Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría da Construción
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecemento dos mecanismos resistentes que fan posible o funcionamento das estruturas de formigón armado e/ou pretensado, fronte a distintas solicitacións, así coma a teoría da seguridade e da filosofía e comprobacións que se contemplan nas normativas actuais (Codigo Estructural, CTE) dos diferentes estados límites.
A memoria de título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Evolución da tecnoloxía da construción.
Principais propiedades dos materias da enxeñería. Formigón, aceiro e madeira.
Procesos de deseño: materiais, procedementos de construción, métodos y modelos de cálculo.
Formigón: propiedades químicas, físicas y mecánicas.
Proxecto y cálculo de estruturas de formigón armado.
Proxecto y cálculo de estruturas de formigón pretensado.
Cálculo de estruturas por ordenador.
Estes contidos se desenrolan seguindo este temario:
A) INTRODUCIÓN. (1,5 h, correspondentes a 1 h presencias y 0,5 h no presencias)
Evolución da tecnoloxía na construción. O conglomerante como precursor do formigón. O nacemento do formigón. O formigón armado. O formigón pretensado. A construción mixta. Formigóns especias (de alta resistencias, árido lixeiro, formigón proxectado, formigón con fibras, formigón de árido reciclado). Resinas especiais. Fibras sintéticas de altas resistencias.
B) FORMIGÓN ARMADO E PRETENSADO
I. INTRODUCIÓN Ó FORMIGÓN ARMADO E Ó FORMIGÓN PRETENSADO (1,5 h, correspondentes a 1 h presencias y 0,5 h no presencias)
TEMA 1. Introdución ó formigón armado. Orixes e emprego. Introdución ó formigón pretensado. Orixes e emprego.
II.- PROXECTO DE ESTRUTURAS DE FORMIGÓN ARMADO (87 h, correspondentes a 38 h presencias y 59 h no presencias)
II.A.- Bases de cálculo
TEMA 2. Estados límite. Definición e clasificación. Seguridade. Causas da inseguridade. Probabilidade de colapso. Accións. Clasificación. Combinacións de accións segundo a EHE. Aplicación de normativa específica para viadutos: IAP-11 y IAPF-10
TEMA 3. Formigón: Propiedades mecánicas. Diagrama tensión-deformación. Retracción e Fluencia.
II.B.- Estados límites
TEMA 4. Estado límite último de esgotamento por solicitación normais. Bases de cálculo. Cálculo de seccións. Método parábola - rectángulo. Diagrama rectangular. Diagrama de interacción. Disposición de armaduras en elementos a flexión e compresión. Aplicación para seccións de viadutos: caixón e dobre T
TEMA 5. Estado límite último de esgotamento por solicitacións tanxenciais. Esforzo cortante. Introdución. Teoría da celosía Ritter-Mörch. Interacción de cortante-flexión. Aplicación da normativa
TEMA 6. Torsión. Introdución. Celosía tridimensional. Dimensionamiento e verificación.
TEMA 7. Estado límite último de ancoraxe. Estado límite último de adherencia. Empalmes de armaduras.
III.- PROXECTO DE ESTRUTURAS DE FORMIGÓN PRETENSADO (50 h, correspondentes a 20 h presencias y 30 h no presencias)
TEMA 8. Aceiro activo. Tipos de aceiro. Propiedades
TEMA 9. Tipos de pretensado. Pretensados de armadura pretesa e postesa. Pretensado recto ou parabólico. Proceso construtivo e fases.
TEMA 10. Tecnoloxía do pretensado. Sistemas de pretensado, enfilado, tesado e inxección de vainas.
TEMA 11. Perdas do pretensado. Natureza das perdas e orixe. Cálculo das perdas. Importancia de las perdas do pretensado no cálculo
TEMA 12. Dimensionamiento de pretensado recto. Cálculo da excentricidade. Tensión dos cables. Momento de transferencia.
Práctica 1 a 3: Dimensionamiento e comprobación fronte a flexión simple.
Práctica 4 y 5: Dimensionamiento e comprobación fronte a flexocompresión.
Práctica 6: Dimensionamiento fronte a E.L.U. con armadura simétrica.
Práctica 7: Aplicación a unha estrutura de edificación.
Práctica 8: Dimensionamiento e comprobación fronte a E.L.U. de cortante.
Práctica 9: Dimensionamiento e comprobación fronte a E.L.U. de torsión.
Práctica 10-12: Dimensionamiento de pretensado para vigas.
Práctica 13: Criterios para optimizar un pretensado.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Apuntes de clase
Código Estructural. Real Decreto 470/2021
UNE-EN 1992. Eurocódigo 2: Proyecto de estructuras de hormigón. AENOR, 2010 (o versión vigente).
IAP'11: Instrucción sobre las acciones a considerar en el proyecto de puentes de carretera. Ministerio de Fomento. 2011.
IAPF'07: Instrucción sobre las acciones a considerar en el proyecto de puentes de ferrocarril. Ministerio de Fomento. 2007.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
EHE-08: Instrucción para el proyecto y la ejecución del hormigón estructural. Ministerio de Fomento. 2008.
García Meseguer, Morán Cabré, Arroyo Portero. Jiménez Montoya. Hormigón armado (15ª Edición). Editorial Gustavo Gili, Madrid, 2010
Calavera Ruiz. Proyecto y cálculo de estructuras de hormigón (en masa, armado y pretensado) (2ª Edición). Ed. INTEMAC, Madrid, 2010.
“Hormigón Armado y Pretensado I”, Murcia, J., Aguado, A. y Marí, A.R., Edicions UPC, Barcelona,1993.
“Hormigón armado”. 2 Tomos. Jimenez Montoya, P. Meseguer, A.G. Y Moran., F. (1991). Ed. Gustavo Gilí. Barcelona. 13ª edición.
“Hormigón Armado”. 14ª Edición basada en la EHE, ajustada al Código Modelo y al Eurocódigo. Jiménez, P., García, A. y Morán, F., Gustavo Gili, Barcelona, 2000.
“Hormigón armado y pretensado. Ejercicios”, Marí, A.R., Aguado, A., Agulló, L., Martínez, F., Cobo, D., Edicions UPC, Colección Politext, Barcelona, 1999.
"Problemas de Hormigón Armado y Pretensado'', Aguado, A., Mirambell, E., Murcia, J. y Marí, A.R., Servicio de Publicaciones de la E.T.S.I.C.C.P, Barcelona, 1988.
“Manual de Aplicación de la EHE. Materiales – ejecución - control (Comentado)”, Garrido, A., Leynfor, Madrid, 1999.
Guía de la aplicación de la Instrucción de Hormigón Estructural. Edificación. Comisión Permanente del Hormigón. 2002.
COMPETENCIAS BÁSICAS.
A materia permite a adquisición das competencias básicas fixadas na orde ministerial:
CB1 - Que os e as estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os e as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os e as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os e as estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os e as estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS XERAIS.
CG1 - Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
CG2 - Comprensión dos múltiples condicionamentos de carácter técnico e legal que aparecen na construción dunha obra pública, e capacidade para empregar métodos contrastados e tecnoloxías acreditadas, coa finalidade de consegui-la maior eficacia na construción dentro do respeto polo medio ambiente e a protección da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios da obra pública
CG4 - Capacidade para proxectar, inspeccionar e dirixir obras, no seu ámbito.
CG10 - Coñecemento da historia da enxeñaría civil e capacitación para analizar e valora-las obras públicas en particular e a construción en xeral.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS.
CECC3 - Capacidade para aplicar os coñecementos de materiais de construción en sistemas estruturais. Coñecemento da relación entre a estrutura dos materiais e as propiedades mecánicas que dela se derivan.
CECC4 - Capacidade para analizar e comprender como as características das estruturas inflúen no seu comportamento. Capacidade para aplicar os coñecementos sobre o funcionamento resistente das estruturas para dimensionalas seguindo as normativas existentes e utilizando métodos de cálculo analíticos e numéricos.
CECC6 - Coñecementos dos fundamentos do comportamento das estruturas de formigón armado e estruturas metálicas e capacidade para concibir, proxectar, construír y manter este tipo de estruturas.
COMPETENCIAS TRANSVERSALES.
La materia permite la adquisición de las competencias transversais indicadas en la memoria de grado.
CT1 Capacidade de análise e síntese.
CT2 Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT5 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT8 Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT10 Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT12 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
O ensino presencial desenvólvese a través de:
Clases expositivas: o profesor desenvolve na aula os contidos da materia establecidos na presente Programación Docente, apoiado nos apuntamentos facilitados na plataforma virtual.
Seminarios en grupos reducidos: consisten en sesións prácticas en grupos reducidos de 20 alumnos, destinadas a resolver exemplos e exercicios. Os seminarios complementan os coñecementos adquiridos nas clases expositivas e mediante o traballo persoal do alumno.
Prácticas de laboratorios: consisten en sesións prácticas en grupos reducidos de 20 alumnos, onde os alumnos realizarán, co apoio do profesor, un caso práctico que servirá de base para o traballo de curso a presentar polos alumnos final de curso.
Titorías: individuais e en grupos de 5 alumnos como máximo, onde se poñerán en común e resolverán as dúbidas e todos aqueles aspectos relacionados coa materia.
Realización dun traballo de curso: os alumnos realizarán, en grupos de cinco alumnos como máximo, un traballo de curso consistente no desenvolvemento analítico das expresións que permiten o cálculo dun diagrama de interacción dunha sección de formigón armado e a súa representación en folla de cálculo. O profesor detallará o contido e alcance do traballo durante o curso, unha vez adquiridos os coñecementos necesarios para poder elaboralo.
METODOLOGÍAS DOCENTES // COMPETENCIAS TRABAJADAS:
Clases expositivas // Básicas: Todas de CB1, CB2, CB3 CB4 Y CB5 Xerais: CG1, CG2, CG4, Y CG10 Específicas (todas): CTECC3, CTECC4 Y CTECC6 Transversais: CT1, CT2, CT5.
Seminarios interactivos // Básicas: Todas de CB1, CB2, CB3 CB4 Y CB5 Xerais: CG1, CG2, CG4, Y CG10 Específicas (todas): CTECC3, CTECC4 Y CTECC6 Transversais: CT1, CT2, CT5
Traballos prácticos de grupo // Básicas: Todas de CB1, CB2, CB3 CB4 Y CB5 Xerais: CG1, CG2, CG4, Y CG10 Específicas (todas): CTECC3, CTECC4 Y CTECC6 Transversais: CT1, CT2, CT3, CT5, CT8, CT10, CT12
Titorías // Básicas: Todas de CB1, CB2, CB3 CB4 Y CB5 Xerais: CG1, CG2, CG4, Y CG10 Específicas (todas): CTECC3, CTECC4 Y CTECC6 Transversais: CT1, CT2, CT3, CT5, CT10,
Traballo de curso // Básicas: Todas de CB1, CB2, CB3 CB4 Y CB5 Xerais: CG1, CG2, CG4, Y CG10 Específicas (todas): CTECC3, CTECC4 Y CTECC6 Transversais: CT1, CT2, CT3, CT5, CT8, CT10, CT12
A avaliación da materia realizarase mediante as seguintes actividades:
1) Asistencia e participación nas sesións presenciais. Contrólase a asistencia a clase pasando folla de firmas. A ponderación deste aspecto na cualificación final é do 10%.
2) Realización do traballo de curso. Propoñerase un traballo que poderá ser individual ou en grupo. A ponderación deste aspecto será dun 20%.
3) Proba final, consistente nunha parte de teórica (3 puntos) e outra práctica (7 puntos) A ponderación deste aspecto será dun 70%.
REQUISITOS PARA APROBAR A MATERIA
1) Obter unha cualificación mínima de APTO no traballo de curso.
2) Obter unha cualificación mínima de 5 na proba final (teoría + práctica) cun mínimo de 1,5 puntos na parte teórica.
Para superar a materia a cualificación final debe ser maior ou igual a 5.
Nota final: Proba escrita x 0,70 + Traballo x 0.20 + 0,10 x Asistencia
CONVOCATORIA ORDINARIA
Aqueles alumnos que non superasen algún dos aspectos de avaliación terán a seguinte cualificación final en función do aspecto non superado:
1) Traballo: NON PRESENTADO
2) Proba final: CUALIFICACIÓN OBTIDA NO PROBA
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
Os alumnos que superasen a asistencia, o traballo e a parte teórica do exame durante a oportunidade ordinaria de avaliación (Xaneiro), conservaráselles a nota ata a oportunidade extraordinaria de avaliación (Xullo).
CONVOCATORIA EN CASO DE REPETIDORES
Os alumnos sen a totalidade de asistencia anterior realizada en curso, seguirán o mesmo sistema de avaliación que se se tratase de non repetidores.
No caso de repetidores coa asistencia superada e o traballo de curso superado, poderán presentarse directamente ao exame final ordinario e/ou de xullo, en cuxo caso deberán obter polo menos 5 puntos para aprobar a materia.
Os estudantes que teñan concedida dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas segundo o disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral, deben ter en conta que para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas, tanto de laboratorio como de campo, sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente. O 10% do peso que a asistencia ten na avaliación, recaería sobre o traballo.
Nos supostos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión da cualificación.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS
Asistencia á materia e participación dos alumnos nas clases presenciais:
Básicas: CB1 a CB5
Xenerais: CG1, CG2, CG4 e CG10
Específicas: CECC4 e CECC6
Transversais: CT1, CT2, CT3, CT5, CT8, CT10 e CT12
Realización do traballo de curso.
Básicas: CB1 a CB5
Xenerais: CG1, CG2, CG4
Específicas: CECC4 e CECC6
Transversais: CT1, CT2, CT3, CT5, CT8, CT10 e CT12
Exame final, consistente nunha proba obxectiva sobre a totalidade dos contidos da materia.
Básicas: CB1 a CB5
Xenerais: CG1, CG2, CG4
Específicas: CECC3, CECC4 e CECC6
Transversais: CT1, CT2, e CT12
Os estudantes que teñan concedida dispensa de asistencia a algunha de las actividades docentes programadas en base o disposto en la Instrución 1/2017 de la Secretaría Xeneral, deben ter en conta que para aprobar esta materia es obrigatoria la asistencia a las actividades prácticas, tanto de laboratorio como de campo, sinaladas en el horario de clases y programadas en la Guía docente. El 10% del peso que la asistencia teñen na avaliación, recaería sobre o traballo.
ACTIVIDADES FORMATIVAS EN HORAS:
Traballo presencial en el aula:
• Clases teóricas: 24 horas
• Seminarios interactivos: 12 horas
• Traballos prácticos: 12 horas
• Titorías en grupo 3 horas
• Proba 4 horas
Total: 55 horas
Traballo persoal del alumnado:
• Lectura y preparación de temas: 36 horas
• Realización de exercicios: 12 horas
• Elaboración de traballos de curso: 24 horas
• Preparación de probas de avaliación 23 horas
• Total: 95 horas
Asistencia y participación activa as sesións expositivas e interactivas.
Estudio diario de la materia.
Asistencia a las titorías para el seguimento y resolución de dubidas da materia.
Realizar el traballo de curso con orde, rigor técnico e tenacidade.
Consultar la bibliografía especializada.
Gabriel Garcia Garrido
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría da Construción
- Correo electrónico
- gabriel.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
18:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 (Aulario 4) |
17.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 (Aulario 4) |