Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Preténdese que a/o estudante:
- Adquira coñecementos acerca das cuestións e as paradigmas da bioética contemporánea.
- Desenvolva a reflexión crítica e a capacidade resolutiva acerca de problemas éticos que se expoñen actualmente na práctica, a intervención e a experimentación nos campos médico e biolóxico.
- Adquira destrezas de análises e de argumentación mediante o exame e o debate de casos, supostos e argumentos.
- Desenvolva habilidades de formulación de propostas e de resolución de problemas en relación coas cuestións formuladas.
- Mellore as capacidades comunicativas, oral e escrita, potenciando as destrezas para efectuar exposicións en público e realizar traballos por escrito.
A Bioética: xénese, desenvolvemento e perspectivas, espazos, métodos e cuestións.
1) BIOÉTICA: XÉNESE, DESENVOLVEMENTO E PERSPECTIVAS
-----A moral, contexto da bioética
-----A ética, base da bioética
-----Bioética: filosofía, bioloxía, medicina
2) BIOÉTICA E ÉTICA
-----A sexualidade
3) BIOÉTICA E MEDICINA e 4) BIOÉTICA E BIOLOXÍA
-----Espazos: biolóxico, médico
-----Metodoloxías: o principialismo
-----Debates: o paternalismo
5) BIOÉTICA E CÓDIGOS NORMATIVOS
-----Deber moral e práctica médica: a eutanasia
1. BÁSICA
Hottois, G. & Missa, J.N. (dirs.): Nova enciclopedia de bioética. Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela (2005).
2. COMPLEMENTARIA
Belliotti, R.: “La sexualidad”, in P. Singer (ed.), Compendio de ética. Alianza, Madrid (2010), 433-448.
Cortina, A. (ed): Diez conceptos clave en ética. EVD, Pamplona (1994).
De Lora, P. Justicia para los animales. La ética más allá de la humanidad. Alianza Editorial, Madrid (2003).
Ferrater Mora, J.: Ética aplicada. Alianza Editorial, Madrid (1996).
Guisán, E.: Introducción a la ética. Cátedra, Madrid (2010).
Llano, Alejandro: La vida lograda. Ariel, Barcelona (2002).
Precht, Richard David: El amor. Un sentimiento desordenado. Siruela, Madrid (2012).
Sádaba, J.: Diccionario de Ética. Planeta, Barcelona (1997).
Sádaba, J.: El amor y sus formas. Península, Barcelona (2010).
Singer, P. (ed.): Compendio de ética. Alianza, Madrid (2010).
Singer, P.: Ética práctica. Ariel, Barcelona (1984).
Soto, L. G.: “Una idea de moral”, in Ágora. Papeles de filosofía 20/1. Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela (2001), 221-229.
Soto, L. G. & Sánchez Fernández de la Vega, C.: “Verdad y atención al enfermo terminal”, in Revista de Filosofía 38/1. Universidad Complutense, Madrid (2013), 139-158.
Ademais, ao comezo do curso, facilitarase bibliografía específica para temas e/ou cuestións concretos.
1) Xerais
CX2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos que adquiran para identificar, formular e resolver problemas dos nosos tempos.
CX1 - Que os estudantes adquiran capacidades e coñecementos para a análise crítica en relación a achegas investigadoras.
CX3 - Que os estudantes sexan capaces de transmitir coñecementos, ideas orixinais e solucións propostas.
CX4 - Que os estudantes estean capacitados para unha dinámica de reflexión con actitude proactiva e creativa na procura de solucións.
CX5 - Que os estudantes teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos.
2) Básicas
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida auto-dirixido ou autónomo.
3) Transversais
CT1 - Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación.
CT2 - Manexar e analizar criticamente fontes de documentación científica, bibliográfica e dixital.
CT3 - Valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas.
CT4 - Promover o respecto aos dereitos humanos e á diversidade cultural e das persoas, así como desenvolver valores contra as desigualdades de xénero.
4) Específicas
CE1 - Coñecer e comprender formulacións filosóficas relacionadas cos ámbitos temáticos do máster.
CE2 - Desenvolver destrezas que permitan trasladar os coñecementos adquiridos ao ámbito da investigación.
CE3 - Adquirir habilidades para a transmisión e ensino de contidos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
CE4 - Saber aplicar os coñecementos adquiridos na resolución de novos problemas.
CE5 - Ser capaz de: analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, formular xuízos, e deliberar conforme a criterios éticos.
CE6 - Saber expresarse oralmente e por escrito, comunicar, debater e deliberar.
Tanto a docencia como a avaliación requiren plena competencia lingüística, oral e escrita, nalgunha das linguas oficiais, galego ou castelán.
TRABALLO PRESENCIAL NAS AULAS
1.- Docencia expositiva: explicación dos contidos do programa polo profesor, aberta á participación, o confronto e o debate.
2.- Docencia interactiva: Exercicio práctico, consistente primeiro na análise e a discusión, oral e en grupo, e despois no informe individual escrito (comentario e conclusións) acerca dun suposto, relacionado co tema explicado.
Actividades tutoriais grupais: 1ª) realización e avaliación dos exercicios prácticos (1ª semana); 2ª) preparación e realización do exame (4ª semana); e 3ª) valorización dos resultados do exame (6ª semana).
TRABALLO AUTÓNOMO DO/A ESTUDANTE
1.- Estudo: preparación da materia polo/a aluno/a, podendo usárense os materiais recomendados polo profesor ou, previa consulta a este, outros que respondan aos contidos da materia.
2.- Tutorías: consulta e seguimento singularizados ao dispor do/a aluno/a.
1) Avaliación continua
A avaliación continua inclúe (1) o desenvolvemento das sesións e (2) a realización dun exame.
A avaliación das sesións terá en conta a asistencia, a participación e os exercicios realizados. Poderá obterse até 1 punto por cada sesión, computándose da seguinte maneira: asistencia: 0,2 + participación: até 0,3 + informe: até 0,5. Por un informe non presencial poderá obterse até 1 punto. Competencias avaliadas: todas. En especial: Básicas, Transversais, CE6.
O exame será puntuado de 0 a 10. Competencias avaliadas: todas. En especial: Xerais, Específicas.
2) Exames finais
Para poder presentarse ao exame final será necesario realizar o 60% dos exercicios ou estar exento da asistencia ás aulas presenciais.
A superación da materia por medio da avaliación continua exclúe a posibilidade de presentarse ao exame final.
O exame será puntuado de 0 a 10. Competencias avaliadas: todas. En especial: Xerais, Específicas.
Os/as estudantes exentos de asistencia ás aulas presenciais, para superar a materia, deberán realizar os informes preceptivos (dando conta deles nunha sesión oral) e o exame final.
DIMENSIÓNS DA AVALIACIÓN
1) Avaliación continua
Para aprobar, será suficiente con superar 5 puntos e realizar o 80% das sesións. Non será necesario realizar o exame.
Para obter nota (notábel, sobresaliente, matrícula), será necesario realizar o exame. Neste caso, a puntuación mínima outorgada polo exame será 5.
A nota final será a media das puntuacións das sesións (de 0 a 10) e do exame (de 0 a 10).
2) Exames finais
Para poder presentarse ao exame final será necesario realizar o 60% dos exercicios ou estar exento da asistencia ás aulas presenciais.
A superación da materia por medio da avaliación continua exclúe a posibilidade de presentarse ao exame final.
A nota final será a media das puntuacións das sesións (de 0 a 10) e do exame (de 0 a 10).
ESIXENCIA DE ORIXINALIDADE
Se alguén copiar, en calquer momento, suspenderá o curso. Por copiar enténdese: (a) o plaxio, tentar facer pasar por texto escrito por un/ha algún texto escrito por outro (prácticas); (b) responder a cuestións no exame non de memoria, senón mediante o emprego de apuntamentos, bibliografía ou informacións, cuxo uso non está autorizado no exame, ou mediante substitucións sexa da persoa sexa do exercicio.
Tempo de traballo: 75 horas (3 créditos ECTS). Estas horas repártense da seguinte maneira:
1) Horas presenciais semanais: 3 horas (docencia expositiva e interactiva). No total, 21 horas no semestre. Incluíndo 3 horas de tutorías grupais, 24 horas no semestre.
2) Horas non presenciais semanais: 1 hora, recomendada para a leitura dos temas/textos. Aproximadamente, 7 horas no semestre.
3) Tempo de estudo semestral: 51 horas (traballo do/a aluno/a).
1) Leitura previa ás aulas, e releitura posterior, dos textos.
2) Asistencia e participación nas aulas, imprescindibelmente nas clases prácticas.
3) Preparación dos temas marcados seguindo as pautas indicadas.
4) Consulta de dúbidas nas aulas ou en tutorías.
Polo que respecta á actividade formativa (desenvolvemento da docencia, realización de probas, etc.), serán de aplicación todas as disposicións da USC (Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, etc.) e da lexislación xeral atinentes.
Nomeadamente, chámase a atención sobre:
1) Responsabilidade ambiental: “En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia, pídese ter en conta as seguintes indicacións que mellorarán a responsabilidade ambiental no emprego de recursos: Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios; sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados; imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”; non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes, e evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos”.
2) Perspectiva de xénero: “En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá da aula como nos traballos académicos encomendados”.
3) Cadro institucional e privacidade: 1) É obrigatorio o uso da conta de correo rai. 2) É obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade. 3) Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo. 4) Terase en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, entendéndose privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia. 5) É obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos, que se pode consultar aquí:
https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Luis Modesto Garcia Soto
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 881812526
- Correo electrónico
- luisg.soto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Seminario Butler (108) |
26.05.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Nussbaum (109) |
26.05.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Nussbaum (109) |
27.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Nussbaum (109) |
27.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Nussbaum (109) |