Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional, Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Ecoloxía, Enxeñaría Hidráulica
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Que o alumno sexa capaz de:
Recoñecer os diferentes tipos de ecosistemas litorais presentes na costa.
Avaliar as alteracións que sofren ou poden sufrir os ecosistemas litorais como resultado das obras civís proxectadas ou realizadas no litoral.
Segundo a memoria do título, esta materia consta dos seguintes contidos:
Sistemas litorais
Hidrodinámica dos sistemas litorais.
Forzamentos: marea, vento, efectos baroclínicos, descargas fluviais.
Dinámica sedimentaria.
Tempo de residencia e circulación residual.
Medio ambiente litoral.
Estrutura e funcionamento dos ecosistemas litorais.
Impacto das obras civís nos ecosistemas litorais.
Estes contidos desenrolaranse segundo o seguinte temario. Indícase de xeito orientativo o tempo adicado a cada contido tanto de docencia presencial (DP) como non presencial (DNP):
Bloque I: Ecoloxía dos sistemas litorais
Temario Teórico (DP = 9 horas, DNP = 27 horas):
1: Introdución á ecoloxía. Os organismos e o seu medio.
2: Poboacións. Relacións intraespecíficas e interespecíficas.
3. As comunidades: estrutura e dinámica.
4. Ecosistemas. Fluxos de materia e enerxía.
5. Ecosistemas costeiros sobre substratos rochosos.
6: Ecosistemas costeiros sobre substratos sedimentarios.
Temario Práctico:
Seminarios prácticos. (DP: 9 horas, DNP: 14 h)
Bloque II. Impacto de Actuacións en Enxeñaría Litoral
Temario Teórico:
Tema 1. Introdución á Avaliación de Impacto en Enxeñaría Litoral (DP=3h; DNP=4.5h).
Tema 2. Métodos Avanzados de Avaliación do impacto de Actuacións Litorais I (DP=5h; DNP=7.5).
Tema 3. Métodos Avanzados de Avaliación do Impacto de Actuacións Litorais II (DP=1h; DNP=1.5h).
Temario Práctico
Práctica I: Modelización do impacto dunha actuación litoral I: Implementación (DP=5h; DNP=10h)
Práctico II: Modelización do impacto dunha actuación litoral: Avaliación (DP=4h; DNP=8h)
BLOQUE I
Bibliografía básica
Little, C (2000). The biology of soft shores and estuaries (Serie: Biology of habitats). Oxford University Press, Oxford.
Little, C; Kitching, R L (1994). The biology of rocky shores (Serie: Biology of habitats). Oxford University Press, Oxford.
Molles, M.C. (2019). Ecology: concepts & applications. McGraw-Hill, 8th ed., New York.
Smith, R L; Smith, T M (2007). Ecología. Pearson Educación, S.A., 6ª ed., Madrid.
Bibliografía complementaria
Bárbara, I. (2009). Algas bentónicas marinas y salobres de Galicia: iconografías y claves de identificación. Facultad de Ciencias. Universidad de A Coruña.
https://es.scribd.com/doc/28418650/Guia-Fotografica-Algas-Marinas-Galic…
Míguez, L., González, C., García, O. (1996). Guía ecolóxica do litoral galego. Edicións Xeráis de Galicia, Vigo.
Otero, J., Comesaña, P., Castro, M. (2002). Guía das macroalgas de Galicia. Baía Edicións, A Coruña.
Sanmartín, L.A., Lago, H. (1998). Guía da flora do litoral galego. Edicións Xeráis de Galicia, Vigo.
BLOQUE II
Bibliografía básica
Deltares. User Manual Delft3D. Deltares, 2014.
Directiva 2000/60/CE del Parlamento Europeo y del Consejo, de 23 de octubre de 2000, por la que se establece un marco comunitario de actuación en el ámbito de la política de aguas.
Dyer, K. R. Estuaries. A Physical Introduction. Wiley, 1973.
Bibliografía complementaria
Komar, P. D. Beach Processes and Sedimentation. Prentice Hall, 1998.
Kowalik, Z., & Murty, S.T. Numerical Modeling of Ocean Dynamics. World Scientific, 1993.
En esta materia, ademais das cinco competencias básicas (CB1 – CB5) fixadas por Orden Ministerial para alumnos de Grao, traballaranse as seguintes competencias xerais, transversais e específicas:
Competencias xerais:
CX1. Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funciones de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
CX3. Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria durante o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas.
CX6. Capacidade para o mantemento e conservación dos recursos hidráulicos e enerxéticos, no seu ámbito.
Competencias transversais:
CT1. Capacidade de análise e síntese.
CT2. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3. Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica
CT4. Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8. Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9. Habilidade no manexo de TIC’s.
CT10. Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT12. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas da materia:
CETEH1. Coñecemento e capacidade para proxectar e dimensionar obras e instalacións hidráulicas, sistemas enerxéticos, aproveitamentos hidroeléctricos e planificación e xestión de recursos hidráulicos superficiais e subterráneos.
Esta competencia adquírese cursando ademais as materias “Obras Hidráulicas”, “Xestión de Recursos Hidráulicos en Enxeñería Civil”, “Aproveitamentos Enerxéticos Hidráulicos”, “Presas”.
CETEH2. Coñecemento e comprensión do funcionamento dos ecosistemas e os factores ambientales.
Esta competencia adquírese cursando ademais a materia “Enxeñería Sanitaria e Ambiental”.
Empregaranse clases expositivas para a presentación e desenvolvemento dos contidos teóricos.
Faranse seminarios en grupos reducidos na aula ou na aula de informática para traballar sobre aspectos aplicados relacionados coa teoría.
Os alumnos realizarán un traballo no que estuden o impacto dunha obra ou proxecto de obra no litoral.
Farase uso do Campus Virtual para que os alumnos poidan acceder ós materiais do curso.
A avaliación farase en función dos resultados de un exame escrito e dos traballos realizados na parte práctica segundo o seguinte baremo:
Exame escrito (35%): competencias CB1, CB2, CB3, CB5, CX1, CX3, CX6, CT1, CT2, CT6, CT11, CT12, CETEH1, CETEH2.
Seminarios prácticos bloque I (participación e memoria) (15%): competencias CB1-CB5, CT3, CT6, CT10, CETEH2.
Traballos entregados (50%): competencias CB1-CB5, CX1, CX3, CX6, CT1-CT12, CETEH1, CETEH2.
Os criterios de avaliación serán os mesmos para a primeira e segunda oportunidades.
Os alumnos que teñan recoñecida dispensa de asistencia deberán realizar o exame de contidos teóricos do Bloque I, así como o traballo correspondente ao Bloque II.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Cada hora de traballo presencial requirirá entre dúas e tres horas de traballo de revisión, resolución de exercicios e preparación da proba final.
Recoméndase haber cursado Hidráulica I, Hidráulica II e Portos e Costas.
É conveniente levar a materia ao día, revisando o material que se vai presentando e analizalo en función do visto anteriormente. Recoméndase o uso das horas de titorías para resolver dúbidas.
O Campus Virtual será unha ferramenta importante para o desenvolvemento da materia. Os materiais necesarios para o curso poderán ser descargados de alí.
Ruben Villares Pazos
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- ruben.villares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Rodrigo Carballo Sanchez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Hidráulica
- Correo electrónico
- rodrigo.carballo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade