Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 138.5 Horas de Titorías: 8 Clase Interactiva: 3.5 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización, Filoloxía Galega, Historia da Arte, Xeografía, Ciencias da Comunicación, Filoloxía Inglesa e Alemá, Ciencia Política e Socioloxía, Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Historia, Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados, Filoloxías Galega e Portuguesa, Historia da Arte, Xeografía Humana, Comunicación Audiovisual e Publicidade, Filoloxía Inglesa, Socioloxía, Filoloxía Francesa, Lingua Española, Lingüística Xeral, Literatura Española, Teoría da Literatura e Literatura Comparada, Ciencias e Técnicas Historiográficas, Historia Antiga, Historia Contemporánea, Historia Medieval, Historia Moderna, Antropoloxía Social, Filosofía, Filosofía Moral
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
A finalidade da materia Traballo Fin de Máster consiste en que o alumno ou alumna elabore un traballo orixinal no que se acrediten as destrezas e os coñecementos adquiridos durante os estudos realizados na titulación. O traballo, que deberá defenderse unha vez que estean todas as materias superadas, estará orientado á avaliación das competencias asociadas ao título. Tales competencias están recollidas no apartado 3 da memoria de verificación correspondente: https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-humanidades/tfm
O TFM debe ser, por tanto, un traballo orixinal e versar sobre un tema relacionado con algunha das materias que se cursaron no título. Segundo se recolle no artigo 4 do Regulamento do TFM do Máster en Servizos Culturais o traballo incluirá, como mínimo, as seguintes tarefas: busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción, presentación e defensa.
O Traballo Fin de Máster non se concibe como programa de contidos ao modo habitual senón que vai referido a unha ou varias das liñas que definen as materias deseñadas polas diferentes materias do plan de estudos, co propósito de realizar un informe técnico ou proxecto de asesoría ou consultoría, ou ben unha investigación persoal. Os contidos concretos estarán determinados segundo o tema, área e proxecto seleccionados polo/a alumno/a e o seu titor/a; con carácter xeral incluiranse os seguintes pasos conducentes á realización dun TFM:
1) Elección, delimitación e constitución do obxecto de estudo do TFM
2) Indagación bibliográfica e instrumental achega do obxecto
3) Estudo metodolóxico e discusión destinados á formación do corpo de proxecto/informe
4) Redacción final do proxecto e revisión do mesmo
5) Preparación da exposición oral do Traballo
As titoras/es teñen a obriga de lle proporcionar ao alumnado a bibliografía fundamental para a elaboración do traballo.
Trala realización do TFM o alumnado debe acadar, como mínimo, as seguintes competencias de entre as establecidas na Memoria do Máster en Servizos Culturais:
CB1 - Capacidade de manexar eficientemente a información procedente de distintas canles para a produción de coñecementos relacionados co ámbito da cultura.
CB2 - Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos na detección e resolución de problemas nos contextos específicos do seu ámbito profesional.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CT2 - Capacidade de autonomía no traballo con responsabilidade e iniciativa
CT1 - Aplicación do pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, demostrando dotes de innovación
CT4 - Transmisión da información e ideas en público de xeito claro e efectivo
CT5 - Habilidade na comunicación escrita e oral
CT8 - Capacidade de análise y síntese (saber analizar, sintetizar y resumir la información recibida)
CT11 - Capacidade crítica e autocrítica (ter capacidade para valorar e discutir o propio traballo)
CT13 - Capacidade para o uso das tecnoloxías da comunicación e a información
CE32 - Capacidade para establecer unha valoración crítica das diversas actividades que se levan a cabo en contornas reais de xestión cultural
CE33 - Adquisición da capacidade de planificación necesaria para o deseño de proxectos de xestión cultural
Segundo se explica no § 5.1 da Normativa, o TFM debe ter unha dirección por parte dun titor ou titora, que asistirá o alumnado durante o proceso de realización do traballo e autorizará, finalmente, a súa defensa. Alumno ou alumna e titor ou titora establecerán un calendario de reunións concreto que se prolongará entre o momento en que se inicie a titorización e ata a data de entrega do traballo.
Procedemento de avaliación do TFM: parte escrita (75% da cualificación)
Unha vez rematado o TFM e dentro dos prazos establecidos para a oportunidade que se escollese (oportunidades de febreiro, xullo ou setembro), o alumno ou alumna solicitará a defensa a través da secretaría virtual e anexará un PDF co traballo.
O tribunal encargado da avaliación do TFM estará formado por tres profesores ou profesoras da USC de entre os que imparten docencia na titulación ou pertencentes ás áreas de coñecemento representadas no Máster. Un dos membros do tribunal, polo menos, pertencerá a unha área de coñecemento afín á liña temática xeral do traballo.
Con anterioridade á reunión do tribunal avaliador do TFM, o titor ou titora elaborará un informe, que supoñerá o 25% da cualificación da parte escrita. Logo da sesión de defensa do traballo, cada un ou cada unha dos membros do tribunal elaborará o seu propio informe, e a media destes supoñerá o restante 75% da cualificación da parte escrita. Tanto a titorización como as persoas que formen parte do tribunal avaliador deberán ter en conta as seguintes porcentaxes para realizar a súa función:
-Cualificación do desenvolvemento do tema, manexo da bibliografía, método, manexo das fontes e achegas orixinais: 60%.
-Cualificación da presentación formal e da corrección lingüística: 15%.
Procedemento de avaliación do TFM: parte oral (25% da cualificación)
A defensa do TFM realizarase de forma pública e presencial ante o tribunal e consistirá nunha exposición e unha quenda de preguntas e respostas. Na exposición, a/o estudante deberá presentar, nun tempo aproximado de 15 minutos para os TFM da orientación profesional, as seguintes cuestións:
-Xustificación da escolla do traballo e liña temática.
-Breve resumo dos obxectivos, revisión bibliográfica e metodoloxía empregada.
-Principais logros do traballo.
-Posibles desenvolvementos futuros do traballo e da liña de investigación.
A cualificación desta parte da exposición oral será dun 10% do 25% previsto para esta parte.
A esta exposición seguirá unha breve quenda de valoracións, comentarios ou preguntas por parte de cada un dos membros do tribunal. Logo desta, o estudante ou a estudante deberá realizar unha defensa do seu traballo, consistente en contestar, nun tempo aproximado de 10 minutos, as cuestións indicadas por cada un ou cada unha dos membros do tribunal. O alumno ou alumna pode escoller a orde das respostas, así como entre a alternativa de contestar conxuntamente a varias das cuestións suxeridas ou de maneira individualizada.
A cualificación desta parte da exposición oral será un 15% do 25% previsto para esta parte.
Procedemento de avaliación do TFM: cualificación final e revisión
Tras as correspondentes deliberacións e visto e computado o informe do titor ou titora, o tribunal achegará a cualificación numérica que corresponda, de acordo coa seguinte escala numérica, de cero (0) a dez (10), con expresión dun decimal, á que se engadirá a súa correspondente cualificación cualitativa:
• Non Presentado
• 0 - 4,9: Suspenso
• 5,0 - 6,9: Aprobado
• 7,0 - 8,9: Notable
• 9,0 - 10: Sobresaliente
De acordo co artigo 16 da Normativa de Avaliación da USC a ausencia de orixinalidade do traballo e a súa condición de copia determinará que se atribúa a este a cualificación de Suspenso.
A cualificación final resultará da suma da cualificación do traballo escrito e a cualificación da presentación oral. A cualificación do traballo escrito (75% da nota final) obterase de aplicar a media aritmética entre as notas atribuídas á versión escrita do TFM por cada un dos membros do Tribunal e a nota proposta polo titor no seu preceptivo informe. A cualificación da presentación oral (25% da nota final) resultará de aplicar a media aritmética entre as notas atribuídas ao TFM por cada un dos membros do Tribunal.
Se o resultado da cualificación fose suspenso, facilitaráselle ao ou á estudante, con anterioridade á data fixada para a revisión da cualificación, un documento que conteña os motivos de tal decisión, xunto coas recomendacións oportunas para mellorar o traballo de cara a unha nova convocatoria. Este informe farase chegar asimesmo ao titor ou titora
A mención de Matrícula de Honra (MH) poderá outorgarse a aqueles TFM que obteñan unha cualificación igual ou superior a 9,0. O seu número non poderá exceder o 5% do alumnado matriculado nesta materia. Se o número de alumnados/as é inferior a 20, poderase conceder unha MH. Esta mención só poderá outorgarse unha vez rematadas as defensas de todos os traballos correspondentes ao curso académico.
Este sistema de avaliación será válido para as dúas oportunidades a que dá dereito a matrícula do TFM.
O alumnado ten dereito á revisión do TFM nas datas e horarios que para tal efecto se fixen no momento de facer públicos os resultados provisorios. As datas de revisión estarán comprendidas dentro dos sete días seguintes á publicación dos resultados. Contemplaranse, de ser posible, dúas datas opcionais. A revisión será persoal e poderá realizala un ou varios membros do Tribunal. En todo caso, deberá quedar constancia da celebración da revisión e da data en que se realizou.
O procedemento de reclamación da cualificación será o establecido na normativa vixente relativa á avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
Na memoria de verificación do Máster en Servizos Culturais atribúeselle a cada crédito un valor de 25 horas de traballo do alumnado, polo que ao TFM de orientación profesional (materia de 6 créditos) correspóndenlle 150 horas de traballo.
O alumno ou alumna pode consultar a Normativa do Traballo Fin de Máster en Servizos Culturais no seguinte enlace: https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-humanidades/tfm
Sentido da materia no plan de estudos:
O TFM, en tanto que última materia que cursa o alumnado antes da obtención do título, debe reflectir os coñecementos adquiridos tanto a nivel de contidos coma metodolóxicos. Se os estudos de posgrao constitúen unha das etapas formativas máis elevadas nos estudos universitarios e tendo en conta que para cursar esta materia o alumnado debe ter superada a totalidade dos créditos que conforman o plan de estudos do Máster en Servizos Culturais, cabe agardar que na realización dos traballos académicos presentados para superar a materia así como na súa lectura e defensa pública, o alumnado amose o coñecemento, rigor científico e analítico esperable no seu nivel académico.
Extensión do TFM: orientacións profesional
A extensión do TFM de orientación profesional será de entre 7.500 e 12.000 palabras, excluídos os apéndices.
Estrutura do TFM: parte escrita
O TFM deberá incluír na súa estrutura os seguintes elementos, diferenciados con claridade a través de epígrafes ou subepígrafes:
a) Portada, na que deberán aparecer todos os datos identificativos do traballo: o logo da USC coa indicación da Facultade; a denominación do Máster; o título do traballo; o nome completo do/a autor/a e do/a titor/a e o curso académico correspondente.
b) Índice paxinado.
c) Introdución.
d) Contidos / Desenvolvemento.
e) Conclusións.
f) Bibliografía consultada.
g) Apéndices (se os hai).