Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 21 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U en Xenómica e Xenética
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ao finalizar a materia o alumno deberá ser capaz de integrar, coñecer e comprender os seguintes conceptos/procesos:
Células nai embrionarias
Células nai adultas
Indución de pluripotencia: clonación por SCNT, fusión celular, reprogramación con factores xenéticos definidos.
O concepto de "Cancer Stem Cell".
O nicho das células nai de cáncer e o microambiente tumoral
Plasticidade tumoral
Papel das células nai adultas en envellecemento
1. Introdución ao concepto de células nai, terapia celular e medicina rexenerativa. Células nai embrionarias e adultas
2. Células nai e transferencia nuclear
3. Células nai pluripotentes inducidas
4. Células nai tumorais
5. Consideracións éticas e legais da investigación con células nai
6. Envellecemento e células nai
7. Células nai no tratamento do cancro
• TEMAS
TEMA 1. Introdución ao concepto de célula nai. Células nai embrionarias e adultas. Pluripotencia e autorrenovación. Control do estado de pluripotencia. Métodos e ferramentas para o estudo das células nai. Discutir un artigo relevante sobre las características de las células nai.
TEMA 2. Indución de pluripotencia. Sistemas de indución de pluripotencia: transferencia nuclear de célula somática, fusión celular, reprogramación con factores xenéticos definidos. Utilidade de células pluripotentes inducidas: terapia celular, modelos de enfermidade, sistemas de ensaio de fármacos. Discutir un/s artigo/s relevante sobre células de pluripotencia inducida.
TEMA 3. Células nai en envellecemento. Concepto de envellecemento e hallmarks. Esgotamento de células nai adultas como base do envellecemento. Reprogramación celular e rexuvenecemento. Discutir un artigo relevante sobre el papel de las células nai en envellecemento.
TEMA 4. Presentación de liñas de investigación do laboratorio Células Nai en Cáncer e Envellecemento relacionadas coa materia.
TEMA 5. Reprogramación in vivo. Significado, oportunidades, novos desenvolvementos. ¿Rexeneración, rexuvenecemento? Discutir artigos que describen a reprogramación in vivo con resultados diversos.
TEMA 6. O concepto de "Cancer Stem Cell": Historia, definición dunha célula nai de cancro (célula nai troncal), bioloxía das células nai de cancro, métodos para a súa identificación e purificación, ensaios moleculares e funcionais para estudar as células nai de cancro. Discutir un artigo relevante sobre o descubrimento de las células nai de cancro.
TEMA 7. O nicho das células nai de cancro e o microambiente tumoral: Composición celular e no celular do nicho das células nai de cancro e o microambiente tumoral, comunicación entre as células nai de cancro e as células do nicho/microambiente tumoral. Modulación do nicho/microambiente tumoral e o seu efecto sobre as células nai de cancro. Discutir un artigo relevante sobre a comunicación entre as células nai de cancro e as células do nicho/microambiente tumoral.
TEMA 8. Eliminación das células nai de cancro como mecanismo de curación para o cancro. Propiedades das células nai de cancro que se poidan inhibir ou modular como posible tratamento, terapias actuais dirixidas ás células nai de cancro, plasticidade tumoral (definición e historia), plasticidade a nivel das células nai de cancro, importancia e relevancia da plasticidade respecto a tratamentos dirixidos ás células nai de cancro. Discutir un artigo relevante sobre terapias dirixidas ás células nai de cancro.
TEMA 9. Plasticidade tumoral: Actividade de comparar e discutir o concepto de plasticidade das células tumorais.
Bibliografía básica:
Bagley R.G., Beberly, A.T. (eds). 2009. Stem cells and cancer. Humana Press.
Batlle, E. and Clevers, H. Cancer stem cells revisited. 2017. Nature Medicine, 23:1124-1134.
De Los Angeles, A. et al. Hallmarks of pluripotency. Nature. 2015 Sep 24;525(7570):469-78.
García-Olmo, D., García-Verdugo, J.M., Alemany, A., Gutiérrez-Fuentes, J.A. (Eds.). 2008. Cell Therapy. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana.
Garrido-Laguna, I. and Hidalgo, M. Pancreatic cancer: from state-of-the-art treatments to promising novel therapies. 2015. Nature Reviews Clinical Oncology. 12:319-334.
Gentles, A.J. et al. The prognostic landscape of genes and infiltrating immune cells across human cancers. 2015. Nature Medicine, 21:938.
Goldstein, L.S.B., Schneider M. 2010. Stem cells for dummies. Wiley Publishing, Inc. New York.
Lanza, R. (Ed.). 2004. Handbook of stem cells. Vol. 1: Embryonic stem cells. Vol. 2: Adult and fetal stem cells. Elsevier Academic Press.
Lanza, R. (Ed.). 2009. Essentials of stem cell biology. Elsevier Academic Press.
Lazo, P.A., Sánchez-García, I. (Eds.). 2010. Medicina regenerativa y células madre. Madrid: Los libros de la catarata.
Quail, D.F. and Joyce, J.A. Microenvironmental regulation of tumor progression and metastasis. 2013. Nature Medicine, 19:1423.
Rao, M.S. 2006. Neural development and stem cells. New Jersey: Humana Press.
Sanberg, C.D., Sanberg, P.R. 2006. Cell therapy, stem cells and brain repair. New Jersey: Humana Press.
Sell, S. 2004. Stem cells handbook. New Jersey: Humana Press
Studer, L. et al. Programming and Reprogramming Cellular Age in the Era of Induced Pluripotency. Cell Stem Cell. 2015 Jun 4;16(6):591-600.
Weinberg, R.A. 2nd edition, Garl and Science. 2013. The biology of cancer.
Yamanaka, S. and Blau, H.M. Nuclear reprogramming to a pluripotent state by three approaches. Nature. 2010 Jun 10;465(7299):704-12.
Bibliografía complementaria:
Valle, S. et al. The Ever-Evolving Concept of the Cancer Stem Cell in Pancreatic Cancer. Cancers (Basel). 2018 10(2). pii: E33.
López-Gómez, M. et al. Current evidence for cancer stem cells in gastrointestinal tumors and future research perspectives. Crit Rev Oncol Hematol. 2016. 107:54-71.
Sainz, B. Jr. et al. Cancer Stem Cells and Macrophages: Implications in Tumor Biology and Therapeutic Strategies. Mediators Inflamm. 2016:9012369.
Outros recursos para consulta:
• http://bioinf.wehi.edu.au/software/elda/
Competencias Básicas:
CB6
CB8
CB10
Competencias Xerais:
CG01
CG02
CG03
Competencias Específicas:
CE01
CE05
CE06
Competencias Transversais:
CT05
CT07
CT08
Clases presenciais, ou a través de contidos na aula virtual, onde se fará unha exposición de cada tema por parte do profesor co apoio de TICs.
Estudo, presentación oral e discusión crítica obrigatoria dun traballo de investigación.
Titorías personalizadas presenciais ou colectivas para a orientación e supervisión do traballo do alumnado (presencial e online).
Traballo autónomo do alumnado non presencial.
• Proba escrita: Avaliarase mediante unha proba escrita a adquisición dos principais conceptos teóricos por parte do alumnado (50% da cualificación na materia)
• Proba práctica: Mediante a exposición de traballos avaliaranse os coñecementos adquiridos na parte teórica e a capacidade de exposición (30% da cualificación final na materia)
• Avaliación continua: Avaliarase de xeito continuo tanto a actitude do alumnado nas clases teóricas e prácticas como a calidade e claridade de exposición dos traballos presentados (20% da cualificación da materia)
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas presenciais: 24
Expositivas: 18
Titorías personalizadas: 4
Exame: 2
Horas de traballo do alumnado: 51
Manuel Collado Rodríguez
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa Grao en Bioloxía
- Correo electrónico
- manuel.collado [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h