Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 7 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Tras cursar esta materia o alumnado ha de ser capaz de:
- Comprender a importancia de dispoñer de consumidores satisfeitos e leais.
- Analizar a contorna da actividade comercial da empresa cultural.
- Comprender as variables internas e externas que inflúen no comportamento de compra dos consumidores.
- Tomar decisións de política e estratexia comercial no ámbito da empresa cultural.
Tema 1. Introducción ao concepto de Marketing. A estratexia de orientación ao mercado.
Tema 2. O comportamento do consumidor
Tema 3. Estratexias de segmentación e posicionamento.
Tema 4. Xestión de produtos e marcas
Tema 5. Estratexia de comunicación na empresa cultural
Básica:
- Armstrong, G.; Kotler, P.; Merino, Mª Jesús; Pintado, Teresa; Juan, José María (2011): Introducción á Mercadotecnia. Pearson Editorial
- Leal, Antonio; Quero, Mª José (2011). Manual de marketing e comunicación cultural. Servizo de publicacións da Universidade de Cádiz
Complementaria:
- Berenguer Contri, Gloria. Cuadrado García, Manuel (2002). El consumo de servicios culturales. Madrid, Esic.
- Colbert, F.; Cuadrado, M. (2003). Marketing de las artes y la cultura. Ariel editorial.
Básicas:
CB1.- Capacidade de manexar eficientemente a información proveniente de distintas canles para a produción de coñecementos relacionados co ámbito da cultura
CB2. - Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos na detección e resolución de problemas nos contextos específicos do seu ámbito profesional
CB4.- Adquisición de habilidades e hábitos de traballo que posibiliten a autoaprendizaxe e que fomenten a formación continua (educación ao longo de toda a vida (learning for life, segundo as directrices da UNESCO)
CB7. - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa su capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB9.- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusión e os coñecementos e razóns derradeiras que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
Transversais:
CT1.- Aplicación do pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, demostrando dotes de innovación
CT2. - Capacidade de autonomía no traballo con responsabilidade e iniciativa
CT5.- Habilidade na comunicación escrita e oral
CT8. -Capacidade de análise e síntese (saber analizar, sintetizar e resumir a información recibida)
CT9. – Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións
CT13. – Capacidade para o uso das tecnoloxías da comunicación e da información
Específicas:
CE28. – Capacidade de situarse ante contextos culturais concretos e de desempeñar as funcións dun xestor cultural
CE29. – Capacidade de observar os principais fenómenos que inciden na modernidade e analizalos dende a perspectiva dun xestor cultural
CE30. – Adquisición das ferramentas precisas para a difusión de produtos culturais
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só pode matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría co docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
Nesta modalidade semipresencial este proceso de titorización e de contacto entre o docente e o alumnado realizarase a través da aula virtual da materia e a través de MSTeams.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia ten un total de 3 créditos ECTS. As horas de traballo totais distribúense de acordo coa seguinte distribución:
Actividade presencial: clases teóricas para a presentación de contidos e a súa discusión (sesións expositivas)___ 7 horas
Actividade a distancia: aprendizaxe individual do alumno ___ 66 horas
Actividade presencial: titorías para orientar en temas teórico-metodolóxicos ___ 2 horas
Jose Luis Otero Piñeiro
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Correo electrónico
- joseluis.otero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
26.05.2025 16:00-18:30 | Grupo de exame | Aula 12 |
25.06.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 11 |