Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 10 Total: 20
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U en Servizos Culturais (L) (4ªed)
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Coñecer os procesos de implementación dos proxectos culturais no ámbito do museo.
-Coñecer os criterios de avaliación de proxectos culturais: diversidade de axentes implicados neste proceso.
-Interactuación do alumnado con profesionais da xestión cultural.
-Interactuación do alumnado con espazos e equipamentos culturais, mediante a posible organización de visitas técnicas fóra da aula.
-Entender o museo como espazo de inclusión social e de interacción con colectivos específicos.
1. Concepto de proxecto cultural: estrutura, tipoloxía e avaliación.
2. Avaliación de proxectos culturais para o cumprimento da ODS Axenda 2030.
3. Elaboración de proxectos culturais en ámbitos diversos: titorización e valoración.
Ministerio de Cultura y Deporte. (2020) Cartografía de proyectos. Recuperado de https://culturayciudadania.es/
Quiroga, Fran (2019): “Hacia una cultura en extensivo”, Cultura y Ciudadanía. Pensamiento (Ministerio de Cultura y Deporte). Recuperado de https://culturayciudadania.culturaydeporte.gob.es/dam/jcr:f6d136e6-e34c…
SEGIB (2016). Guía para la transversalización de la perspectiva de género en los programas, iniciativas y proyectos adscritos de la Cooperación Iberoamericana. Madrid, Secretaría General Iberoamericana. Recuperado de: https://www.segib.org/wp-content/uploads/GUIA-TPG-ESP-WEB.pdf
Consejo Internacional de Museos. (2020) ICOM. Recuperado de https://www.icom-ce.org/
Universidad Nacional de Cuyo. (2005) Formulación de Proyectos Culturales. Recuperado de: https://bdigital.uncu.edu.ar/objetos_digitales/1098/fproyectosc.pdf
REDS (2020) Cultura y desarrollo sostenible. Aportaciones al debate sobre la dimensión cultural de la Agenda 2030. Recuperado de https://reds-sdsn.es/nueva-publicacion-cultura-desarrollo-sostenible
Conforme á normativa vixente (RD 822/2021) se desenvolverán os seguintes:
Coñecementos:
-Coñ12: Coñecer as características fundamentais dun proxecto cultural en función das súas finalidades e destinatarias/os.
Competencias:
-Comp02: Competencia para promover a converxencia entre os proxectos e iniciativas culturais deseñados e as principais directrices transnacionais elaboradas para estes (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, Axenda 2030 e outros)
-Comp04: Competencia para deseñar propostas que contribúan á dinamización do territorio e a diversificación produtiva das comunidades, tanto en espazos urbáns como rurais.
A modalidade híbrida na que se imparte a docencia combina a docencia presencial en aula, a docencia non presencial-síncrona e as titorías non presenciais-síncronas
Cada sesión de docencia, presencial e non presencial-síncrona ten unha duración de 2 h.
DOCENCIA PRESENCIAL en aula: 10 horas
Distribuidas segundo o horario oficial, nas 5 primeiras semanas do segundo semestre.
DOCENCIA NON PRESENCIAL-SÍNCRONA, por videoconferencia. Impartidas a través da ferramenta institucional de videoconferencia (Ms Teams): 6 horas. Distribuidas segundo o horario oficial, nas 3 semanas seguintes do segundo semestre.
*Se habilitará un espazo na facultade para impartir esta docencia e para o alumnado que desexe seguir estas sesións dende as instalacións da universidade, sen que isto afecte ao caracter non presencial desta actividade formativa síncrona.
Seguindo o definido na memoria do título, algunas das metodoloxías que poderán ser aplicables a esta materia serán:
Clase maxistral, resolución de problemas, presentación en clase, estudo de caso, debates, saídas de estudos, apredizaxe colaborativa, aprendizaxe baseado en proxectos, puidendo adoptarse calqueira outra metodoloxía que a/o docente estime oportuna no seu método docente.
Titorías personalizadas:
A docente habilitará unha hora semanal para titorías non presenciais-síncronas. As titorías están destinadas ao seguimento da aprendizaxe e control da realización de actividades dos/as alumnos/as por parte da profesora encargada da docencia. Tamén se presentan como recurso para resolución de problemas ou clarificar os conceptos básicos relacionados coa materia e coa actividade autónoma do alumnado. Estas titorías poden realizarse individualmente ou en grupo pequeno. Se realizarán por medio da ferramenta institucional habilitada para tal fin (MsTeams). Non obstante, se recomenda programar a reunión con anterioridade, dirixindo un correo electrónico á docente.
O material de traballo poñerase a disposición do alumno/a na Aula Virtual correspondente á materia do Campus Virtual.
As consultas formuladas polo alumnado a través do correo electrónico institucional, serán atendidas adecuadamente nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos e a súa resolución antes de sete días lectivos, sempre e cando a profesora non estea desfrutando dalgún permiso.
A avaliación levarase a cabo do seguinte xeito:
En primeira e segunda oportunidade o sistema de avaliación réxese polo principio da avaliación continua e axústase ás seguintes porcentaxes:
1.- Participación activa na aula virtual (titorías, chats, foros e debates e outras ferramentas virtuais): 20% da cualificación.
2.-Actividades na aula virtual (traballos e exposicións): 40% da cualificación.
3.- Exame final da materia, no día e hora fixados no calendario oficial de exames da Facultade: 40% da cualificación.
Dispensa:
Aquel alumnado a quen lle sexa concedida a dispensa de asistenza a clase (Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre la dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), deberá poñelo en coñecemento da docente, para programar unha titoría co/coa docente responsable, onde se lle darán as indicacións oportunas, seguindo as instrucción dispostas na memoria de título.
Plaxio e realización fraudulenta de exercicios:
Para os casos de plaxio e realización fraudulenta de exercicios ou probas, así como no suposto de uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas, será de aplicación o establecido na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Docencia expositiva: 16 horas.
-Presenciais: 10 h.
-Non presenciais-síncronas (int. seminarios): 6 horas
Titorías personalizadas: 4 horas.
Traballo persoal do/a alumno/a: 51 horas
-Aprendizaxe virtual e estudo: 31 horas
-Preparación de traballos: 10 horas
-Preparación de exames: 10 horas
-Asistenza e atención nas clases presenciais e non-presencial síncrona.
-Participación e actividade colaborativa do alumnado.
-Constancia no estudo da materia.
-Revisión frecuente do Campus Virtual e do correo electrónico corporativo.
-Realización das tarefas e actividades programadas en tempo e forma.
Habilitarase a aula virtual do Campus Virtual como plataforma para o envío de todos os materiais docentes e dos traballos do alumnado.
Como reforzo aos contidos da materia e parte do traballo do alumnado existe a posibilidade de programar “prácticas de campo”: visitas a museos, exposicións temporais, patrimonio cultural, asistencia a actividades ou eventos de interese para a materia...
Encarna Lago González
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Servizos Culturais (3ª ed)
- Correo electrónico
- encarna.lago [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 14 |
05.06.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
30.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |