Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Introdución aos compostos bioactivos nos principais cultivos e a súa herdanza.
Coñecer a xenética, síntese e regulación destes compostos.
Adquirir coñecementos na área de mellora xenética vexetal enfocada á calidade en cultivos.
Adquirir coñecementos nas técnicas de identificación de compostos bioactivos en plantas.
Revisar e interpretar estudos de mellora xenética de cultivos para compostos bioactivos.
Adquirir coñecementos sobre os beneficios dos metabolitos secundarios na saúde humana e o seu papel na defensa da planta a patóxenos e insectos.
1. Compostos bioactivos: definición e tipos.
2. Xenética e principais rutas biosintéticas dos compostos bioactivos.
3. Programas de selección empregados na mellora xenética destes compostos.
4. Variación fenotípica e ambiental de compostos bioactivos.
5. Programas de transformación xenética aplicados á mellora.
6. Antecedentes na mellora xenética de compostos bioactivos en cultivos como colza, arroz, superbrócoli.
7. Técnicas de identificación e cuantificación de compostos bioactivos.
8. Beneficios do consumo de compostos bioactivos na dieta e na saúde.
9. Papel biolóxico dos compostos bioactivos na defensa a estreses en plantas.
• TEMAS
TEMA 1. Compostos bioactivos en plantas cultivadas: definición e tipos.
TEMA 2. Mellora xenética de compostos bioactivos.
TEMA 3. Técnicas de análise e identificación de compostos bioactivos.
TEMA 4. Compostos bioactivos como fonte de saúde.
TEMA 5. Papel biolóxico na defensa da planta
Bibliografía Básica:
Baenas, N, M Francisco, P Velasco, ME Cartea, C García-Viguera, DA Moreno. 2016. Bioactive Compounds from Brassicaceae as Health Promoters. En: L Silva (ed). Natural Bioactive Compounds from Fruits and Vegetables, 2. Pp. 27-47. Bentham Science Publishers
Cartea ME, M Francisco, P Soengas, P Velasco. 2011. Phenolic compounds in Brassica vegetables. Molecules 16: 251-280.
Crozier A, MN Clifford, H Ashihara. 2007. Plant secondary metabolites: Occurrence, structure and role in the human diet. Ed. Blackwell Publishing.
Cubero J.I. 2013. Introducción a la mejora genética vegetal. Ed. Mundiprensa.
De Haro A, Del Río M, Cartea, ME, A Ordás. Mejora de la calidad de especies de Brassica. En: G. Llácer, M.J. Díez, J. M. Carrillo, M. L. Badenes (eds), Mejora genética de la calidad en plantas. Ed. Universidad Politécnica de Valencia, pp. 415-449. (ISBN: 84-9705-693-0).
Falconer D.S. 2005. Introduction to Quantitative Genetics (4th Edition) ISBN 10: 0582243025. Ed. Longman
Font R, M del Río-Celestino, ME Cartea, A de Haro-Bailón. 2005. Quantification of glucosinolates in leaves of leaf rape (Brassica napus var. pabularia) by near-infrared spectroscopy. Phytochemistry 66: 175-185
Francisco M, Cartea ME, Soengas P, Velasco P. 2011. Effect of genotype and environmental conditions on health-promoting compounds in Brassica rapa. J. Agric. Food Chem. 59: 2421-2431
Kaushik P, Prohens J, Vilanova S, Gramazio P, Plazas M. 2016. Phenotyping of eggplant wild relatives and interspecific hybrids with conventional and phenomics descriptors provides insight for their potential utilization in breeding. Frontiers in Plant Science, 7:677
Padilla G, ME Cartea, P Velasco, A de Haro, A Ordás. 2007. Variation of glucosinolates in vegetable crops of Brassica rapa. Phytochemistry 68:536-545
Santolamazza-Carbone, S, P Velasco, P Soengas, ME Cartea. 2014. Oecologia, 174: 893-907. DOI 10.1007/s00442-013-2817-2
Soengas, P, ME Cartea, M Francisco, T Sotelo, P Velasco. 2012. New insights into antioxidant activity of Brassica crops. Food Chemistry 134: 725-733. http://dx.doi.org/10.1016/j.foodchem.2012.02.169
Sotelo, T, M Lema, P Soengas, ME Cartea, P Velasco. 2015. In vitro activity of glucosinolates and their degradation products against Brassica pathogenic bacteria and fungi. Applied and Environmental Microbiology, 81: 432-440.
Tortosa, M, ME Cartea, VM Rodríguez, P Velasco. 2018. Unraveling the metabolomic response of Brassica oleracea exposed to Xanthomonas campestris pv campestris. Journal of the Science of Food and Agriculture 98:3675-3683, DOI: 10.1002/jsfa.8876
Velasco P, M Francisco, ME Cartea. 2011 Glucosinolates in brassica and cancer. En: RR Watson y VR Preedy (eds.) Bioactive foods and extracts: Cancer treatment and prevention. Pp. 3-29. CRC Press, Taylor and Francis group, Florida, USA. ISBN: 978-1-4398161-9-6
Wink, M. 2010. Biochemistry of plant secondary metabolism. Annual Plant Reviews, Volume 40. Edited by. Blackwell Publishing Ltd. CRC Press|DOI:10.1002/9781444320503
Outros recursos para consulta:
• Departamento de Nutrición. Facultad de Farmacia. Universidad Complutense de Madrid Ángeles Carbajal Azcona: https://www.ucm.es/nutricioncarbajal/ 2
• Centro Nacional de Recursos Fitogenéticos (CRF-INIA):
• Colección de germoplasma de brásicas de la Misión Biológica de Galicia-CSIC (www.mng.csic.es)
• Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT):
• Special Issue "Functional Foods and its Bioactive Compounds as Potential Therapeutic Agents against Chronic Diseases" Medicines Journal: https://www.mdpi.com/journal/medicines/special_issues/foods_bioavtive_d…
Competencias Básicas:
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida auto dirixido ou autónomo.
Competencias Xerais:
CG01 - Capacidade de organización e planificación do estudo e a experimentación nas áreas de coñecementos implicadas.
CG04 - Creatividade para xerar novas ideas e aplicalas no seu estudo actual e posterior.
CG05 - Capacidade de superación ante a frustración e en situacións de estrés.
Competencias Específicas:
CE02 - Coñecer os métodos e tecnoloxías seguros para a aplicación dos novos desenvolvementos da Xenómica e a Xenética en diversos sectores produtivos .
CE03 – Desenvolver as destrezas e habilidades en análise xenómico e xenético.
CE06 - Saber manexar as fontes de información relacionadas coa Xenómica (e outras ómicas), a Xenética, as súas tecnoloxías e os aspectos de seguridade relativos ás mesmas, incluíndo a produción animal e vexetal.
Competencias Transversais:
CT01 - Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
CT02 - Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega.
CT03 - Sostenibilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
CT04 - Capacidade para a aprendizaxe e a integración no traballo en equipos multidisciplinares, a cooperación e o compañeirismo, incluíndo o ámbito internacional.
CT05 - Capacidade de reflexión desde distintas perspectivas do coñecemento.
CT06 - Capacidade de xestión de información, resolución de problemas e toma de decisións.
CT07 - Capacidade para elaborar, expoñer e discutir un texto científico-técnico organizado e comprensible.
CT08 - Habilidade para o manexo de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC)
Clases teóricas:
• Conferencia para cada tema no que se presentan os contidos, se formulan preguntas para o debate e propóñense diferentes actividades de aprendizaxe
• Sesións nas que se establecen debates para profundar na comprensión dos contidos do tema e os exercicios e aos traballos propostos son discutidos como unha actividade individual
Clases prácticas e seminarios:
• Resolución de problemas e casos prácticos dos distintos contidos da materia
• Prácticas de simulación por ordenador (TIC - cara a cara e en liña)
• Análise e discusión de bibliografía sobre diferentes contidos da materia
• Proba escrita: A adquisición dos principais conceptos teóricos por parte do alumnado avaliarase mediante unha proba escrita (50% da cualificación na materia).
• Proba práctica: Os coñecementos adquiridos coa docencia práctica avaliaranse mediante un exame (20% da cualificación na materia).
• Avaliación continua: A actitude do alumnado nas clases teóricas e prácticas, xunto coa claridade e calidade de exposición nos traballos presentados avaliarase de modo continuo (30% da cualificación na materia).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas presenciais: 24
Expositivas: 7
Interactivas de Laboratorio (prácticas): 6
Interactivas de Seminario: 6
Titorías personalizadas: 3
Exame: 2
Horas de traballo do alumnado: 51