Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 10 Total: 20
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Antropoloxía Social
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
o Coñecer e analizar as políticas e os programas de xestión turística e ver as súas aplicacións.
o Aprender a deseñar rutas turísticas de interese cultural aplicando a metodoloxía da investigación etnográfica.
o Revalorizar a propia cultura e aprender a valorar a riqueza cultural de diferentes países con obxecto de contribuír ao progreso baseado en valores de respecto por outras culturas.
BLOQUE I: Conceptos e problemas abordados desde as ciencias sociais sobre o turismo.
• Os estudos sobre turismo nas ciencias sociais.
• Experiencias turísticas da modernidade avanzada.
BLOQUE II: Programas e experiencias turísticas.
• Programas turísticos internacionais de hoxe.
• Turismo e identidades culturais.
• Introdución ao marqueting turístico.
Bouquet, M.- Winter, M. (eds) (1987) Conflict and practice in rural tourism. Avebury: Aldershot.
Clifford, J. (1999) Itinerarios transculturales. Barcelona: Gedisa.
García Álvarez, L. B. (2018) Conoce y vive tu patrimonio. Guía de rutas, Laviana, Ayuntamiento de Laviana.
García Canclini, N. (1993) “Los usos sociales del patrimonio cultural” en Florescano E. (comp.) El patrimonio cultural de México. México: Fondo de Cultura Económica.
García Henche, B. (2003) Marketing del turismo rural. Madrid: Pirámide.
Geertz, C. (1996) Tras los hechos. Barcelona: Paidós.
Hannerz, U. (1998) Conexiones transnacionales. Barcelona: Grijalbo.
Hernández Ramírez, J. (2011) “Los caminos del patrimonio. Rutas turísticas e itinerarios culturales”, Pasos. Revista de Turismo y Desarrollo Cultural, vol. 9, núm. 2, pp. 225-236.
Lash, S. – Urry, J. (2003) Economías de signos y espacios. Barcelona: Amorrortu.
Lévi-Strauss, C. (1962) Tristes trópicos. Barcelona: Grijalbo.
MacCannell, D. (2003) El turista. Barcelona: Melusina.
MacCannell, D. (2007) Lugares de encuentro vacíos. Barcelona: Melusina.
Prats, Ll. (2011) “La viabilidad turística del patrimonio”, Pasos. Revista de Turismo y Desarrollo Cultural, vol. 9, núm. 2, pp. 249-264.
Prats, Ll. (2003) “Patrimonio +turismo = desarrollo?”, Pasos. Revista de Turismo y Desarrollo Cultural, vol. 1, núm. 2, pp. 127-136.
Ruiz-Ballesteros, E. (2015) “Turismo de base local y comunidad”, Revista Andaluza de Antropología, núm. 8, pp. 19-44.
Salvatierra Jimeno, P. (2008) “La asignación de valor cultural al producto turístico y sus contradicciones”, Revista Electrónica de Geografía y Ciencias Sociales, vol. XII, núm. 270 (95). Santana Talavera, A., J. Martínez Montoya e X. S.
Rodríguez Campos (2002). Recreaciones medioambientales, políticas de desarrollo y turismo. Barcelona: Faaee-ICA.
Rodríguez Campos, X. – Santos Solla, X.M. (2006) Galicia, Terranova and Labrador. Universidade de Santiago de Compostela.
Santana Talavera, A. (2003), “Turismo cultural, culturas turísticas”, Horizontes Antropológicos, Ano 9, núm. 20, pp. 31-57.
Smith, V. (1989). Anfitriones e invitados. Antropología del Turismo. Barcelona: Itsmo.
Toxo-Asorei, R. e Inês Gusman (2018), “O posicionamento territorial a partir dos Itinerarios Culturais: o caso de Arzúa nos camiños de Santiago”, SÉMATA, Ciencias Sociais e Humanidades, vol. 30, pp. 213-232.
Con04: Coñecer a tipoloxía de políticas culturais públicas e privadas das que se nutre a sociedade contemporánea, así como a súa significación histórica, alcance e repercusións na contemporaneidade e o seu valor no deseño de proxectos de programación cultural.
H/D02: Analizar a información dispoñible sobre as realidades da cultura, con vistas á súa transmisión á sociedade e en función dos obxectivos fixados en cada caso e das circunstancias relacionadas coas persoas receptoras desta.
Comp02: Competencia para promover a converxencia entre os proxectos e iniciativas culturais deseñados e as principais directrices transnacionales elaboradas para estes (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, Axenda 2030 e outros)
As clases da materia poderán ser seguidas polo alumnado de xeito presencial, na aula fixada para tal fin no recinto da Facultade de Humanidades, ou ben mediante conexión síncrona á tecnoloxía de streaming (MSTeams).
Atendendo ao carácter virtual da materia, para o seu seguimento empregaranse a aula virtual e a plataforma Teams como ferramentas principais para a docencia de forma asíncrona e síncrona, respectivamente. A través das mesmas, desenvolveranse tanto as sesións expositivas e interactivas da materia como a activación de calquera outro recurso didáctico que permita a aprendizaxe do alumnado.
A metodoloxía docente desta materia participa dun sistema mixto baseado, principalmente, na combinación de tres liñas xerais de traballo. A primeira, supedítase á exposición dos conceptos teóricos máis relevantes da disciplina por parte da docente coa axuda dos materiais proporcionados a través do campus virtual. En segundo lugar, a través das tarefas potenciarase a participación activa do alumnado que deberá realizar unha serie de actividades complementarias e participar na elaboración de materiais para o estudo da materia co obxecto de expoñelos perante os seus compañeiros, co que se facilitará a ampliación de coñecementos á vez que servirá como repaso para os contidos desenvolvidos por parte da docente e os dos compañeiros. En terceiro lugar, o estudo autónomo dos discentes e as horas de traballo persoal e, polo tanto fóra da aula, permitirán que aqueles sexan capaces de acadar un grao de coñecemento óptimo dos contidos da disciplina, participar activamente na aula virtual, elaborar con rigor os epígrafes do programa encomendados para a súa preparación, así como as distintas tarefas individuais ou grupais, e, en síntese, superar positivamente a avaliación da materia.
No transcurso da docencia atenderase, na medida do posible, á realización de saídas de campo.
As consultas realizadas polo alumnado serán atendidas mediante o envío dun correo de resposta nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos e a súa resolución antes de sete días lectivos, sempre e cando a docente non se atope de permiso.
) Proba teórica de conxunto. Na data sinalada polo calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade realizarase unha proba escrita na que os alumnos serán examinados sobre os temas que conforman o programa da materia e da que formarán parte os contidos teóricos e prácticos desenvolvidos nas clases. Dita proba computará por valor do 10% da cualificación final. Resultados da aprendizaxe avaliados: Con04 e H/D02.
2)Traballos individuais ou en conxunto: o alumnado deberá entregar un dossier co traballo final da materia (60%) e realizar as tarefas periódicas indicadas na aula (30%) para poder superar esta parte da avaliación. Resultados da aprendizaxe avaliados: : Con04, H/D02 e Comp02.
A realización de todas as actividades de avaliación continua é obrigatoria e sen a súa entrega, en tempo e forma, non será posible superar a materia. A avaliación positiva de certas actividades (exame, traballo individual e actividades prácticas persoais) poderá ser conservada para a oportunidade de recuperación e/ou durante dous cursos académicos, sempre que o profesorado da materia así o considere.
Todas as probas de avaliación, agás as probas teóricas de conxunto (exame), serán realizadas a través da aula virtual de tal xeito que non se require un procedemento específico para a avaliación do alumnado que conte con dispensa de asistencia.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación da materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración e sen citas aos autores e das fontes.
Horas presenciais: 10.
Horas non presenciais síncronas: 6.
Horas non presenciais asíncronas: 8.
Horas traballo persoal: 51.
Recoméndase unha dedicación continuada ao estudo da materia e un seguimento frecuente da aula virtual.
Participar nas sesións e realizar as tarefas dentro dos prazos fixados.
A adquisición dun hábito lector áxil e eficaz, xunto cunha actitude crítica e analítica dos textos e materiais propostos pola docente.
Uns mínimos coñecementos informáticos que permitan ao alumnado un correcto seguimento da materia.
O uso do Campus Virtual da USC é unha ferramenta imprescindible para o desenvolvemento da materia.
Lingua na que se imparte a materia: galego.
Elena Freire Paz
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Correo electrónico
- elena.freire [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 |
03.06.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
26.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |