Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 138.5 Horas de Titorías: 8 Clase Interactiva: 3.5 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización, Filoloxía Galega, Historia da Arte, Xeografía, Ciencias da Comunicación, Filoloxía Inglesa e Alemá, Ciencia Política e Socioloxía, Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Historia, Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados, Filoloxías Galega e Portuguesa, Historia da Arte, Xeografía Humana, Comunicación Audiovisual e Publicidade, Filoloxía Inglesa, Socioloxía, Filoloxía Francesa, Lingua Española, Lingüística Xeral, Literatura Española, Teoría da Literatura e Literatura Comparada, Ciencias e Técnicas Historiográficas, Historia Antiga, Historia Contemporánea, Historia Medieval, Historia Moderna, Antropoloxía Social, Filosofía, Filosofía Moral
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Logo de cursaren esta materia os/as alumnos/as teñen que ser capaces de:
1. Aplicar as destrezas necesarias para deseñaren estratexias de intervención e actuación para cada un dos ámbitos e institucións culturais.
2. Dar respostas axeitadas aos problemas suscitados e fomentar o gusto pola innovación a partir do fomento da análise crítica dos datos e teorías presentadas.
3. Saber seleccionar e determinar un tema de investigación relevante nas áreas de coñecemento do máster.
4. Aplicar o método e as técnicas específicas para desenvolver un traballo científico sobre as áreas citadas.
5. Aplicar as destrezas que permitan a exposición narrativa dos resultados da investigación seguindo as pautas das disciplinas humanísticas e filolóxicas.
6. Adquirir as destrezas que permitan a exposición oral e o debate dos argumentos e conclusións expostos no traballo.
O Traballo Fin de Máster non se concibe como programa de contidos á maneira habitual senón que vai referido a unha ou varias das liñas que definen as materias deseñadas polas diferentes asignaturas do plan de estudos, co propósito de realizar unha investigación persoal orientada (liña B, investigadora, 12 créditos). Dúas materias da titulación destinadas especificamente a satisfacer as necesidades metodolóxicas propias de toda investigación e, por tanto, do TFM.
Os contidos concretos estarán determinados segundo o tema, área e proxecto de investigación, seleccionados polo alumno/a e a súa titora/titor; con carácter xeral incluiranse os seguintes pasos conducentes á realización dun TFM:
1. Elección, delimitación e constitución do obxecto de estudo do TFM.
2. Indagación bibliográfica e instrumental acerca do obxecto.
3. Estudo metodolóxico e discusión destinados á formación do corpo da investigación.
4. Redacción final e posterior revisión do proxecto.
5. Preparación para a exposición oral do traballo.
CB1 Capacidade de manexar eficientemente a información proveniente de distintas canles para a produción de coñecementos relacionados co ámbito da cultura.
CB2 Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos na detección e resolución de problemas, nos contextos específicos do seu ámbito profesional.
CB8 Capacidade de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos:
CB9 Capacidade de comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CT1 Aplicación do pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, demostrando dotes de innovación.
CT2 Capacidade de autonomía no traballo con responsabilidade e iniciativa.
CT4 Transmisión da información e ideas en público de maneira clara e efectiva,
CT5 Habilidade na comunicación escrita e oral.
CT8 Capacidade de análise e síntese (saber analizar, sintetizar e resumir a información recibida).
CT11 Capacidade crítica e autocrítica (ter capacidade para valorar e discutir o propio traballo).
CT13 Capacidade para o uso das tecnoloxías da comunicación e a información.
E33 Adquisición da capacidade de planificación necesaria para o deseño de proxectos de xestión cultural.
E34 Adquisición dos rudimentos precisos para a elaboración dun traballo de iniciación á investigación.
Actividade presencial: elección de temática
Actividade presencial e a distancia: exposiciones e diálogo sobre metodoloxía e temática elixida
Actividade presencial: exposición oral
Actividade a distancia: seguimiento, foros e debate on line.
Actividade a distancia: elaboración do traballo.
Trabajo escrito: Ponderación mínima - 75%, Ponderación máxima: 75&
Exposición oral: Ponderación mínima - 25%, Ponderación máxima: 25%
Actividade presencial: determinación do tema do traballo (3 horas)
Actividade presencial: titorías para orientar en temas teórico-metodolóxicos (3 horas)
Actividade a distancia: exposición e resolución dos problemas suscitados durante a elaboración do traballo (10 horas)
Actividade a distancia: realización das actuacións propostas e redacción conseguinte do traballo (130 horas)
Actividade presencial: actividades de avaliación (4 horas)
A xustificación da necesidade de introducir esta materia deriva do feito de que o Máster se concibe como un título profesionalizante (cando se solicita a realización da materia Prácticas e se formaliza a matrícula do Traballo Fin de Máster de 6 créditos) e como investigador (cando se formaliza a matrícula da materia Traballo Fin de Máster de 6 créditos e a Materia Complementaria ao TFM de 6 créditos).