Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 20 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo principal deste curso é ofrecer unha visión xeral das principais tecnoloxías e paradigmas asociados á xestión de datos. En concreto, exporanse os principais conceptos relacionados co deseño de bases de datos e a súa implementación mediante o uso de Sistemas de Xestión de Bases de Datos (DBMS). Ao final da materia, o alumnado deberá ser capaz de:
- Deseñar bases de datos utilizando un paradigma de modelado conceptual.
- Coñecer o modelo e a álxebra relacional como base matemática para a representación e xestión de datos.
- Utilizar a linguaxe de consulta SQL para implementar estruturas de datos, actualizalas e consultalas eficazmente de forma declarativa.
- Coñecer os principais modelos de datos e as súas tecnoloxías asociadas, identificando as súas vantaxes e inconvenientes.
Expositivos:
Introdución ás bases de datos.
Modelo e álxebra relacional.
Xestión e consulta de datos con SQL.
Almacéns de datos.
Deseño Relacional
Xestión de transaccións
Seguridade
Implementación de SXBDs
Interactivos:
Deseño conceptual de bases de datos co Modelo Entidade/Relación
Xeración de esquemas relacionais a partir de deseños conceptuais
Programación SQL
Creación de almacéns de datos: Modelado dimensional, ETL e analítica.
Bibliografía Básica
Silberschatz, A., Korth, H.F., Sudarshan, S. "Fundamentos de Bases de Datos", 6ª Edición, McGraw-Hill, 2014. ISBN: 978-84-481-9033-0.
Bibliografía Complementaria
Connolly, T.M. y Begg, C.E., “Sistemas de bases de datos: Un enfoque práctico para diseño, implementación y gestión”, 4ª Edición, Pearson Education S.A., 2005. ISBN: 84-7829-075-3.
Date, C.J., “Introducción a las Sistemas de Bases de Datos”, 7ª Edición, Pearson Education, 2001. ISBN: 968-444-419-2.
Ralph Kimball and Margy Ross. The Data Warehouse Toolkit: The Definitive Guide to Dimensional Modeling (3ª Edición). John Wiley and Sons, 2013 ISBN: 1-118-53080-2
Contribuír á adquisición das competencias recollidas na ficha da materia na memoria do título
(CG2, CG4, CB2, CB5, TR2, TR3, CE8)
En concreto, as competencias que se traballan nesta materia son:
1) Coñecer os fundamentos dos SXBDs
2) Deseñar a nivel conceptual a estrutura dunha base de datos.
3) Transformar deseños conceptuais en estruturas de modelos relacionais.
4) Implementar os deseños usando as instrucións de creación de esquemas SQL.
5) Implementar transaccións de actualización de datos con SQL.
6) Coñecer os problemas e as características das solucións relacionadas coa xestión e a seguridade das transaccións.
7) Coñecer os principais conceptos relacionados cos data warehouses e os data lakes.
8) Ser capaz de decidir cando utilizar diferentes tecnoloxías de xestión de datos.
A metodoloxía que se empregará nesta materia baséase no seguinte conxunto de actividades, que se realizarán de forma presencial e non presencial.
1. Clases expositivas: As clases expositivas traballarán sobre os contidos teóricos da materia. As exposicións e explicacións de contidos por parte do profesorado combinaranse con pequenos exercicios nos que se buscará a interacción entre profesorado e alumnado. Traballaranse as seguintes competencias do título: CG4, CB5, CE8
2. Clases interactivas: Nestas sesións traballaranse os contidos prácticos da materia. O profesorado proporá unha serie de exercicios para resolver individualmente os alumnos na aula. O profesorado será proactivo, promovendo o debate sobre as posibles solucións que aparecen na aula para os principais problemas e resolvendo dúbidas relacionadas con estes. Traballaranse as seguintes competencias do título: CG2, CB2, CB5, CE8
3. Traballo en grupo: O alumnado organizarase en pequenos grupos para resolver un caso de deseño e implementación dunha base de datos para un dominio específico de aplicación. O resultado será presentado mediante un documento que servirá de base para a avaliación. Nesta actividade investirase a maior parte do traballo persoal do alumnado. Traballaranse e avaliaranse todas as competencias que figuran na ficha da materia na memoria do título.
4. Avaliación mediante exames: Os exames realizaranse nas datas oficiais que se determinen no calendario. Estes exames terán preguntas e exercicios relacionados cos contidos teóricos e prácticos da materia. Avaliaranse as seguintes competencias do título: CG2, CG4, CB2, CB5, TR3, CE8.
Período ordinario (primeira oportunidade): A avaliación da materia dividirase en dúas partes.
1.- Proxecto (40%): Realizarase a través da actividade número 3. Valorarase o contido e presentación do documento entregado, e a través del tamén o traballo realizado por cada grupo. A nota será unha nota de grupo.
2.- Exame (60%): Correspondente á actividade 4. O exame dará lugar a unha cualificación individual.
Para aprobar a materia será necesario superar o exame individualmente e ter unha media entre o proxecto e o exame de polo menos 5 puntos sobre 10. Considérase presentado calquera alumno que presente o proxecto ou se presente ao exame.
Período extraordinario (outras oportunidades): A avaliación da materia dividirase en dúas partes.
1.- Proxecto (40%): No caso de non ter superado a avaliación do proxecto na convocatoria ordinaria, o alumnado poderá presentar individualmente un proxecto na convocatoria extraordinaria. A temática deste proxecto individual acordarase co profesorado. No caso de non presentar este proxecto, mantense a cualificación do proxecto da convocatoria ordinaria.
2.- Exame (60%): No caso de non ter superado o exame ordinario, o alumnado poderá realizar un novo exame na data indicada para o período extraordinario.
De novo, para superar a materia será necesario aprobar individualmente o exame e ter unha nota media entre o proxecto e o exame de polo menos 5 puntos sobre 10. Considérase presentado calquera alumno que presente o proxecto ou se presente ao exame.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificacións”.
O alumnado repetidor poderá substituír a avaliación do proxecto grupal por un proxecto individual, sempre que teña superada a avaliación do proxecto grupal nunha convocatoria anterior. En ningún caso se manteñen as cualificacións entre distintos cursos.
O tempo de estudo e traballo persoal do alumnado está estimado na ficha da materia da memoria de titulación.
Clases teóricas: 20 horas presenciais.
Sesións prácticas: 30 horas presenciais.
Titorías individuais: Unha hora presencial.
Traballo persoal: 99 horas non presenciais.
As horas de traballo persoal destinaranse ao estudo da teoría, á revisión e realización de exercicios propostos nas clases interactivas e á realización do proxecto en grupo.
Recoméndase manter unha comunicación fluída co profesorado e unha actitude participativa nas clases. Tamén se recomenda un traballo semanal constante relacionado coas tres actividades: 1) Revisión dos conceptos vistos na teoría, 2) repaso e realización dos exercicios propostos nas prácticas e 3) realización do proxecto grupal.
Recoméndase dispor dun ordenador persoal no que instalar o software necesario para as prácticas e o proxecto.
O idioma vehicular de esta materia será o galego. Todo o material relacionado coa materia será compartido a través da Aula Virtual da USC. Aínda que as titorías, con carácter xeral, se realizarán de xeito presencial, a petición do alumnado pódense realizar titorías específicas de temas concretos de forma telemática a través de Microsoft TEAMS. Recomendase ter cursado antes: Matemática discreta, Introducción aos Computadores, Programación I e Programación II.
Raquel Dosil Lago
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881815507
- Correo electrónico
- raquel.dosil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Jose Ramon Rios Viqueira
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881816463
- Correo electrónico
- jrr.viqueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
17:30-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Galego | IA.14 |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | IA.11 |
17:00-19:30 | Grupo /CLIL_01 | Galego | IA.13 |
Venres | |||
12:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | IA.01 |
15:30-18:00 | Grupo /CLIL_03 | Galego | IA.11 |
09.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.01 |
09.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.01 |
09.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.01 |
09.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.01 |
09.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.11 |
09.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.11 |
09.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.11 |
09.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.11 |
09.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.12 |
09.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.12 |
09.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.12 |
09.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.12 |
20.06.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.11 |
20.06.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.11 |
20.06.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.11 |
20.06.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.11 |