Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 90 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 30 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os coñecementos da materia Lexislación Aplicada versan sobre a normativa paisaxística específica, así como a lexislación sobre a paisaxe a nivel internacional, nacional e autonómico. O obxectivo principal da súa docencia consiste en proporcionar unha formación práctica sobre a aplicación da lexislación existente. Como resultado, os estudantes deben:
1. Coñecer a lexislación, regulamentos e normativa en vigor en virtude dos diferentes contidos adquiridos no plan de estudos do Grao en Paisaxe.
2. Aplicar a lexislación e normativa vixente nos contidos adquiridos nas diferentes materias do Grao en Paisaxe.
3. Poñer en práctica a lexislación sobre a paisaxe cultural.
4. Ter coñecementos para aplicar as normas e ordenanzas urbanísticas
A memoria do Grao en Paisaxe contempla os seguintes contidos: Coñecementos básicos sobre normativa europea específica; Documentos internacionais de referencia; Lexislación sobre a paisaxe a nivel internacional, nacional e autonómico; Normativa de ordenación do territorio, ambiental, sobre planificación, e sectorial relacionada coa paisaxe; Revisión de documentos de paisaxe existentes a distintas escalas.
Estes contidos desenvolveranse de acordo có seguinte temario:
Programa teórico
Bloque II (Universidade de Santiago de Compostela)
Tema 1. Antecedentes e introdución. Obxectivos. Metodoloxía. Fontes bibliográficas. 1 h
Tema 2. Normativa internacional. 1 h
Tema 3. Normativa europea. 1 h
Tema 4. Normativa nacional. 1 h
Tema 5. Normativa autonómica. 2 h
Tema 6. Lexislación sobre as paisaxes culturais. 2 h
Tema 7. Os estudos da paisaxe nos instrumentos de ordenación territorial e urbanística. 1 h
Tema 8. Lexislación ambiental e protección da paisaxe. 2 h
Tema 9. A paisaxe na planificación sectorial. 2 h
Tema 10. Documentos de paisaxe: Definición, función, contido e escalas. 2 h
Programa práctico
Práctica 1. Criterios para catalogar a normativa paisaxística. 1 h
Práctica 2. Plan Nacional da Paisaxe: Estudos temáticos comparativos. 3 h
Práctica 3. Elaboración do Plan Director dunha paisaxe cultural. 3 h
Práctica 4. A xestión da paisaxe nos Planes de Ordenación do Territorio. 3 h
Práctica 5. Saída de campo: 5 h
Básica
- Azevedo, J.C., Perera, H., Pinto, M.A. (2014). Forest Landscapes and Global Change: Challenges for Research and Management. Springer-Verlag, New York. 262 pp.
- Bell, S. (1998). Forest Design Planning. Forestry Practice Guide, Forestry Commission, United Kingdom.
- Busquets, J., Albert, C. (coords.) (2009). Gestión del paisaje: manual de protección, gestión y ordenación del paisaje. Ed. Ariel, Barcelona, 703 pp.
- Bolós, M. de (Dir.) (1992). Manual de ciencia del paisaje. Teoría, métodos y aplicaciones. Ed. Masson, Barcelona. 273 pp.
- Perera, H., Sturtevant, B.R., Buse, L.J. (2015). Simulation Modeling of Forest Landscape Disturbances. Springer International Publishing, 321 pp.
- Soba, A. (2011). El paisaje en la ordenación del territorio: conceptos e instrumentos para su consideración. Editorial Académica Española, 166 pp.
- Von Haaren, Ch., Lovett, A., Albert, Ch. (Eds.) (2019). Landscape Planning with Ecosystem Services. Theories and Methods for Application in Europe. Landscape Series, Vol. 24. Springer, 499 pp. ISBN 978-94-024-1679-4.
Complementaria
- Ambroise, R. (2000). Agriculteurs et paysages: dix exemples de projets de paysage en agriculture. Educagri, Dijon, 207 pp.
- Borobio, M. (2012). Paisaxe galega. Guía de estudos de impacto e integración paisaxística. Xunta de Galicia, 122 pp. Disponible online en: https://cmatv.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=125772&nam…
- Bouhier, A. (1979). Galicia, ensayo geográfico de análisis e interpretación de un viejo complejo agrario. Biblioteca de Clásicos Agrarios Galegos, Xunta de Galicia.
- Boyer, C.R. (2015). Political Landscapes: Forests, Conservation, and Community in Mexico. Duke University Press, 360 pp.
- Convenio Europeo da Paisaxe, aprobado en Florencia o 20 de outubro de 2000 a proposta do Consello de Europa, entrando en vigor o 1 de marzo de 2004.
- Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.
- Valcárcel, M., Rodríguez, M., Martínez, A., Pérez Alberti, A. (1993). As paisaxes do Camiño Francés en Galicia, Xunta de Galicia.
- Xunta de Galicia. Catálogo das paisaxes de Galicia. Memoria + Grandes áreas paisaxísticas. Disponible online en: https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_Instituto_Estudos_…
O alumno adquirirá unha serie de competencias básicas (CB) e xerais (CG) recollidas na memoria do título do grao en paisaxe. Traballaranse as seguintes:
Competencias básicas e xerais:
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público, tanto especializado como non especializado.
CB5. Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG7. Coñecer as organizacións, os actores, normativas e procedementos para plasmar os proxectos de paisaxe e estudos medioambientais.
Competencias transversais:
CT5. Estimular a capacidade para traballar en equipos inter- ou multi-disciplinares, para ofrecer propostas que contribuían ao desenvolvemento sostible ambiental, económico, e social.
CT6. Capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver planes, primar actividades, identificar las críticas, establecer prazos e cumprilos. Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT7. Valorar la importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Competencias específicas:
CE14. Capacidade para a combinación dos problemas sociais, ambientais e económicos relacionados coa paisaxe.
CE22. Coñecemento para aplicar normas e ordenanzas urbanísticas.
CE32. Coñecemento dos actores, as modalidades de intervención institucional e os marcos de regulación: Lei do solo e documentos de planificación. Mellora do patrimonio e proxecto de desenvolvemento.
A materia pertence ao primeiro semestre do cuarto curso do Grao en Paisaxe e impártese xunto á Universidade de A Coruña, correspondendo 30 horas ao Departamento de Enxeñaría Agroforestal. A docencia incluirá, actividades expositivas (15 h) e interactivas (15 h), tanto de laboratorio como seminarios, así como unha viaxe de prácticas obrigatoria e avaliable. A parte expositiva impartirase en clases maxistrais nas que se explicarán os contidos básicos, sendo preciso a participación do alumnado. Incluiranse resumos e análises xerais do estado da arte en temas clave, orientando ao alumno para o acceso á información necesaria para seu traballo persoal, a través da plataforma USC Virtual. As metodoloxías concretas que se traballarán serán: - Leccións maxistrais participativas: competencias CB3, CB4, CB5 e CG7; - Seminarios e conferencias: CT5, CT6, CT7, CE14, CE22 e CE32.
En relación coa docencia interactiva, as prácticas realizadas durante o curso son de carácter obrigatorio e axudarán ao alumnado a unha mellor comprensión da parte teórica. Os traballos prácticos, que os alumnos deben realizar, facilitarán e reforzarán o ensino dos contidos teóricos. Tamén realizarase unha viaxe de prácticas, obrigatoria e avaliable mediante a presentación dun informe desta. As metodoloxías concretas, que se traballarán na parte interactiva, serán: - Realización de traballos prácticos e presentacións: competencias CB3, CB4, CT5, CT6 e CT7. - Resolución de problemas prácticos: CB5, CE14 y CE22. - Saída de campo: competencias CG7 e CE32.
Toda a información sobre a materia, así como o material empregado, enlaces web, foros para debates, exercicios para o ensino, e posibles novidades, estarán dispoñibles no Campus Virtual. Tamén habilitarase un espazo para a entrega de traballos.
Competencias avaliadas:
- Asistencia a clases expositivas e interactivas (obrigatorias, salvo dispensa de asistencia concedida): 10%. Competencias: CT5.
- Probas escritas: 40%. Competencias: CB3, CB4, CB5 y CT6. Cualificación mínima de 4 puntos para compensar coa docencia impartida pola Universidade de A Coruña.
- Realización correcta de traballos propostos e presentación oral: 50%. Competencias: CG7, CT7, CE14, CE22 y CE32.
As prácticas orientaranse á realización correcta dos traballos propostos. Adicionalmente, realizarase unha proba escrita presencial. En todo caso, os alumnos deberán realizar, presentar e aprobar os traballos prácticos que se propoñan, procurándose unificar mediante a focalización nunha área xeográfica concreta, a nivel de parroquia rural.
En canto á superación da materia na oportunidade extraordinaria de recuperación (Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC), as condicións serían idénticas, requiríndose a presentación dos traballos e a superación da proba online. No caso do alumnado repetidor, as condicións serán as mesmas, se ben poderán conmutar as prácticas e manter a cualificación da avaliación continua do curso anterior.
No caso de alumnado con dispensa de asistencia, deberá realizar as prácticas obrigatorias, incluíndo a viaxe, polo que a dispensa solo será aplicable ás clases expositivas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia ten un total de 6 créditos ECTS. Isto supón un número de horas computables igual a 150 (75 horas para cada unha das universidades), que se distribúen do xeito seguinte:
a) Distribución da docencia presencial
15 horas clases expositivas
15 horas clases interactivas
b) Traballo persoal do alumno
En total o alumno debería dedicar 45 horas ao estudo dos contidos da materia e á comprensión e realización dos traballos prácticos.
Materia troncal que comparten dúas áreas de coñecemento, Enxeñaría Agroforestal (USC) e unha área da UDC. O alumno vai estudar unha materia que abarca diferentes aspectos na normativa sobre a paisaxe para procurar un coñecemento profundo da mesma. Recomendase a asistencia e a participación nas clases, así como a consulta das posibles dúbidas nas titorías. É importante completar os contidos explicados en clase mediante a consulta da bibliografía básica e complementaria.