Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Planificar e programar intervencións sanitarias dirixidas a manter a saúde visual da poboación e a previr os seus problemas
2. Mellorar a súa capacidade de análise
3. Aprender a tomar decisións tecnicamente fundamentadas.
1. Niveis de planificación
2. ciclo de planificación:
- 2.1 análise da situación
- 2.2 determinación de prioridades
- 2.3 formulación de obxectivos
- 2.4 determinación de actividades e recursos
- 2.5 execución do programa
- 2.6 avaliación
- Pineault R, Daveluy C. La planificación sanitaria. Conceptos, métodos, estrategias, 2ª ed. Barcelona: Masson, 1989.
- Sierra Lopez A. et al. Piedrola Gil. Medicina Preventiva y Salud Pública. (12ª ed). Barcelona: Elsevier 2015.
BÁSICAS E XERAIS:
• CB2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo;
• CB3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos;
TRANSVERSAIS:
• CT1 Que os estudantes saiban emitir xuízos en función de criterios, normas externas, ou a partir de reflexións persoais. Devanditos xuízos poden apoiarse en información incompleta ou limitada que inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
• CT3 Participar en debates e discusións, dirixilos e coordinalos e ser capaces de resumilos e extraer deles as conclusións máis relevantes e aceptadas pola maioría.
• CT5 Desenvolver capacidade crítica e autocrítica e de toma de decisións.
ESPECÍFICAS:
• CE9 Que os estudantes saiban elaborar e redactar adecuadamente, con argumentos motivados, proxectos de traballo, artigos científicos, e saiban formular hipóteses razoables e contrastables.
• CE11 Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados con optometría
O módulo poderá comezar cunha clase inicial presencial que tería lugar na data prevista no calendario académico. En caso de que non sea posible, a reunión poderá celebrarse telemáticamente mediante a plataforma Microsoft Teams.
Para impartir o resto dos contidos, unha vez mantida a reunión inicial, utilizaranse distintas técnicas de ensino online mediante as ferrementas proporcionadas pola plataforma Moodle (lección, foros de discusión, glosario, tarefas, etc.). Farase especial uso daquelas que favorecen a discusión e o traballo colaborativo. A materia impartirase de modo asíncrono ainda que poderánse facer sesións presencias para aclarar dudas se o profesor/a o considera oportuno.
As titorías poderán ser presenciais, por correo electrónico ou mediante a plataforma Microsoft Teams.
O sistema de avaliación conxugará os distintos métodos de avaliación continuada que permite a ensinanza virtual. O seguimento das tarefas, a participación no foro, no glosario, nas leccións, será monitorizado para valorar a adquisición de competencias por parte do alumnado e servirá para acadar a cualificación final.
Na avaliación teranse en conta os seguintes criterios de ponderación:
Avaliación continua. - Valorarase o esforzo e progreso no aprendizaxe: 70-80 por cento da cualificación.
Avaliación final.- Presentación dun traballo ou examen final práctico: 20-30 por cento da cualificación.
Dependendo da evolución do propio curso decidirase sobre a pertinencia ou non de acudir ao sistema de avaliación final como criterio complementario de avaliación.
O alumnado dedicará un mínimo de 51 horas ao estudo dos temas presentados no módulo e á realización de tarefas e traballos tanto individuais como grupais.
A preparación da materia non presenta dificultades especiais.
A participación nas tarefas de carácter colaborativo será especialmente tida en conta polo que o alumnado deberá facer o esforzo por estar presente dende o primeiro momento nos foros e demais espazos de traballo en grupo.
A avaliación da súa presenza nas tarefas, farase atendendo tanto a aspectos cuantitativos (número de intervencións) como cualitativos (calidade das aportacións ao traballo do grupo).
Maria Leonor Varela Lema
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- leonor.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
05.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
09.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |