Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 90 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 30 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer os instrumentos de intervención e planificación da paisaxe, en particular un moi xeral e clásico (os Atlas) e outro central na normativa de numerosos territorios (os Catálogos)
- Analizar a estrutura interna, as compoñentes e a organización dos Atlas e Catálogos da Paisaxe.
- Aprender a deseñar instrumentos concretos de planificación e xestión da paisaxe a diferentes escalas.
- Coñecer exemplos aprobados e elaborados de Catálogos e Atlas. As súas fortalezas e insuficiencias.
1.- Os instrumentos máis frecuentes para a xestión da paisaxe: unha escolma de normativas territoriais.
2.- O distinto valor de Atlas e Catálogos: os Atlas como aproximación introdutoria á preservación da paisaxe e os Catálogos como documento completo de intervención.
3.- Os Atlas da Paisaxe: principais características e contidos
4.- Os Catálogos da Paisaxe no contexto dunha nova xeración de documentos de planificación territorial.
5.- A linguaxe común dos Atlas e Catálogos: a selección de imaxes representativas e o emprego de bases cartográficas precisas.
6.- Cómo elaborar un Atlas e un Catálogo da paisaxe a escala comarcal.
- Busquets, J. e Cortina, A. (coords.) (2009): Gestión del paisaje. Manual de protección, gestión y ordenación del paisaje. Barcelona: Ariel.
- Gómez Mendoza et alt. (1999): Atlas de los paisajes de Madrid. Madrid: Alianza Ed. y Caja Madrid.
- González, A. et al (2019). Guía de estudos da paisaxe urbana. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Xunta de Galicia.https://cmatv.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=444733&nam…
- Howard, P.; Thomson, I. e Waterton, E. (2013): The Routledge Companion to Landscape Studies. Abingdon: Routledge.
- Mata, R. e Sanz, C. (Dirs) (2004): Atlas de los Paisajes de España. Madrid: Ministerio de Medio Ambiente.
- Mata, R. e Tarroja, À. (coords.) (2006): El paisaje y la gestión del territorio. Criterios paisajísticos en la ordenación del territorio y el urbanismo. Barcelona: Diputació de Barcelona.
- Molinero Hernando, F. (coord.) (2013). Atlas de los paisajes agrarios de España. Madrid: Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.
- Nogué, J.; Puigbert, L.: Sala, P. e Bretcha, G. (eds.) (2010): Paisatge i participació ciutadana: l’experiència dels catàlegs de paisatge de Catalunya. Olot/Barcelona: Observatori del Paisatge de Catalunya/Generalitat de Catalunya.
- Nogué, J.; Sala, P. e Grau, J. (2016): Los catálogos de paisaje de Catalunya. Metodología. Olot: Observatori del Paisatge/ATLL.
- Observatori del Paitsage de Catalunya (2013): Retos en la Cartografía del Paisaje. Olot: Observatori del Paitsage.
- Prieur, M. et al. (2006): Landscape and Sustainable Development: Challenges of the European Landscape Convention. Strasbourg: Council of Europe.
- Raymond, R., Luginbuhl, Y., Seguin, J.-F., Cedelle, Q., & Grare, H. (2015): Les Atlas de paysages. Méthode pour l’identification, la caractérisation et la qualification des paysages (p. 111) [Informe]. Paris: Ministère de l’Écologie, du Développement durable et de l’Énergie.
- Zoido, F. e Venegas, C. (coords.) (2002): Paisaje y ordenación del territorio. Sevilla/Soria: Junta de Andalucia/Fundación Duques de Soria.
-Capacidade de organización e planificación
-Capacidade de razoamento crítico e autocrítico
-Capacidade de análise e síntese
-Capacidade de xestión da información: recompilación sistemática, organización, selección, e presentación de toda clase de información.
-Usar eficazmente as tecnoloxías de información e comunicación.
-Capacitación para o traballo en equipos de carácter interdisciplinar. Habilidades nas relacións interpersoais. Creatividade. Toma de decisións. Xerar acordos en equipos.
-Capacitación para a aprendizaxe autónoma.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. Capacidade de análise e síntese. Capacidade para o razoamento e a argumentación. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa y coherente.
CT2 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao lo longo da súa vida.
CT3 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero. Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT8 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
O temario desenvolverase da maneira máis equilibrada posible, en función da extensión de cada tema, combinando a docencia expositiva coa interactiva (prácticas de aula e de campo). A parte teórica desenvolverase fundamentalmente na aula.
Realizaranse prácticas de campo de acordo co horario oficial da materia e segundo dispoñibilidades orzamentarias. O alumnado deberá entregar unha memoria escrita desas actividades.
A docencia expositiva e interactiva será esencialmente presencial, mentres que as titorías realizaranse a través de videoconferencia empregando a plataforma corporativa da USC, baseada en MS Teams.
A docencia será implementada a través das seguintes técnicas e metodoloxías:
• Utilización da aula virtual (Moodle).
• Aprendizaxe baseado na resolución de casos prácticos e proxectos.
• Titorías individualizadas e colectivas.
• Traballo autónomo e estudo independente do alumnado.
• Avaliación de competencias mediante exercicios de control.
En función da planificación docente e da metodoloxía de ensino-aprendizaxe, a avaliación desagrégase en dúas compoñentes formativas, cos pesos seguintes: entregas de avaliación continua, 75%; e exame, 25%.
AVALIACIÓN CONTINUA
O 50% das entregas de avaliación continua resultará das aulas interactivas previstas. Nesta compoñente terase en conta a participación activa do alumnado nas aulas e mais a memoria reflexiva da saída de campo. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre alumnos/as, comportarán suspender.
O restante 50% da compoñente de avaliación continua corresponderá a un proxecto grupal de atlas e/ou catálogo de paisaxe, que será avaliado a través da entrega dun documento escrito e da súa exposición na aula.
EXAME
O 50% do exame será presencial e obrigatorio para todo o alumnado, na data estabelecida pola ETS de Arquitectura da Coruña.
Para superar esta materia débense ter aprobadas as dúas compoñentes principais da avaliación anteriormente mencionadas: a correspondente á avaliación continua e a do exame. Se a media non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade non se pode producir avaliación continua, polo que esa compoñente tamén será obxecto de avaliación mediante un exame.
Para o alumnado coa dispensa concedida, a compoñente de avaliación continua será avaliada mediante un exame presencial equivalente.
Dentro da primeira compoñente, está prevista unha saída de campo. Para aquel alumnado sen a dispensa concedida, trátase dunha actividade de ensino-aprendizaxe regular. Porén, se alguén non puidese asistir, facultarase unha entrega alternativa.
No escenario, o tempo de asistencia ás aulas e de estudo e traballo persoal para superar a materia será aproximadamente o seguinte:
.- Horas presenciais, repartidas entre horas expositivas e interactivas: 42
.- Horas titorías: 5
.- Como media recoméndase 3 horas de traballo autónomo por cada hora de aula.
1) Traballo continuado ao longo do período de aulas
2) Realización inmediata das actividades prácticas que se propoñen.
3) Realización dun traballo final da materia, individual ou en grupo
Jose Ignacio Vila Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- jose.vila.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU