Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivos da materia
Obxectivo principal:
Coñecer o papel da Epidemioloxía ambiental como ferramenta metodolóxica para achegarse aos problemas principais de saúde pública asociados á contorna ambiental e saber identificar os problemas de saúde da comunidade, analizalos nos seus diversos aspectos (biomédicos, ambientais, sociais, económicos e legais) por meio da aplicación dos métodos epidemiolóxicos, e propor a adopción das medidas preventivas axeitadas, recoñecendo e valorando as relacións entre os factores ambientais e a saúde da comunidade.
Obxectivos específicos:
Coñecer as aplicacións dos diferentes deseños epidemiolóxicos ao estudo dos riscos ambientais para a poboación humana.
Coñecer os principais aspectos da análise epidemiolóxica de investigacións ambientais e da súa correcta interpretación.
Revisar as evidencias máis actuais nas diversas áreas da saúde ambiental e as medidas preventivas e correctoras máis acaídas.
Darlle ao alumno as ferramentas para poder analizar criticamente as situacións ambientais que supoñan un risco para a saúde.
Contidos
Introdución á Epidemioloxía ambiental (EA).
Risco ambiental. Avaliación do risco.
Exposición e efecto.
Vixilancia ambiental.
Aplicacións prácticas da Epidemioloxía ambiental a problemas concretos
Deseño dun estudo de EA.
A) INTRODUCIÓN
Epidemioloxía ambiental. Definición. Ámbito de aplicación. Evolución histórica: episodios máis relevantes.
B) RISCO AMBIENTAL
Concepto e tipos de riscos ambientais
1) Segundo a exposición:
Acontecemento único localizado
Evento localizado a longo prazo
Risco difuso a longo prazo
2) Pola natureza do axente:
Riscos físicos
Riscos químicos
Riscos biolóxicos
3) Pola magnitude do risco:
Riscos maiores
Riscos febles
Riscos “diluídos”
C) EXPOSICIÓN:
Concepto de exposición.
Avaliación e medidas da exposición.
Vías de entrada. Intensidade.
Duración.
Dose.
Exposicións ocupacionais.
D) EFECTOS DA EXPOSICION:
Efectos valorados como resultado da exposición:
Directos: Morbilidade. Mortalidade. Cambios fisio-patolóxicos, etc.
Indirectos: absentismo laboral, aumento de consultas urxentes e ingresos hospitalarios.
E) VIXILÁNCIA AMBIENTAL
Procedementos.
Métodos.
Indicadores.
A Ecovixilancia e os Fenómenos Sentinelas de Saúde (SHE)
Emprego dos marcadores biolóxicos na vixilancia ambiental de riscos febles.
F) APLICACIÓN DA EPIDEMIOLOXÍA AMBIENTAL:
Estudo de contaminantes específicos de maior actualidade
Bibliografía básica e complementaria
Ecología y Salud. En: Piedrola Gil- Medicina Preventiva y Salud Pública. Ed. Elsevier, 12ª ed. Barcelona, 2016
Sánchez.Villegas A et al. “Salud ambiental. Medio ambiente físico.Contaminación atmosférica.” En: Martínez González MA Ed: Conceptos de Salud Pública y estrategias preventivas.Un manual para ciencias de la salud. Pp277-282. Ed. Elsevier.Barcelona, 2013.
OPS. Epidemiología ambiental y ocupacional. En:Bonita R et al: Epidemiología básica. 2ª ed. Pub Cient y Técn nº 629.OPS, 2008: pp 185-208.
*Ahlbom A, Norell S. Fundamentos de epidemiología. 6ª ed. Siglo XXI de España Eds. Madrid, 2007.
European Environmental Agency. Environment and Health. EEA, Copenhagen 2005.
Martínez Navaro, F et al. Vigilancia epidemiológica. Mc Graw-Hill Interamericana.Madrid, 2004.
WHO. Environmental health indicators: Framework and methodologies. WHO, Geneve 1999,
Steenland K, Savitz DA. Topics in Environmental Epidemiology. OUP, New York, 1997.
*Argimón JM, Jiménez J. Métodos de investigación aplicados a la atención primaria de salud. Harcourt Brace eds. Madrid, 1996.
Bard D. Principes de l´évaluation des risques pour la santé publique liés aux expositions environnementales. Rev Epidém et Santé Publ 1995;43:423-431.
García García AM, García Benavides F. Causalidad en salud laboral: El caso Ardystil.Gac San.1995; 51(9): 371-79.
Wills JT, Briggs DJ. Developing indicators for environment and health. Wld statist quart 1995;48:155-163.
*Norell S. Diseño de estudios epidemiológicos.1ª de. Siglo XXI de España Eds. Madrid, 1994.
Elliot P, Cuzick J, English D, Stern R, eds. Geographical and Environmental Epidemiology: Methods for Small-Area Studies. OUP, Great Britain, 1992.
OPS. El desafío de la epidemiología. Problemas y lecturas seleccionadas. Organización Panamericana de la Salud. Publ Cient. Nº 505.
Washington-USA, 1988.
Competencias
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
O alumno estará en condicións de identificar os problemas de saúde da comunidade, analizalos nos seus diversos aspectos (biomédicos, ambientais, sociais, económicos legais), por medio da aplicación dos métodos epidemiolóxicos, e propor a adopción das medidas preventivas máis acaídas.
Recoñecer e valorar as relacións entre os factores ambientais e a saúde da comunidade
Competencias específicas de la materia:
Ser quén de deseñar estudos epidemiolóxicos no marco ambiental e de interpretar os seus resultados.
Metodoloxía da ensinanza
Ao tratarse dun módulo non presencial, o profesor porá a dispor dos alumnos os materiais necesarios para comprender e dar resposta aos obxectivos docentes , e resolveren os traballos e exercicios que servirán para a avaliación final.
Os contidos dos temas, basearase en presentacións en pdf, documentos e artigos de lectura obrigada, remarcando os apartados, a bibliografía máis relevante e actualizada e os obxectivos que o alumno deberá acadar, co seu manexo.
O profesor centrará os obxectivos con preguntas que promovan o razoamento, pondo a disposición do alumnado o correo electrónico da propia aula virtual ademais do propio institucional para resolución de dúbidas, e comunicación permanente Darase prioridade á busca de materiais que se relacionen cos contidos teóricos.
Sistema de avaliación
Darase prioridade á avaliación continua, valorando os traballos individuais de cada apartado sinalado ao principio do curso. Os controis periódicos dos contidos teóricos medirán os coñecementos adquiridos cun peso que non excederá do 60% da cualificación final. O restante 40% reservarase para a proba final, sobre un traballo de deseño de investigación aplicado ao medio ambiente, ou sobre unha crítica argumentada dalgún articulo científico do ámbito ambiental.
Recoméndase dedicar dúas ou tres horas semanais de traballo persoal do alumno, á lectura dos materiais e á resolución e elaboración das respostas aos traballos periódicos e á avaliación final.
Participación on-line a través do correo electrónico e da aula virtual nas. Resolución e entrega dos traballos periódicos.
Interacción profesor-alumno
A comunicación cos alumnos farase a través do correo electrónico, da aula virtual e dos teléfonos que sexan precisos, tratando de facilitar o máis posible a dinámica interactiva.
PLAN DE CONTINXENCIA
Ningún. Tratase de unha materia online.
Alberto Ruano Raviña
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812267
- Correo electrónico
- alberto.ruano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Leonor Varela Lema
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- leonor.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Monica Perez Rios
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812277
- Correo electrónico
- monica.perez.rios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade