ámbito. (CG 4)
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS.
CC3 - Capacidade para aplicar vos coñecementos de materiais de construción en sistemas estruturais. Coñecemento da relación entre a estrutura dos materiais e as propiedades mecánicas que dela se derivan.
CECC4. Capacidade para analizar e comprender como as características das estruturas inflúen no seu comportamento. Capacidade para aplicar os coñecementos sobre o funcionamento resistente das estruturas para dimensionalas seguindo as normativas existentes e utilizando métodos de cálculo analíticos e numéricos.
CECC6. Coñecemento dos fundamentos do comportamento das estruturas de formigón armado e estruturas metálicas e capacidade para concibir, proxectar, construír e manter este tipo de estruturas.
CETECC2 - Coñecemento sobre o proxecto, cálculo, construción e mantemento das obras de edificación en canto á estrutura, os acabados, as instalacións e os equipos propios.
Observacións sobre competencias específicas: as competencias CECC3, CECC4 e CECC6 adquírense tamén na materia Tecnoloxía de Estruturas.
COMPETENCIAS TRANSVERSALES.
A materia permite a adquisición das competencias transversais indicadas na memoria de grao.
CT1 Capacidade de análise e síntese.
CT2 Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9 Habilidade no manexo de TIC’s.
CT10 Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
O ensino presencial desenvólvese a través de:
Clases expositivas: o profesor desenvolve na aula os contidos da materia establecidos na presente Programación Docente, apoiado nos apuntamentos facilitados na plataforma virtual.
Seminarios en grupos reducidos: consisten en sesións prácticas en grupos reducidos de 20 alumnos, destinadas a resolver exemplos e exercicios. Os seminarios complementan os coñecementos adquiridos nas clases expositivas e mediante o traballo persoal do alumno.
Prácticas: consisten en sesións prácticas, nas que se lles iniciará no cálculo de estruturas con programas comerciais
Titorías: individuais e en grupos de 5 alumnos como máximo, onde se poñerán en común e resolverán as dúbidas e todos aqueles aspectos relacionados coa materia.
Realización dun traballo de curso: os alumnos realizarán, en grupos de tres alumnos como máximo, un traballo de curso consistente no desenvolvemento sobre un tema relacionado con aspectos específicos da edificación, non relacionados co contido recollido no temario. O profesor detallará os posibles temas para escoller ao inicio do curso.
METODOLOXÍAS DOCENTES // COMPETENCIAS TRABALLADAS:
Clases expositivas // Básicas: Todas de CB1, CB2, CB3 CB4 Y CB5 Xerais: CG1, CG2, CG3 y CG4 Específicas (todas): CTECC3, CTECC4, CTECC6 y CETECC2 Transversais: CT1, CT2, CT5.
Seminarios interactivos // Básicas: Todas de CB1, CB2, CB3 CB4 Y CB5 Xerais: CG1, CG2, CG3 y CG4 Específicas (todas): CTECC3, CTECC4, CTECC6 y CETECC2 Transversais: CT1, CT2, CT5.
Traballos prácticos de grupo // Básicas: Todas de CB1, CB2, CB3 CB4 Y CB5 Xerais: CG1, CG2, CG3 y CG4 Específicas (todas): CTECC3, CTECC4, CTECC6 y CETECC2 Transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11 y CT12
Titorías // Básicas: Todas de CB1, CB2, CB3 CB4 Y CB5 Xerais: CG1, CG2, CG3 y CG4 Específicas (todas): CTECC3, CTECC4, CTECC6 y CETECC2 Transversais: CT1, CT2, CT3, CT5, CT10
Traballo de curso // Básicas: Todas de CB1, CB2, CB3 CB4 Y CB5 Xerais: CG1, CG2, CG3 y CG4 Específicas (todas): CTECC3, CTECC4 Y CTECC6 Transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11 y CT12
A avaliación da materia realizarase mediante as seguintes actividades:
1) Asistencia e participación nas sesións presenciais (15%)
2) Realización do traballo de curso, que se expoñerá a toda a clase (70%)
3) Realización e entrega das prácticas con ordenador proposta (15%)
REQUISITOS PARA APROBAR A MATERIA
1) Os alumnos deben ter unha asistencia ás sesións presenciais igual ou superior ao 80% das horas programadas.
2) Obter unha cualificación mínima de APTO no traballo de curso e na práctica con ordenador.
Os estudantes que teñan concedida dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas segundo o disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral, deben ter en conta que para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas, e deberán realizar unha proba escrita, sendo a avaliación da materia da seguinte forma:
1) Realización do traballo de curso, que se expoñerá a toda a clase (35%)
2) Realización e entrega das prácticas con ordenador proposta (15%)
3) Proba final (50%)
Nos supostos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión da cualificación.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS
Asistencia á materia e participación dos alumnos nas clases presenciais:
Básicas: CB1 a CB5
Xenerais: CG1, CG2, CG3 e CG4
Específicas: CECC4 e CECC6
Transversais: CT1, CT2, CT5, CT8, CT10 e CT12
Realización do traballo de curso e prácticas
Básicas: (Todas) CB1 a CB5
Xenerais: (Todas) CG1 a CG4
Específicas: (Todas) CECC3, CECC4, CECC6 e CETECC2
Transversais: (Todas) CT1 a CT12
Estes criterios manteranse tanto na convocatoria ordinaria, como na extraordinaria e para os alumnos repetidores.
ACTIVIDADES FORMATIVAS EN HORAS:
Trabajo presencial en el aula:
• Clases teóricas: 18 horas
• Seminarios interactivos: 9 horas
• Trabajos prácticos en grupo: 9 horas
• Tutorías en grupo 2 horas
• Presentación trabajo de curso 4 horas
Total: 42 horas
Trabajo personal del alumnado:
• Lectura y preparación de temas: 41,5 horas
• Realización de ejercicios: 9 horas
• Elaboración de trabajos de curso: 34,5 horas
• Total: 82,0 horas
Asistencia e participación activa ás sesións expositivas e interactivas.
Asistencia ás titorías para o seguimento e resolución de dúbidas da materia.
Realizar o traballo de curso con orde, rigor técnico e esforzo.
Consultar a bibliografía especializada.
Manuel Luis Torres Labandeira
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- m.torres [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Gabriel Garcia Garrido
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría da Construción
- Correo electrónico
- gabriel.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Xoves | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 6 (Aulario 2) |
17.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 (Aulario 4) |
13.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario II (Pav.III) |