Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Enúnciase como obxectivo xeral da materia de Pascicultura e Sistemas Agroforestais conseguir que o alumnado, ao remate dos seus estudos, sexa capaz de propor unha xestión adecuada de aproveitamento gandeiro de pastizais e de sotobosque despois de describir, analizar e interpretar a realidade na que se integran.
O bo manexo dos montes para a produción de pastos pódese considerar como unha das actividades máis ligadas ao seu uso tradicional. O enxeñeiro forestal debe saber cómo implementar as accións de manexo baseándose nun profundo coñecemento do medio e das técnicas axeitadas para que o monte poida cumprir as funcións económica, ecolóxica e social que lle son asignadas.
No contexto da Pascicultura e Sistemas Agroforestais utilizanse coñecementos doutras disciplinas básicas como medio condutor para unha xestión axeitada do monte que inclúen prácticas que han ser desenvolvidas de forma eficiente e no momento adecuado, co fin de acadar os obxectivos produtivos, ecolóxicos e sociais que se persiguen.
No caso da Pascicultura e Sistemas Agroforestais, a sociedade demandará que os profesionais titulados Enxeñeiros Forestais e do Medio Natural posúan habilidades, destreza e coñecementos suficientes para manexar de forma sostible o monte en canto á implantación, aproveitamento e mellora de pastos, e o establecemento de sistemas silvopastorais e agroforestais.
Na estruturación da materia tiveronse en conta os seguintes criterios: subordinación á finalidade profesionalizadora, insistencia no desenvolvemento de técnicas e nos contidos conceptuais e fidelidade ao principio construtivista de lograr unha aprendizaxe significativa e estruturada.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Pasteiros naturais. Especies pratenses e colonizadoras de pradarías. Implantación de pradarías artificiais. Coidados culturais en pradarías. Aproveitamento de pradarías. Conservación de forraxes. Tipoloxía de sistemas agroforestais. Sistemas silvopastorais. Aspectos ecolóxicos dos sistemas agroforestales.
Os cales se desenvolven no seguinte programa:
Programa teórico: 24 h (presenciais)
1. Introdución á Pascicultura. A pascicultura no ámbito forestal 1h
Fertilización de pastos
2. Emendas 1h
3. Fertilización e fertilizantes 1h
4. Fertilización nitroxenada e fosfórica 2 h
5. Fertilizantes orgánicos 2h
Sistemas de producción gandeira:
6. Sistemas agroforestais 1h
7. Sistemas silvopastorais 1h
8. Pastoreo continuo e rotacional 1h
Xestión de pastos:
9. Preparación do terreo para implantar pradeiras 1h
10. A Sementeira de pradeiras 1h
11 As mesturas de leguminosas e gramíneas pratenses para sega e pastoreo 4h
12. Aproveitamento e xestión dos pastos leñosos 4 h
13. A conservación de forraxes 2 h
14. Métodos de control da competencia (tolerancia das plantas ao pastoreo) 2 h
Programa práctico: 12 h (presenciais)
1.- Fertilización de pradeiras, influencia na produción (2h)
2.- Realización de viaxe de campo a explotacións agroforestais (4h)
3.- Realización de test de xerminación de especies pratenses (2 h)
4.- Resolución de casos prácticos de dosis de sementeira nas pradeiras (2h)
5.- Identificación botánica de gramíneas e leguminosas (2 h)
TRABALLO PERSONAL DOS ESTUDANTES (72,5 horas, non presenciais):
Estudo (42,5 horas)
Elaboración de informes e exercicios de prácticas (30 horas)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
González-Hernández, M.P., Rozados Lorenzo, M.J. 2007. Pasture production and tree growth in agroforestry systems of northwest Spain. Pp 361-376. In: Ecological basis of agroforestry. Daizy Rani Batish , Harminder Pal Singh, Shibu Jose, Ravinder Kumar Kohli (Editors).400pp.,CRC Press, USA.
Mosquera, A., 1992. Transformación de terrenos de monte gallegos a praderas permanentes. Dosis óptimas de cal para su implantación y mantenimiento. En “100 años de Investigación Agraria”. Ed. Consellería de Agricultura. Xunta de Galicia.
Mosquera, M.R., González, A., Rigueiro A., 1999. Producción y manejo de praderas. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.
Mosquera, M.R., Rigueiro, A., Romero, R., Piñeiro, J., González, P., López, M.L., 2000. Plantas de los prados del Noroeste de España. Universidade de Santiago de Compostela.
Muslera, E., Ratera, C., 1991. Praderas y Forrajes. Mundi Prensa. Madrid.
Rigueiro, A., 2000. Sistemas silvopastorales en la Iberia Atlántica. Actas de la Reunión Ibérica de Pastos y Forrajes, 3:649-657.
Rigueiro, A., Silva-Pando, J., Rodríguez, J., Castillón, P., Alvarez, P., Mosquera, M.R., Romero, R., González, M.P., 1998. Manual de sistemas silvopastorales. Universidad de Santiago de Compostela.
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
Rigueiro-Rodríguez A, McAdam J, Mosquera-Losada MR (2009) Agroforestry in Europe. Advaces in Agroforestry. Kluwer.
Mª Rosa Mosquera Losada; Antonio Rigueiro Rodrguez y Juan Luis Fernández Lorenzo (2009) Agroforestry systems as a technique for sustainable land management. Unicopia.
Gerardo Moreno, Rosa Mosquera-Losada, Joao Palma, Anastasia Pantera,Pierluigi Paris, Andrea Pisanelli, Tobias Plieninger... (2016). 3rd European Agroforestry Conference Celebrating 20 years of Agroforestry research in Europe. EUROPEAN AGROFORESTRY FEDERATION
Nuria Ferreiro-Domínguez; María Rosa Mosquera-Losada (2018): Proceedings of the 4th European Agroforestry Conference Agroforestry as Sustainable Land. European Agroforestry Federation and the University of Santiago de Compostela in Lugo
María Rosa Mosquera Losada, Antonio Rigueiro Rodríguez y Nuria Ferreiro Domínguez (2019) Los sistemas agroforestales como solución al cambio climático. Remedia
Maria Rosa Mosquera.Losada, Ravi Prabhu, 2019. Agroforestry for sustainable agriculture. Burleigh Dodds Series in Agricultural Science.
Rigueiro-Rodríguez, A.; Fernández-Núñez, E.; González-Hernández, M.P.; McAdam, J.H.; Mosquera-Losada, M.R.
2009. Agroforestry systems in Europe: Productive, Ecological and Social perspectives. Pp: 43-66. In:
Agroforestry in Europe. Current status and future prospects. Rigueiro-Rodríguez, A.; McAdam, J.H.; Mosquera-Losada, M.R. (Eds.). Advances in agroforestry, vol. 6. Springer.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
García, L., Fernádez, C. 1991. Fundamentos sobre las malas hierbas y herbicidas. Mundi-Prensa. Madrid.
González Hernández, M.P.& Silva-Pando, F.J. 1999. Nutritional attributes of understory plants known as components of deer diets. J. Range Management 52 (2): 132-138.
González-Hernández, M.P.; Starkey, E.E.; Karchesy, J. 2003. Research observation: Hydrolyzable and Condensed Tannins in Plants of northwest Spain forests. Journal of Range Management, 56 (5): 461-465.
Sineiro, F., 1978. Establecimiento del pasto por los métodos de mínimo laboreo y no laboreo tras corta o quema del matorral. Centro de Investigaciones Agrarias de Mabegondo.
Rigueiro-Rodríguez, A.; Fernández-Núñez, E.; González-Hernández,
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría forestal en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas:
CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias xerais
CX3 Coñecemento dos procesos de degradación que afecten aos sistemas e recursos forestais (contaminación, pragas e enfermidades, incendios, etc.) e capacidade para o uso das técnicas de protección do medio forestal, de restauración hidrolóxico forestal e de conservación da biodiversidade.
CX6 Capacidade para medir, inventariar e avaliar os recursos forestais, aplicar e desenvolver as técnicas selvícolas e de manexo de todo tipo de sistemas forestais, parques e áreas recreativas, así como as técnicas de aproveitamento de produtos forestais madeirables e non madeirables.
CX14 Capacidade para entender, interpretar e adoptar os avances científicos no campo forestal, para desenvolver e transferir tecnoloxía e para traballar nun ámbito multilingüe e multidisciplinar.
Competencias transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7- Capacidade para realizar una exposición en público de forma clara, concisa y coherente.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas:
CETEEF1 Competencia específica de Explotacións Forestais: Pascicultura e Sistemas Agroforestais.
A materia impartirase con axuste á memoria do título en relación á docencia presencial (expositiva, interactiva e de titorías en grupo) e non presencial. A asistencia ás actividades académicas será presencial e obrigatoria.
A docencia expositiva realizarase basicamente a través de leccións maxistrais nas que se fomentará a participación. Utilizarase a pizarra e medios audiovisuais (presentacións en powerpoint, vídeos...).
A docencia interactiva desenvolverase no laboratorio e finca de prácticas, estando prevista unha viaxe de prácticas a explotacións forestais que integren o pastoreo como forma de xestión. En canto á metodoloxía da docencia interactiva, esta basearase na identificación de especies pratenses con claves, resolución de problemas, elaboración e presentación de traballos de curso e aprendizaxe baseada na resolución de casos prácticos. Fomentarase o traballo en grupo, incluíndo sesións de discusión activa. Recoméndase ao alumno asistir ás titorías dos profesores, cos que se poderá contactar tamén a través do correo electrónico e da plataforma virtual. É obrigatorio que os alumnos presenten a través da plataforma virtual os informes de prácticas e os traballos nas datas que sexan establecidas polos docentes.
As actividades académicas descritas permitirán traballar diferentes competencias establecidas para esta materia, seguindo o seguinte esquema:
Asistencia e participación nas clases de teoría (docencia expositiva) (CB2, CB3, CB4, CX3, CX6, CT1, CT2, CT5, CT10, CT12, CETEEF1)
Asistencia e participación ás clases de prácticas de laboratorio e de campo (docencia interactiva) (CB2, CB3, CB4, CX3, CX6, CT1, CT2, CT5, CT10, CT12, CETEEF1)
Informes, exercicios, traballos de prácticas (CB2, CX3, CX6, CX14, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12, CETEEF1)
Titorías en grupos muy reducidos (CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CT2, CT3, CT5, CT7, CETEECF1)
Titorías individuales (CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CT2, CT3, CT5, CT7, CETEECF1)
Avaliación (CB2, CX3, CX6, CT1, CT2, CT3, CT10, CETEEF1)
A avaliación dos coñecementos farase de forma continua a traveso da realización de exames escritos sobre os contidos teóricos, a redacción de informes sobre os contidos das prácticas de laboratorio e as viaxes de prácticas, e a realización dun exame de identificación de “visu” de mostras das principais especies pratenses galegas. A superación da materia acadarase sempre e cando se teñan superadas todas e cada un das probas de avaliación establecidas para cada unha das modalidades docentes (exames escritos sobre os contido teóricos, exame de “visu”, redacción de informes de prácticas de laboratorio e viaxes de prácticas).
Os contidos teóricos poderán superarse a traveso de exames parciais ao longo do curso. Para superar a parte teórica da materia mediante as probas parciais será necesario superar as correspondentes a cada parte, gardándose a nota acadada nas probas superadas para as convocatorias oficiais de primeira e segunda oportunidade, así como para a convocatoria Fin de Carreira do curso seguinte. Poderanse compensar as cualificacións de partes da materia que non acadaran a nota de 5,0, sempre e cando superaran a de 4,5, se a media aritmética das partes e igual ou superior a 5,0.
Os alumnos que non superen a parte teórica por exames parciais poderán facelo nas correspondentes convocatorias oficiais (primeira e segunda oportunidade, Fin de Carreira). O exame de identificación de “visu” de especies pratenses realizarase nas datas oficiais de exame.
As prácticas son obrigatorias, polo tanto para aprobar a materia é necesario telas feito e ter entregados e seren avaliados favorablemente os informes, exercicios e traballos que se soliciten, os cales se entregarán a través da plataforma virtual ou en soporte de papel (cando así se solicite) nas datas indicadas polos profesores. Os estudantes que non asistan a algunha práctica por unha causa xustificada ou lles sexa avaliada negativamente para superar a materia terán que realizar un exame de prácticas nas convocatorias oficiais. Se gardarán as partes aprobadas na convocatoria de maio-xuño para a convocatoria de segunda oportunidade e para a convocatoria de Fin de Carreira do curso seguinte. Na cualificación valorarase a asistencia, participación e actitude dos alumnos nas clases teóricas e prácticas. A participación nas clases teóricas e prácticas será avaliada polos profesores sobre a base das preguntas que se realicen nos debates e as respostas que se dean.
Seguidamente recóllense os aspectos que se valoran, a proporción de valoración de cada un e as competencias avaliadas con cada un deles:
Probas escritas (CB2, CX3, CX6, CT1, CT2, CT3, CT10, CETEEF1) 60%
Informes, exercicios, traballos de prácticas (CB2, CX3, CX6, CX14, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12, CETEEF1) 30%
Asistencia e participación nas clases de teoría e prácticas (CB2, CB3, CB4, CX3, CX6, CT1, CT2, CT5, CT10, CT12, CETEEF1) 10%
Outras consideracións:
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios o pruebas será de aplicación o establecido na “Normativa de evaluación del rendimiento académico de los estudiantes y de revisión de las calificaciones”.
No caso dos alumnos con dispensa de asistencia concedida, para aprobar esta materia é obligatoria a asistencia ás actividades interactivas programadas no horario de clases, así como a elaboración dos correspondentes informes, dacordo coa guía docente. Os alumnos deberán de presentarse nas datas establecidas oficialmente de primeira e/ou segunda oportunidade para realizar a proba escrita sobre os contidos de teoría da materia.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS (40 horas):
Clases expositivas: presentación, explicación de temas (24 horas, presenciais)
Prácticas de laboratorio (8 horas, presenciais)
Viaxe de prácticas 4 h (presenciais)
Titorias en grupos reducidos (2 horas, presenciais)
Avaliación (2 horas)
TRABALLO PERSONAL DOS ESTUDANTES (72,5 horas, non presenciais):
Estudo (42,5 horas)
Elaboración de informes e exercicios de prácticas (30 horas)
TOTAL: 112,5 horas
- Asistir e participar nas clases.
- Acudir a titorías a consultar dúbidas en relación cas clases, identificación de especies, etc.
- Levar a materia ao día.
- Consultar a bibliografía recomendada.
- Realizar un herbario fotográfico das especies pratenses de obrigado recoñecemento no exame de “visu”.
- Integrar os conceptos desta materia cos de outras materias afíns (botánica, ecoloxía, edafoloxía...) analizando a súa relación dentro do sector agroforestal.
Outras recomendacións: manexo adecuado das TIC e de diferentes tipos de software (excel, word, power point...). Considérase aconsellable a lectura de traballos científicos e manuais en lingua inglesa. E moi recomendable que o alumnado faga preguntas e que tente resolver as cuestións que se lle propoñan, de forma autónoma inicialmente, e posteriormente pasando á discusión na clase ou nas titorías co profesor.
Calquera dúbida relacionada co desenvolvemento das actividades docentes ou os contidos propios da materia poderá resolverse facendo uso do horario de titorías dos profesores responsables da materia ou a mediante consulta dirixida e eles a traveso do seu correo electrónico.
María Rosa Mosquera Losada
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- mrosa.mosquera.losada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
María Del Pilar González Hernández
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- pilar.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Diego Vazquez Miramontes
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- diegovazquez.miramontes [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC