Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo desta materia é que o alumno identifique as variables de árbore ou de rodal necesarias para poder calcular con precisión volumes de madeira, pesos de biomasa e contidos de carbono; que coñeza as metodoloxías de medición desas variables en campo e os procesos de estimación daquelas variables que non se poden medir directamente; que coñeza os métodos de mostraxe axeitados para facer estimacións de variables de interese cun erro determinado e que coñeza os procesos de certificación forestal.
Os contidos da materia recollidos na memoria da titulación son os seguintes: Introdución ás medicións forestais; Medición da árbore individual; Medición da masa forestal; Crecemento e produción; Inventario forestal: conteo pé a pé e inventarios por mostraxe; Produtividade forestal; Modelos de crecemento e produción forestal e Conceptos básicos de certificación forestal. Estes contidos desenvólvense segundo o seguinte programa:
Programa de teoría:
Bloque 1: Introdución ás medicións forestais. (2 horas)
Tema 1. Introdución á Dasometría
Tema 2. Unidades de medida e erros
Bloque II: Medición da árbore individual (Dendrometría) (8 horas)
Tema 3. Composición morfolóxica da árbore e principais variables a medir
Tema 4. Medición de diámetros
Tema 5. Medición de alturas
Tema 6. Estudo da forma
Tema 7. Estimación do volume da árbore
Tema 8. Outras características dendrométricas: codia e tamaño de copa
Tema 9. Cubicación de madeira amoreada e leñas
Bloque III: Medición da masa forestal (Dasometría) (7 horas)
Tema 10. Estrutura da masa forestal: conceptos básicos
Tema 11. Parámetros característicos da masa forestal: diámetros e alturas
Tema 12. Densidade, espesura da masa e competencia
Tema 13. Cubicación da masa forestal: árbores tipo e valores modulares
Tema 14. Cubicación da masa forestal: tarifas de cubicación de árbore e funcións de perfil
Tema 15. Cubicación da masa forestal: tarifas de cubicación de rodal e estimación de biomasa
Bloque IV: Estudo do crecemento e a producción (4 horas)
Tema 16. Estudo do desenvolvemento e crecemento da árbore
Tema 17. Crecemento e produción da masa forestal
Tema 18. Calidade de estación
Bloque V: Inventario Forestal (9 horas)
Tema 19. Conceptos básicos
Tema 20. Inventario forestal por conteo pé a pé
Tema 21. Conceptos estatísticos de inventario
Tema 22. Deseños de mostraxe con probabilidade fixa e variable
Tema 23. Determinación da magnitude da mostra
Tema 24. Características e disposición das unidades de mostraxe
Tema 25. Organización dos traballos de campo
Tema 26. Estimación de existencias e crecementos
Bloque VI: Certificación Forestal (2 horas)
Tema 27: Conceptos básicos de certificación forestal
Tema 28: A cadea de custodia
Programa de prácticas:
Prácticas de campo: (8 horas) Obrigatorias
PR1. Aparatos de medición de diámetro, altura, espesor de codia, idade e crecemento diametral
PR2. Instalación de parcelas en campo e toma de datos
PR3. Inventario por mostraxe sistemática
Prácticas de laboratorio: ( 8 horas) Obrigatorias
PR1. Axuste de tarifas de cubicación de dúas entradas
PR2. Cubicación dunha rodal mediante tarifas de cubicación dunha entrada
PR3. Ferramentas selvícolas para a xestión forestal sostible en Galicia
PR4. Procesado de datos de inventario
Bibliografía básica
Diéguez-Aranda, U.; Barrio Anta, M.; Castedo Dorado, F.; Ruiz González, A.D.; Álvarez Taboada, M.F.; Álvarez González, J.G.; Rojo Alboreca, A. 2003. Dendrometría. Fundación Conde del Valle de Salazar, Mundi-Prensa, Madrid. (ref. BUSC Intercentros: CASI 692, CASI 825, CASI 826).
Laar, A.v.; Akça, A. 1997. Forest mensuration. Cuvillier, Göttingen (ref. BUSC Intercentros: CASI 483).
Philip, M.S. 1994. Measuring trees and forests. 2nd ed. CAB International, Wallingford (ref. BUSC Intercentros: CASI 297).
Bibliografía complementaria
Avery, T.E.; Burkhart, H.E. 2002. Forest measurements. 5th ed. McGraw-Hill, New York (ref. BUSC Intercentros: CASI 703).
Díaz, M. 1980. Técnicas de muestreo forestal. Fundación Conde del Valle de Salazar. Escuela Técnica Superior de Ingenieros de Montes, Madrid.
Diéguez-Aranda, U.; Castedo Dorado, F.; Barrio Anta, M.; Álvarez González, J.G.; Rojo Alboreca, A.; Ruiz González, A.D. 2005. Prácticas de Dasometría. UNICOPIA, Lugo.
Loetsch, F.; Haller, K. E. 1973. Forest inventory, vol. I. (2nd ed.). BLV Verlagsgesellschaft, München.
Loetsch, F.; Zöhrer, F.; Haller, K. E. 1973. Forest inventory, vol. II. BLV Verlagsgesellschaft, München.
Pita Carpenter, P.A. 1973. El Inventario en la Ordenación de Montes. Ministerio de Agricultura, Instituto Nacional de Investigaciones Agrarias, Madrid (ref. BUSC Farmacia: v A 98).
Rondeux, J. 1993. La mesure des arbres et des peuplements forestiers. Les Presses Agronomiques, Gembloux (ref. BUSC Intercentros: CASI 191) (Traducido al castellano por Arturo Díaz de Barrionuevo en 2010 bajo el título "Medición de árboles y masas forestales" y editado por Mundi-Prensa, Madrid).
Esta materia contribuirá ao desenvolvemento ou mellora das seguintes competencias que figuran na memoria do título:
Competencias básicas e xerais
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CG6 - Capacidade para medir, inventariar e avaliar os recursos forestais, aplicar e desenvolver as técnicas selvícolas e de manexo de todo tipo de sistemas forestais, parques e áreas recreativas, así como as técnicas de aproveitamento de produtos forestais madeirables e non madeirables
CG10 - Capacidade para aplicar as técnicas de ordenación forestal e planificación do territorio, así como os criterios e indicadores da xestión forestal sostible no marco dos procedementos de certificación forestal.
Competencias transversais
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas
CECF12 - Dasometría e Inventariación forestal.
CECF14 - Certificación Forestal.
Docencia presencial
Céntrase na adquisición dos conceptos esenciais de forma gradual e con avaliacións continuadas, co propósito de coñecer o avance dos alumnos e detectar posibles deficiencias no proceso da aprendizaxe que deban ser corrixidas. (CB3, CG6, CG10, CT12, CECF12 y CECF14)
Empregarase a aula virtual da materia como ferramenta complementaria á docencia presencial e como vía de comunicación entre todos os implicados (profesor e alumnos). Mediante esta ferramenta entregásense os traballos da materia e tamén servirá para que o alumno realice unha serie de tarefas de seguimento para avaliar os seus coñecementos.
Clases nunha aula de informática. Nelas faranse exercicios que ilustren a teoría e permitan aos alumnos aprender a utilizar as técnicas e conceptos estudados na teoría. (CB3, CG6, CG10, CT3, CT12, CECF12 y CECF14)
Titorías persoais. Os alumnos poderán discutir cos profesores as dificultades ou cuestións que xurdan no traballo de clase, durante a realización de exercicios ou na elaboración dos casos prácticos propostos.
Traballo persoal do alumno
Resolución de exercicios e problemas semellantes aos da clase para que ou alumnado poida traballar fóra da aula para fortalecer os seus coñecementos e descubrir as súas dificultades coa materia. (CB3, CG6, CG10, CT3, CT5, CT12, CECF12 y CECF14)
Casos prácticos de desenvolvemento de modelos e análise de datos. O profesor subministrará datos reais obtidos en diversos estudos do ámbito forestal para que ou alumnado os analice de forma autónoma empregando as técnicas estatísticas e as metodoloxías aprendidas na materia. Os estudantes redactarán un informe no que se explique o traballo realizado, se expoñan os resultados e se discutan as súas conclusións. Este informe servirá para a avaliación das diferentes partes da materia, (CB3, CG6, CG10, CT3, CT5, CT9, CT11, CT12, CECF12 y CECF14)
Realizarase unha avaliación continua
Probas escritas (70%): CG6, CG10, CECF12, CECF14.
Realización de prácticas e traballos presentados (30%): CB3, CG6, CG10, CECF12, CECF14.
As competencias transversais trabállanse durante todo o curso pero non se avalían.
As probas escritas empregaranse para avaliar o coalicerce e dominio das metodoloxías descritas en teoría, mentres que nas prácticas e os seus correspondentes traballos a presentar o alumno empregará todos os coñecementos adquiridos para resolver casos prácticos proposto polo profesor sobre datos reais.
Os criterios de avaliación serán os mesmos para todos os alumnos, novos e repetidores, tanto na oportunidade ordinaria coma na extraordinaria. A realización das actividades propostas é obrigatoria para a superación da materia.
En caso de dispensa de asistencia o alumno deberá realizar as prácticas obrigatorias e entregar os traballos correspondentes.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións" (artigo 16 da Resolución de 15/06/2011 da USC, DOG de 21/07/2011).
Cada hora de traballo presencial co profesor debería ser correspondido con outras dúas horas de traballo do alumno. É moi importante realizar os exercicios propostos porque son os que permiten afianzar os conceptos explicados na clase e descubrir dificultades insospeitadas no seu emprego.
Para un correcto seguimento da materia é necesario ter coñecementos básicos de matemáticas (trigonometría, cálculo diferencial e integral) e estatística (regresión lineal), polo que é recomendable ter cursado previamente as materias de Matemáticas I e II e Estatística.
Tamén é recomendable estar familiarizado co emprego do software de estatística R, aínda que non é necesario ter coñecementos previos de programación.
Juan Gabriel Alvarez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- juangabriel.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ana Daria Ruiz Gonzalez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- anadaria.ruiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 (Aulario 1) |
Xoves | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 (Aulario 1) |
08.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 (Aulario 3) |
24.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 (Aulario 3) |