Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 90 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 30 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica
Áreas: Botánica
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Preténdese que os alumnos comprendan asimilen e adquiran coñecementos básicos relacionados con:
• Identificar distintos grupos de plantas e os seus patróns de crecemento
• Coñecer as estruturas reprodutivas, así como as súas funcións e procesos
• Recoñecer, nomear e describir unha selección de plantas significativas en diferentes tipos de paisaxe, así como das súas agrupacións
• Comprender os cambios da paisaxe pola rotación estacional (cores e formas) e polas sustitucións espaciais.
Outros obxetivos complementarios son os seguintes:
• Coñecer a posición evolutiva e sistemática dos principais grupos
• Valorar a importancia e función das plantas nas paisaxes e ecosistemas
• Fomentar o interés e a familiaridade coas plantas, especialmente na súa aplicación no eido paisaxístico y ornamental.
• Comprender e manexar terminoloxía botánica básica relacionada coas plantas vasculares
• Concienciar ao alumnado de cara aos temas medioambientais e conservacionistas
A memoria do título contempla os seguintes contidos para a materia:
Estes contidos serán presentados nas actividades expositivas do seguinte temario:
• Arquitectura das plantas: Variabilidade morfolóxica, crecemento e estratexias vexetais.
• Bioloxía reprodutiva das plantas e fenoloxía.
• Desenvolvemento evolutivo das plantas; principais grupos taxonómicos.
• Usos das plantas, paisaxe vexetal e fitoxeografía.
Estes contidos serán presentados nas actividades expositivas do seguinte temario:
Horas expositivas (30 h):
BLOQUE 1.Introdución e corpo vexetativo da planta (8 horas presenciais e 12 h non presenciais)
INTRODUCIÓN: Definición e obxecto de estudo. Relación con outras disciplinas. Orixe e evolución das plantas. Características e estratexias. Niveis básicos de organización: protófitos, talófitos e cormófitos.
TECIDOS VEGETALES. Meristemos: características e clasificación. Tecidos adultos: parénquima, colénquima e esclerénquima. Epiderme. Tecidos vasculares: xilema e floema. Condutos secretores e laticíferos.
A RAÍZ: Concepto e función. Estrutura interna. Morfoloxía externa e tipos de raíces. Modificacións e adaptacións da raíz.
O TALLO: Concepto e función. Estrutura interna. Morfoloxía externa e tipos de tallos. Modificacións e adaptacións do tallo.
A FOLLA. Concepto e función. Estrutura interna. Morfoloxía externa e tipos de follas. Disposición das follas: filotaxia. Modificacións e adaptacións da folla.
CORPO SECUNDARIO. Cambium vascular e felóxeno. Xilema e floema secundarios. Estrutura secundaria da raíz e o tallo. Periderme e lenticelas.
BLOQUE 2. Crecemento, desenvolvemento e reprodución (7 horas presenciais, 10.5 non presenciais)
CICLO VITAL E ADAPTACIÓNS. Plantas anuais, bianuais e perennes. Biotipos: estratexias e adaptacións. Duración do ciclo vital. Plantas efémeras e lonxevas. O ciclo estacional: fenoloxía.
REPRODUCIÓN SEXUAL. Estruturas reprodutoras. A flor: concepto e función. Partes da flor. Morfoloxía floral: tipos de flores e clasificación. Inflorescencias.
PROCESOS REPRODUCTIVOS. Bioloxía da reprodución. Polinización, fecundación e frutificación. Froitos e sementes: concepto e tipos. Interaccións: tipos e axentes involucrados. Xerminación e establecemento. Mecanismos e estruturas de propagación vexetativa.
BLOQUE 3. Clasificación das plantas (10 horas presenciais, 15 horas non presenciais)
CLASIFICACIÓN: Sistemática e taxonomía. Sistemas de clasificación. Categorías taxonómicas. Nomenclatura. Chaves. Niveis de organización da Biodiversidade.
BRIÓFITOS E FIEITOS: Características xerais, ciclos biolóxicos e principais grupos e representantes de interese paisaxístico.
XIMNOSPERMAS: Características xerais. Ciclo biolóxico. Sistemática: clases Cycadopsida, Ginkgopsida e Pinopsida e outros grupos de interese. Principais representantes de interese paisaxístico.
ANXIOSPERMAS I: Características xerais. Ciclo biolóxico. Enfoques na súa clasificación. Angiospermas basales e subclases Magnoliidae e Liliidae (monocotiledóneas). Carácteres xerais, principais grupos e representantes de interese paisaxístico.
ANXIOSPERMAS II: Subclases Rosidae e Asteridae. Outras dicotiledóneas. Carácteres xerais, principais grupos e representantes de interese paisaxístico.
BLOQUE 4. O medio, o home e as plantas (5 horas presenciais, 7.5 non presenciais)
APROVEITAMENTO DAS PLANTAS. Orientacións no uso das plantas. Usos tradicionais nas diferentes culturas. Etnobotánica, conservación e desenvolvemento sostido.
FORMACIÓNS VEXETAIS. Flora vs. vexetación. A Xeobotánica: definición e obxectos de estudo. Factores que inciden na distribución. Zonación, sucesión e dinámica da vexetación: cambios espaciais e temporais.
XEOGRAFÍA DAS PLANTAS. Coroloxía de plantas e comunidades. Endemismos e rarezas. Biomas: características e distribución. Principais formacións vexetais: tipos e distribución. Introdución á flora e vexetación da Península Ibérica e Galicia.
FLORA E ALTERACIÓN DAS COMUNIDADES. Procesos de perturbación e colonización. Especies pioneras. Flora autóctona vs. alóctona. Especies invasoras: tipoloxía e características. Efectos sobre os compoñentes do medio. Algunhas especies de interés.
Horas interactivas 30, e 45 de traballo do alumno:
De xeito complementario se efectuarán unha serie de actividades interactivas que engloban as prácticas e os seminarios. Nas primeiras, durante 6 sesiós de laboratorio de 2 h cada unha e unha de campo de 6 h, se fará especial fincapé na aprendizaxe e a observación dos principais caracteres utilizados no recoñecemento das principais familias; a partir de ditos recoñecementos se procederá á determinación de especímenes mediante a utilización de chaves dicotómicas. Os contidos das prácticas previstas son os seguintes:
Prácticas de laboratorio (12 h):
Práctica 1. Observación de tecidos e órganos das plantas .Estrutura interna de raíz, tallo e folla.
Práctica 2. Variabilidade morfolóxica das plantas. Caracteres diagnósticos de raíz, tallo e follas. Atributos para a descrición e determinación de plantas. Manexo de chaves.
Práctica 3. Briófitos, pteridófitos e ximnospermas. Morfoloxía vexetativa e reproductiva. Estudo da familia Pinaceae.
Práctica 4. Plantas con flores rudimentarias. Familia Poaceae (Gramíneas). Familias de plantas arbóreas de interese paisaxístico (Fagaceae, Betulaceae, Salicaceae, Oleaceae…)
Práctica 5. Plantas con pétalos libres. Estudo de familias de interese (Brassicaceae, Caryophyllaceae, Fabaceae, Cistaceae…)
Práctica 6. Plantas pétalos soldados (Ericaceae, Solanaceae…). Estudo da familia Asteraceae (Compostas).
Prácticas de campo (6 h):
Práctica 7. Observación e caracterización in situ de diferentes formacións vexetais, plantas e estados fenolóxicos ao longo de gradientes ecolóxicos e/o xeográficos nun enclave do interior de Galicia.
Seminarios (8 h):
Os seminarios teñen por obxecto difundir e debatir sobre temas cotiáns relacionados cas plantas, nos cales sexa conveniente profundizar. Os traballos a realizar polos alumnos poderán ser individuais ou grupais. Os perfís do seu desenrolo seguirán os seguintes liñamentos:
• Lectura comprensiva, discusión en grupo e posterior defensa dun artículo científico e/ou divulgativo.
• Exposición dun tema por parte do profesor e/o especialista, e elaboración dunha memoria e/ou resposta dun cuestionario
polos alumno.
• Traballo grupal bibliográfico e/ou de campo, con posterior defensa na aula.
• Visita a Finca Taller de Cestería en Outeiro de Rei para a coñecer in situ as técnicas de obtención, tratado e manipulación de
fibras vexetais utilizadas na elaboración e deseño de obxetos e estructuras vexetais
Se contemplan 4 seminarios de 2 horas ao longo do curso, un dos cales require desplazamiento ao lugar de Cela en Outeiro de Rei. A temática e os contidos tocarán diferentes aspectos de carácter emotivo, divulgativo e educativo relacionados co papel das plantas na configuración e diseño das paisaxes.
As 4 h restantes se utilizarán nas probas de avalaiación continua
Textos xerais
AIRA, M.J; VÁZQUEZ, R.e IZCO, J. (eds.). Manual de prácticas de Botánica. Laboratorio y campo. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. Universidade de Santiago de Compostela, 2014.
IZCO, J. et al., Botánica, 2ª ed. Ed. McGraw-Hill Interamericana, Madrid, 2004.
NABORS, M.W. Introducción a la Botánica. Ed. Pearson. 2005
PRIETO, J.A.; DÍAZ, T.E.; FERNÁNDEZ, M.C. Curso de Botánica. Ediciones Trea, S.L., Xixón. 2004.
RIGUEIRO RODRÍGUEZ, A (coord.). Galicia. Naturaleza. Tomo XLII. Botánica II. Cap. 3-9, 2004.
RIGUEIRO RODRÍGUEZ, A (coord.). 2005. Galicia. Naturaleza. Tomo XLIII. Botánica III, 2005.
STRASBURGER, E. et al., Tratado de Botánica, 35ª ed., Ed. Omega, Barcelona, 2002.
Chaves e guías de campo e laboratorio
AIZPURU, C. et al., Flora del País Vasco y territorios limítrofres, Serv. Central de Publicaciones del Gobierno Vasco, Vitoria-Gasteiz, 1999.
GARCIA, X.R. Guía das plantas de Galicia, Ed. Xerais. 2007
Textos complementarios
CHRISTENHUSZ, M.J.M, FAY M.F. & CHASE M.W. Plants of the World. An illustrated encyclopedia of vascular plants. Royal Botanical Gardens, Kew, 2017.
FONT QUER, P., Diccionario de Botánica, Ed. Labor, Barcelona, 1985.
HEYWOOD, V.H., Las plantas con flores, Ed. Reverté, Barcelona, 1985.
LÜTTGE, U. et al., Botánica, ed. McGraw-Hill Interamericana, Madrid, 1993
Recursos electrónicos
Clasificación APG IV e de oturos grupos
http://www.mobot.org/MOBOT/research/APweb/
http://www.worldfloraonline.org/
http://www.plantgateway.com/poster/
https://www.conifers.org/zz/gymnosperms.php (The Gymnosperm Database)
Información sobre flora a nivel mundial
https://powo.science.kew.org/ (Plants of the World)
http://www.theplantlist.org/
https://www.delta-intkey.com/angio/index.htm (Base de datos DELTA – DEscription Language for TAxonomy)
Información sobre flora da Península Ibérica
http://www.floraiberica.es/
http://www.anthos.es/
https://www.asturnatura.com/naturaleza/flora/
https://flora-on.pt/ (Flora de Portugal)
https://www.gbif.org/es/dataset/91fecd78-0986-4713-9c36-77532846ee25 (Lista de taxóns da flora vascular española)
https://www.asturnatura.com/naturaleza/flora/
Información sobre Galicia
http://www.bosquesdegalicia.es/ (Vexetación forestal de Galicia)
https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Conservacion?content=Direc… (Plantas invasoras)
https://biodiversidade.eu/ (Plataforma colaborativa)
Outros recursos electrónicos pódense facilitar ao longo do curso, en función do tema tratado. Algúns dos recursos complementarios estarán dispoñibles en inglés.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas e específicas, propias da titulación. Dentro do cadro de competencias deseñado para a titulación se traballarán ademais das competencias básicas comúns, as seguintes competencias xerais (CG), específicas (CE) e transversais (CT):
Xerais
CG5: Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan un aprendizaxe continuo, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións.
CG6 Coñecer os problemas físicos e ambientais; os factores hidrolóxicos e climáticos; a edafoloxía e a calidade vexetal que determinan a paisaxe.
Específicas
CE08: Conocimiento científico y técnico sobre el paisaje: geología, edafología, climatología, geomorfología
CE09: Coñecemento adecuado da ecoloxía, a sustentabilidade e os principios de conservación de recursos enerxéticos e medioambientais.
CE15: Coñecemento dos principios de enxeñería da paisaxe , edafoloxía e botánica: tratamento de solos e siembra, etc.
Transversais
CT1: Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. Capacidade de análise e síntese. Capacidade para o razoamento e a argumentación. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT2: Capacidade para realizar una exposición en público de xeito claro, conciso e coherente
CT3: Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada. Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT4: Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realizade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5: Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
CT6: Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos. Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT7: Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT8: Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultura da sociedade.
Durante a impartición da materia levaranse a cabo as seguintes metodoloxías docentes:
• MD2: Sesión maxistral
• MD3: Proba obxectiva
• MD4: Discusión dirixida
• MD6: Estudos de casos (Prácticas de laboratorio)
• MD7: Saídas de campo
• MD8: Traballos tutelados
• MD9: Probas de resposta múltiple
Docencia expositiva
A docencia presencial expositiva se desenvolverá de acordo ás seguintes metodoloxías:
MD2: Sesión maxistral
• Leccións maxistrales participativas, incluíndo a realización de presentacións (Competencias CG5, CG6, CE8, CE9, CE15, CT2).
• Utilización de encerados clásicos e dixitais. Utilización do aula virtual (Competencia CT3)
• Titorías individualizadas e colectivas (Competencia CT6)
MD3: Proba obxectiva
• Avaliación de competencias mediante exercicios de control (Competencias CG5, CG6, CT1, CT6)
Docencia interactiva
A docencia presencial interactiva incluirá as seguintes actividades, coas correspondentes metodoloxías e competencias:
Prácticas de laboratorio
Incluirán a observación e estudo de diferentes estruturas e/ou especies vexetais, coa elaboración de cuestionarios e/ou memoria das actividades realizadas. (Metodoloxía MD6; Competencias CG5, CT1, CT5, CT6, CT8)
Saída de campo
Consistirá nun percorrido que atravese diferentes comunidades e paisaxes vexetais onde se levarán a cabo unha serie de observacións e análises relacionadas cos contidos da materia. os cales deberán reflexarse nunha memoria (Metodoloxía MD7; Competencias CG6, CT4, CT6, CE09, CE14, CE15)
Seminario visita a finca-taller de cestería
Consistirá en coñecer de primeira man as especies e variedades utilizadas na elaboración de estructuras orgánicas, os procesos para a obtención de fibras e láminas e a súa anatomía, morfoloxía e fisioloxía. (Metodoloxías MD2, MD4, MD6, MD7; Competencias CG5, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CE09, CE14, CE15).
Seminarios en aula
Estos seminarios consistirán en traballo grupal dos alumnos, baseados en diferentes aspectos (comprensión dunha lectura, elaboración dun traballo bibliográfico ou práctico, exposición dun tema por parte do profesor). A partir destes traballos os alumnos deberán elaborar unha memoria, responder a cuestionarios, ou realizar unha exposición en clase. (Metodologías MD4, MD6, MD8, MD9; Competencias CG5, CG6, CE8, CE9, CT1, CT2, CT3, CT4, CT6).
O traballo non presencial (preparación de pruebas, elaboración de informes, traballos, etc.) se desenvolverá de acordo as seguinte metodoloxía:
Traballo autónomo e estudo independente dos alumnos (Competencias CG5, CT5, CT6, CT7, CT10)
Titorías individualizadas e colectivas (Competencias CG5, CG6, CE08, CE09, CE15, CT1, CT2)
Para aprobar a materia é preciso superar, as probas de avaliación continua asociadas a cada unha das partes (teoría, prácticas e de seminario). Os sistemas de avaliación, o peso de cada unha na cualificación final da materia (tras superar cada parte) e as competencias avaliadas indícanse a continuación:
• Probas obxectivas presenciais escritas dos contidos de teoría (60%). Tras cada bloque de temas realizarase o exercicio correspondente de avaliación. A/s parte/s reprobadas deberán superarse no exame final; as aprobadas quedan exentas de nova avaliación ata fin de curso. Así mesmo en dita proba o alumno poderá optar a subir a nota dos bloques aprobados (Competencias
CG5, CG6, CE08, CE09, CE15, CT1, CT6).
• Asistencia e participación satisfactoria nas actividades expositivas da aula (5%) (Competencias CG5, CG6, CT1, CT2).
• Participación, aproveitamento e calidade dos informes realizados nas prácticas (20%). A asistencia a estas actividades é obrigatoria, e por tanto necesaria para superar a materia. Os alumnos que non realicen algunha práctica nin entregado o seu informe deberán superar as mesmas na proba final, que incluirá unicamente aquelas que non se realizaron (Competencias CG5, CG6, CT1, CT5).
• Calidade e participación dos traballos e/ou exposicións realizados nos seminarios (15%).
A asistencia a estas actividades é obrigatoria, e por tanto necesaria para superar a materia. (Competencias CG5, CE8, CE9, CE14, CT1, CT2, CT5, CT6, CT7).
Os alumnos que non realicen algunha das atividades de prácticas ou de seminários, nin entregado os seus correspondentes informes, deberán realizar unha proba dos seus contidos respectivos, e coincidente coas datas dos exames finais (primeira e ou segunda oportunidade).
A metodoloxía de avaliación das Prácticas e Seminarios será a mesma tanto para a primeira como para a segunda oportunidade.
Os alumnos repetidores que superasen as prácticas e seminarios nos dous cursos anteriores, nos que estivo matriculado, conservarán as súas cualificacións de seminarios e prácticas, pero deberán superar a parte teórica; nembargantes, poden optar por realizar as actividades interactivas para obter unha nova cualificación. Máis aló dos dous cursos referidos, os alumnos terán que superar novamente cada unha das partes. A relación de alumnos que conserven estas cualificacións será informada ao comezo do curso.
A dispensa de asistencia, en casos xustificados, só concederase para as actividades expositivas. Neste caso, a súa avaliación realizarase a partir do exame final, cunha porcentaxe do 65%. As actividades interactivas seguirán o mesmo proceso que o resto dos alumnos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
Horas presenciais:
Expositivas (teoría): 30
Interactivas: 30
• Prácticas de campo (6 h)
• Prácticas de laboratorio (12 h)
• Seminarios (8 h)
• Probas obxetivas (4 h)
Total presenciais: 60 h
Horas non presenciais
Teoría: 45 h
Interactivas: 45 h
Total non presenciais: 90 h
Total presenciais e non presenciais: 150 h
Recoméndase levar ao día a materia e consultar a bibliografía de referencia, polo menos a básica, e os recursos informáticos propostos, especialmente os contidos da materia presentes na aula Virtual. O uso das horas de tutorías para a resolución de dúbidas é máis que aconsellable.
Lémbrase a obrigatoriedade das clases presenciais (teoría, prácticas e seminarios).
Teresa Cornide Paz
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- teresa.cornide [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Joaquin Gimenez De Azcarate Cornide
Coordinador/a- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- joaquin.gimenezdeazcarate [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario do Territorio (Pav.II-PSI) |
Mércores | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario do Territorio (Pav.II-PSI) |