Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 28 Clase Interactiva: 14 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
- Recoñecer a cultura como fonte de identidade, innovación e creatividade que constitúe un factor importante na loita contra a pobreza e a exclusión social.
- Poñer en valor a cultura como un recurso económico e social, o que supón dotar ao factor cultural dunha transversalidade que verase reflectida cun enfoque cultural nas políticas de desenvolvemento.
- Comprender e tratar as múltiples manifestacións socioculturais do mundo actual e desenvolver proxectos culturais de diferente tipo e finalidade.
- Coñecer e concretar os ámbitos profesionais e investigadores vencellados aos servicios culturais, tomando en consideración as especificidades das entidades públicas, semipúblicas e privadas.
- Adquirir as destrezas necesarias para deseñar estratexias de intervención e actuación para cada un dos ámbitos e institucións culturais.
- Comprender a complexidade do fenómeno intercultural e diferentes aproximacións á multiculturalidade.
- Comprender a dimensión do fenómeno migratorio contemporáneo e a súa influencia nos procesos de globalización.
- Coñecer as cronoloxías, tipos, e formas das ondas migratorias incluíndo os movementos de poboación de refuxiados, exilios ou éxodos.
- Recoñecer a creación de novas identidades socio-culturais relacionadas coas migracións contemporáneas.
- Indagar nos efectos transformadores das migracións na cidade global do s. XXI (S. Sassen) que a mediados del s. XX era definida xa como aldea global (MacLuhan)
- Recoñecer diferentes formas de incorporación das migracións en América (melting pot) e Europa (forza laboral e ameaza identitaria). Multiculturalismo e integración.
- Adquirir destrezas para indagar e o fenómeno migratorio galego como exemplo e modelo, a través da historia de vida, a historia oral e a memoria familiar.
Tema 1. Introdución: cultura, desenvolvemento e cooperación internacional.
Tema 2. Os retos da multiculturalidade: o valor instrínseco da diversidade cultural.
Tema 3. UNESCO (ONU): acción cultural e cooperación internacional.
Tema 4. AECID (MAEC): xestión cultural e cooperación ao desenvolvemento.
Tema 5. A dimensión dos procesos migratorios contemporáneos e o seu efecto na globalización.
Tema 6. Cronoloxía, formas e tipos de procesos migratorios contemporáneos.
Tema 7. Integración, absorción, multiculturalismo y novas identidades contemporáneas.
Tema 8. Memoria da emigración galega como modelo do século XX.
Álvarez Castro, J.M. (Ed.) y Levi-Strauss, C., Ás voltas coa diversidade cultural: as conferencias de Claude Levi-Strauss para a Unesco, Lugo, Editorial da Curuxa, 2014.
Ariño Villarroya, A. (editor) Las encrucijadas de la diversidad cultural, Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas,2005.
Cagiao Vila, P., Galegos en América e americanos en Galicia?, Santiago, Xunta de Galicia, 1999.
Carmagnani, M., Emigración mediterránea y América. Formas y transformaciones, 1860-1930, Colombres, 1994.
Martinell Sempere, A., Diseño y elaboración de proyectos de cooperación cultural. Cuadernos de Iberoamérica (EOI). Organización de Estudios Iberoamericanos para la Educación, la Ciencia y la Cultura, Madrid, 2001.
- “Gestión Cultural y cooperación al desarrollo”. Institucionalización de la Cultura y Gestión Cultural, Ministerio de Cultura.
- Belda, F. e Vilá, T., Seminario Internacional: la formación en la gestión y políticas culturales para la diversidad cultural y el desarrollo. Girona 30 de agosto-2 de septiembre de 2004, Documentación Universitaria, Girona, 2007.
Merino Hernando, A., Relaciones entre gente, cultura y lugar en el fenómeno migratorio contemporáneo: los peruanos en España. Revista de Indias, Vol. LXII, Nº 229, 2003.
Núñez Seixas, X.M., Emigrantes, caciques e indianos. O influxo sociopolítico da emigración transoceánica en Galicia, 1900-1930, Vigo, Xerais, 1998.
Oso, L. e Villares, M., Mujeres inmigrantes latinoamericanas y empresariado étnico: dominicanas en Madrid, argentinas y venezolanas en Galicia, Revista Galega de Economía, núm, 14, 2005.
Peña Saavedra, V., Éxodo, organización comunitaria e intervención escolar. La impronta educativa de la emigración transoceánica en Galicia, Santiago de Compostela, 1991, 2 vols.
Retis, J., La dimensión simbólica de la inmigración latinoamericana en España. Representaciones de la alteridad en tiempos de globalización. X Encuentro de Latinoamericanistas Españoles. Identidad y Multiculturalidad: La construcción de espacios iberoamericanos. CEEIB, 2004
Sánchez Albornoz, N. Españoles hacia América: la emigración en masa, 1880-1930, Madrid, Alianza, 1988.
Sen, A. y Kliksberg, B. Primero la gente: una mirada desde la ética del desarrollo a los problemas del mundo globalizado, Barcelona, Deusto, 2007.
Villares, R. e Fernández Santiago, M., Historia da emigración galega a América, Santiago de Compostela, 1996.
Yáñez Gallardo, C., La emigración española a América (siglos XIX y XX), Colombres, 1994.
Webgrafía
- http://www.es.unesco.org (instrumentos normativos sobre cooperación cultural internacional: convencións, recomendacións, declaracións, informes, boletíns e outras publicacións de interese).
- http://www.aecid.es (documentos e publicacións da cooperación -española e internacional- para el desarrollo).
Xerais
CB1. Capacidade de manexar eficientemente a información de distintos cauces para a produción de coñecementos relacionados co ámbito da cultura.
CB2. Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos na detección e resolución de problemas nos contextos específicos do seu ámbito profesional.
CB3. Toma de conciencia das responsabilidades sociais e éticas vencelladas ao exercicio profesional e capacidade de reflexión e revisión crítica das dinámicas socio-culturais existentes.
CB4. Adquisición de habilidades e hábitos de traballo que posibiliten a autoaprendixae e que fomenten a formación continua (educación ao longo de toda a vida (learning for life, segundo as directrices da UNESCO).
CB5. Adquisición das habilidades para fomentar e garantir o respecto aos Dereitos Humanos e aos principios de accesibilidade universal, igualdade, non discriminación e aos valores da cultura da paz.
Básicas
CB6. Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB8. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecemementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en grande medida autodirixido e autónomo.
Transversais
CT1. Aplicación do pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, amosando dotes de innovación.
CT2. Capacidade de autonomía no traballo con responsabilidade e iniciativa.
CT3. Capacidade para coordinar actividades e traballar de xeito colaborativo con colegas, redes e equipas de investigación no contexto dos servicios culturais.
CT4. Transmisión da información e ideas en público de xeito claro e efectivo.
CT5. Habilidade na comunicación escrita e oral.
CT6. Habilidade para as relacións interpersoais, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos.
CT7. Fomento do interese pola aprendizaxe continuada e pola actualización dos coñecementos.
CT8. Capacidade de análise e síntese (saber analizar, sintetizar e resumir a información recibida).
CT12. Capacidade para o uso das tecnoloxías da comunicación e da información.
Específicas
CE2. Capacitación para desenvolvemento de proxectos culturais de distinto tipo e finalidade.
CE3. Habilidade na xestión da comunicación cultural e a súa difusión por todas as canles de distribución do ámbito literario, musical e audiovisual.
CE4. Adquisición da capacidade e o espírito emprendedor que propicien a creación e impulso de proxectos culturais, comunicativos e educativos.
CE5. Capacidade para a elaboración, redacción e presentación dun traballo escrito de iniciación elemental á investigación.
CE6. Comprensión razoada do interese do diálogo intercultural e a necesidade e o respecto ás diferencias culturais.
CE10. Adquisición das capacidades de traballo, no eido da cultura, con grupos humanos con necesidades específicas e/ou con risco de exclusión.
CE11. Coñecemento do papel das organizacións non gubernamentais na cooperación entre os estados e as culturas.
CE12. Desenvolvemento das aptitudes e destrezas precisas para organizar equipas humanas y formar parte delas.
CE14. Habilidade para traballar nunha contorna multicultural, coñecendo os movementos sociais, as manifestacións artísticas e as crenzas máis significativas das sociedades.
CE15. Adquisición dunha axeitada comprensión das políticas de protección e das dinámicas de recuperación do patrimonio histórico-cultural.
CE16. Coñecemento das técnicas de análise territorial e a metodoloxía de planificación estratéxica para a posta en marcha de iniciativas de desenvolvemento.
CE21. Capacidade de elaboración de comentarios razoados e críticos de obras e textos relacionados con cualquier área do ámbito humanístico.
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só pode matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría co docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
Nesta modalidade semipresencial este proceso de titorización e de contacto entre o docente e o alumnado realizarase a través da aula virtual da materia e a través de MSTeams.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título a avaliación farase exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e realizarase na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título a avaliación farase exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e realizarase na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercizos ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
Actividade presencial: clases teóricas para a presentación de contidos e a súa discusión (sesións expositivas). 12 horas.
Actividade presencial: clases prácticas (seminario, actividade práctica). 6 horas.
Actividade a distancia: aprendizaxe individual do alumno/a. 120 horas.
Actividade presencial: titorías para orientar en temas teórico-metodolóxico. 4 horas.
Actividade presencial: actividades de avaliación. 8 horas.
Total: 150 horas
Alba Diaz Geada
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 982824722
- Correo electrónico
- alba.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
24.01.2025 16:00-18:30 | Grupo de exame | Aula 14 |
20.06.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 11 |