Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 90 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 30 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Área externa Grao en Paisaxe, Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia de Construción Aplicada 2, xunto con Construción Aplicada 1, constitúe unha base de coñecemento para o alumnado en canto á ciencia dos materiais e os sistemas construtivos, centrados en escavacións, contención, bioconstrución, bioenxeñaría e construción de fábricas. Este coñecemento permite afrontar a integración destes elementos construtivos en particular dentro do proxecto da paisaxe.
Os obxectivos da materia son que o alumnado acade os seguintes resultados:
- Coñecer adecuadamente as características físicas e químicas, os procedementos de produción, a patoloxía e o uso dos materias de construción empregados.
- Coñecer adecuadamente os sistemas construtivos de fábrica e a súa patoloxía.
- É capaz de concibir, deseñar, integrar na paisaxe e executar sistemas de fábrica.
- É capaz de concibir, deseñar, integrar na paisaxe e executar sistemas de pavimentación exterior.
- É apto para aplicar as normas técnicas e construtivas aplicadas á paisaxe.
- Ter coñecemento para valorar as obras da paisaxe.
- Ter capacidade para valorar as obras, redactar os pregos de condicións, elección dos equipos e materiais en proxectos da paisaxe.
- Coñecemento do proxecto de seguridade e saúde en obra.
- Coñecemento das fases de construción e secuencias no deseño do proxecto paisaxístico.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Construcións de fábrica.
Sistemas de muros de fábrica: pedra, cerámica, bloque.
Sistemas de pavimentos exteriores.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo á seguinte organización:
CLASES EXPOSITIVAS (30 h)
TEMA I.- Construcións de fábrica.
Piares (tipoloxías e materiais): formigón, prefabricados, metálicos, madeira.
Dinteis (tipoloxías e materiais): formigón, prefabricados, metálicos, madeira.
Forxados unidireccionais e bidireccionais. Forxados metálicos. Forxados de madeira.
Estruturas simples de formigón. Estruturas de formigón prefabricado.
TEMA II. -Sistemas de muros de fábrica: pedra, cerámica e bloque.
Muros de pedra, mampostería e sillería.
Muros cerámicos.
Muros de bloques de formigón.
Muros prefabricados de formigón.
Sistemas de drenaxe.
Acabados.
TEMA III.- Sistemas de pavimentos exteriores.
Características xerais dos pavimentos ríxidos e pavimentos flexibles, pavimentos peonís e pavimentos para vehículos.
O trazado dos camiños, influencia da topografía, pendentes.
Tratamento da auga: sistemas de evacuación e drenaxe.
Bases e subbases, sistemas de compactación e control da compactación.
Pavimentos de formigón, soleiras, xuntas e acabados.
Pavimentos formados por pezas: baldosas, lousas.
Pavimentos de lastra: pedra, formigón, pavimentos de ladrillo.
Pavimentos verdes.
Pavimentos de terra: a saburra, pavimentos estabilizados.
Pavimentos bituminosos.
Os bordes: cunetas, canles, bordos, rigolas, elementos singulares.
Pavimentos de madeira, entaboados, pasarelas.
Escaleiras e ramplas: deseño e normativa.
Escaleiras e ramplas: construción.
Integración dos sistemas construtivos no proxecto das superficies pavimentadas.
CLASES INTERACTIVAS (30 h)
Nas clases interactivas levaranse a cabo as seguintes actividades:
- Solución de problemas.
- Estudo de casos.
TRABALLO NON PRESENCIAL (90 h)
- Preparación e estudo de contidos expostos nas sesións maxistrais.
- Preparación e repaso de actividades de solución de problemas e de estudo de casos.
- Elaboración de traballos tutelados.
- Preparación de probas de avaliación.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Arredondo y Verdú, F. 1991. Yesos y cales. Ed. Servicio de Publicaciones, E.T.S. Ingenieros de Caminos, Madrid.
Bustillo Revuelta,M., Durán López, A., Fueyo Casado, L. 2014. Manual de áridos. Ed. Fueyo Editores, Madrid.
Fernández Pérez, M. 2008. Construcción de obra de fábrica de ladrillo visto: confección de muros, pilares, arcos, dinteles. Ed. Ideaspropias, Vigo.
Heyman, J. 1995. Teoría, historia y restauración de estructuras de fábrica: Colección de ensayos. Ed. Ministerio de Obras Públicas, Transportes y Medio Ambiente, Madrid.
Sánchez Marín, J.M.; Lasheras Esteban, J.M. 1987. Conocimiento de materiales. Ed. Donostiarra. San Sebastián.
López Candeira, J.A. 2002. Tratamiento del espacio exterior. Ed. Munilla-Lería.
Norma 6.1 IC Secciones de Firme, Instrucción de Carreteras, Orden FOM/3460/2003.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Cores, H.; Sánchez, M.; Rodríguez, L.F.; Vaquero, J.J. 1997. Manual para el proyecto y construcción de estructuras con bloques de hormigón. Ed. IECA, Madrid.
Heyman, J. 2001. La ciencia de las estructuras. Ed. Instituto Juan de Herrera, Madrid.
Heyman, J. 2004. Análisis de estructuras: un estudio histórico. Ed. Instituto Juan de Herrera, Escuela Técnica Superior de Arquitectura, Madrid.
Mas, A. (et al.). 1996. Fábrica de bloques de hormigón. Ed. UPV, Valencia.
Villanueva Domínguez, L.; García Santos, A. 2001. Manual de yeso. Ed. CIE Inversiones Editoriales – DOSSAT 2000, Madrid.
Arizmendi Barnés, L.; Martínez Tortajada, J.; Reiner, E. 2007. Guía para la redacción de proyectos de urbanización. Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España, Madrid.
Schmitt, H. 1998. Tratado de construcción. Ed. Gustavo Gili, Barcelona.
Deplazes, A. (ed.). 2010. Construir la Arquitectura. De la materia en bruto al edificio; un manual. Ed. GG, Barcelona.
Fernández Madrid, J. 1996. Manual del Granito para Arquitectos. Asociación Gallega de Graniteros, Pontevedra.
Arriaga Martitegui, F. (coordinador). 1994. Guía de la madera. Ed. AITIM, Madrid.
Ley 10/2014, de 3 de diciembre, de accesibilidad de la Comunidad Autónoma de Galicia.
Código Técnico de la Edificación, RD 314/2006 y modificaciones posteriores (últimas recogidas en RD 732/2019) DB SUA Seguridad de utilización y accesibilidad
Código estructural. Real Decreto 470/2021. ISBN 978-84-498-1059-6
Orden VIV/561/2010, de 1 de febrero, por la que se desarrolla el documento técnico de condiciones básicas de accesibilidad y no discriminación para el acceso y utilización de los espacios públicos urbanizados
Pliego de Prescripciones Técnicas Generales para Obras de Carreteras y Ferrocarriles (PG-3/75), Orden del 6 de febrero de 1976, y modificaciones posteriores (últimas recogidas en la Orden FOM 2523/2014).
Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB1 (B1). Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que adoita encontrarse a un nivel, que se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implica coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 (B2). Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 (B3). Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 (B4). Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións tanto a un público especializado como non especializado.
CB5 (B5). Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para realizar outros estudos cun alto grao de autonomía.
CG1 (B6) Coñecer o papel das belas artes, a historia e as teorías da paisaxe, así como as tecnoloxías e ciencias humanas relacionadas con este.
CG4 (B9). Comprender os problemas da concepción construtiva e estrutural vinculados cos proxectos de paisaxe así como as técnicas de resolución destes.
CG6 (B11). Coñecer os problemas físicos e ambientais; os factores hidrolóxicos e climáticos; a edafoloxía e a calidade vexetal que determinan a paisaxe.
CG7 (B12). Coñecer as organizacións, os actores, normativas e procedementos para plasmar os proxectos de paisaxe e estudos medioambientais.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
CE52 (A52). Coñecemento de técnicas de restauración de paisaxes, sistemas ecolóxicos de cubertas e xardíns verticais e a súa aplicación na paisaxe.
CE54 (A54). Coñecemento adecuado das fases e secuencias da construción no deseño do proxecto paisaxístico.
CE61 (A61). Coñecementos adecuados para concibir, dimensionar, deseñar e integrar na paisaxe paredes de fábrica e pavimentos exteriores.
CE62 (A62). Coñecemento adecuado das características físicas e químicas, procedementos de produción, patoloxía e uso de materiais de construción aplicados á paisaxe.
CE63 (A63). Coñecementos adecuados para aplicar as normas técnicas e construtivas aplicadas á paisaxe.
CE64 (A64). Coñecemento adecuado das fases e secuencias da construción no deseño do proxecto paisaxístico.
CE65 (A65). Capacidade para valorar as obras, escribir as especificacións; elección de equipamentos e materiais; etc.
CE66 (A66). Coñecemento adecuado do proxecto de seguridade e saúde en obras relacionadas coa paisaxe.
CE67 (A67). Aptitude para concibir, calcular, deseñar, integrar na paisaxe e executar instalacións de subministración, rega, iluminación, tratamento e drenaxe de augas na paisaxe.
CE70 (A70). Elaboración, presentación e defensa ante un xulgado universitario dun proxecto orixinal de Paisaxe, realizado individualmente.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
CT1 (C1). Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. Capacidade de análise e síntese. Capacidade para o razoamento e a argumentación. Capacidade de preparar e presentar un texto organizado e comprensible. Capacidade de facer unha presentación en público dun xeito claro, conciso e coherente.
CT2 (C2). Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. Habilidade no manexo das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada. Uso de información bibliográfica e de Internet.
CT3 (C3). Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero. Capacidade para traballar en grupo e cubrir situacións problemáticas de maneira colectiva.
CT4 (C4). Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
CT5 (C5). Estimular a capacidade de traballar en equipos interdisciplinarios ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan ao desenvolvemento ambiental, económico, político e social sostible.
CT6 (C6). Capacidade para xestionar tempo e recursos: desenvolver actividades, dar prioridade a actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos. Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT7 (C7). Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultura da sociedade.
CT8 (C8). Comprender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios dispoñibles para as persoas emprendedoras.
Empregaranse os seguintes recursos:
• Sesión maxistral. Exposición oral complementada co uso medios audiovisuais e buscando a participación activa do alumnado coa introdución de preguntas sobre os contidos expostos. Competencias traballadas: CE54, CE61, CE62, CE63, CE64, CE65, CE66, CE67, CB1, CG1, CG4, CG6, CG7, CT7.
• Solución de problemas. Resolución de situacións problemáticas concretas relacionadas cos contidos da materia. Competencias traballadas: CE61, CE63C, CB2.
• Estudo de casos. Descrición dunha situación específica onde se aborda un problema que ten ser comprendido, valorado e resolto, que se lle fará ao alumnado, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión. Competencias traballadas: CE52, CE61, CE63, CE64, CE67, CE70, CB2, CG4, CG7, CT5, CT8.
• Traballos tutelados. Orientados a promover a aprendizaxe autónoma do alumnado, baixo a tutela do docente. Competencias traballadas:CE54, CE61, CE63, CE64, CE67, CE70, CB2, CB4, CB5, CG4, CG7, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6.
• Proba/s de resposta múltiple. Competencias traballadas. CE61, CB3, CG4.
OPORTUNIDADE ORDINARIA
O sistema inclúe unha avaliación continua (traballos tutelados) combinada cunha proba final (complementaria á avaliación continua), tal e como se describe a continuación:
- Parte I (Asistencia: 40%, Traballos tutelados e defensa: 60%) representa un 50% da nota total.
- Parte II (Asistencia: Asistencia, Traballo específico e Proba ou Exame: 100 %) representa un 50% da nota total.
Traballos: Competencias avaliadas: CE54, CE61, CE63, CE64, CE70, CB2, CB4, CB5, CG4, CG7, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6. Serán traballos que se propoñerán ao alumnado a realizar de xeito individual, ben sobre contidos específicos da materia, ou ben de xeito singular sobre o desenvolvemento dos pasos a seguir para o deseño dun dos elementos construtivos abordados no estudo da materia.
Proba ou exame: Competencias avaliadas: CE61, CE62, CE63, CE64. Constitúe unha ferramenta de medida para avaliar os coñecementos, aptitudes e actitudes adquiridas ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe da materia.
OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA DE RECUPERACIÓN
O sistema de avaliación será o mesmo que para a oportunidade ordinaria.
ALUMNADO REPETIDOR
O sistema de avaliación será o mesmo que para a oportunidade ordinaria.
DISPENSA
Os alumnos que teñan concedida dispensa de asistencia, deberán superar o exame final, e se facilitará o seguimento e a presentación dos traballos tutelados a través de reunións vía Teams ou correo electrónico.
Observación:
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
A materia é de 6 créditos ECTS, cun total 150 horas de dedicación (30 h de clase expositiva, 30 h de clase interactiva máis o traballo persoal do alumnado).
Traballo persoal do alumnado. De maneira orientativa, considerase necesario o seguinte:
- Lectura e preparación de temas relacionados coas sesións maxistrais: 45 h.
- Actividades relacionadas coa solución de problemas e estudo de casos: 23 h.
- Realización de traballos tutelados: 20 h.
- Realización de probas de resposta múltiple: 2 h.
- Realización de proba obxectiva de avaliación: 2 h.
Seguimento das actividades programadas. Preparación de temas e consulta da bibliografía e do material dispoñible. Emprego de titorías para resolución de dúbidas.
Materias que se recomenda ter cursado previamente: Construción Aplicada 1.
Atención personalizada:
Sesión maxistral, solución de problemas, estudo de casos. As dúbidas relacionadas coas sesións expositivas e interactivas poden ser consultadas en titorías individuais presenciais ou por medios telemáticos (correo electrónico, Aula Virtual, MS Teams).
Traballos tutelados. O seguimento do traballo e as dúbidas que poidan surxir a este respecto tamén se poderá facer de maneira presencial a través de titorías ou ben por medios telemáticos.
Esta materia está coordinada pola UDC e a guía docente encóntrase no seguinte Link:
https://guiadocente.udc.es/guia_docent/index.php?centre=630&ensenyament…
Maria Jose Lopez Villar
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- ml.villar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Mendez Lodos
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Teléfono
- 982823206
- Correo electrónico
- manuel.mendez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alberto Redondo Porto
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa Grao en Paisaxe
- Categoría
- Profesor/a área externa