Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría do Terreo
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecementos:
Comprender e manexar con claridade os principios básicos da Mecánica de Solos e das Rochas, así como a súa terminoloxía propia.
Entender os condicionantes que formula a xeotecnia no desenvolvemento de estudos, proxectos, construcións e explotacións onde sexa necesario efectuar movementos de terras, cimentacións e estruturas de contención.
Sentar as bases físicas e mecánicas para o deseño e construción de obras xeotécnicas.
Coñecer os procedementos construtivos e a maquinaria de construción habituais en Enxeñaría Civil relacionados co terreo. Comprender os principios para o deseño e construción de obras de terras de Infraestruturas Lineais, como estradas e ferrocarrís.
Aptitudes:
Saber aplicar os coñecementos teóricos á resolución de problemas prácticos.
Coñecer e adquirir destreza na realización dos ensaios máis habituais dun laboratorio xeotécnico.
Acostumarse ao manexo de bibliografía, de normativa específica e de recursos na web.
Establecer valoracións obxectivas entre as diferentes posibilidades de afrontar un problema.
Actitudes:
Alimentar a súa curiosidade e interese pola observación, interpretación e coñecemento dos fenómenos físicos e mecánicos de solos e rochas.
Estimular unha actitude activa e o esforzo persoal.
Practicar o razoamento correcto.
Fomentar o traballo en equipo.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Proxecto e construción de Obras de terras.
Control da compactación, operacións de escavación, transporte,
estendido e compactación.
Formación de explanadas
Construción de terrapléns. Deseño, execución e control.
Estruturas de contención en Obras Lineais.
Redacción de informes xeotécnicos en Infraestruturas do Transporte.
Túneles. Tratamentos de mellora e reforzo do terreo.
Ancoraxes e Micropilotes.
Patoloxía de Obras Xeotécnicas.
Estes contidos desenvólvense segundo o seguinte temario, no que se indican de maneira aproximada as horas presenciais (expositivas HE, de seminario HS, de laboratorio HL e de titorías de grupos reducidos TGR) e de traballo do estudante (TE):
TEORÍA
TEMA 1: PROXECTO E CONSTRUCIÓN DE OBRAS DE TERRAS (4 HE; 8h TE)
Introdución. Control da compactación, operacións de escavación, transporte, estendido e compactación. Formación de explanadas.
TEMA 2: CONSTRUCIÓN DE TERRAPLÉNS (4 HE; 8h TE)
Condicionantes básicos. Clasificación de materiais segundo o PG3. Metodoloxía de deseño e execución. Control da execución. Problemas habituais na construción de terrapléns e posibles medidas correctoras. Presas de materiais soltos.
TEMA 3: ESTRUTURAS DE CONTENCIÓN EN OBRAS LINEAIS (8 HE; 16h TE)
Introdución. Tipos de estruturas de contención. Condicións xerais para o proxecto. Cálculo da estabilidade global. Cálculo da estabilidade local. Patoloxía de estruturas de contención. Medidas correctoras.
TEMA 4: TÚNELES (2 HS; 7h TE)
Introdución. Procedementos construtivos de túneles. Estabilidade do fronte. Accións sobre o revestimento. Principais problemáticas asociadas á construción de túneles. Movementos producidos na superficie: subsidencias.
TEMA 5: TRATAMENTOS DO TERREO (2 HS; 7h TE)
Formulación xeral. Tecnoloxías dispoñibles. Descrición de tratamentos: Compactación, estabilización, inxeccións do terreo, elementos de drenaxe, geotéxtiles.
TEMA 6: ANCORAXES (2 HE; 4h TE)
Xeralidades sobre ancoraxes. Deseño de ancoraxes en solos.
TEMA 7: MICROPILOTES (2 HE; 4h TE)
Criterios xerais sobre a utilización de micropilotes. Deseño. Recalce de cimentacións.
TEMA 8: REDACCIÓN DE INFORMES XEOTÉCNICOS (2h TGR; 10h TE)
Introdución. O estudo xeotécnico. Dimensionamento dos traballos de campo.
PRÁCTICAS
P1: Dimensionamento de explanadas (3 HS; 6h TE)
P2: Ensaio Proctor e Proctor Modificado (3 HL; 3h TE)
P3: Ensaio CBR e Compresión Simple(3 HL; 3h TE)
P4: Proxecto de obras con movemento de terras (3 HS; 3h TE)
P5: Dimensionamento de muros de escollera (2 HS; 2h TE)
P6: Dimensionamento de muros de solo reforzado (2 HS; 2h TE)
P7: Análise da estabilidade de terrapléns (2 HL; 2h TE)
P8: Análise da estabilidade de estruturas de contención (1 HL; 1h TE)
P9: Muros de solo reforzado por ordenador (3 HL; 3h TE)
P10: Dimensionamento de micropilotes (2 HS; 2h TE)
Bibliografía básica
• Geotecnia y cimientos / José Antonio Jiménez Salas...[et al.]. Madrid: Rueda, D.L. 1975-1981
• Ingeniería Geológica. L. González de Vallejo, M. Ferrer, L. Ortuño y C. Oteo. Prentice Hall. 2002.
• Ingeniería del terreno / [editor Carlos López Jimeno; autores Javier Ariza Torres...(et al.)]. Colección Ingeoter. Madrid: U.D. Proyectos, [2002]
• Manual de túneles y obras subterráneas. Ed. López Jimeno, C. 2000
• Manual de técnicas de Mejora del Terreno. Bielza, A. 1999
• Guía de cimentaciones en obras de carreteras. Ministerio de Fomento, 2019
• Guía para el proyecto y la ejecución de muros de escollera en obras de carretera. Ministerio de Fomento, 2006
• Guía para el diseño y la ejecución de anclajes al terreno en obras de carretera. Ministerio de Fomento, 2005
• Guía para el proyecto y la ejecución de micropilotes en obras de carretera. Ministerio de Fomento, 2005
• Manual para el proyecto y ejecución de estructuras de suelo reforzado. Ministerio de Fomento, 1989
• Construcción de explanaciones, drenajes y cimentaciones. PG-3. Ministerio de Fomento 2002 y actualizaciones posteriores
• Mechanically stabilized earth walls and reinforced soil slopes design & construction guidelines. U.S. Department of Transportation Federal Highway Administration. Publication No. FHWA-NHI-00-043. Disponible en: https://pdhonline.com/courses/c150/FHWA-NHI-00-043.pdf
Bibliografía complementaria
• Engineering geology: Rock in engineering construction. Goodman, Richard E. New York [etc.]: John Wiley & Sons, cop. 1993
• Mecánica de Suelos”. Lambe, T.W. y Whitman, R.V., Limusa, 1991.
• Principles of geotechnical engineering. Das, Braja M. Pacific Grove (California): Brooks/Cole, cop. 2002
• Principios de ingeniería de cimentaciones. Das, Braja M. México: International Thomson, 2001
• Soil Mechanics in Engineering Practice. Terzaghi, K. y Peck, R.B. John Wiley & Sons, cop. New York 1948
• Ingeniería de cimentaciones: fundamentos e introducción al análisis geotécnico. Delgado Vargas, Manuel. México: Alfaomega, [1999]
• Curso aplicado de cimentaciones. Rodríguez Ortiz, J.M. et al. Colegio de Arquitectos de Madrid, 6 edición, 1995.
• Geotecnia: ensayos de campo y de laboratorio. Madrid: AENOR, [1999]
• Mecánica de las rocas. Serrano, Alcibíades. [Madrid]. Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos, Servicio de Publicaciones, 2000
• El Terreno. González, M. Universidad Politécnica de Cataluña. Barcelona 2001
• Código Técnico de la Edificación: Libro 3: Seguridad Estructural: cimientos. Ministerio de Vivienda. Madrid 2006
• Geotecnia. Reconocimiento del Terreno. Suriol, J., Lloret, A. y García, A. Universidad Politécnica de Cataluña. Barcelona, 1995.
Considérase que a materia de Grao permite a adquisición das competencias básicas CB-1 a CB-5 fixadas pola Orde Ministerial:
Xerais:
CG1. Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación. (CG 1)
CG2. Comprensión dos múltiples condicionamentos de carácter técnico e legal que aparecen na construción dunha obra pública, e capacidade para empregar métodos contrastados e tecnoloxías acreditadas, coa finalidade de conseguir a maior eficacia na construción dentro do respeto polo medio ambiente e a protección da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios da obra pública. (CG 2)
CG3. Coñecemento, comprensión e capacidade para aplica-la lexislación necesaria durante o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas. (CG 3)
CG4. Capacidade para proxectar, inspeccionar e dirixir obras, no seu ámbito. (CG 4)
CG7. Capacidade para o mantemento, conservación e explotación de infraestruturas, no seu ámbito (CG 7)
CG10. Coñecemento da historia da enxeñaría civil e capacitación para analizar e valora-las obras públicas en particular e a construción en xeral. (CG 10)
Específicas:
CECC5. Coñecementos de xeotecnia e mecánica de solos e de rochas así como a súa aplicación no desarrollo de estudos, proxectos, construccións e explotacións onde sexa necesario efectuar movimentos de terras, cimentacións e estruturas de contención.
CTECC7. Capacidade para a construción de obras xeotécnicas.
CECC12. Coñecemento dos procedementos construtivos, a maquinaria de construción e as técnicas de organización, medición e valoración de obras.
CTECC4 / CTETSU1. Capacidade para a construción e conservación de estradas, así como para o dimensionamento, o proxecto e os elementos que compoñen as dotacións viarias básicas.
CTECC5 / CTETSU2. Capacidade para a construción e conservación das liñas de ferrocarrís con coñecemento para aplica-la normativa técnica específica e diferenciando as características do material móvil.
Observacións sobre competencias específicas:
As competencias CECC5 e CTECC7 adquírense tamén nas materias Enxeñaría do Terro de segundo curso e Obras Xeotécnicas 1 do terceiro curso.
A competencia CTECC12 adquírese na materia Procedementos Xerais de Construción do terceiro curso e en Proxectos de Enxeñaría Civil de cuarto curso.
As competencias CTECC4 / CTETSU1 e CTECC5 / CTETSU2 adquírense soamente de maneira parcial nesta materia, nos aspectos relacionados coa Xeotecnia Vial, (tamén recollidos en Obras Xeotécnicas 2). A adquisición da competencia realízase na materias Deseño e construción de Obras Lineais de segundo curso e nas optativas da mención de Transportes e Servizos Urbanos.
Transversais:
CT1. Capacidade de análise e síntese.
CT2. Capacidade para o razonamento e a argumentación.
CT3. Capacidade de traballo individual, con actitud autocrítica.
CT4. Capacidade para trabajar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8. Compromiso de veracidade da información que ofrece ós demais.
CT9. Habilidade no manexo de TIC’s.
CT10. Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11. Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Todas as actividades docentes están encamiñadas a traballar as competencias básicas, xerais e específicas asignadas a esta materia. As competencias transversais trabállanse en función da metodoloxía empregada.
As actividades presenciais son de catro tipos:
-Clases expositivas (24h), fundamentalmente dedicadas a desenvolver os contidos teóricos da materia. Impártense na aula por parte do profesor mediante leccións maxistrais participativas, axudado de medios audiovisuais e coa utilización do encerado e apoiado nos apuntamentos facilitados previamente aos alumnos que deben facer traballo autónomo e estudo independente antes e despois das sesións presenciais. Retransmítense e grávanse mediante MS Teams.
Esas metodoloxías permiten traballar as seguintes competencias transversais:
CT1, CT2, CT3, CT5, CT9, CT10, CT11.
-Os seminarios en grupos reducidos de 20 alumnos (12h), que consisten en sesións prácticas ou clases interactivas, fundamentalmente dedicados á resolución de problemas, casos prácticos e proxectos. Os estudantes dispoñen de tempo para a resolución individual ou por grupos e a continuación o resolven no encerado. Ao finalizar a sesión entregan exercicios de control. Son actividades complementarias que permiten ó alumnado a posta a punto dos coñecementos adquiridos a traveso do traballo persoal e das clases de teoría. Retransmítense e grávanse mediante MS Teams. Preséntanse exercicios a entregar antes da proba final.
Esas metodoloxías permiten traballar as seguintes competencias transversais:
CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT10, CT11, CT12.
-As prácticas de laboratorio (6h), en grupos reducidos de 20 alumnos, onde o alumnado prepara e realiza íntegramente varios ensaios de laboratorio habituais en mecánica de solos, incluíndo a preparación da mostra e do equipo e realizando a toma completa de datos, debendo posteriormente redactar un informe técnico. Retransmítense e grávanse mediante MS Teams.
Esas metodoloxías permiten traballar as seguintes competencias transversais:
CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12.
-As prácticas de laboratorio (6h), en grupos reducidos de 20 alumnos, onde o alumnado traballa con programas comerciais habituais en Enxeñaría Xeotécnica, resólvense casos prácticos e débese redactar un informe técnico. Retransmítense e grávanse mediante MS Teams.
Esas metodoloxías permiten traballar as seguintes competencias transversais:
CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12.
-As titorías en grupo (3h), con non máis de 10 alumnos/as, e tamén individuais onde o alumnado pode discutir, comentar, aclarar ou resolver cuestións concretas en relación coas súas tarefas dentro da materia (recompilación de información, preparación de probas de avaliación, traballos...). Retransmítense e grávanse mediante MS Teams.
Nesta materia esíxense dous traballos de curso:
-A entrega dun Informe Xeotécnico sobre un proxecto básico de trazado dunha estrada na que é preciso a realización de obras de terras, calcular a estabilidade de noiros e deseñar estruturas de contención. A redacción do Informe Xeotécnico realízase en grupos de 4-5 alumnos. O traballo formúlase nas primeiras titorías de grupos reducidos, faise seguimento na metade do semestre e se entrega, defende e avalía nas últimas sesións do semestre.
-A elaboración dunha presentación sobre algún dos apartados do temario. Realízase en grupos de 4-5 alumnos. O traballo formúlase nas primeiras titorías de grupos reducidos, faise seguimento na metade do semestre e se entrega, defende e avalía nas últimas sesións interactivas de seminarios do semestre. O grupo de alumnos debe facer unha exposición diante dos demais compañeiros, que avalían tanto os contidos como a exposición oral.
Esas metodoloxías permiten traballar as seguintes competencias transversais:
CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12.
Como apoio á materia proporciónase ó alumnado material docente adecuado a través do Campus Virtual.
O traballo individual do alumno sobre o material proporcionado, que debe estudar, resumir, contrastar ou ampliar con outras referencias bibliográficas permite traballar as seguintes competencias transversais:
CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT9, CT10, CT11
Actividades de avaliación
•Asistencia e participación: a asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. Faise o seguimento da asistencia a traveso dun anecdotario, no que se rexistra tamén a participación do estudante na clase.
•Actividades interactivas dos seminarios: nas sesións interactivas nas que se resolven prácticas, os alumnos, en grupos, dispoñen de tempo para formular a resolución de exercicios e casos prácticos e a continuación, baixo a supervisión do profesor, expoñer as súas conclusións.
•Informe das prácticas de laboratorio: tanto das prácticas de ensaios de laboratorio como das prácticas de ordenador, os estudantes elaboran un informe.
•Informe Xeotécnico: traballo de grupo no que se trata de predimensionar as obras xeotécnicas do proxecto dunha infraestrutura lineal.
•Presentación oral: traballo de grupo no que se trata elaborar e defender unha presentación sobre algún dos apartados do temario. Parte desta tarefa incorpora contidos en inglés ou outra língua estranxeira.
•Proba final (4h): consiste nun exame teórico-práctico que se realiza ao rematar a docencia. A parte teórica consiste en definicións, preguntas curtas e temas a desenvolver. A parte práctica consiste na resolución de exercicios ou casos prácticos.
Avaliación de competencias
Todas as actividades docentes e de avaliación están orientadas á adquisición por parte dos estudantes das competencias básicas CB-1 a CB-5.
A asistencia e participación dos alumnos nas sesións presenciais, nas que se desenvolven os contidos teóricos e prácticos da materia permiten avaliar as competencias:
Xerais (todas): CG1, CG2, CG3, CG4, CG8, CG10
Específicas (todas): CECC5, CTECC7, CECC12, CTECC4 / CTETSU1, CTECC5 / CTETSU2
Transversais: CT1, CT2, CT7, CT8
As actividades realizadas nos seminarios interactivos, nas que os estudantes resolven os exercicios en grupos e posteriormente llos expoñen ao resto de compañeiros, permiten avaliar as competencias:
Xerais (todas): CG1, CG2, CG3, CG4, CG8, CG10
Específicas (todas): CECC5, CTECC7, CECC12, CTECC4 / CTETSU1, CTECC5 / CTETSU2
Transversais: CT1, CT2, CT4, CT7, CT8, CT12
A elaboración dos informes das prácticas de laboratorio, proceso no que os estudantes de xeito individual analizan o procedemento do ensaio e os resultados acadados, permiten avaliar as competencias:
Xerais (todas): CG1, CG2, CG3, CG4, CG8, CG10
Específicas (todas): CECC5, CTECC7, CECC12, CTECC4 / CTETSU1, CTECC5 / CTETSU2
Transversais: CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12
A elaboración dos informes das prácticas de ordenador, proceso no que os estudantes de xeito individual elaboran un informe xeotécnico, permiten avaliar as competencias:
Xerais (todas): CG1, CG2, CG3, CG4, CG8, CG10
Específicas (todas): CECC5, CTECC7, CECC12, CTECC4 / CTETSU1, CTECC5 / CTETSU2
Transversais: CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12
A elaboración do informe de predimensionamento dunha obra xeotécnica, permite avaliar as competencias:
Xerais: CG1, CG2, CG3, CG4
Específicas (todas): CECC5, CTECC7, CECC12, CTECC4 / CTETSU1, CTECC5 / CTETSU2
Transversais: CT1, CT2, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT12
A elaboración dunha presentación sobre algún dos apartados do temario e a súa posterior defensa ante o resto de estudantes, permite avaliar as competencias:
Xerais: CG1, CG2, CG3, CG4
Específicas (todas): CECC5, CTECC7, CECC12, CTECC4 / CTETSU1, CTECC5 / CTETSU2
Transversais: CT1, CT2, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT12
A realización da proba final, un exame de contidos teóricos a desenvolver e dunha parte práctica para a resolución de exercicios ou casos prácticos, permite avaliar as competencias:
Xerais: CG1, CG2, CG3, CG4
Específicas (todas): CECC5, CTECC7, CECC12, CTECC4 / CTETSU1, CTECC5 / CTETSU2
Transversais: CT1, CT2, CT3, CT6, CT12
Sistema de avaliación
A aprendizaxe e a adquisición das competencias asociadas axústase a unha avaliación continuada, para estimular ó alumnado a segui-lo proceso e a involucrarse cada vez máis na súa propia formación.
A avaliación básease nos seguintes 6 apartados:
1) Asistencia obrigatoria ao 100% das clases presenciais.
2) Proba escrita. Dúas partes diferenciadas de teoría e práctica que fan media e en cada unha delas hai que obter unha nota mínima.
3) Entrega dos boletíns de exercicios e das prácticas resoltas en seminarios.
4) Aproveitamento das prácticas de laboratorio e entrega do informe.
5) Entrega e presentación do Informe Xeotécnico.
6) Participación do alumnado nas actividades da aula. Seguemento a través dun anecdotario.
Requisitos para a superación da materia:
-Nota mínima na proba escrita de 5 puntos sobre 10.
-Asistencia ao 100% das sesións
-Exercicios coa cualificación de APTOS
-Informe de prácticas de laboratorio APTO
-Informe Xeotécnico APTO
Primeira oportunidade:
Para poder presentarse á proba escrita na primeira oportunidade os alumnos deben cumprir unha asistencia do 100% ás clases presenciais excepto faltas xustificadas.
O non cumprimento do requisito da nota mínima na proba escrita conlevará como nota final a nota da proba.
O non cumprimento dalgún dos restantes requisitos conlevará como nota final non presentado.
A cualificación final da materia obtense pola ponderación dos seguintes aspectos:
-Proba final 60%
-Informe de prácticas 10%
-Presentación oral 10%
-Informe Xeotécnico 10%
-Actividades de seguimento e participación nas actividades da aula 10%
A materia se supera cando a nota final é como mínimo de 5 puntos sobre 10.
Segunda oportunidade:
O non cumprimento do requisito da nota mínima na proba escrita conlevará como nota final a nota da proba.
O non cumprimento dalgún dos restantes requisitos conlevará como nota final non presentado.
A cualificación final da materia obtense pola ponderación dos seguintes aspectos:
-Proba final 70%
-Informe de prácticas 10%
-Presentación oral 10%
-Informe Xeotécnico 10%
A materia se supera cando a nota final é como mínimo de 5 puntos sobre 10.
Alumnos repetidores:
Aqueles alumnos que teñan cumprido o requisito de asistencia e de entrega de prácticas e informes nalgún dos dous cursos anteriores, soamente teñen que presentarse á proba escrita, sendo a cualificación final a ponderación seguinte:
-Proba final 70%
-Informe de prácticas 10%
-Presentación oral 10%
-Informe Xeotécnico 10%
En todo caso, aconséllase a asistencia, como mínimo, ás sesións prácticas e de laboratorio e o seguimento frecuente da materia a través das titorías , do Campus Virtual e de MS Teams.
Alumnos con dispensa de asistencia:
Os estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia segundo o disposto na Instrucción 1/2017 da Secretaría Xeral, deben ter en conta que para aprobar a materia é obrigatoria a asistencia ás prácticas de laboratorio (tanto de ensaios como de programas de ordenador) e á sesión da presentación oral dos traballos, sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente. Sendo a cualificación final a ponderación seguinte:
-Proba final 70%
-Informe de prácticas 10%
-Presentación oral 10%
-Informe Xeotécnico 10%
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Lectura e preparación de temas: 36h
Realización de exercicios: 12h
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 10h
Elaboración de traballos de curso: 14h
Preparación de probas de avaliación: 23h
Recoméndase a participación activa nas clases expositivas, seminarios e nas prácticas de laboratorio.
Esforzarse nos informes de prácticas e no Informe Xeotécnico.
Intentar resolver os exercicios previstos antes da resolución na clase.
Consultar a bibliografía específica recomendada para cada tema.
Utilizar e aproveitar as titorías, tanto as habituais como as programadas en grupo.
Carlos Nuñez Temes
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría do Terreo
- Correo electrónico
- carlos.nunez.temes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
Dario Ferreiro Otero
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría do Terreo
- Correo electrónico
- dario.ferreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU