Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 22 Total: 40
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Arqueoloxía, Historia Contemporánea
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo desta materia é definir e explicar o que o patrimonio é dende unha perspectiva histórica e atendendo aos procesos políticos, sociais e culturais de construción e delimitación do que entedemos por patrimonio dende o noso presente.
Unha vez abordados os aspectos teóricos e conceptuais, proporcionarase ao estudantado diversos exemplos (casos de estudo) que permitan a aplicación, reflexión e discusión na práctica das ferramentas analíticas coas que se familiarizou na primeira parte da materia.
1- ¿Qué entendemos por patrimonio? Fundamento, teoría, usos e tipoloxías dende a historiografía.
2- Concepto e fundamento histórico do patrimonio como decisión de sucesivos presentes para preservar, herdar e conservar un pasado seleccionado política, social e culturalmente.
3- Usos públicos, sociais e políticos da historia como construción cultural dun pasado colectivo.
4- Un enfoque concreto. Documentos persoais e escritura popular: subalternidade, vida cotiá e patrimonio.
5- O patrimonio arqueolóxico como exemplo de vinculación e identidade patrimonial nas comunidades locais.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
AMELANG, J.S. (coord.), De la autobiografía a los ego - documentos: un fórum abierto, Cultura Escrita y Sociedad, 1, 2005.
CARRERAS-FORCADELL (eds.), Usos públicos de la Historia, Madrid, 2003.
GUHA, R., Las voces de la Historia y otros estudios subalternos, Barcelona, Crítica, 2002.
HODKING, K.; RADSTONE, S. (eds.), Contested Pasts. The Politics of Memory, London, Routledge, 2002.
Mc. MILLAN, M., Juegos peligrosos. Usos y abusos de la Historia, Barcelona, 2010.
PAUL, Henry, La llamada del pasado. Claves de la teoría de la historia, Zaragoza, Fernando el Católico, 2016.
PLUMMER, K., Los documentos personales: introducción a los problemas y bibliografía del método humanista, Madrid, Siglo XXI, 1990.
TENORIO TRILLO, M., La historia en ruinas. El culto a los monumentos y su destrucción, Madrid, Alianza Editorial, 2023.
TROUILLOT, M.R., Silenciando el pasado. El poder y la producción de la Historia, Granada, Comares, 2017.
Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenovlemento e/ou aplicación de ideas, a cotío nun contexto de investigación.
Que os estudiantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
Que os estudantes sexan quen de integrar coñecementose enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
Construír, xestionar e difundir o patrimonio dixital e o tratamento dixital do patrimonio en todas as súas acepcións.
Aplicar o coñecemento na implementación de proxectos patrimoniais no entorno dixital.
Utilizar axeitadamente as ferramentas tecnolóxicas necesarias para a adquisición, procesado, xestión e difusión do patrimonio cultural dixital.
Traballar en equipos interdisciplinares en ámbitos empresariais de mercado e institucionais de xestión cultural.
Facer fronte de forma activa á resolución de problemas no entorno social e de mercado.
Adquirir un compromiso ético coas diversas formas de comunicación en entornos dixitais.
Comprender os valores da igualdade, sostenibilidade ambiental e o dereito ao acceso equitativo aos recursos tecnolóxicos no coidado do patrimonio cultural dixital.
Clase maxistral.
Planteamento e resolución de problemas/casos prácticos por parte do profesor.
Realización de experimentos e outros traballos en seminario.
Resolución de problemas individualmente ou en grupo por parte dos alumnos e exposición dos resultados acadados.
Traballo persoal do alumnado en forma de TRABALLOS ESPECÍFICOS solicitados polos docentes que materialicen os resultados: 70% da cualificación.
Participación nas aulas, lecturas e discusións de seminario: 30% da cualificación.
Docencia teórica: 15
Docencia interactiva seminario: 20
Docencia interactiva laboratorio: 2
Titorización personalizada: 3
Horas de traballo do estudante: 30
TOTAL: 70 horas
- Preparación das lecturas correspondentes ás clases interactivas.
- O traballo dos estudantes terá un seguimento por parte dos profesores polo que se recomenda que os alumnos empreguen as horas de titorías para consultas con respecto a calquera apoio que precisen sobre a materia.
Contémplanse a realización dunha saída de campo no mes de outubro ao Museo do Pobo Galego.
Aplicarase a normativa antiplaxio da USC, incluído o uso fraudulento de ferramentas de intelixencia artificial (IA).
Daniel Lanero Taboas
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812593
- Correo electrónico
- daniel.lanero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Carlos Sanchez Pardo
- Departamento
- Historia
- Área
- Arqueoloxía
- Teléfono
- 881812561
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 16 |
Martes | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Aula 16 |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Aula 16 |
07.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |