Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Proxectos de Enxeñaría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Dotar de capacidade profesional de proxectar, dirixir, executar e xestionar todas as actividades relacionadas no ámbito de Enxeñaría Civil e Ambiental.
Coñecer a metodoloxía necesaria para a definición das obras públicas mediante as fases de: Aspectos previos á redacción do proxecto, Análise de viabilidade, Formulación e selección de alternativas, Redacción do proxecto e a súa tramitación, Contratación e Dirección de Obra.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
• Concepto de Proxecto.
• Características dos diversos tipos de Proxectos e organización do Proxecto segundo a súa tipoloxía.
• Marco legal.
• Os Documentos do Proxecto.
• Impacto ambiental: avaliación e corrección.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo co seguinte temario:
PROGRAMA DE TEORIA.- (24 h presenciais + 36 h non presenciais)
BLOQUE I. INTRODUCIÓN Ó PROXECTO (2 h presenciais + 2 h non presenciais)
Tema 1.- Introdución. Concepto de Proxecto
Introdución ao concepto de Proxecto. Definición de Proxecto. Teoría clásica e teoría xeral do Proxecto. O Proxecto como sistema. Fases no proceso de xeración dun Proxecto. Factores que interveñen nun Proxecto. Características. Entidades implicadas nas fases do Proxecto.
Tema 2.- Características dos diversos tipos de Proxectos e organización do Proxecto segundo a súa tipoloxía. Orixe e clasificación dos Proxectos. Entidades implicadas nas fases dun Proxecto. Introdución aos Proxectos de enxeñaría civil.
BLOQUE II.- MARCO LEGAL (2 h presenciais + 2 h non presenciais)
Tema 3.- Principais leis y normativa no ámbito das obras públicas. Lexislación sectorial e Normativa técnica.
Tema 4.- Introdución á Lei de Contratos do Sector Público.
BLOQUE III.- A MORFOLOXÍA DO PROXECTO (8 h presenciais + 12 h non presenciais)
Tema 5. Memoria. Contido, presentación e utilidade. Memoria descritiva. Memoria xustificativa. Anexos á memoria.
Tema 6. Planos. Definición e uso. Tipos de planos. Contido. Finalidade.
Tema 7.- Prego de Condicións. Obxectivo e alcance do Prego de Condicións. Tipos de Pregos de Condicións. Estrutura e contido. Relación co orzamento e coa súa execución.
Tema 8.- O orzamento. Estrutura. Unidades de obra. Medicións. Prezos unitarios. Cadros de prezos.
BLOQUE IV. PROXECTO CONSTRUCTIVO: PLANIFICACIÓN, PROGRAMACIÓN, MEDICIÓN E VALORACIÓN (2 h presenciais + 4 h non presenciais)
Tema 9. Planificación e programación dás obras proxectadas. Aplicacións informáticas.
Sistematización do proxecto en compoñentes, capítulos e actividades. Diagramas de Gantt e de PERT. Aplicacións informáticas.
Tema 10. Medición e valoración das obras proxectadas. Aplicacións informáticas. Confección do orzamento.
BLOQUE V. IMPACTO AMBIENTAL: AVALIACIÓN E CORRECCIÓN (5 h presenciais + 8 h non presenciais)
Tema 11.- A lexislación básica en avaliación do impacto ambiental de proxectos.
Tema 12.- A avaliación do impacto ambiental.
Tema 13.- Metodoloxías e a súa aplicación.
BLOQUE VI. SEGURIDADE E SALUDE (5 h presenciais + 8 h non presenciais)
Tema 14. A lexislación básica en materia de seguridade e saúde no ámbito das obras públicas.
Tema 15. Estudos e Plans de Seguridade e Saúde.
Tema 16. Coordinación de Seguridade e Saúde.
PROGRAMA DE SEMINARIOS INTERACTIVOS E PRÁCTICAS.- (24 h presenciais
36 h non presenciais)
Exponse un total de oito sesións de 2 ou 4 horas de duración ao longo das cales se desenvolverá, de forma individual ou en grupos reducidos, a simulación da actividade profesional en formulación de proxectos, traballando con aplicacións informáticas, Proxectos Fin de Carreira de temáticas diversas e outras fontes de información.
O programa de seminarios interactivos e prácticas será o seguinte:
Seminario interactivo nº 1.- Contratos do sector público (2 HP + 4 HNP)
Seminario interactivo nº 2.- Tipos de memorias e a súa redacción (2 HP + 4 HNP)
Seminario interactivo nº 3.- Os planos. Estrutura e contido do documento (2 HP + 4 HNP)
Seminario interactivo nº 4.- Estudo e Plan de Seguridade e Saúde (2 HP + 4 HNP)
Práctica nº 1.- Orzamento. Ferramentas informáticas - 1 (4 HP + 5 HNP)
Práctica nº 2.- Certificación de Obra. Ferramentas informáticas - 2 (4 HP + 5 HNP)
Práctica nº 3.- Programación e plan de obra. Ferramentas informáticas. (4 HP + 5 HNP)
Práctica nº 4.- Viaxe de prácticas a obras (4 HP + 5 HNP)
TITORÍAS OBRIGATORIAS (3 HORAS) (TUTORÍA 1 HORA).
Tutoría 1: Exposición das normas para a elaboración dos traballos
Tutoría 2: Orientación para a procura de información.
Tutoría 3: Seguimento do desenvolvemento dos traballos e resolución de dúbidas.
Bibliografía básica:
• Conesa Fdez., V., 1995. Guía metodológica para la evaluación de impacto ambiental. Mundi Prensa, Madrid.
• Espeso, J. A. y otros 2005. (2ª ed). Coordinadores de seguridad y salud en el sector de la construcción. Manual para la formación. Lex Nova. Madrid.
• Pellicer Armiñana, E., Sanz Benlloch, A., Catalá, J. 1991. El proceso proyecto-construcción. Aplicación a la ingeniería civil. Editorial de la UPV, Valencia.
• Gomez-Senent Martínez, E. 1998. Introducción al proyecto. Universidad Politécnica de Valencia.
• Gomez-Senent, E. y Ruvira, F. 1995. Fases del proyecto. Universidad Politécnica de Valencia.
• Goncalves, M.C. 2016. Materials for Construction and Civil Engineering. Springer.
• Romero, C. 1.993 Técnicas de programación y control de proyectos. Pirámide. Madrid.
• Trueba Jainaga, J.I., Levenfeld González, G., Marco Gutiérrez, J.L. 1991. Teoría de proyectos: morfología del proyecto. E.T.S.I.A., Madrid.
• Trueba Jainaga, I., Marco Gutiérrez, J.L. 1985-1986 Proyectos agrarios y desarrollo rural. E.T.S.I.A., Madrid.
Bibliografía complementaria:
• Canter, Larry W. 1997. Manual de Evaluación de Impacto Ambiental. Técnicas para la elaboración de estudios de impacto. Mc Graw-Hill. Aravaca. Madrid
• Castro Fresno, D., Aja Setián, J. 2005. Organización y control de obras. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Cantabria, Santander.
• Fremond, M. 2005. Mechanical Modelling and Computational Issues in Civil Engineering. Franco Maceri (Eds). Springer.
• González Alonso, S. , Aguilló, M. y Ramos, A. 2001. Directrices y Técnicas para la estimación de Impactos. Cátedra de Proyectos. ETSI de Montes de Madrid.
• Instituto de la construcción de Castilla León. Formularios para la Coordinación de Seguridad y Salud en Obras de Construcción.
• Ley de Contratos del Sector Público. Ley 30/07. BOE 30-10-2007.
• Morilla Abad, I. 2001. Guía metodológica y práctica para la realización de proyectos. Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos, Madrid.
• Texto Refundido de la Ley de Evaluación Ambiental de Proyectos. RD Legislativo 1/2008. BOE de 26 de enero de 2008.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría civil en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais e transversais:
• CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
• CG1 - Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación
• CG2 - Comprensión dos múltiples condicionamentos de carácter técnico e legal que se expoñen na construción dunha obra pública, e capacidade para empregar métodos contrastados e tecnoloxías acreditadas, coa finalidade de conseguir a maior eficacia na construción dentro do respecto polo medio ambiente e a protección da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios da obra pública
• CG3 - Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria durante o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas
• CG4 - Capacidade para proxectar, inspeccionar e dirixir obras, no seu ámbito.
• CG10 - Coñecemento da historia dá Enxeñaría civil e capacitación para analizar e valorar as obras públicas en particular e a construción en xeral.
• CG13 - Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans, así como para redactar informes técnicos, memorias de recoñecemento, valoracións, peritaxes e taxacións.
Competencias específicas:
• CECC9 - Capacidade de análise da problemática da seguridade e saúde nas obras de construción.
• CECC11 - Capacidade para aplicar metodoloxías de estudos e avaliacións de impacto ambiental.
• CECC12 - Coñecemento dos procedementos construtivos, a maquinaria de construción e as técnicas de organización, medición e valoración de obras.
• Redacción de proxectos: a súa metodoloxía, organización e xestión. A avaliación ambiental de proxectos e a corrección dos efectos das obras
A docencia expositiva abórdase con clases maxistrais participativas dirixidas a grupos reducidos. A docencia interactiva desenvólvese con actividades en seminarios interactivos en grupos reducidos, con prácticas en resolución de traballos concretos e proxectos, con prácticas en aula de informática e traballos en grupos. O conxunto das metodoloxías empregadas permite traballar a totalidade das competencias.
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información bidireccionalmente entre alumno e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno.
En resumen:
• Clases expositivas en grupo grande: 24 horas
• Seminarios interactivos: 12 horas
• Clases prácticas: 12 horas
• Titorías en grupo: 4 horas
• Titorías individuais
• Actividades de avaliación: 4 horas
• Asistencia ás clases expositivas, seminarios interactivos e clases prácticas ha de ser igual ou superior ao 75 % das que se impartiron. Por tanto, é obrigatorio asistir a un mínimo de 12 clases expositivas, 3 seminarios interactivos e 3 prácticas. Este apartado representa un 10 % da nota final (Na).
• A visita á obra contémplase como Práctica nº 4 e, caso de celebrarse, é obrigatoria a súa participación e presentación do correspondente traballo.
• Realizarase un exame escrito de carácter teórico-práctico da totalidade dos contidos do programa, no cal será necesario obter unha puntuación igual ou superior a 3,50 puntos. Representa o 65% da nota final (Ne)
• Presentación dos traballos, correspondentes a cada unha das 4 prácticas que se desenvolvan, que serán puntuados polos profesores encargados, o que terá un valor do 25 % (Nap)
A nota final ha de ser maior ou igual a 5 para superar a materia, e obterase da seguinte fórmula:
NF = 0,10*Na 0,65*Ne 0,25*Nap
Aos alumnos repetidores, caso de superar as prácticas, gárdaselles a cualificación.
Os alumnos aos que se lle conceda dispensa de asistencia, deberán presentarse ao exame previa entrega dos traballos de prácticas. Recoméndaselles pórse en contacto co profesor canto antes, para facer un plan específico.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”
A relación entre os sistemas de avaliación e as competencias avaliadas son:
Proba escrita (65%): competencias CB1, CG1, CG2, CG3, CG4, CTE5, CECC9, CECC11.
Traballos entregado (25%): competencias GG10, CG13, CECC12.
O sistema de avaliación a aplicar na segunda oportunidade será idéntico ao da primeira oportunidade.
O/a alumno/a recibirá 24 horas de docencia expositiva e participará en 24 horas de seminarios interactivos e de prácticas, nas que ademais será avaliado/a. Ademais, contemplaranse 3 horas presenciais de titorías en grupos reducidos. Adicionalmente o alumno deberá desenvolver un traballo non presencial, preparando documentación para as clases presenciais, realizando traballos da materia, preparando as probas escritas obxecto de avaliación. A estas tarefas dedicaranse unhas 95 horas de traballo persoal distribuído da seguinte maneira: 36 h ó estudo e preparación de temas, 36 h á preparación de traballos prácticos e 23 h á preparación do exame.
Asistencia a todas as actividades docentes. Consulta da bibliografía recomendada. Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia. Levar a materia ao día.
Para a realización das titorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes, como co profesor, realizaranse a través do foro do Campus Virtual, por MS Teams ou ben por correo electrónico.
Mario Valladares Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- mario.valladares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
José Francisco Vaamonde Longueira
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- josefrancisco.vaamonde [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 6 (Aulario 2) |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 6 (Aulario 2) |
20.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 (Aulario 4) |
16.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 (Aulario 4) |