Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 8 Clase Interactiva: 13 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Adquirir as habilidades para o manexo e desenvolvemento de ferramentas básicas de análises de datos
Desenvolver habilidades de clasificación, filtrado e análise de datos automatizada mediante programación
Obter un coñecemento básico da linguaxe Python3
Adquirir habilidades para desenvolver modelos de xenética de poboacións e ecoloxía
Adquirir habilidades para manexar e desenvolver ferramentas básicas de simulación
Adquirir habilidades de programación informática
1. Librerías de Python3: Numpy, Matplotlib, Pandas e Seaborn
2. Método simulación Monte Carlo
3. Xeración de números aleatorios
4. Simulación cara a adiante: Modelo de Wright-Fisher
• TEMAS
TEMA 1: Repaso de elementos da linguaxe Python3. Librerías.
TEMA 2: Introducción a la librería especializada Numpy para cálculo y análisis de datos.
TEMA 3: Introducción a la librería Pandas especializada en el manejo y análisis de estructuras de datos.
TEMA 4: Simulación de modelos de xenética de poboacións
Bibliografía básica:
Martin J. 2013. Python for Biologists..
Bibliografía complementaria:
Martin J. 2014. Advanced Python for Biologists.
Martin J. 2016.Effective Python development for Biologists.
Robert Johansson. 2019. Numerical Python
Competencias Básicas:
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida auto dirixido ou autónomo
Competencias Xerais:
CG01 - Capacidade de organización e planificación do estudo e a experimentación nas áreas de coñecementos implicadas.
CG02 - Integrar coñecementos e enfrontarse á toma de decisións a partir de información científica e técnica.
CG03 - Transmitir os resultados do estudo e a investigación a públicos especializados, académicos e xeneralistas.
CG04 - Creatividade para xerar novas ideas e aplicalas no seu estudo actual e posterior.
CG05 - Capacidade de superación ante a frustración e en situacións de tensións
Competencias Específicas:
CE03 - Desenvolver as destrezas e habilidades en análise xenómica e xenética, e en consello xenético. CE06 - Saber manexar as fontes de información relacionadas coa Xenómica (e outras ómicas), a Xenética, as súas tecnoloxías e os aspectos de seguridade relativos ás mesmas, incluíndo a produción animal e vexetal
Competencias Transversales:
CT04 - Capacidade para a aprendizaxe e a integración no traballo en equipos multidisciplinares, a cooperación e o compañeirismo, incluíndo o ámbito internacional.
CT05 - Capacidade de reflexión desde distintas perspectivas do coñecemento.
CT06 - Capacidade de xestión de información, resolución de problemas e toma de decisións.
CT08 - Habilidade para o manexo de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC)
Leccións teórico-prácticas -explicación -( presencialmente e/ou a través de contidos na aula virtual).
Desenvolvemento de programas polo alumno tutorizado polo profesor.
Titorías personalizadas presenciais e online
Traballo autónomo do alumnado non presencial
• Probas prácticas: Mediante realización/resolución de programas no computador avaliaranse os coñecementos adquiridos durante o curso (70% da cualificación na materia)
• Avaliación continua: Avaliarase de maneira continua tanto a actitude do alumnado nas clases teóricas e prácticas como a calidade e claridade de exposición dos traballos presentados (30% da cualificación da materia)
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas presenciais: 24
Expositivas: 7
Interactivas de Laboratorio (prácticas): 7
Interactivas de Seminario: 5
Titorías personalizadas: 3
Examen: 2 (evaluación continua)
Horas de traballo do alumnado: 51
Atender na clase, programar tódolos exercicios e participar nos foros e/o preguntar o profesor as dúbidas que xurdan.