Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 10 Total: 20
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Formulación da materia
1. Obxectivos xerais: Análise e comprensión dos trazos esenciais que definen o tempo presente e dos principais retos do mundo actual: cambios económicos, sociais, políticos, culturais e ambientais. Comprensión de como a partir deses trazos se constrúe un imaxinario colectivo entendido como conxunto de valores, prácticas, inquietudes e razoamentos que configuran os sinais de identidade da sociedade actual.
2. Obxectivos específicos: Interpretación e análise dos principais problemas que, xurdidos no tránsito dos anos 90 e o novo século XXI, condicionan o mundo que vivimos e a percepción que del temos: a globalización neoliberal e os seus mecanismos de actuación; a definición dunha nova "orde mundial"; os conflitos internacionais e os novos espazos xeoestratéxicos e políticos; o progreso material e a desigualdade na súa repartición; os grandes retos do século XXI.
Contidos
1.- A explicación histórica do noso tempo: Delimitación, conceptos e terminoloxía. O fin das certezas: cambio permanente e “crise estable”. As “preocupacións universais” e a cosmovisión occidental.
2. A globalización actual e as súas múltiples interconexións. Globalización e economía: o neoliberalismo e a novo paradigma: ”riqueza globalizada e pobreza localizada”; efectos e disparidade do desenvolvemento económico; as desigualdades internacionais e nacionais. Globalización e política: os organismos internacionais, os poderes transnacionales e o futuro dos estados-nación. Globalización e cultura: cultura de masas, pensamento único e homoxeneización cultural.
3. A desorde económica mundial: triunfo e crise do capitalismo. A dobre crise: financeira e agraria. A crise e a expulsión social. O fin do estado do benestar.
4. A nova “desorde internacional”. A disolución do sistema bipolar e a configuración do sistema internacional. Os novos espazos estratéxicos e políticos. Políticas vellas para tempos novos. O unilateralismo e a dimensión militar da política estadounidense. O 11-S como detonante: os casos de Afganistán e Iraq.
5. A permanencia da guerra. Vellos e novos conflitos, vellos e novos inimigos. Análise dun conflito concreto: Oriente Medio. A permanencia do medo: a carreira nuclear e armamentística.
6. As fracturas do mundo global: pobreza e exclusión, os factores da exclusión. Fractúraa Norte/Sur e os malos tratos a África. Xeopolítica da fame. As migracións internacionais: causas, reaccións e políticas nacionais; a “blindaxe” dos países ricos: o Directiva Retorno (2009) como exemplo. O gran reto da diversidade cultural.
7. A crise ecolóxica e as crises alimentarias. O esgotamento das reservas; os problemas da auga e a desertificación; o desigual acceso ás riquezas da Terra. Superpoblación e escaseza de alimentos: unha escaseza fabricada?; biopiratería, “agronegocios” e crises alimentarias; a fame no século XXI: unha arma de destrución masiva.
ESTEFANIA, J. (2007): la mano invisible. El gobierno del mundo , Aguilar, Barcelona.
- (2011): La economía del miedo, Galaxia Gutenberg, Barcelona.
- (2015): Estos años bárbaros, Galaxia Gutenberg, Barcelona.
ESTEVEZ, C., TAIBO, C. (2008): Voces contra la globalización, Crítica, Barcelona.
FONTANA LAZARO, J. (2011): Por el bien del imperio. Una historia del munso desde 1945, Pasado y Presente, Barcelona.
GIDDENS, A. (2000): Un mundo desbocado. Los efectos de la globalización en nuestras vidas. Taurus, Madrid.
HEED, D., McGREW, A. (2003): Globalización/Antiglobalización. Sobre la reconstrucción del orden mundial, Paidós, Barcelona.
HOBSBAWM, E. (2019): Un tiempo de rupturas. Sociedad y cultura en el siglo XX, Crítica, Barcelona.
KALDOR, M. (2001): Las nuevas guerras: violencia organizada en la era global, Tusquets, Barcelona.
NADAL GAYA, C. (2013): El mundo después del 11-S. diez años que interpretan los problemas actuales (2000-2010), Milenio, Lleida.
NAÏR, S (2003): El imperio frente a la diversidad del mundo, Debolsillo, Barcelona.
- (2007): Y vendrán ... Las migraciones en tiempos hostiles, Planeta, Barcelona.
- (2010): La Europa mestiza. Inmigración, ciudadanía, codesarrollo, Galaxia Gutenberg, Barcelona.
- (2016): Refugiados. Frente a la catástrofe humanitaria, una solución real, Crítica, Barcelona.
PETRAS, J. (2011): Imperialismo y barbarie, Txalaparta, Tafalla (Navarra).
RAMONET, I. (2002): Las guerras del siglo XXI: nuevos miedos, nuevas amenazas. Mondadori,Barcelona.
- (2016): El imperio de la vigilancia, Clave intelectual, Madrid.
SARTORI, G. (2003): La sociedad multiétnica. Pluralismo, multiculturalismo, extranjeros e islámicos, Taurus, Madrid.
SEGURA, A. (2004): Señores y vasallos del siglo XXI. Una explicación de los conflictos intenacionales. Alianza, Madrid.
STIGLITZ, J.E. (2006): El malestar de la globalización, Punto de Lectura, Madrid.
-(2006): Cómo hacer que funcione la globalización, Taurus, Madrid.
-(2012): El precio de la desigüaldad. El 1% de la población tiene lo que el 99% necesita, Taurus, Madrid.
TAIBO ARIAS, C. (2003): Cien preguntas sobre el nuevo desorden, Suma de Letras, Madrid.
-(2003): Globalización neoliberal y hegemonía de Estados Unidos, Arco Libros, Madrid.
VV.AA. (2014): Las claves del mundo actual. Una historia global desde 1989, Síntesis, Madrid.
VV.AA. (2016): Historia actual del mundo. de la posguerra a la cultura global, Síntesis, Madrid.
WALLERSTEIN, I. (2005): La decadencia del imperio. EEUU en un mundo caótico, Txalaparta, Tafalla (Navarra).
ZIEGLER, J. (2012): Destrucción masiva: geopolítica del hambre, Península, Barcelona.
- Con01 Coñecer en profundidade os trazos esenciais que definen o tempo presente e os principais retos do mundo actual
- H/D01 Buscar información acerca das realidades da cultura en formatos diversos, desde a consciencia das circunstancias derivadas da dixitalización da información e da relevancia dos formatos académicos
- Comp01 Competencia para detectar posibles rumbos discriminatorios na confección de proxectos e iniciativas culturais, ben sexa por razón de raza, xénero ou diversidade funcional das persoas
Entre as metodoloxías didácticas previstas na Memoria do Título, utilizaranse as seguintes:
Resolución de problemas
Presentacións na aula
Estudos de casos
Debate
Aprendizaxe colaborativa
Metodoloxía baseada na investigación
Programaranse 10 horas de docencia expositiva presencial e 6 horas de docencia virtual síncrona. As horas de docencia non presencial síncrona figurarán nos horarios oficiais e transmitiranse pola ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams) para garantir o seu seguimento a distancia. Habilitarase un espazo na facultade para impartir esta docencia non presencial síncrona de forma que na súa transmisión por streaming se utilicen a rede de datos e os recursos tecnolóxicos institucionais. Este mesmo espazo
será posto a disposición do alumnado que desexe seguir estas sesións desde as instalacións da universidade, sen que isto afecte ao carácter non presencial desta actividade formativa síncrona. Estas sesións de docencia non presencial síncrona serán utilizadas pola docente para realizar aquelas actividades que considere máis adecuadas para guiar e axudar ao alumnado no seu proceso formativo. Todos os recursos e materiais utilizados nestas sesións de docencia síncrona poranse a disposición de todo o alumnado a través da aula virtual.
Todos os recursos e materiais planificados polo profesorado estarán dispoñibles para todo o alumnado a través da aula virtual, que será a vía preferente para todos os envíos e comunicacións entre o alumnado e o profesorado. O alumnado da modalidade híbrida deberá planificar e organizar coidadosamente o tempo dedicado semanalmente a cada unha das materias nas que está matriculado e debe entrar nas aulas virtuais, como mínimo, unha vez por semana para realizar o seguimento continuo e constante imprescindible nesta modalidade de ensinanza.
O profesorado deberá atender adecuadamente as consultas realizadas polo alumnado mediante o envío dun correo de resposta nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos e a súa resolución antes de sete días lectivos, sempre e cando o profesorado non estea desfrutando dalgún permiso.
1. Participación na aula presencial ou virtual (10%)
2. Actividades de avaliación continua (traballos, exposicións, etc.) individuais ou grupais (60%)
3. Prueba (oral ou escrita, ou combinación de ambas as dúas) (30%)
Para superar a materia é preciso acadar un mínimo do 50% da cualificación en cada un dos tres apartados anteriores.
Para a segunda oportunidade, os criterios de avaliación serán os mesmos ca en primeira oportunidade. No caso de que algún dos apartados da avaliación fose superado en primeira oportunidade, respectaranse as cualificacións obtidas e deberán recuperarse os apartados non superados.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
O/a estudante deberá dedicar as horas necesarias para o estudo e a elaboración das actividades de avaliación programadas, desenvolvendo a capacidade para planificar o seu tempo e para organizar os seus esforzos de modo que poida progresar na monitorización da súa aprendizaxe autónoma. O/A docente proporcionará ao alumnado todos os recursos e indicacións necesarias para guiarlle nese proceso. Así mesmo, proporcionará aos/as estudantes todos os materiais necesarios e as referencias das fontes bibliográficas e recursos dixitais que deban consultar. A aula virtual será un espazo adecuado para compartir toda esta información de guía e apoio na aprendizaxe autónoma dos/as alumnos/as.
Todos os recursos e materiais planificados polo/a docente estarán dispoñibles para todo o alumnado a través da aula virtual, que será a vía preferente para todos os envíos e comunicacións entre os alumnos/as e o profesorado. O alumnado da modalidade híbrida deberá planificar e organizar coidadosamente o tempo dedicado semanalmente a cada unha das materias nas que está matriculado e debe entrar nas aulas virtuais, como mínimo, unha vez por semana para realizar o seguimento continuo e constante imprescindible nesta modalidade de ensino.
Maria Pilar Lopez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- mpilar.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 14 |
13.01.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
09.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |