Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 15 Total: 26
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal desta materia é presentar formas de dixitalizar desde simples obxectos ou documentos de texto ata edificios e información xeográfica. Tratarase como almacenar e xestionar esta información dixitalizada, tanto en texto, video ou audio. A información xeográfica será tratada dun xeito especial, xa que é fundamental para localizar, conservar e manter o patrimonio, tanto cultural como natural.
1. Dixitalización
- Audio, imaxe, vídeo, texto
- Formatos de codificación
2. Xestión e almacenamento
- Bases de datos documentais
- Datos e metadatos
3. Introducción aos sistemas de información xeográfica (SIG, desde o punto de vista da dixitalización e captura da información xeográfica e a sua correcta representación)
- Representación da información xeográfica
- Sistemas de navegación globais
- Infraestructuras de datos espaciais
- Aplicacións SIG
4. LiDAR e fotogrametría - Fundamentos
- Almacenamento de nubes de puntos
- Procesamento, análise e visualización de nubes de puntos
- Aplicacións e ferramentas
Bibliografía básica
- Apuntamentos proporcionados polo profesor
- Sistemas de captura de la información: fotogrametría y teledetección
Arozarena Villar, Antonio ; Otero, I ; Ezquerra Canalejo, Alejandra 2016. (liña)
- LiDAR remote sensing and applications / Pinliang Dong and Qi Chen
Dong, Pinliang autor; Chen, Qi, autor 2018 (ETSE)
Os resultados da apredizaxe, segundo a memoria verificada do título (MVT) son:
Coñecementos:
CON5: Coñecementos sobre a creación e xestión de proxectos patrimoniais no ámbito dixital.
CON7: Coñecementos sobre a virtualización do patrimonio cultural: infografías, realidade aumentada, visualización 3D, xeolocalización, interpretación fotográfica
CON9: Coñecemento de produtos interactivos e apps aplicadas á divulgación e á educación patrimonial
Habilidades:
HAB2: Ser capaz de aplicar o coñecemento na resolución de problemas
HAB4: Ser capaz de identificar fontes de información, recoller e analizar datos e elaborar sínteses en relación con elas.
Destrezas Tranversais:
DES1: Ser capaz de manexar ferramentas tecnolóxicas e informáticas aplicadas á dixitalización do patrimonio
Competencias:
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB4 - Que o alumnado saiba comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns que as sustentan– a públicos especializados e non especializados de forma clara e sen ambigüidades.
CB5 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que será en gran parte autodirixido ou autónomo.
CG3 - Utilizar adecuadamente as ferramentas tecnolóxicas necesarias para a adquisición, tratamento, xestión e difusión do patrimonio cultural dixital.
CG5 - Traballar en equipos interdisciplinares nos ámbitos empresarial, de mercado e institucional da xestión cultural.
CG6 - Crear contidos orixinais no ámbito do patrimonio cultural combinando coñecementos humanísticos e tecnolóxicos.
CT1 - Adaptar o uso e transferencia de coñecementos ás novas situacións derivadas do cambio tecnolóxico.
CT4 - Comprender os valores da igualdade, a sustentabilidade ambiental e o dereito ao acceso en igualdade de condicións aos recursos tecnolóxicos no coidado do patrimonio cultural dixital.
- Clases teóricas, nas que se expón o contido de cada tema. O alumno disporá de copias das transparencias con anterioridade e o profesor promoverá unha actitude activa, realizando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando cuestións abertas para a reflexión do alumno. Nas clases de aula discutirase sobre os contidos xa publicados e realizaranse explicacións sobre os contidos máis complexos. Está orientada a la presentación de los contenidos teóricos de la materia, fundamentalmente á lección maxistral. Tamén se pode utilizar un modelo híbrido combinando a clase presencial con outros recursos didácticos e audiovisuales a través do Campus Virtual/Moodle.
- Clases prácticas na aula de informática, que permiten ao alumno familiarizarse desde un punto de vista práctico coas cuestións expostas nas clases teóricas.
- Traballo tutelado: Realización por parte do alumno dun traballo sobre temas da materia
- Proba obxectiva: Exame presencial da totalidade dos contidos na data oficial de exame da materia.
Actividades formativas de carácter presencial e a súa relación coas competencias da titulación
- Clases teóricas: impartidas polo profesor e exposición de seminarios. Competencias traballadas: CB2, CG3.
- Clases prácticas de laboratorio, resolución de problemas e casos prácticos. Competencias traballadas: CB2, CB4, CB5, CG3.
- Titorías programadas: orientación para a realización dos traballos individuais ou en grupo, resolución de dúbidas e actividades de avaliación continua. Competencias traballadas: CG5, CT1, CT4
Actividades formativas de carácter non presencial e a súa relación coas competencias da titulación:
- Traballo persoal do alumno: consulta de bibliografía, estudo autónomo, desenvolvemento de actividades programadas, preparación de presentacións e traballos. Número de horas: 71,5. Competencias traballadas: CT4, CE13, CB5.
Oportunidade ordinaria:
Contribución á nota final e criterios de avaliación:
- Prácticas de laboratorio: 60% da nota (30% avaliación contínua, 30% realización de prácticas e entrega de memorias)
Os alumnos abordarán a resolución de diversos problemas propostos na aula de informática. Deberán realizar traballos nos que se presenten os resultados obtidos. Varios destes traballos serán de entrega obrigatoria e outros opcionais, que permitirán subir a nota. Todos os traballos deberán ser entregados antes das datas que se especificarán e deberán cumprir uns requisitos mínimos de calidade para ser tidos en consideración. Valorarase o grao de cumprimento das especificacións, a metodoloxía e rigorosidade e a presentación de resultados.
- Exposición oral e defensa de traballos: 10% da nota.
- Exame teórico: 30% da nota.
Para superar a materia, debe conseguirse unha puntuación total de 5 ou superior. É imprescindible para aprobar ter entregado todas as prácticas indicadas como obrigatorias. Para poder sumar as tres notas o estudante deberá obter unha nota mínima de 3,5 sobre 10 na proba obxectiva. Se non obtén esta nota mínima, a nota da materia será a correspondente a nota da proba obxectiva.
Os alumnos que non sexan de nova matrícula non conservan notas de cursos anteriores.
Oportunidade de recuperación (Xullo) e extraordinaria:
O estudante ten que facer o exame da proba obxectiva nestas convocatorias,
sendo os criterios para obter a nota total os indicados ó principio deste
apartado. Poderá entregar o traballo tutelado, o entregara ou non con
anterioridades, e a nota do traballo entregado sustituirá a que teña previamente
neste apartado. En canto a nota obtida nos traballos na clase manterase,
non podendo recuperar esta parte da nota que se corresponde co traballo feito nas clases.
Condición para cualificación de Non Presentado: non presentarse ao examen teórico.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (USC). En calquiera entrega na que se detecte plaxio, a entrega será valorada cun cero. O plaxio na proba obxectiva será sancionado dacordo coa normativa vixente da universidade de matriculación.
- Clases teóricas/maxistrais: 8 h presenciais + 24 h traballo autónomo do alumno
- Clases de prácticas: 12 h presenciais + 12 h traballo autónomo do alumno
- Titorías y actividades de avaliación: 2 h presenciais + 16 h traballo autónomo do alumno
- Total: 75 h
Debido á forte interrelación entre a parte teórica e a parte práctica, e á progresividade na presentación de conceptos moi relacionados entre si na parte teórica, é recomendable dedicar un tempo de estudo ou repaso diario.
- As ferramentas software utilizadas nesta materia son de fontes abertas ou gratuitas.
- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
- A materia impartirase en galego.
Oscar Garcia Lorenzo
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Correo electrónico
- oscar.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 04 de Informática |
Xoves | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 04 de Informática |
21.05.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
03.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |