Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia optativa, “Smart Water”, incluíuse no plan de estudios, e particularmente, na mención de Agro-Robótica, co propósito de proporcionar aos estudantes unha formación integral e multidisciplinar no ámbito da automatización do ciclo da auga. A xestión eficiente dos recursos hídricos é un desafío global de gran relevancia, especialmente no sector agrícola, onde a auga é un recurso fundamental para a produción de alimentos. A aplicación de tecnoloxías de automatización e robótica na xestión d auga, ofrece solucións innovadoras para optimizar o uso dos recursos hídricos, mellorar a eficiencia da rega e reducir o impacto ambiental. A materia de "Smart Water" abordará temas como a monitorización e control da calidade da auga, a optimización de sistemas de rega mediante sensores e actuadores, a xestión intelixente de redes de distribución de auga e o desenrolo de sistemas autónomos para a detección e prevención de fugas. De esta maneira, os estudantes adquirirán coñecementos e habilidades avanzadas no deseño, implementación e operación de solucións tecnolóxicas para a xestión sostible da auga no sector agrícola, contribuíndo así ao desenrolo dunha agricultura máis eficiente, produtiva e respectuosa co medio ambiente.
Importancia da xestión da auga como un recurso limitado. Coñecemento do ciclo integral da auga (sistemas de abastecemento y saneamento). Uso da auga na agricultura. Xestión dos recursos hídricos superficiais e subterráneos. Dixitalización do ciclo da auga.
Estes contidos desenrólanse de acordo ao seguinte temario (a asignación dos tempos é unha estimación e as horas asignadas aos contidos teóricos inclúen a realización de problemas ou exercicios prácticos):
Clases expositivas (24 h)
Bloque 1. Uso e xestión da auga (2 h)
Principios da planificación hidrolóxica.
Xestión de recursos hídricos
Bloque 2. Propiedades físicas e químicas da auga (4 h).
Calidade físico, química e biolóxica da auga.
Calidade e Monitorización da calidade da auga
Bloque 3. Principios do uso da auga na agricultura (9 h)
Sistema solo-planta-atmosfera
Sistemas de rega
Sistemas intelixentes xestión do regadío: telecontrol, teledetección, telectura e uso de drons.
Bloque 4. Ciclo integral da auga urbana (5 h)
Principios do abastecemento de auga a un núcleo.
Deseño de redes de distribución.
Monitorización e eficiencia nas redes de distribución de auga. Predición e reparación de fugas.
Drenaxe e sistemas de depuración de augas residuais urbanas
Clases interactivas (24 h)
Práctica 1: Determinación de la calidad del agua y elaboración de documentación. (4 h)
Práctica 2: Conocimiento de los elementos de un sistema de riego (4 h)
Práctica 3: Visita técnica y elaboración de propuesta de robotización: zona de regadío o EDAR (4 h)
Práctica 4: Visita técnica y elaboración de propuesta de robotización: sistemas de control en una cuenca hidrográfica (6 h)
Bibliografía básica:
• DMA (2000). Directiva 2000/60/CE del Parlamento Europeo y del Consejo de 23 de Octubre de 2000, por la que se establece un marco comunitario de actuación en el ámbito de la política de aguas (DO L 327 de 22.12.2000), 2000.
• Real Decreto 907/2007, de 6 de julio, por el que se aprueba el Reglamento de la Planificación Hidrológica.
Pereira, L. S.; de Juan, J.A.; Picornell, M.R.; Tarjuelo, J.M. 2010. El riego y sus tecnologías. CREA-UCLM (Centro Regional de Estudios del Agua. Universidad de Castilla-La Mancha).
• Degrémont (Suez); (1991). Water treatment handbook. (2 Vol.) Degremont S.A. ISBN: 2950398413
• Droste, Ronald L.; (1997) Theory and practice of water and wastewater treatment. Editions Wiley. ISBN: 0-471-12444-3.
• Tejero, I.; Suárez, J.; Jácome, S. y Temprano, J. (2004). Ingeniería Sanitaria y Ambiental (2 Vol.). Univesidad de Cantabria y Universidad de la Coruña. ISBN: 84-89627-68-1
Bibliografía complementaria:
• Hydrologic Engineering Center User's Manual (CPD-74A) Description of the use and application of the program. Current Version: Version 4.8, April 2021 ttps://www.hec.usace.army.mil/confluence/hmsdocs/hmsum/4.8.
• Martín de Santa Olalla, F. y J. De Juan Valero. 1993. Agronomía del riego. Ed. Mundi Prensa. Madrid.
• Hardy, L.; Garrido, A .2010. Análisis y evaluación de las relaciones entre el agua y la energía en España. Papeles de Agus Virtual nº 6, Fundación Botín. Madrid.
American Water Works Association (AWWA); (2002). Manual de calidad y tratamiento del agua. Ed McGraw – Hill. ISBN: 8448132106
• CEDEX ;(2011). Manual para la implantación de sistemas de depuración en pequeñas poblaciones. Edita Ministerio de M. A. A. y M. ISBN: 978-84-491-1071-9
Ao rematar con éxito esta materia, os estudantes serán capaces de:
Coñecemento:
Con117. Coñecer os fundamentos do ciclo integral da auga.
Con118. Entender o funcionamento do sistema solo, planta e atmosfera.
Con119. Coñecer as principais aplicacións da robótica e da agricultura intelixente na xestión integral da auga no ámbito rural.
Destreza:
H/D114. Desenrolar e analizar aplicacións prácticas simples.
H/D115. Efectuar medicións e toma de datos con sensores.
Competencia específica:
Comp08. Capacidade para adaptar os sensores habituais en robótica e os métodos e técnicas para o tratamento da información captada.
A docencia levarase a cabo principalmente mediante lección maxistral apoiada por material que o profesor facilita e pon a disposición dos seus alumnos na aula virtual.
Competencias: Con117, Con118, Con119 e Comp08
Seminarios e resolución de problemas.
Competencias: H/D114, H/D115, Comp08
Realizarase unha visita técnica a unha zona regabel e/ou a unha estación depuradora de augas, dependendo das posibilidades, e outra a un centro de control dunha conca hidrográfica.
Competencias: Con117, Con118, Con119,H/D114, H/D115 e Comp08
Realizarase unha proba escrita, con contidos prácticos e teóricos, ao finalizar a materia e nas datas oficias. Esta proba representará o 70% da nota final, sendo necesario obter un mínimo de 4,5 puntos sobre 10 para poder superar la materia.
Propoñeranse, para a súa resolución e entrega, diferentes exercicios de carácter práctico. A puntuación obtida supoñerá o 30% da nota final e manterase soamente durante o curso académico no que se realicen.
Non se establecen diferentes criterios para as probas extraordinarias de recuperación, así como para os estudantes repetidores (RESOLUCIÓN del 15 de xuño de 2011 por la que se publica la “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno” del 15 de xuño de 2011 - DOG 21 xullo 2011).
Os estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Nestes casos, para aprobar a materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas e probas parciais que estean sinaladas no horario ou que sexan fixadas na clase. Comunicarase a súa celebración e acordarase, en caso de ser necesario, un horario para a realización das mesmas cos afectados. Ademais, tamén se esixirá a entrega dos traballos prácticos propostos.
A realización fraudulenta de algún exercicio o proba esixida na avaliación da materia implicará a cualificación de 0,0 na convocatoria e oportunidade correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor.
A avaliación de competencias realízase segundo se indica:
Proba escrita: Con117, Con118, Con119, H/D114, H/D115 e Comp08
Exercicios:H/D114, H/D115 e Comp08
Actividades presenciais:
Clases expositivas: 24 horas
Clases interactivas (seminarios e visitas): 24 horas
Titorías en pequenos grupos (grupos moi reducidos): 3 horas
Avaliación: 5 horas
Traballo persoal (non presencial)
Lectura e preparación de temas 30 horas.
Realización de tarefas: 18 horas
Elaboración de traballos de curso: 30 horas
Preparación de probas de avaliación 21 horas
Recoméndase a asistencia participativa e activa das clases e o estudo continuado paralelo á impartición da materia.
Maria Teresa Teijeiro Rodriguez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- mteresa.teijeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Tomas Serafin Cuesta Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- tomas.cuesta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade