Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Expresión Gráfica da Enxeñaría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecemento do contexto, utilidade e fundamentos da linguaxe gráfica técnica. Coñecemento e capacidade para aplicar as normas fundamentais do debuxo técnico. Capacidade para o debuxo a man alzada, esbozo e perspectivas. Capacidade para interpretar e redactar a documentación gráfica básica dun proxecto da especialidade.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Xeometría Proxectiva.
Representación de superficies.
Modelado tridimensional.
Resolución de problemas mediante cálculo gráfico.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo co seguinte temario distribuído en dous bloques temáticos:
BLOQUE I.- REPRESENTACIÓN DE SUPERFICIES
1.1. Formas Poliédricas
1.2. Superficies Cónicas. Superficies Cilíndricas
1.3. Superficies de Segundo Grao ou Cuádricas
1.4. Superficies Reguladas
1.5. Intersección de superficies alabeadas
1.6 Uso das ferramentas de CAD 3D para a resolución de problemas tradicionalmente resoltos por Xeometría Proxectiva e sistema Diédrico de Proxección
Prácticas: Exercicios de cada tema de teoría desenvolvido.
Tempo presencial: 24horas. 1h titoría. Tempo de traballo do alumno (non presencial): 47,5 horas
BLOQUE II.- MODELADO TRIDIMENSIONAL DO TERREO
2.1. Obtención do modelo dixital do terreo
2.2. Perfís lonxitudinais e transversais
2.3. Explanacións. Cubicación do movemento de terras
2.4. Obras lineais. Cubicación do movemento de terras.
Prácticas: Exercicios de cada tema de teoría desenvolvibles mediante software de CAD avanzado
Tempo presencial:24 horas. 2h titoría. Tempo de traballo do alumno (non presencial): 47,5 horas
Bibliografía básica
COLLADO SANCHEZ-CAPUCHINO, V. Sistema de planos acotados. Sus aplicaciones en Ingeniería. TEBAR FLORES, 1988. ISBN: 84-7360-087-8
ZURITA DE LA VEGA, E.; TATO SÁNCHEZ DEL VALLE, P.; CASTILLÓN PALOMEQUE, P. Modelado del terreno-cálculo y determinación gráfica. UNICOPIA, 2002. ISBN 13: 978-84-89189-75-1.
ZURITA DE LA VEGA, E. Superficies para el diseño en ingeniería. AUTOPUBLICACIONES TAGUS, 2015. ISBN: 978-84-83268-18-6
Bibliografía complementaria
MÉNDEZ LÓPEZ, Celestino. Prácticas de dibujo técnico 11: Sistema de planos acotados. San Sebastián: Donostiarra, 1993. ISBN: 84-7063-158-6.
ZURITA DE LA VEGA, E.; TATO SÁNCHEZ DEL VALLE, P.E. Fundamentos de homoloxía e afinidade: aplicación. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC ,2015. ISBN 13: 978-84-16183-59-3.
TATO SÁNCHEZ DEL VALLE, P.E.; ZURITA DE LA VEGA, E. Superficies regradas. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC ,2015. ISBN 13: 978-84-16183-56-2.
ZURITA DE LA VEGA, E.; TATO SÁNCHEZ DEL VALLE, P. Estudio de las aplicaciones de la homologia y afinidad para el diseño. AUTOPUBLICACIONES TAGUS, 2015. ISBN 13: 978-84-83263-49-5.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias dá Enxeñaría en xeral ou da Enxeñaría civil en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais e transversais:
• CG1 Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
• CT1 Capacidade de análise e síntese.
• CT2 Capacidade para o razoamento e a argumentación.
• CT3 Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
• CT12 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas:
• CEFB2 Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de Xeometría Métrica e Xeometría Descritiva e Xeometría Proxectiva, como mediante as aplicacións de Deseño Asistido por Computador. Esta competencia tamén se adquire coa materia Expresión Gráfica na Enxeñaría I.
Esta competencia concrétase na adquisición das capacidades para:
• Interpretar documentación técnica gráfica de enxeñaría e redactar documentación básica, aplicando o coñecemento das convencións e normas
• Coñecer os fundamentos dos sistemas de representación e saber elixir o adecuado para a resolución de problemas xeométricos e de representación
• Debuxar a man alzada esbozo e perspectivas de pezas
• Manexar aplicacións informáticas de debuxo
• Aplicar o razoamento espacial
- Prácticas de aula de informática
A actividade presencial desenvólvese na aula de Informática, e ten por obxectivo a aprendizaxe dos conceptos necesarios dos bloques I e II, así como a adquisición de destreza no uso das aplicacións informáticas de debuxo asistido por computador.
A explicación dos contidos teóricos intégrase nas sesións de laboratorio. Os exercicios propostos gardan relación con todos os bloques da materia. Os alumnos dispoñen anticipadamente dos enunciados das prácticas. Utilízase o campus virtual para a descarga de arquivos e o envío das prácticas resoltas en tempo e forma.
Trabállanse as competencias CEFB2, CT1, CT2, CT3, CT12.
- Utilización do Campus Virtual
O campus virtual complementa ás clases presenciais. A páxina da materia vaise actualizando a medida que avanza o programa reflectindo puntualmente os temas e actividades de cada sesión, con enlaces aos materiais utilizados, que os alumnos poden descargar.
- Titorías individualizadas e colectivas. Dentro da planificación da materia están previstas titorías en grupos reducidos, nas que se aproveitará para resolver posibles dúbidas que poidan xurdir, e no caso de que non existan, avanzarase sobre novos aspectos da materia.
De forma individual, o alumno pode solicitar titorías para aclarar os aspectos da materia nos que teña maior dificultade. Estas titorías poderán ser presenciais ou telemáticas.
- Na materia pode haber a posibilidade de viaxe de estudos do primeiro curso do Grao, de asistencia non obrigatoria e non avaliable.
Tanto na primeira como na segunda oportunidade, a avaliación componse nun 30% da avaliación do traballo desenvolvido durante o curso (compoñente C), e nun 70% no resultado dun exame final (compoñente F).
A avaliación do traballo desenvolvido durante o curso consistirá na avaliación das prácticas de curso (compoñente C), que se farán nas clases prácticas e que deben ser enviadas ao rematar ditas clases. No caso de que una práctica non se envíe ou non se asista a clase, a súa cualificación será 0. Se a falta está debidamente xustificada, acordarase coa profesora o prazo de entrega da práctica que se faga durante esa clase. Avalía as competencias CG1, CEFB2, CT1, CT2, CT3, CT12.
A cualificación do exame final elaborarase a partir de dúas probas:
-F1: Exame práctico correspondente ao bloque I. Supón o 40% da cualificación F.
Avalía as competencias CG1, CEFB2, CT1, CT2, CT3, CT12.
-F2: Exame práctico correspondente ao bloque II. Supón o 60% da cualificación F.
Avalía as competencias CG1, CEFB2, CT1, CT2, CT3, CT12.
A materia considérase non superada se se dá algunha das seguintes condicións:
1º Algunha das probas do exame (F1, F2) consegue unha nota inferior a 3 puntos.
2º A cualificación do exame final F= (0,4 x F1 + 0,6 x F2) resulta inferior a 4,5 puntos.
Cualificación final do curso
A cualificación final da materia será CF = 0,30 x C + 0,70 x F.
En caso de non superar a proba do exame final non se computará a parte da cualificación por curso (compoñente C).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Asistencia a clase
Todas as clases teñen “carácter obrigatorio” e polo tanto, levarase un control estrito de asistencia. De non constar unha asistencia igual ou superior ao 80%, o alumnado nesas circunstancias non contará coa puntuación do 30% da parte práctica nin poderá presentarse aos exames parciais no caso de que se celebren, polo que para superar a asignatura, o alumno nestas circunstancias realizará o exame final na convocatoria correspondente, obtendo como máximo una puntuación de 7 puntos sobre 10, e situándose o aprobado en 5 puntos sobre 7.
Repetidores
A cualificación obtida nas prácticas gardarase para o curso seguinte.
A cualificación final da materia será CF = 0,30 x C + 0,70 x F.
En caso de non superar a proba do exame final non se computará a parte da cualificación por curso (compoñente C).
Conciliación e dispensa de asistencia
Si un alumno non puidese cumprir co requisito de asistencia obrigatoria á clase por unha circunstancia especial, debidamente xustificada, asignaráselle un método de aprendizaxe alternativo: titorías virtuais mediante MS Teams e TeamViewer, así como vídeos de apoio en YouTube. O alumno deberá presentar os traballos nos prazos establecidos para poder ser avaliado.
A materia contempla 150 horas de dedicación, das que 55 destínanse a actividades presenciais e 95 a traballo autónomo do alumno.
6 créditos ECTS x 25 horas crédito =150 horas de dedicación
48 horas interactivas + 3 horas de titorías en grupo = 51 horas
Outras horas presenciais de carácter obrigatorio = 4 horas (exames)
150 - 51 - 4 = 95 horas de traballo autónomo estimándose unha dedicación de 47,5 h de traballo autónomo por bloque temático.
95 horas / 15 semanas do curso = 6,3 horas por semana, que poderían estruturarse en 3 horas para estudar ou practicar o uso das ferramentas explicado en clase e 3 horas para o traballo semanal.
A materia require un desenvolvemento da visión espacial en paralelo ao coñecemento das Técnicas de Representación e de ferramentas de CAD avanzado, á vez que desenvolver habilidades de manexo do instrumental de CAD, que non se adquire sen dedicarlle suficiente tempo á práctica.
A materia impártese en castelán.
- No transcurso das clases e exames, prohíbese estritamente o uso de teléfonos móbiles. Os alumnos deberán gardar os dispositivos dentro das mochilas ou prendas de abrigo, nun lugar distante ás mesas de traballo. No caso de que se sorprenda a algún alumno utilizando o teléfono, contemplase a posibilidade de expulsión da clase.
- Tanto nas clases como nos exames utilizaranse os ordenadores da aula. Non se permite o acceso a outras plataformas ou softwares que non sexan os estritamente necesarios.
- Non se permitirá á entrada ás clases e probas despois de 5 min do comezo das mesmas.
Adriana Conde Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Expresión Gráfica da Enxeñaría
- Correo electrónico
- adriana.conde [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3