Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 6 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Área externa M.U en Xenómica e Xenética, Xenética
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Adquirir coñecemento acerca da diversidade xenética e do censo efectivo poboacional (Ne).
Interpretar a lexislación nacional e internacional no ámbito dos recursos xenéticos animais, así como das fontes de información sobre diversidade xenética animal.
Coñecer cómo se determina o método máis eficaz para responder á diminución do censo efectivo poboacional.
Valorar cómo a redución da diversidade xenética es prexudicial para a supervivencia dunha especie.
1. Xenética e conservación: Diversidade xenética e métodos para a súa estimación.
2. Censo real e censo efectivo (Ne) poboacional na supervivencia das especies.
3. Orixe e rexeración da diversidade xenética.
4. Caracteres cuantitativos e conservación.
5. Estratexias de conservación e as súas repercusións xenéticas
• TEMAS
TEMA 1: XENÉTICA E CONSERVACIÓN: DIVERSIDADE XENÉTICA E MÉTODOS PARA A SÚA ESTIMACIÓN.
Importancia e índices de estimación da diversidade xenética mediante marcadores moleculares: diversidade intraespecífica e interespecífica. Equilibrio Hardy- Weinberg. A diversidade xenética en especies salvaxes ameazadas segundo a IUCN.
TEMA 2: MECANISMOS DE CAMBIO EVOLUTIVO I: DERIVA XENÉTICA E MIGRACIÓN.
Deriva Xenética e efecto en poboacións de pequeno tamaño. Coeficiente de consanguinidade e tamaño poboacional. Efecto fundador e pescozos de botella. Censo real ( N) e efectivo ( Ne). Estimación de Ne e da relación Ne/ N. Fragmentación poboacional. Migración. Fluxo xénico e restauración da diversidade xenética. Equilibrio migración-deriva.
TEMA 3: MECANISMOS DE CAMBIO EVOLUTIVO II: MUTACIÓN E SELECCIÓN.
Clases de mutacións e o seu destino. Impacto do ambiente sobre as frecuencias xénicas: Selección natural en poboacións grandes e adaptación. Equilibrio selección-mutación.
TEMA 4: VARIACIÓN XENÉTICA CUANTITATIVA E CONSERVACIÓN.
Métodos para estimar a variación xenética cuantitativa: heredabilidades en sentido amplo e estrito e a súa precisión; QTL e loci candidatos. Magnitudes das heredabilidades na natureza. Base xenética da depresión endogámica. Selección direccional, estabilizadora e disruptiva sobre caracteres métricos. Diverxencia xenética entre poboacións (QST-Fst).
TEMA 5: CONSERVACIÓN DA DIVERSIDADE XENÉTICA.
Unidades de conservación. Estratexias de conservación in situ e ex situ. Xestión xenética de especies ameazadas en natureza. Cría conservacionista en catividade e restauración. Introgresión e hibridación. Especies invasoras. Bancos de xermoplasma. Marcadores moleculares de trazabilidade xenética e conservación: aplicacións forenses e de xestión de recursos xenéticos.
Bibliografía básica:
ALLENDORF, F.W.; LUIKART, G. 2013 (2nd ed.). Conservation and the Genetics of Populations. Blackwell Publishing.
ALLENDORF, F.W.; FUNK, W.C.; AITKEN S.N.; BYRNE M.; LUIKART, G; ANTUNES A. 2022 (3rd ed.). Conservation and the Genomics of Populations. Oxford University Press, Oxford.
FRANKHAM, R.; BALLOU, J.D.; BRISCOE, D.A. 2004. A Primer of Conservation Genetics. Cambridge.
KLUG, W.S.; CUMMINGS, M.R.; SPENCER, C.A.; PALLADINO, M.A. 2013. Conceptos de Genética, Capítulo 26: Genética de la Conservación. Pearson.
Bibliografía complementaria:
BERTORELLE, G.; BRUFORD, M.W.; HAUFFE, H.C.; RIZZOLI, A.; VERNESI, C. 2009. Population Genetics for Animal Conservation. Cambridge.
CABALLERO, A. 2017. Genética Cuantitativa. Síntesis.
FALCONER, D.S. y MACKAY, T.F.C. 2001. Introducción a la Genética Cuantitativa. Acribia.
FREELAND, J.R. 2005. Molecular Ecology. Wiley.
HÖGLUND, J. 2009. Evolutionary Conservation Genetics. Oxford University Press.
MILLS, L.S. 2007. Conservation of Wildlife Populations: Demography, Genetics and Management. Blackwell Publishing.
SAN MIGUEL, E. 2023. Cuestiones y problemas en genética de la conservación. Monografías do IBADER – Serie Biodiversidade. Lugo. (Dispoñible en: https://www.ibader.gal/ficha/140/1675/Cuestiones-y-problemas-en-genetic…)
Outros recursos para consulta:
• Unión Internacional para a Conservación da Natureza: http://www.iucnredlist.org/
• Conservación de recursos xenéticos (FAO): http://www.fao.org/genetic-resources/es/
• Os bancos de recursos xenéticos e o seu papel na conservación da biodiversidade: http://www.redalyc.org/pdf/896/89610109.pdf
Competencias Básicas:
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (o multidisciplinais) relacionados coa súa área de estudo.
Competencias Xerais:
CG01 - Capacidade de organización e planificación do estudo e a experimentación nas áreas de coñecementos implicadas.
CG02 - Integrar coñecementos e enfrontarse á toma de decisións a partir de información científica e técnica.
Competencias Específicas:
CE03 - Desenvolver as destrezas e habilidades en análise xenómica e xenética, e en consello xenético.
CE05 - Adquirir coñecementos e habilidades no desenvolvemento do traballo científico nas ciencias da vida, polo menos nunha das seguintes áreas de coñecemento: Xenética, Fisioloxía, Anatomía Patolóxica, Medicina Legal e Forense, Produción Animal, Produción Vexetal.
Competencias Transversais:
CT03 - Sustentabilidadee compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
CT08 - Habilidade para o manexo de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
Leccións –explicación (presencialmente e/ou a través de contidos na aula virtual).
Lectura de análise de textos proporcionados polo/a profesor/a , presencialmente e/ou en aula virtual.
Talleres/ Seminarios presenciais ou en aula virtual.
Aprendizaxe colaborativo (traballos grupais e/ou participación en foros de debate presencial ou virtual).
Actividades mediante TIC (equipos informáticos).
Desenvolvemento de traballos académicos e defensa presencial ou virtual.
Titorías personalizadas presenciais e online.
Traballo autónomo do alumnado non presencial.
• Proba escrita: Avaliarase mediante unha proba escrita a adquisición dos principais conceptos teóricos por parte do alumnado (60% da cualificación final na materia).
• Proba práctica: Por resolución de cuestións e problemas avaliaranse os coñecementos adquiridos coa docencia práctica, as clases de lousa e actividades TIC (10% de la da cualificación final na materia).
• Avaliación continua: Traballos presentados ou defendidos, participación e actitude do estudante (30% da cualificación final na materia).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas presenciais: 24
Expositivas: 14
Interactivas de Laboratorio (prácticas): 5
Titorías personalizadas: 3
Examen: 2
Horas de traballo do alumnado: 51
Recoméndase ao alumno para unha maior eficacia na consecución dos obxectivos da materia: resolver máis cuestións e problemas á parte dos explicados en clases; consultar páxinas web e ligazóns apropiados sobre os avances en xenética da conservación; consultar polo menos un texto dos propostos na bibliografía básica suxerida; formular todo tipo de dúbidas, especialmente nas clases prácticas de problemas e cuestións ou nas de bioinformática.
M Carmen Bouza Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- mcarmen.bouza [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Adrian Casanova Chiclana
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- adrian.casanova [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral USC_Campus Terra
Manuel Vera Rodriguez
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Teléfono
- 982822426
- Correo electrónico
- manuel.vera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade