Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 25 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo de esta materia e introducir ao alumnado no conxunto variado de tecnoloxías de almacenamento e consulta de datos dispoñibles para resolver problemas de gran tamaño. Analizaranse os principais retos que aparecen cando é necesario apostar por unha arquitectura distribuída e verase como se resolven de forma práctica con solucións baseadas tanto en tecnoloxías SQL como NoSQL. Ao rematar o curso, o alumnado debería de ser capaz de identificar as principais características de cada tipo de solución para pode seleccionar a tecnoloxía que mais se axeita a cada tipo de problema.
Expositivos
Modelo relacional estendido: Obxectos, documentos, texto completo, datos espaciais e datos temporais.
Bases de datos distribuídas e paralelas.
Bases de datos NoSQL: Modelos de datos, distribución e consistencia.
Interactivos
Xestión de datos agregados con SQL.
Xestión de datos espaciais e temporais con SQL.
Uso de SQL en arquitecturas distribuídas.
Bases de datos NoSQL documentais.
Bases de datos NoSQL de grafos.
Bases de datos NoSQL column family.
Bibliografía Básica
Sadalage, Fowler. NoSQL Distilled: A Brief Guide to the Emerging World of Polyglot Persistence, Addison-Wesley, 2012.
Avi Silberschatz, Henry F. Korth, S. Sudarshan, Database System Concepts, Sixth edition, McGraw-Hill, 2010. ISBN 0-07-352332-1
Bibliografía Complementaria
Redmond, E., Wilson, J. R. Seven Databases in Seven Weeks: A Guide to Modern Databases and the NoSQL Movement, Pragmatic Bookshelf, 2012.
Marz, N., Warren, J. Big Data: Principles and best practices of scalable realtime data systems, Manning Publications, 2015.
Banker K., Bakkum P., Verch S., Garrett D., Hawkins T., MongoDB in Action. Manning Publications Co, 2016
O alumnado
- Coñecerá as principais extensións do modelo relacional que permiten a incorporación de datos de natureza complexa.
- Será capaz de utilizar a linguaxe SQL para consultar datos de distinta natureza.
- Coñecerá os principais retos a resolver na construción de sistemas de bases de datos en arquitecturas distribuídas.
- Coñecerá as principais características que aportan os sistemas de bases de datos NoSQL.
- Será capaz de montar e utilizar distintos tipos de tecnoloxías de bases de datos distribuídas, de tipo SQL e NoSQL.
As competencias da titulación que se traballan son as seguintes (ver memoria do título):
Básicas e xerais: CG2, CG4
Transversais: TR3
Específicas: CE8
A metodoloxía que se empregará nesta materia baséase no seguinte conxunto de actividades, que se realizarán de forma presencial e non presencial.
1.- Clases expositivas: As clases expositivas traballarán sobre os contidos teóricos da materia. As exposicións e explicacións de contidos por parte do profesorado combinaranse con pequenos exercicios nos que se buscará a interacción entre profesorado e alumnado. Traballaranse as seguintes competencias do título: CG4, CE8.
2.- Clases interactivas: Nestas sesións traballaranse os contidos prácticos da materia. O profesorado acompañará ao alumnado na realización de tutoriais e exercicios prácticos relacionados coas tecnoloxías seleccionadas para ilustrar os contidos. Traballaranse as seguintes competencias do título: CG2, CE8.
3.- Traballo en grupo: O alumnado organizado en grupos pequenos fará unha proposta de ámbito de aplicación e definirá e resolverá problemas similares aos propostos nas clases interactivas usando datos do ámbito seleccionado y todos os tipos de tecnoloxías vistos. Traballaranse as seguintes competencias do título: CG2, CG4, TR3, CE8.
4.- Avaliación mediante exames: Os exames realizaranse nas datas oficiais que se determinen no calendario. Estes exames terán preguntas e exercicios relacionados cos contidos teóricos e prácticos da materia. Avaliaranse de forma individual todas as competencias asociadas coa materia: CG2, CG4, TR3, CE8.
Período ordinario:
A avaliación da materia dividirase en dúas partes.
1.- Proxecto (60%): Avaliación do traballo realizado na actividade número 4. Valorarase a cantidade e dificultade do traballo proposto, así como a calidade das solucións implementadas. A nota será unha nota de grupo.
2.- Exame (40%): O exame avaliará tanto contidos de teoría como prácticos. A nota será unha nota individual.
Para superar a materia será necesario alcanzar como mínimo un 40% da puntuación total tanto no proxecto como no exame, alcanzando ademais como mínimo un 5 sobre 10 na media das dúas partes. Considerarase presentado calquera alumno que presente o proxecto ou se presente ao exame.
Período extraordinario:
Para a avaliación extraordinaria realizarase un exame, que terá preguntas e problemas da parte de teoría e da práctica. A nota final calcularase ponderando a nota do proxecto obtida na avaliación ordinaria cun 30% e a nota do exame do período extraordinario cun 70%. Considerarase presentado calquera alumno que se presente ao exame.
O alumnado repetidor poderá substituír a avaliación do proxecto en grupo por un traballo individual de características similares e tamaño adaptado, pero solo no caso de ter superado a avaliación do proxecto en algunha convocatoria anterior. En ningún caso se manteñen cualificacións entre distintos cursos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificacións”.
O tempo de estudo e traballo persoal do alumnado está estimado na ficha da materia da memoria de titulación.
Clases teóricas: 15 horas presenciais.
Sesións prácticas: 25 horas presenciais.
Titorías individuais: Unha hora presencial.
Traballo persoal: 71,5 horas non presenciais.
As horas de traballo persoal destinaranse a preparar a teoría usando o material proporcionado, a completar traballos relacionados coa actividade 2 e a realización do traballo proposto na actividade 3.
Recoméndase manter unha comunicación fluída co profesorado e unha actitude participativa nas clases. Tamén se recomenda un traballo semanal constante relacionado coas tres actividades. Será recomendable dispoñer dun ordenador persoal portátil no que se poida instalar o software utilizado na materia.
O idioma vehicular de esta materia será o galego. Todo o material relacionado coa materia será compartido a través da Aula Virtual da USC. Aínda que as titorías, con carácter xeral, se realizarán de xeito presencial, a petición do alumnado pódense realizar titorías específicas de temas concretos de forma telemática a través de Microsoft TEAMS. Recomendase ter cursado antes: Programación I, Programación II, Ingeniería de Software, Redes, Bases de Datos. Recomendase ter cursado antes: Programación I, Programación II, Ingeniería de Software, Redes, Bases de Datos
Jose Ramon Rios Viqueira
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881816463
- Correo electrónico
- jrr.viqueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Pedro Celard Perez
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Correo electrónico
- pedro.celard [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Galego | IA.01 |
Martes | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | IA.01 |
12:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | IA.01 |
08.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | IA.01 |
08.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.01 |
08.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.01 |
08.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.11 |
08.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | IA.11 |
08.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.11 |
08.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | IA.12 |
08.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.12 |
08.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.12 |
23.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.11 |
23.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.11 |
23.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | IA.11 |