Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148 Horas de Titorías: 2 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Aproximarse de xeito práctico ao traballo na xestión da Saúde Pública.
As prácticas (35 horas semanais durante 4 semanas) poderán realizarse na Administración Sanitaria, e nos Hospitais e Centros de Saúde do Servizo Galego de Saúde.
Ademais poderán realizarse en aquelas empresas ou organizacións dedicadas ao deseño ou execución tanto de estudos epidemiolóxicos como de programas de intervención comunitaria que a Comisión Académica autorice.
A propia para as actividades de cada servizo
1. Identificar os factores de risco que poden afectar á saúde e coñecer como estes actúan.
2. Coñecer o funcionamento da Administración sanitaria.
3. Estar en condicións de identificar os problemas de saúde da comunidade, analizarlos nos seus diversos aspectos (biomédicos, ambientais, sociais, económicos e legais), mediante a aplicación da metodoloxía epidemiolóxica, e propoñer a adopción das medidas preventivas máis axeitadasa.
4. Recoñecer e valorar as relacións entre os factores ambientais e a saúde da comunidade.
5. Ser quen de aplicar medidas de promoción da saúde mediante técnicas de comunicación e educación individual e de grupo.
Durante o período de Prácticas Externas o alumno integrarase na institución ou empresa seguindo os códigos de conduta da institución con responsabilidade e lealdade, de acordo ao recollido no Real Decreto 592/2014.
A institución ou empresa comprométese coa práctica supervisada do alumno, de acordo ao recollido no Real Decreto 592/2014.
O Titor da entidade colaboradora, o Titor académico e o Coordinador manterán unha comunicación permanente a fin de acadar estes obxectivos.
Finalizadas as prácticas o Titor da entidade colaboradora emitirá un informe sobre o desempeño das prácticas polo alumno considerando os aspectos recollidos no Real Decreto 592/2014 así como ao grao de adquisición das Competencias específicas da materia recollidas na Memoria de Verificación do Título, no que incluirá unha nota cuantitativa entre 0 e 10. Este informe será remitido ao Coordinador do Máster, quen o fará chegar ao Titor académico.
A avaliación será realizada polo Titor Académico. Nesta avaliación terase en conta tanto o informe do Titor da entidade colaboradora así como a adecuación da Memoria de Prácticas ao recollido nas Normas para a asignación, desempeño e avaliación das Prácticas Externas.
O tempo de estancia é de 140 horas.
O tempo para a elaboración do informe 10h.
Ver Normas para a asignación, desempeño e avaliación das Prácticas Externas. Aprobadas pola Comisión Académica na reunión do 19-05-2015.