Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 90 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 30 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Enxeñaría Agroforestal, Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os contidos da materia Sistemas Forestais versan sobre a paisaxe vexetal e os impactos que as actividades forestais poden producir nel, sendo o obxectivo principal da docencia, proporcionar unha formación específica sobre a relación entre xestión forestal e paisaxe, enfocada á España atlántica. Como resultado, os estudantes deben adquirir:
1. Capacidade para inventariar os elementos da paisaxe forestal.
2. Capacidade para describir a paisaxe forestal dun territorio determinado e valoralo en función dos atributos dos seus elementos.
3. Coñecementos para emitir informes para a introdución do criterio paisaxístico na planificación forestal e na xestión forestal sustentable.
4. Capacidade para definir puntos estratéxicos de especial interese paisaxístico desde o punto de vista da paisaxe forestal e propoñer a creación de infraestruturas adecuadas para a posta en valor e goce dos mesmos.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos: Evolución histórica da paisaxe forestal en Galicia e España. A paisaxe forestal actual de Galicia e España. A paisaxe forestal no Atlas, os Catálogos da Paisaxe e as Directrices da Paisaxe de Galicia. Elementos da paisaxe forestal. Atributos paisaxísticos das especies vexetais forestais. A paisaxe na Xestión Forestal Sustentable. Criterios para definir puntos de interese da paisaxe forestal. Definición de puntos para creación de infraestruturas para desfrute da paisaxe forestal: rutas de natureza, miradoiros, áreas recreativas.
Estes contidos desenvolvesen de acordo ao seguinte temario:
Bloque I. HP=15h. HNP=22,5h
Tema 1. Introdución. Sistemas forestais. Propiedade e xestión. 2 h
Tema 2. Clasificación e tipoloxía das paisaxes forestais. 2 h
Tema 3. Evolución histórica da paisaxe forestal en Galicia. 2 h
Tema 4. Evolución histórica da paisaxe forestal no conxunto de España. 3 h
Tema 5. Atlas, catálogos da paisaxe e directrices da paisaxe de Galicia. 3 h
Tema 6. Elementos da paisaxe forestal. 3 h
Bloque II. HP=15h. HNP=22,5h.
Tema 7. Atributos paisaxísticos das especies vexetais forestais. 3 h
Tema 8. A paisaxe como servizo dos ecosistemas. 3 h
Tema 9. A paisaxe na Xestión Forestal Sustentable. 3 h
Tema 10. Criterios para definir puntos de interese paisaxístico. 3 h
Tema 11. Definición de puntos para creación de infraestruturas para desfrute da paisaxe forestal: rutas de natureza, miradoiros, áreas recreativas. 3 h
Programa práctico. HP=30h. HNP=45h.
Práctica 1. Inventario de elementos da paisaxe: 4 h
Práctica 2. Descrición e valoración de paisaxes forestais: 4 h
Práctica 3. Elaboración de informes de impactos sobre a paisaxe: 4 h
Práctica 4. Infraestruturas de paisaxe: 6 h
Práctica 5. Visualizadores forestais: 6 h
Práctica 6. Saída de campo: 6 h
Básica
- Azevedo, J.C., Perera, H., Pinto, M. Alice. 2014. Forest Landscapes and Global Change: Challenges for Research and Management. Springer-Verlag, New York. 262 pp.
- Bolós, M. de (Dir.). 1992. Manual de ciencia del paisaje. Teoría, métodos y aplicaciones. Ed. Masson, Barcelona. 273 pp.
- Del Peso, C., Bravo, F., 2008. Selvicultura y paisaje. En: Serrada, R., Montero, G., Reque, J. (Eds.). Compendio de selvicultura aplicada en España. Pp. 929-947.
- Perera, H., Sturtevant, B.R., Buse, L.J. 2015. Simulation Modeling of Forest Landscape Disturbances. Springer International Publishing, 321 pp.
- Von Haaren, Ch., Lovett, A., Albert, Ch. (Eds.). 2019. Landscape Planning with Ecosystem Services. Theories and Methods for Application in Europe. Landscape Series, Vol. 24. Springer, 499 pp. ISBN 978-94-024-1679-4.
Complementaria
- Ambroise, R. 2000. Agriculteurs et paysages: dix exemples de projets de paysage en agriculture. Educagri, Dijon, 207 pp.
- Bell, S. 1998. Forest Design Planning. Forestry Practice Guide, Forestry Commission, UK.
- Borobio, M. 2012. Paisaxe galega. Guía de estudos de impacto e integración paisaxística. Xunta de Galicia, 122 pp. Disponible online en:
https://cmatv.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=125772&nam…
- Bouhier, A. 1979. Galicia, ensayo geográfico de análisis e interpretación de un viejo complejo agrario. Biblioteca de Clásicos Agrarios Galegos, Xunta de Galicia.
- Boyer, C.R. 2015. Political Landscapes: Forests, Conservation, and Community in Mexico. Duke University Press, 360 pp.
- Convenio Europeo da Paisaxe, aprobado en Florencia o 20 de outubro de 2000 a proposta do Consello de Europa, entrando en vigor o 1 de marzo de 2004.
- Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.
- Valcárcel, M., Rodríguez, M., Martínez, A., Pérez Alberti, A. 1993. As paisaxes do Camiño Francés en Galicia, Xunta de Galicia.
- Xunta de Galicia. Catálogo das paisaxes de Galicia. Memoria + Grandes áreas paisaxísticas. Disponible online en: https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_Instituto_Estudos_…
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas e específicas recollidas na memoria do título de grado en paisaxe. Traballaranse en particular as seguintes:
Competencias básicas e xerais:
CG8. Comprender as relacións entre o territorio, a cultura, a economía, o clima, as persoas e as edificacións.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público, tanto especializado como non especializado.
CB5. Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades do aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
Competencias transversais:
CT1. Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidad autónoma. Capacidade de análise e síntese. Capacidade para o razoamento e a argumentación. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT2. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio de súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida. Habilidade no manexo das TIC. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada. Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT5. Estimular a capacidade para traballar en equipos interdisciplinarios ou multidisciplinarios, para ofrecer propostas que contribúan ao desenvolvemento sustentable ambiental, económico, político e social.
CT7. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Competencias específicas:
CE47 - Capacidade para inventariar os elementos, describir e valorar unha paisaxe forestal.
CE48 - Coñecemento dos puntos estratéxicos de especial interese paisaxístico desde o punto de vista da paisaxe forestal e propoñer a creación de infraestruturas axeitadas.
A materia corresponde ao segundo semestre do segundo curso do grado en paisaxe. A docencia incluirá, actividades expositivas (30 h) e interactivas (30 h), tanto de laboratorio, como prácticas de campo e unha viaxe de prácticas.
A parte expositiva impartirase en clases maxistrais nas que se explicarán os contidos básicos de forma que sexa posible unha participación activa do alumnado. Incluiranse resumes e análises xerais do estado do arte en temas clave, orientando ao alumno para o acceso á información complementaria no seu traballo persoal. Utilizárase a plataforma USC virtual. As metodoloxías concretas que se aplicarán serán: - Leccións maxistrais participativas. Traballaranse as competencias CG8, CE47, CE48; - Seminarios e conferencias: Traballaranse as competencias: CT2, CT7, CE47, CE48.
En relación á docencia interactiva, as prácticas realizadas durante o curso son de carácter obrigatorio e axudarán ao alumno a unha mellor comprensión da parte teórica. Os traballos prácticos que os alumnos deberán realizar, facilitarán e reforzarán o aprendizaxe dos contidos da materia. Tamén realizarase unha viaxe de prácticas. As metodoloxías concretas que se aplicarán na parte interactiva, serán: - Realización de traballos prácticos e presentacións: Traballaranse as competencias: CB3, CB4, CT1, CE47. - Resolución de problemas prácticos: Traballaranse as competencias: CB5, CT2, CT7, CE48. - Saídas de campo: Traballaranse as competencias CG8, CT5, CE47.
Toda a información sobre a materia, así como, o material empregado, enlaces web, foros para debates, exercicios para o aprendizaxe, e posibles novidades, estarán dispoñibles no campus virtual. Tamén habilitarase un espazo para a entrega de traballos.
Competencias avaliadas:
- Asistencia a clases expositivas e interactivas (obrigatorias, salvo dispensa de asistencia concedida) 10%. Competencias: CB3, CT2.
- Probas escritas: 40%. Competencias cubertas: CG8, CE47, CE48. Cualificación mínima de 4,0 para compensar.
- Realización correcta de traballos propostos e presentación oral: 50%. Competencias: CB3, CB4, CB5, CT1, CT2, CT5, CT7, CE48.
Os alumnos serán avaliados a partir do traballo da materia, a cuxa realización se orientarán a maior parte das prácticas, e terá un peso do 50%, o que se considerará como avaliación continua. Adicionalmente, realizarase unha proba presencial. En todo caso, os alumnos deberán realizar, presentar e aprobar os traballos prácticos que se propoñan, que se procurarán unificar mediante unha focalización nunha área geográfica concreta, a nivel de parroquia rural.
En cuanto á superación da materia na oportunidade extraordinaria de recuperación (Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudiantes e de revisión de calificacións da USC): as condicións serían idénticas, requiríndose a presentación do traballo e a superación da proba online.
No caso de alumnado repetidor, as condiciones serán as mesmas, se ben poderán convalidarse as prácticas e manterse a cualificación da avaliación continua do curso anterior.
No caso do alumnado con dispensa de asistencia, deberá realizar as prácticas obligatorias, incluíndo a viaxe, polo que a dispensa só será aplicable ás clases expositivas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións.
A materia ten un total de 6 créditos. Isto supón un número de horas computables de 150, que se distribúen do xeito seguinte:
a) Distribución da docencia presencial
30h clases expositivas
30h clases interactivas
b) Traballo persoal do alumno
O alumno ten que dedicar 90 horas ao estudo dos contenidos da materia e á comprensión e realización dos traballos prácticos. O desglose en horas non presenciais do traballo persoal, é o seguinte: 22,5 h (Bloque I), 22,5 h (Bloque II) e 45 h (Bloque III).
Materia troncal que comparten dúas áreas de coñecemento, Enxeñaría Agroforestal e Produción Vexetal, polo que a disciplina ten unha visión máis ampla no que afecta ao estudo dos sistemas forestais. O alumno vai estudar unha materia que abarca diferentes aspectos na percepción da paisaxe, para lograr un coñecemento profundo dos sistemas forestais. Recoméndase a asistencia e a participación activa nas clases, así como, a consulta das posibles dúbidas nas titorías. É importante completar os contidos explicados na clase mediante a consulta da bibliografía básica e complementaria.
Ignacio Javier Diaz-Maroto Hidalgo
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- ignacio.diazmaroto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Roque Rodríguez Soalleiro
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- roque.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade