Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Procúrase que o Enxeñeiro Forestal e do Medio Natural acade o grao suficiente no coñecemento da hidráulica que lle permita abordar o deseño e o cálculo das diferentes instalacións destinadas á captación, almacenamento e distribución de auga en conducións en carga.
Os contidos da materia que especifica a memoria do título son:
• Cálculo de empuxes
• Características xeométricas e mecánicas de tubaxes
• Perdas de carga
• Cálculo de sistemas simples e complexos de tubaxes
• Instalacións de bombeo
• Fluxo variable en conducións a presión
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario:
1. Introdución. Propiedades dos fluídos (1 h) (DNP: 1 h)
2. Ecuacións Fundamentais da Hidrostática. Empuxes sobre superficies somerxidas (2 h) (DNP: 4 h)
3. Cinemática de fluídos. (1 h) (DNP: 2 h)
4. Dinámica de fluídos. Ecuación xeral das perdas de carga. Tubaxes: Características (2 h) (DNP: 3 h)
5. Perdas de carga continuas e singulares (2 h) (DNP: 2 h)
6. Tubarías con distribución discreta e continua (1 h) (DNP: 2 h)
7. Cálculo de sistemas simples e complexos de instalacións (3 h) (DNP: 2 h)
8. Fluxo variable en conducións a presión (1 h) (DNP: 2 h)
9. Bombas hidráulicas (3 h) (DNP: 3 h)
10. Asociacións de bombas hidráulicas (1 h) (DNP: 2 h)
11. Cavitación en bombas. NPSH (1 h) (DNP: 2 h)
Estes contidos serán desenvoltos de acordo coa previsión de tempos indicada (que se adaptará consonte aos requirimentos docentes)
Contidos prácticos
Práctica 1. Tubaxes. Asociación tubaxes (HP=2h) (HNP=2h)
Práctica 2. Determinación da ecuación de descarga de emisores (HP= 1h) (HNP=1.5h)
Práctica 3. Determinación e cálculo da curva motriz de distintas bombas centrífugas (HNP=1h) (HNP= 1.5h)
Práctica 4. Determinación de puntos de funcionamento con asociacións de bombas en serie e paralelo (HP=2h) (HNP=2.5h)
Nota: HP horas presenciais e HNP horas non presenciais
Bibliografía básica:
• Arviza, J., Balbastre, I. Altozano P. 2002. Ingeniería Rural: Hidráulica. Ed. U. Politécnica de Valencia.
• Çengel, Y. A.; Cimbala, J. M. (2017) Fluid Mechanics: Fundamentals and Applications Editorial MacGraw Hill. ISBN 10: 1259696537 ISBN 13: 9781259696534. https://imtk.ui.ac.id/wp-content/uploads/2014/02/Fluid-Mechanics-Cengel…
• Giles, R.; Evett, J.; Liu, L., 1994: “Mecánica de los fluidos e Hidráulica”. Editorial MacGraw Hill.
• Mataix, C. 1996: "Mecánica de fluidos y turbomáquinas hidráulicas". Ediciones del castillo.
• Puertas agudo, J.; Pena Mosquera, L. et al. 2016. “apuntes de Ingeniería Hidrúalica”Fundación Ingeniería Civil de Galicia.
• Sánchez-Juny, M.; Bladé, E.; Puertas, J. 2007: "Hidráulica". Universidade da Coruña.
Bibliografía complementaria:
• Agüera, J., 1996: “Mecánica de fluidos incompresibles y turbomáquinas hidráulicas. Problemas resueltos”. Editorial Ciencia 3.
• Agüera, J., 1996: “Mecánica de fluidos incompresibles y turbomáquinas hidráulicas". Editorial Ciencia 3.
• Bansal, R.K. (2010) A Textbook of Fluid Mechanics and Hydraulic Machines de Bansal, R. K. Lasmi publications. India - ISBN 10: 8131808157 - ISBN 13: 9788131808153 https://drive.google.com/file/d/1L61cWCpnmb2KTjOAYktCxKTTvBOW7uWO/view
• Bonillo, J.J.; Puertas, J. 2001. Problemas de Hidráulica. Escuela Técnica Superior de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos, Universidad de A Coruña, A Coruña.
• Franzini, J.B. y Finnemore, E.J. 1999 “Mecánica de los fluidos con aplicaciones en la ingeniería”. Ed. Mac Graw-Hill
• Lázaro López Andrés. 1997 “Manual de hidráulica” Servicio de publicaciones de la Universidad de Alicante.
• White, F.M. 208. “Mecánica de los fluidos”. Ed. Mac Graw-Hill.
Como competencias básicas e xerais:
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG9 - Coñecementos de hidráulica, construción, electrificación, camiños forestais, maquinaria e mecanización necesarios tanto para a xestión dos sistemas forestais como para a súa conservación.
CG13 - Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans, así como para redactar informes técnicos, memorias de recoñecemento, valoracións, peritaxes e taxacións.
CG14 - Capacidade para entender, interpretar e adoptar os avances científicos no campo forestal, para desenvolver e transferir tecnoloxía e para traballar nun entorno multilingüe e multidisciplinar.
Competencias transversais:
CT1 - Capacidade de análises e sínteses.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Como Competencias específicas:
CECF7 - Hidráulica Forestal.
A ensinanza da materia se distribuirá da seguinte forma:
Leccións maxistrais participativas. Seminarios e conferencias. Clases expositivas nas que se desenvolverán os conceptos teóricos necesarios para a comprensión da materia: 18 horas.
Competencias: CB1, CG9, CG13, CG14, CT1, CECF7
Aprendizaxe baseada na resolución de casos prácticos e en proxectos. Actividades en seminarios (grupos reducidos). Estas clases teñen como finalidade a resolución de problemas prácticos e a ampliación de conceptos teóricos: 12 horas.
Competencias implicadas: CB1,CG13, CT12, CECF7
Prácticas de laboratorio ou campo. Prácticas de aula informática. As prácticas (grupos reducidos) desenvolveranse no laboratorio e nas aulas de informática: 6 horas.
Competencias: CT1, CT2, CT6, CT12 y CECF7
Titorías en pequenos grupos (grupos moi reducidos) cada un dos grupos dispón de dúas horas destinadas á clarificación das dúbidas que podan existir nos diferentes temas tratados na materia.
Competencias: CT1, CT2, CECF7
Así mesmo os alumnos dispoñen da posibilidade de acudir a titorías individuais sempre que o crean oportuno e no horario que o profesorado ten destinado para elo.
A asistencia a clases expositivas, seminarios, prácticas e titorías en pequenos grupos será obrigatoria.
Realizarase unha proba escrita, con contidos prácticos e teóricos, ao finalizar a materia e nas datas oficiais. A parte da proba escrita representará o 70% da nota final, sendo necesario na mesma, un mínimo de 3,5 puntos sobre 10 para poder aprobar.
A materia deberá cursarse ao 100% cada curso académico. Non se conservarán partes aprobadas en ningún curso anteriora
Propoñeranse, para a súa resolución e entrega por parte do alumnado, diferentes exercicios prácticos enfocados ao deseño e cálculo de sistemas de transporte e almacenamento de auga que contemplen diferentes condicións de partida e destino.
A realización de prácticas e entrega da memoria individual correspondente suporá o 30% da nota final.
Tanto os exercicios propostos, realización de prácticas e entrega da memoria das mesmas, servirán para a avaliación, que será complementada coa realización da proba escrita.
Non se establecen diferentes criterios para as probas extraordinarias de recuperación, así como para os estudantes repetidores (RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2011 pola que se publica a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 - DOG 21 xullo 2011).
Os estudantes que teñan dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas por mor do traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas e probas parciais que están sinaladas no horario ou que sexan fixadas na clase. Comunicarase a súa celebración e acordarase, en caso de ser necesario, un horario para a realización das mesmas cos afectados. Tamén se esixirá a entrega dos exercicios prácticos propostos.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación da materia implicará a cualificación de suspenso (ca cualificación de 0 nesa convocatoria) na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra el alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados u obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación, e sen citas aos autores das fontes. Para estes casos será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
A avaliación das competencias realízase segundo se indica:
Proba escrita: CB1, CG9, CECF7
Exercicios e probas parciais:CB1, CG9, CECF7
Prácticas: CG9, CG13, CG14, CECF7
As competencias transversais traballaranse durante o curso, aínda que non serán avaliadas.
Actividades presenciais:
Clases expositivas: 18 horas
Prácticas (seminarios, laboratorios e aulas de informática): 18 horas
Titorías en pequenos grupos (grupos muy reducidos): 2 horas
Examen: 3
Traballo persoal (non presencial)
Lectura e preparación de temas 32 horas.
Elaboración de traballos de curso 20 horas (inclúe a realización de exercicios para entregar, traballos e redacción de memoria de prácticas)
Preparación de probas de avaliación 19.5 horas.
Total 112.5 horas
Recoméndase a asistencia participativa e activa ás clases e o estudo continuado e paralelo á impartición da materia.
Xan Xosé Neira Seijo
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- xan.neira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 (Aulario 1) |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 (Aulario 1) |