Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 280.5 Horas de Titorías: 14 Clase Interactiva: 5.5 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores, Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, Linguaxes e Sistemas Informáticos
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O Traballo fin de grado consiste na elaboración por parte do estudante dun traballo persoal onde se apliquen e integren os coñecementos e destrezas desenvolvidos durante os estudos realizados na Titulación, así como a súa capacidade de creatividade e orixinalidade.
O traballo realizado debe ser orixinal e independente, con identidade propia, aínda que pode formar parte dun desenvolvemento máis amplo ou xera
Os contidos dos TFG deberán axustarse a algunha das seguintes categorías:
a) Desenvolvemento dunha idea, prototipo ou modelado teórico dun sistema informático que constitúa unha contribución ás técnicas da informática.
b) Especificación, análise, deseño e implementación dos distintos aspectos relativos a un módulo dun sistema informático ou a un sistema informático completo.
c) Realización de estudos técnicos e/ou socioeconómicos relacionados coas Tecnoloxías da Información.
A bibliografía específica de cada traballo estará especificada nas diferentes propostas de proxectos aprobadas pola Comisión de Traballo Fin de Grao.
As competencias específicas que se desenvolven durante a realización do traballo fin de grado dependen da temática concreta de cada proxecto concreto.
As competencias xerais que se desenvolven durante a realización do traballo fin de grado son: capacidade de análise e síntese, capacidade de organización e planificación, comunicación oral e escrita na lingua nativa, razoamento crítico, coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo, aprendizaxe autónoma, creatividade e resolución de problemas.
O TFG supón a realización por parte de cada estudante e de forma individual ou en grupo dun proxecto, memoria ou estudo orixinal baixo a supervisión dun ou máis titores académicos, no que se integren e desenvolvan os contidos formativos recibidos, capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante os estudos de Grao. Para o desenvolvemento en grupo do Traballo
será preciso que exista unha clara delimitación de tarefas entre os membros do grupo, de xeito que sexa perfectamente avaliable a participación de cada estudante no resultado global. A cualificación, o título do traballo e a memoria entregada será sempre individual para cada estudante.
Todo TFG require un Titor ou Titora que asista ao alumnado. O alumnado deberá contactar ca/o titora/titor da proposta que acorde, co fin de elaborar conxuntamente o documento de acordo. Este acordo deberá ser presentado no curso académico no que se asigna a proposta, e entregado á Secretaría da ETSE empregando os mecanismos que esta estableza. O documento será entregado en formato pdf, con firma dixital ou firma escaneada, con data límite do último día laborable de febreiro para a súa defensa en xullo ou setembro, ou do último día laborable de outubro para a súa defensa en febreiro.
O documento de acordo do TFG incluirá:
a) Datos de identidade (incluíndo sinatura de aceptación).
b) Datos de identidade da Titora ou do Titor do TFG (incluíndo a sinatura de aceptación).
c) Datos de identidade da Cotitora ou do Cotitor do TFG, se procede (incluíndo a sinatura de aceptación).
d) Título do TFG.
e) Obxectivo global e subobxectivos do TFG.
A lista de acordos recibidos publicarase por parte da Secretaría tras as datas límite de entrega dos acordos.
A Xunta de Centro aprobará e publicará os períodos de presentación das memorias de TFG xunto coa convocatoria oficial de exames de cada curso académico. A memoria presentada amosará o Traballo desenvolvido polo alumnado. Como norma xeral, a memoria terá unha extensión, como máximo, de 50 páxinas (sen contar o índice, a bibliografía e os manuais), e incorporará a documentación que se indica no regulamento de TFG.
A avaliación dos TFG admite dúas modalidades: avaliación polo titora ou titor e avaliación por un tribunal. Na solicitude de defensa do TFG a/o estudante poderá elixir entre a defensa pública diante da/o titora/titor e a defensa pública diante un tribunal. A exposición do TFG realizado terá unha duración recomendada de 20 minutos por estudante, e terá carácter de acto público. O Tribunal ou o/a titor/a poderán formular cantas preguntas e cuestións considere convenientes. Por defecto, a avaliación será realizada por un tribunal.
1) Modalidade titor. Nesta modalidade:
- A defensa pública será realizada na correspondente convocatoria publicada polo Centro indicando data, hora e lugar.
- A cualificación máxima que poderá obterse nesta modalidade é de 7,5 puntos sobre 10.
2) Modalidade tribunal: a avaliación por parte dun tribunal debe cumprir os seguintes requisitos:
- Os Tribunais encargados de avaliar os TFG estarán formado por tres membros titulares (presidente ou presidenta, secretaria ou secretario e vogal) e un membro suplente que serán PDI con docencia na Titulación. As persoas que desenvolvan a función de titoría dun TFG non poderán ser membros do Tribunal que o xulgue.
A avaliación será de 0 a 10 puntos e conterá os seguintes aspectos:
a)Calidade do Traballo (CT): 65%.
b) Documentación (D): 20%.
c) Presentación (P): 15%.
A cualificación final outorgada será a dada por a seguinte ponderación: 0,65*CT+0,20*D+0,15*P (indicada cunha cifra decimal).
No caso de avaliación polo Titor ou Titora a cualificación final non poderá superar o 7,5.
O alumnado que, unha vez feita a entrega do traballo e verificadas as condicións para a súa defensa, non se presente á defensa do TFG na data asignada, terá a cualificación de suspenso mesa oportunidade.
O tempo a adicar a esta materia serán 300 horas incluíndo as horas de traballo persoal, titorías presenciais e avaliación.
A Comisión de Traballo Fin de Grao da titulación é a responsable de velar polo correcto desenvolvemento de todos os aspectos relacionados con esta materia.
Recoméndase ao estudante consultar o reglamento do TFG e o seguimento da información que a Comisión de Traballo Fin de Grao faga pública.