Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Historia
Áreas: Área externa M.U en Historia Moderna: Monarquía de España Séculos XVI-XVIII, Historia Moderna
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo da asignatura é lograr que o estudante coñeza as liñas principais da evolución da cultura e a espiritualidad na España moderna nas súas dúas principais vertentes: a letrada ou de élite, e a popular. Dedicarase especial atención a sinalar e explorar os múltiples puntos de contacto e coincidencia entre estas dúas liñas, para evitar calquera vinculación da experiencia cultural con esferas sociais excluíntes. Ao mesmo tempo, preténdese facilitar ao alumno a aprendizaxe na procura da información para presentar as súas reflexións sobre o tema oralmente e por escrito.
Nesta asignatura estúdase a cultura e a relixión na España moderna desde unha perspectiva ampla e diversificada. A parte máis estrictamente cultural comprende as correntes intelectuais máis relevantes da Idade Moderna, e inclúe a análise histórica de textos literarios, de formas de cultura popular como as festas e das prácticas culturais de lectura e escritura. Prestarase atención aos fenómenos relixiosos desde posturas semellantes, que inclúen temáticas tan variadas como as relacións entre as distintas confesións relixiosas ata as formas populares de espiritualidad.
1. Cultura popular e cultura das élites na España Moderna
2. Cultura letrada: alfabetización, hábitos de lectura e institucións de ensino
3. Opinión pública política: textos e representacións
4. Correntes espirituais e prácticas relixiosas
5. Relixión e secularización
- Amelang, J. S., Historias paralelas: Judeoconversos y moriscos en la
España moderna, Madrid, 2011
- Bouza Álvarez, F., Corre manuscrito. Una historia cultural del Siglo de Oro, Madrid, 2001
- Christian, W. A. Jr., Religiosidad local en la España de Felipe II, Madrid, 1991
- García Fernández, E. (ed.), Cultura de élites y cultura popular en Occidente (edades Media y Moderna), Bilbao, 2001
- Marcaida López, J.R, Arte y Ciencia en el Barroco español: historia natural, coleccionismo y cultura visual, Madrid, 2014
- Obradoiro de Historia Moderna, 20 (2011), monográfico “Poder, imagen, opinión pública y propaganda en la Edad Moderna”
- Po-chia Hsia, R., El mundo de la renovación católica, 1540-1770, Madrid, 2010
- Rey Castelao, O., Libros y lectura en Galicia, siglos XVI-XIX, Santiago de Compostela, 2003
- Rodríguez-San Pedro Bezares, L. E. y Polo Rodríguez, J. L. (eds.), Líneas de investigación sobre universidades hispánicas, Salamanca, 2008
- Schwartz, S. B., Cada uno en su ley: Salvación y tolerancia religiosa en el Atlántico ibérico, Madrid, 2010
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS:
G2 - Posuír un coñecemento avanzado dos principais recursos bibliográficos das distintas áreas temáticas e disciplinas que engloban os estudos historiográficos sobre a Monarquía de España, séculos XVI-XVIII.
G4 - Adquirir un coñecemento crítico de relación entre os acontecementos e procesos actuais e os do pasado (Historia Moderna de España)
G5 - Aplicar adecuadamente unha metodoloxía científica propia da Historia, na ejecución de traballos bibliográficos, na elaboración de estados da cuestión, na análise e interpretación das fontes
G7 - Aplicar as novas tecnoloxías á investigación histórica e ao exercicio de traballos propios dos perfís profesionais da titulación
G9 - Ser capaz de comentar, anotar e editar correctamente textos e documentos de acordo cos cánones críticos da historia.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
TRANSVERSALES:
T1 - Identificar e seleccionar a metodoloxía adecuada para formular hipótese, definir problemas e deseñar estratexias de traballo propias da investigación académica
T3 - Ser capaces de deseñar e executar traballos académicos avanzados tanto individual como colectivamente.
ESPECÍFICAS:
E1 - Coñecer e comprender a nivel avanzado os sistemas e as estruturas sociais, económicas, institucionais, culturais, ideolóxicas, relixiosas que configuran os territorios que conformaban a Monarquía de España.
E3 - Comprender e valorar as diferentes perspectivas de investigadores implicados no estudo da Monarquía de España na Idade Moderna, sabendo que proceden de contextos culturais e nacionais diferentes.
E9 - Analizar e interpretar a nivel avanzado documentos históricos dos séculos XVI-XVIII.
-Leccións expositivas teóricas.
-Realización de exercicios de análises ou de recensión
-Traballos prácticos e/ou traballos de campo tutelados polo profesor.
-Seminarios no aula ou a través de foros on-line
-Lecturas tuteladas polo profesor
-Tutorías individuais e de grupo (presenciales e on-line; nacionais e internacionais).
-Exposicións orais por parte dos estudantes de traballos desenvolvidos individualmente ou en grupo.
- Exames orais e/ou escritos (ponderación mínima 20%, máxima 25%)
- Avaliación de traballos prácticos e teóricos (ponderación mínima 40%, máxima 50%)
- Avaliación continua sobre a asitencia e participación en actividades presenciales (ponderación mínima 15%, máxima 25%)
- Avaliación continua sobre a asistencia e participación en seminarios de lectura (ponderación mínima 20%, máxima 30%)
- Participación en tutorías presenciales e virtuales (ponderación mínima 5%, máxima 10%)
- Desenvolvemento dos contidos teórico-prácticos da asignatura, tanto no aula/en liña como en traballos de campo: 30 horas (presencialidad, 100%)
- Comentarios de texto que serán realizados indivualmente ou en grupo: 5 horas (presencialidad, 100%)
- Debates e/ou foros on-line: 10 horas (presencialidad, 50%)
- Estudo autónomo do estudante: 60 horas
- Atención personalizada do traballo autónomo realizado polo alumno: 5 horas (presencialidad, 100%)
- Traballos prácticos de aplicación de nievas tecnoloxías á historia: 15 horas (presencialidad, 35%)
TEMPO ESTIMADO DE TRABALLO DO ESTUDANTE: 125 Horas
Recoméndase a lectura da bibliografía indicada en cada unidade temática
Recoméndase a consulta de revistas especializadas
Recoméndase a consulta de webs de bibliotecas as universidades responsables do título
Recoméndase a consulta das webs especializadas, como o portal documental PARES, o bibliográfico DIALNET, et
1. É importante un nivel suficiente para ler textos en idiomas modernos.
Roberto Javier Lopez Lopez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812612
- Correo electrónico
- robertojavier.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario Historia da Arte |