Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Hidráulica
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos que se pretenden acadar nesta materia de acordo coa memoria de título son:
- Coñecer os principios das técnicas actuais de deseño e cálculo das obras marítimas, así como os procedementos principais de construción.
- Transmitir ao alumnado a importancia de analizar os impactos potenciais dunha actuación sobre o medio litoral á hora de deseñar, proxectar e construír.
A memoria de título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Accións sobre as obras marítimas
Procesos litorais
Obras costeiras
Obras portuarias
Estes contidos desenvólvense segundo o temario que se presenta a continuación, indicándose de modo orientativo o tempo dedicado a cada tema tanto de docencia presencial (DP) como non presencial (DNP):
Temario teórico:
Tema 1. Introdución ás actuacións estruturais (DP=2h; DNP=3h)
Clasificación xeral das obras marítimas. Actuacións estruturais. Tipos e clasificación. Criterios xerais de proxecto.
Tema 2. Obras de abrigo. Diques en talude (DP=6h; DNP=9h)
Concepto. Modos de fallo. Accións de cálculo. Dimensionamento estrutural. Comportamento hidráulico. Procedemento construtivo.
Tema 3. Obras de abrigo. Diques verticais e mixtos (DP=6h; DNP=9h)
Concepto. Modos de fallo. Accións de cálculo. Estabilidade estrutural. Comportamento hidráulico. Procedemento construtivo.
Tema 4. Obras de xestión e protección do litoral (DP=2h; DNP=3h)
Tipos e clasificación. Consideracións xerais. Dimensionamento estrutural.
Tema 5. Modelaxe en Enxeñaría Marítima (DP=2h; DNP=3h)
Fundamentos. Modelaxe física. Modelaxe numérica.
Temario práctico:
Práctica 1. Estimación do período de retorno de cálculo e do risco máximo admisible (DP=1h; DNP=2h)
Práctica 2. Cálculo de diques en talude (DP=4h; DNP=4h)
Práctica 3. Cálculo de diques verticais (DP=4h; DNP=6h)
Práctica 4. Cálculo de outras actuacións estruturais (DP=3h; DNP=4h)
Práctica 5. Deseño dunha obra marítima. Caso de estudo (DP=4h; DNP=12h).
Práctica 6. Modelaxe física de obras marítimas (DP=2h; DNP=1h)
- Bibliografía básica
Goda, Y. (2000). Random Seas and Design of Maritime Structures. World Scientific.
Negro, V., Varela, O., García, J., López, J.S. (2001). Diseño de Diques verticales. Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos.
Negro, V., Varela, O. (2008). Diseño de Diques rompeolas. Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos.
Puertos del Estado (2008). Guía de buenas prácticas para la ejecución de obras marítimas. https://www.puertos.es/es-es/Paginas/BibliotecaV2.aspx
U.S. Army Corps of Engineers (2002). Coastal Engineering Manual (6 vol.). https://www.publications.usace.army.mil/USACE-Publications/Engineer-Man…
- Bibliografía complementaria
Dean, R.G., Dalrymple, R.A. (2004). Coastal Processes with Engineering Applications. Cambridge University Press.
Hughes, S.A. (1993). Physical Models and Laboratory Techniques in Coastal Engineering. World Scientific
Puertos del Estado (1990-2018). Recomendaciones de Obras Marítimas (ROM) 0.2-90, 0.3-91, 0.4-95, 3.1-99, 0.0-01, 0.5-05, 1.0-09, 2.0-11, 1.1-18, 4.1-18. https://www.puertos.es/es-es/Paginas/BibliotecaV2.aspx
Thoresen, C.A. (1988). Port Design: Guidelines and Recommendations. Tapir.
Nesta materia traballaranse as seguintes competencias xerais (CX), transversais (CT), e específicas (CE):
CX1. Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3: Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4: Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5: Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7: Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8: Compromiso de veracidade da información que ofrece ós demais.
CT9: Habilidade no manexo de TICs.
CT10: Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11: Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
CETECC3. Capacidade para a construción e conservación de obras marítimas.
Esta competencia específica ademais de nesta materia, tamén se traballa nas materias Portos e Costas I, Portos e Costas II, Enxeñaría Portuaria e Enxeñaría de Costas.
As clases expositivas consistirán na presentación e desenvolvemento de contidos teóricos fundamentais da materia que se realizará mediante clases en grupos grandes e de carácter principalmente maxistral. O alumnado deberá dedicar un determinado tempo á preparación previa dos contidos que se tratarán na clase, así coma o seu estudio posterior. Co fin de fomentar o traballo diario do alumnado, contémplase a realización de actividades breves relativas a conceptos fundamentalmente teóricos vistos durante o desenvolvemento das clases expositivas, podendo incorporar contidos prácticos. As competencias traballadas nas clases expositivas son: CX1, CT1 – CT12, CETECC3.
En canto ós seminarios interactivos / clases de laboratorio, estes concíbense coma un conxunto de actividades nas que a participación do alumnado é unha parte fundamental. Durante o seu desenvolvemento o alumnado resolverá exercicios e problemas, tanto de forma individual coma en grupos, o que lles permitirá poñer a punto e aplicar de forma práctica os coñecementos teóricos derivados das clases expositivas. En particular, o alumnado realizará un traballo de curso que consistirá na elaboración dun Anexo de Cálculo dunha obra marítima de tipo estrutural, concretamente, un dique en talude, para o que se empregarán formulacións analítico-experimentais e datos de campo, facendo uso dos resultados obtidos no traballo de curso da materia Portos e Costas I (3º curso). As competencias traballadas nas sesións de seminarios interactivos / clases de laboratorio son: CX1, CT1 – CT12, CETECC3.
Finalmente, durante as titorías individuais e en grupo atenderase ó alumnado para discutir, comentar, aclarar e resolver cuestións concretas relativas a calquera contido e/ou actividade desenvolta na materia. As competencias traballadas nestas sesións son: CB1 – CB5, CX1, CT1 – CT12, CETECC3.
Recórrese a un sistema de avaliación no que se terán en consideración diferentes aspectos relacionados non só cos coñecementos finais adquiridos, senón tamén co propio proceso de aprendizaxe. En particular, na nota final da materia, teranse en conta os seguintes aspectos:
1) Participación
Sistema de avaliación: observación na aula e/ou participación en foros do campus virtual
Competencias: CG1, CT1 – CT12, CETECC3
Peso: 10%
2) Realización de actividades
Sistema de avaliación: entrega de actividades realizadas na aula
Competencias: CG1, CT1 – CT12, CETECC3
Peso: 20%
3) Traballo de curso
Sistema de avaliación: corrección dos documentos/ficheiros e/ou exposición
Competencias: CG1, CT1 – CT12, CETECC3
Peso: 30% (nota mínima de 5 puntos sobre 10)
4) Proba final:
Sistema de avaliación: exame escrito que constará de preguntas e exercicios de carácter cuantitativo e cualitativo.
Competencias: CG1, CT1, CT2, CT6, CT12, CETECC3
Peso: 40% (nota mínima de 5 puntos sobre 10)
A materia superarase (1ª e 2ª oportunidade) cando a nota final sexa como mínimo de 5 puntos sobre 10, establecéndose do mesmo xeito unha nota mínima nos aspectos 3 (Traballo de curso) e 4 (Proba final) de 5 puntos sobre 10. No caso de alumnado cunha nota na Proba final inferior a 5, a súa cualificación corresponderase con dita nota. No caso de alumnado cunha nota inferior a 5 no Traballo de curso, a súa cualificación corresponderase coa media ponderada dos diferentes aspectos (1-4), non podendo exceder en ningún caso os 4 puntos. A nota obtida nos diferentes aspectos na 1ª oportunidade poderase conservar para a 2ª oportunidade; en caso contrario, deberá ser comunicado ao profesorado.
Os criterios a seguir para o alumnado repetidor serán análogos ós expresados anteriormente. Neste senso, o alumnado poderá conservar a nota obtida nos aspectos 1, 2 e 3, o que deberá ser informado ó profesorado coa maior antelación posible (en caso de non ser comunicado entenderase que o alumnado opta por realizar o proceso de avaliación establecido).
De xeito excepcional, en caso de existir a imposibilidade por parte do alumnado de asistir de forma continuada ás clases expositivas e de seminarios interactivos / clases de laboratorio, será preciso que se dirixa ó profesorado coa maior antelación posible, de modo que se lle poda indicar un método alternativo para a avaliación dos aspectos 1 e 2 (os aspectos 3 e 4 non poderán ser substituídos en ningún caso). Este método alternativo consistirá na realización dun traballo de curso adicional relacionado cos contidos teóricos e prácticos vistos na materia a través do cal quede reflectida a adquisición das competencias requiridas para este aspecto, e que deberá ser exposto ó profesorado. Os contidos específicos do traballo fixaranse tras unha titoría individual co alumnado. A avaliación do alumnado con dispensa de asistencia (Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral) realizarase en todo caso a través deste método alternativo.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
De xeito orientativo proponse a seguinte distribución de horas non presenciais correspondentes ás diferentes actividades metodolóxicas propostas:
- Docencia presencial: 42 horas
Dentro da docencia presencial inclúense, ademais das horas correspondentes a horas expositivas e interactivas (36h), titorías en grupo (2h) e proba final (4h).
- Docencia non presencial: 70.5 horas
Dentro da docencia non presencial inclúense a lectura e preparación teórica de temas (27h), realización de exercicios (9h), elaboración do traballo de curso (20h) e preparación da proba final (14.5h).
- Asistencia ás sesións expositivas e interactivas.
- Estudo diario da materia.
- Realización das actividades programadas.
- Asistencia ás titorías para o seguimento e resolución de dúbidas.
Ivan Lopez Moreira
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Hidráulica
- Correo electrónico
- ivan.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU