Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Plan de continxencia:
Para a metodoloxía da ensinanza, dada a incerteza causada pola situación sanitaria actual parte dos contidos poderán ser traballados de maneira autónoma polo/a estudante, que será debidamente informado a través do Campus Virtual da materia. Nese caso, a docencia levariase a cabo por medios telemáticos establecidos pola Universidade. Para todas as actividades programadas dentro da materia estableceranse os prazos axeitados para a sua realización/entrega os cales serán informados con a suficiente antelación no Campus Virtual da materia. Naqueles casos en que sexa necesario realizar traballos en grupo, a súa formación respectará as directrices establecidas pola comisión do título e a comisión docente da facultade, e ademáis, estableceranse as sesiones de traballo a través dos medios telemáticos establecidos pola Universidade.
Para o sistema de avaliación, dependendo das circunstancias sanitarias as probas de avaliación programadas realizaranse a través dos medios telemáticos establecidos pola Universidade, mantendo unhas condicións de avaliación similares ás que terían lugar de xeito presencial.
Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, existe a posibilidade de que parte dos contidos non sexan obxecto de avaliación, aínda que serán traballados na materia. Esto será debidamente informado con tempo suficiente a través do Campus Virtual da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións da Universidade.